Gran Premio de Hungría

(Redirección desde «GP de Hungría»)

O primeiro Gran Premio de Hungría disputouse o 21 de xuño de 1936 sobre un circuíto trazado nun parque cerca do centro de Budapest. Os construtores Mercedes-Benz, Auto Union e Ferrari enviaron tres automóbiles cada un e o evento atraeu a unha gran multitude. Con todo, a política e a próxima segunda Guerra Mundial significaron o final das competicións automobilísticas por máis de cincuenta anos.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Hungría
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor em Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónHungaroring (Mogyoród) 47°34′56″N 19°15′04″L / 47.582222222222, 19.251111111111Coordenadas: 47°34′56″N 19°15′04″L / 47.582222222222, 19.251111111111 Editar o valor em Wikidata
Lonxitude4,381 km Editar o valor em Wikidata
PaísHungría Editar o valor em Wikidata
Vixencia1936 – Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoEsteban Ocon Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialhungaroinfo.com… Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O primeiro Gran Premio de Fórmula 1 a disputarse detrás do telón de ferro foi o Gran Premio de Hungría de 1986, no circuíto de Hungaroring, preto de Budapest. Esta carreira dispútase xeralmente a mediados do verán de Europa e ten a característica única que ata a data nunca choveu durante as competencias. Con todo, no Gran Premio do ano 2006, si choveu. Actualmente o Gran Premio de Hungría atrae afeccionados de diversos países da rexión que non teñen un Gran Premio local, por exemplo dos países escandinavos.

Debido á natureza da pista, estreita, sinuosa e frecuentemente empoeirada pola falta de uso, no Gran Premio de Hungría fórmanse xeralmente grupos de ata seis vehículos seguindo todos a outro un pouco máis lento ao que non é posible dobrar. En 1990 Ayrton Senna non puido adiantar aThierry Boutsen, malia semellar máis lento. Este é un dos circuítos onde a estratexia nos pits é máis crucial. O mellor exemplo diso viuse no Gran Premio de 1998 cando o equipo Ferrari de Michael Schumacher cambiou de estratexia a metade de carreira e logrou colocar o seu corredor en posición de gañar ao final das paradas. Os adiantamentos entre pilotos son raros neste circuíto, pero unha notable excepción foi cando Nigel Mansell en 1989 partindo da posición 12 adiantou coche por coche e terminou tomando a dianteira ao aproveitar que Ayrton Senna estaba atascado pasando a un corredor máis lento. En 2003 efectuáronse modificacións no circuíto nun intento de facilitar os adiantamentos.

Outros grandes momentos neste circuíto inclúen a primeira vitoria para Damon Hill (en 1993), e para Fernando Alonso (en 2003). En 2001, Michael Schumacher igualou neste circuíto a Alain Prost en número de vitorias.

En 2006, Jenson Button logrou a súa primeira vitoria en Fórmula 1, e Pedro de la Rosa o seu primeiro podio (2º posto). Esta carreira desenvolveuse por primeira vez en carreira de Fórmula 1 neste circuíto con choiva, e destacou por ser moi accidentada e polo seu gran número de abandonos, incluíndo os de Michael Schumacher e Fernando Alonso. Foi unha das máis emocionantes da tempada.

En 2007 Lewis Hamilton logrou a súa terceira vitoria despois de que a Fernando Alonso a FIA sancionáselle debido a unha obstaculización de boxes intencionada. Demostrouse que non foi intencionadamente e que Hamilton desobedeceu as ordes do muro. O 2º posto foi para Kimi Räikkönen e terceiro para Nick Heidfeld.

En 2008, Heikki Kovalainen conseguiu a súa primeira vitoria en Fórmula 1, logo da rotura de motor de Felipe Massa nas últimas voltas, acompañáronlle no podio, Glock que foi o seu primeiro podio en Fórmula 1 e Raikkonen. O poleman Lewis Hamilton finalizou quinto, detrás de Alonso que logrou un dos mellores resultados da tempada, por culpa dunha picada.

No Gran Premio de Hungría de 2013, confirmouse que Hungría seguirá sendo sede dunha carreira de Fórmula 1 ata 2022.

Patrocinadores editar

Gañadores do Gran Premio de Hungría editar

Pilotos gañadores múltiples editar

Só inclúe probas do Campionato do Mundo

Nº de vitorias Piloto Anos
8   Lewis Hamilton 2007, 2009, 2012, 2013, 2016, 2018, 2019, 2020
4   Michael Schumacher 1994, 1998, 2001, 2004
3   Ayrton Senna 1988, 1991, 1992
2   Nelson Piquet 1986, 1987
  Damon Hill 1993, 1995
  Jacques Villeneuve 1996, 1997
  Mika Häkkinen 1999, 2000
  Jenson Button 2006, 2011
  Sebastian Vettel 2015, 2017

Escudarias gañadoras editar

Os equipos en letra grosa compiten actualmente na Fórmula 1.

Nº de vitorias Construtor Anos
11   McLaren 1988, 1991, 1992, 1999, 2000, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011, 2012
7   Williams 1986, 1987, 1990, 1993, 1995, 1996, 1997
  Ferrari 1989, 1998, 2001, 2002, 2004, 2015, 2017
5   Mercedes 2013, 2016, 2018, 2019, 2020
3   Red Bull 2010, 2014, 2022

Ano a ano editar

As carreiras que non forman parte do campionato de Fórmula 1 están sinaladas cun fondo de cor rosada.

Ano Piloto Construtor Localización Resultados
2022   Max Verstappen Red Bull-RBPT Hungaroring Resultados
2021   Esteban Ocon Alpine - Renault Resultados
2020   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2019   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2018   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2017   Sebastian Vettel Ferrari Resultados
2016   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2015   Sebastian Vettel Ferrari Resultados
2014   Daniel Ricciardo Red Bull-Renault Resultados
2013   Lewis Hamilton Mercedes Resultados
2012   Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Resultados
2011   Jenson Button McLaren-Mercedes Resultados
2010   Mark Webber Red Bull-Renault Resultados
2009   Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Resultados
2008   Heikki Kovalainen McLaren-Mercedes Resultados
2007   Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Resultados
2006   Jenson Button Honda Resultados
2005   Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Resultados
2004   Michael Schumacher Ferrari Resultados
2003   Fernando Alonso Renault Resultados
2002   Rubens Barrichello Ferrari Resultados
2001   Michael Schumacher Ferrari Resultados
2000   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Resultados
1999   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Resultados
1998   Michael Schumacher Ferrari Resultados
1997   Jacques Villeneuve Williams-Renault Resultados
1996   Jacques Villeneuve Williams-Renault Resultados
1995   Damon Hill Williams-Renault Resultados
1994   Michael Schumacher Benetton-Ford Resultados
1993   Damon Hill Williams-Renault Resultados
1992   Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1991   Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1990   Thierry Boutsen Williams-Renault Resultados
1989   Nigel Mansell Ferrari Resultados
1988   Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1987   Nelson Piquet Williams-Honda Resultados
1986   Nelson Piquet Williams-Honda Resultados
1985

1937
Non celebrado
1936   Italia Tazio Nuvolari Alfa Romeo Népliget Resultados

Notas editar

  1. "2014 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com. 
  2. "2015 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com. 
  3. "2017 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com. 
  4. "2018 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com. 
  5. "Formula 1 Rolex Magyar Nagydíj 2018". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. Consultado o 22 de xullo de 2018. 
  6. "2019 Formula 1 World Championship Programmes | The Motor Racing Programme Covers Project". www.progcovers.com. 
  7. "Hungary". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  8. "Hungary". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 2 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar