Tempada 2020/21 do Deportivo da Coruña

tempada deportiva

Durante a tempada 2020/21 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División B (afrontando a súa 2ª campaña en dita categoría).

Deportivo da Coruña
Tempada 2020–21
PresidenteGalicia Fernando Vidal (ata febreiro)
Galicia Antonio Couceiro (dende febreiro)
AdestradorGalicia Fernando Vázquez (ata xaneiro)
Galicia Rubén de la Barrera (dende xaneiro)
EstadioRiazor
Segunda División B4º (Grupo I Subgrupo A)
Copa do Rei2ª rolda
Goleador Miku (7)
Na casa
Fóra
Alternativa

Resumo da tempada

editar

Agosto

editar

O Deportivo da Coruña iniciou os adestramentos de pretempada o 24 de agosto, sen ter aínda seguro en que categoría xogaría, debido ao ocorrido na última xornada da tempada 2019/20.[1] Ao día seguinte anunciouse que o novo adestrador de porteiros sería o vigués Alberto Casal, que ata entón exercía esa función no Fabril.[2] O 27 de agosto, tras unha reunión do CSD coa liga e a Federación rexeitouse definitivamente a proposta dunha Segunda División de 24 equipos, confirmándose así o descenso do Deportivo á Segunda B.[3]

O 28 de agosto anunciouse a marcha do porteiro Dani Giménez, ao non chegar a un acordo co club.[4]

Setembro

editar

O 1 de setembro Borja Valle confirmou a súa marcha do club cunha carta á afección,[5] e ao día seguinte fixo o mesmo David Simón, que unhas horas despois foi anunciado como novo xogador do Cartagena.[6] O 3 de setembro foi Christian Santos quen publicou a súa despedida, sendo anunciado o mesmo día como novo dianteiro do VfL Osnabrück, da 2. Bundesliga.[7] Tamén ese día anunciouse a fichaxe do porteiro canario Carlos Abad, que asinou por dúas tempadas, tras desvincularse do Tenerife. A tempada anterior xogara cedido no Xanthi F.C. da Superliga de Grecia.[8] O 4 de setembro anunciouse o traspaso do xaponés Gaku Shibasaki ao CD Leganés. O Deportivo non recibiu ningún importe polo traspaso pero incluíronse varias cláusulas por obxectivos que poderían reportar diñeiro ao club coruñés.[9] O mesmo día anunciouse o traspaso de David Sánchez ao Hércules.[10] O 5 de setembro Fernando Vázquez anunciou que outro David Sánchez, ata entón analista do club, sería o seu segundo adestrador.[11][12] Ese mesmo día coñeceuse a renovación do guadalupeño Claudio Beauvue ata o verán de 2022.[13]

O 6 de setembro fíxose oficial a fichaxe do internacional costarriqueño Celso Borges (que xa xogara no Deportivo entre 2015 e 2018) procedente do Göztepe SK da Süper Lig turca.[14] Ao día seguinte anunciouse a fichaxe de Ager Aketxe pola UD Almería por dúas tempadas[15] e a volta de Luis Ruiz ao CD Lugo.[16] O 8 de setembro o club anunciou a fichaxe do porteiro hispano-colombiano Lucho García, procedente do Sevilla.[17] O 9 de setembro o club anunciou a renovación por tres tempadas máis do xogador da canteira Yago Gandoy.[18] O 11 de setembro foi anunciada a cesión por unha tempada do centrocampista do Sevilla José Lara.[19]

O 12 de setembro pechouse a fichaxe do lateral esquerdo de Valladolid Héctor Hernández, que quedara libre tras o descenso do Numancia.[20] Dous días despois o CD Lugo, anunciou a incorporación en propiedade de Gerard Valentín, dianteiro do Deportivo que xa xogara no club lugués como cedido nas dúas tempadas anteriores.[21] O 18 do mesmo mes anunciáronse as fichaxes do uruguaio Nacho González, procedente do Plaza Colonia,[22] e do portugués Rui Costa, dianteiro do FC Porto que xogara a tempada pasada como cedido no AD Alcorcón.[23] Ademais Fede Cartabia anunciou que volvía outra tempada máis ao Shabab Al-Ahli dos Emiratos Árabes Unidos.[24] O 22 de setembro Vicente Gómez desvinculouse do club e ao día seguinte foi anunciado como novo xogador do Kerala Blasters FC, da Superliga da India.[25][26]

O 24 de setembro Michele Somma despediuse do Deportivo nas redes sociais,[27] sendo anunciado uns días despois como novo xogador do Palermo.[28] O 25 de setembro fíxose oficial a contratación do internacional venezolano Miku, procedente do AC Omonia Nicosia, que xa levaba varios días adestrando en Abegondo.[29] O día 26 o equipo disputou o primeiro amigábel da tempada fronte ao Racing Vilalbés na Magdalena, gañando por 0-3.[30] O 28 do mesmo mes anunciouse a contratación por catro tempadas do nixeriano Uche Agbo, dianteiro do Standard de Liège que xogara cedido no Deportivo a segunda parte da tempada anterior.[31] Ao día seguinte anunciouse a renovación de Eneko Bóveda por dúas tempadas máis.[32] Ademais anunciouse que o club sumaba xa 16.575 socios, converténdose no equipo con máis abonados da historia da Segunda División B, superando os 16.326 do Oviedo na tempada 2014/15.[33]

Outubro

editar

O 5 de outubro o club anunciou as renovacións de Borja Galán e Álex Bergantiños ata xuño de 2022 e de Keko Gontán ata xuño de 2024.[34][35][36] Ademais informouse da fichaxe do central Derik Osede, procedente do Numancia,[37] e da continuidade no club do uruguaio Diego Rolan, tras non concretarse a súa saída ao peche do mercado.[38] O 18 de outubro o Deportivo volveu xogar un partido de Segunda B case 40 anos despois, vencendo ao Salamanca en Riazor por 2-1.[39]

Xaneiro

editar

O 11 de xaneiro o club anunciou a destitución de Fernando Vázquez e todo o corpo técnico. O seu despedimento chegou trala xornada 9, despois de que o equipo sufrise as súas dúas primeiras derrotas na liga, contra Celta B e Zamora.[40] Ao día seguinte anunciouse a contratación de Rubén de la Barrera.[41] A súa chegada supuxo que o Deportivo volvese ter un técnico coruñés, cousa que non ocorría dende había máis de dúas décadas con José Manuel Corral.[42] Converteuse ademais, con 35 anos, no técnico máis novo en dirixir o equipo nos últimos 44 anos, dende que José López collera provisionalmente as rendas na tempada 1976/77, tras as enfermidades de Héctor Rial e Cheché Martín.[43][44]

O 27 de xaneiro anunciouse a fichaxe do brasileiro Raí, procedente do Real Zaragoza. Chegou libre e asinou un contrato ata o final da tempada.[45]

Febreiro

editar

O primeiro día de febreiro, derradeiro día do mercado invernal, anunciouse a saída de Diego Rolan cedido ata final de tempada ao Pyramids FC da liga exipcia.[46] O motivo da súa cesión foi o seu alto salario, "inasumible para un equipo de Segunda B".[47] O mesmo día anunciouse a marcha de Rui Costa ao Santa Clara dos Azores e a tramitación de fichas do primeiro equipo para Rayco e Villares, ata entón xogadores do Fabril.[48][49][50]

Tras perder o 7 de febreiro por 0-2 fronte ao Coruxo no Vao, o Deportivo pasou a ocupar a quinta praza do subgrupo.[51][52] Ao día seguinte o presidente Fernando Vidal e todo o consello de administración presentaron a súa dimisión por orde de Abanca, quedando como novo presidente Antonio Couceiro.

A finais de febreiro o equipo caeu na clasificación ata o punto máis baixo da súa historia ata aquel entón, ocupando a sexta praza do subrupo A e a décima tendo en conta o Grupo I completo.[53][54]

O 25 de marzo anunciouse a Miguel Juane como novo secretario do club.[55]

Material deportivo

editar

O equipamento do Deportivo é proporcionado por Macron e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.

Persoal

editar

Corpo técnico

editar
Cargo Nome
Adestrador Fernando Vázquez (ata xaneiro)
Rubén de la Barrera (dende xaneiro)
2º adestrador David Sánchez (ata xaneiro)
Secho (dende xaneiro)
Ad. de porteiros Alberto Casal
Preparador físico José Ángel Franganillo
Manuel Pombo (ata xaneiro)
Julio Hernando (dende xaneiro)
Analista Juan Ignacio Subirán

Consello de administración

editar
Cargo Nome
Presidente Fernando Vidal Raposo (ata o 8 de febreiro)
Antonio Couceiro Méndez (dende o 8 de febreiro)
Secretario Juan Antonio Armenteros Cuetos (ata o 8 de febreiro)
David Villasuso Castaño (do 17 de febreiro ao 25 de marzo)
Miguel Juane (dende o 25 de marzo)
Conselleiros Manuel José Vázquez Martínez (ata o 8 de febreiro)
José Luis Queijeiro Fuentes (ata o 8 de febreiro)
Federico García Poncet (ata o 8 de febreiro)
Argimiro Vázquez Guillén (ata o 8 de febreiro)
Ricardo González Fernández (ata o 8 de febreiro)
Eduardo Blanco Pereira (dende o 8 de febreiro)
Carlos Cantó (dende o 8 de febreiro)
Emma Lustres (dende o 8 de febreiro)
David Villasuso Castaño (dende o 8 de febreiro)

Mercado de fichaxes

editar
Data Pos. Nome Procedencia Prezo
1 de setembro de 2020 MED   Borja Galán   Racing de Santander Fin da cesión
1 de setembro de 2020 DIA   Diego Rolan   FC Juárez Fin da cesión
1 de setembro de 2020 DEF   Jorge Valín   Fabril Subido do filial
1 de setembro de 2020 MED   Yago Gandoy   Fabril Subido do filial
3 de setembro de 2020 DEF   Borja Granero   Extremadura UD Libre
3 de setembro de 2020 POR   Carlos Abad   Tenerife Libre
6 de setembro de 2020 MED   Celso Borges   Göztepe SK Libre
8 de setembro de 2020 POR   Lucho García   Sevilla Libre
11 de setembro de 2020 MED   José Lara   Sevilla Cedido
12 de setembro de 2020 DEF   Héctor Hernández   Numancia Libre
18 de setembro de 2020 MED   Nacho González   Plaza Colonia 0 €
18 de setembro de 2020 DIA   Rui Costa   Porto 0 €
25 de setembro de 2020 DIA   Miku   Omonia Nicosia Libre
28 de setembro de 2020 MED   Uche Agbo   Standard de Liège
5 de outubro de 2020 DEF   Derik Osede   Numancia Libre
27 de xaneiro de 2021 DIA   Raí   Zaragoza Libre
1 de febreiro de 2021 MED   Villares   Fabril Subido do filial
1 de febreiro de 2021 DIA   Rayco   Fabril Subido do filial

Baixas

editar
Data Pos. Nome Destino Prezo
7 de agosto de 2020 DIA   Víctor Mollejo   Atlético de Madrid Fin da cesión
7 de agosto de 2020 MED   Peru Nolaskoain   Athletic Club Fin da cesión
7 de agosto de 2020 POR   Aleksandar Jovanović   Huesca Fin da cesión
7 de agosto de 2020 DEF   Abdoulaye Ba   Rayo Vallecano Fin da cesión
7 de agosto de 2020 DEF   Javi Montero   Atlético de Madrid Fin da cesión
7 de agosto de 2020 DIA   Hugo Vallejo   Real Madrid Fin da cesión
7 de agosto de 2020 MED   Emre Çolak   Fatih Karagümrük SK Fin de contrato
14 de agosto de 2020 DEF   Vassilis Lampropoulos   VfL Bochum Rescisión de contrato
17 de agosto de 2020 DIA   Sabin Merino   CD Leganés Fin da cesión
28 de agosto de 2020 POR   Dani Giménez   UD Logroñés Rescisión de contrato
1 de setembro de 2020 DIA   Borja Valle   Dinamo de Bucarest Fin de contrato
2 de setembro de 2020 DEF   David Simón   FC Cartagena Fin de contrato
3 de setembro de 2020 DIA   Christian Santos   VfL Osnabrück Fin de contrato
4 de setembro de 2020 MED   Gaku Shibasaki   CD Leganés 0 €
4 de setembro de 2020 MED   David Sánchez   Hércules
7 de setembro de 2020 MED   Ager Aketxe   UD Almería Fin de contrato
7 de setembro de 2020 DEF   Luis Ruiz   CD Lugo Fin de contrato
14 de setembro de 2020 DEF   Gerard Valentín   CD Lugo Rescisión de contrato
18 de setembro de 2020 MED   Fede Cartabia   Shabab Al-Ahli Cedido
23 de setembro de 2020 MED   Vicente Gómez   Kerala Blasters FC Rescisión de contrato
23 de setembro de 2020 DEF   Michele Somma   Palermo Rescisión de contrato
1 de febreiro de 2021 DIA   Diego Rolan   Pyramids FC Cedido
1 de febreiro de 2021 DIA   Rui Costa   Santa Clara Rescisión de contrato

Xogadores

editar
Pos Nac Nome Liga Copa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles      
1 POR   Carlos Abad 14 0 0 0 14 0
2 MED   Jorge Valín 13 0 1 0 14 0 2
3 DEF   Mujaid Sadick 22 0 2 0 24 0 5 1
4 MED   Álex Bergantiños 20 0 2 0 22 0 4
5 DEF   Eneko Bóveda 17 1 2 0 19 1 2
6 MED   Uche Agbo 17 0 1 0 18 0 5
7 DIA   Miku 16 7 1 0 17 7 1
8 MED   Celso Borges 20 2 2 0 22 2 4
9 DIA   Rayco 11 0 0 0 11 0 2
10 MED   José Lara 22 2 2 0 24 1 2 1
11 MED   Borja Galán 18 2 1 0 19 2 3
12 DIA   Claudio Beauvue 15 1 2 0 17 1 2
13 POR   Lucho García 10 0 1 0 11 0
14 MED   Yago Gandoy 11 0 1 0 12 0 1
15 DIA   Raí 13 0 0 0 13 0
16 MED   Nacho González 11 0 1 0 12 0 5
17 DEF   Héctor Hernández 12 1 2 0 14 1 2
18 DEF   Derik Osede 8 0 1 0 9 0
19 DEF   Borja Granero 23 1 1 0 24 1 4 1
20 MED   Keko Gontán 16 2 1 0 17 2 2
21 DEF   Salva Ruiz 16 0 1 0 17 0 4
22 MED   Diego Villares 12 0 0 0 12 0 2
Xogadores do filial
Pos Nac Nome Liga Copa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles      
23 DIA   Adri Castro 7 1 0 0 7 1 1
29 DIA   Manu Mosquera 1 0 1 0 2 0 1
32 MED   Álex Barba 1 0 1 0 2 0
33 DEF   Iván Guerrero 1 0 0 0 1 0

Deixaron o equipo

editar
Pos Nac Nome Liga Copa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles      
22 DIA   Diego Rolan 4 0 1 0 5 2
9 DIA   Rui Costa 7 0 2 0 9 0

Clasificación

editar

Primeira fase - Grupo I Subgrupo A

editar
Pos Equipos PX PG PE PP GF GC Dif Pts
1 Celta de Vigo B 18 9 3 6 22 20 +2 30
2 Unionistas de Salamanca CF 18 8 6 4 17 10 +7 30
3 Zamora CF 18 8 6 4 18 17 +1 30
4 Deportivo da Coruña 18 8 5 5 14 10 +4 29
5 Racing de Ferrol 18 7 6 5 22 17 +5 27
6 SD Compostela 18 5 10 3 20 16 +4 25
7 Pontevedra CF 18 5 6 7 19 19 0 21
8 Coruxo FC 18 6 2 10 16 23 -7 20
9 Salamanca CF 18 5 4 9 17 23 -6 19
10 CD Guijuelo 18 2 6 10 12 22 -10 12

Pos = Posición; Pts = Puntos; PX = Partidos Xogados; PG = Partidos Gañados; PE = Partidos Empatados; PP = Partidos Perdidos; GF = Goles Anotados; GC = Goles Recibidos; Dif = Diferenza de goles

Clasificado para a Segunda Fase para Segunda División.
Clasificado para a Segunda Fase para Primeira División RFEF.
Clasificado para a Segunda Fase pola permanencia en Segunda División RFEF.

Segunda fase para a Primeira División RFEF - Grupo I D

editar
Pos Equipos PX PG PE PP GF GC Dif Pts
1 Racing de Ferrol 24 11 7 6 31 23 +8 40
2 Deportivo da Coruña 24 11 6 7 22 13 +9 39
3 CD Numancia 24 10 8 6 34 19 +15 38
4 UP Langreo 24 7 9 8 25 30 -5 30
5 SD Compostela 24 5 13 6 22 23 -1 28
6 Marino de Luanco 24 7 6 11 19 26 -7 27

Pos = Posición; Pts = Puntos; PX = Partidos Xogados; PG = Partidos Gañados; PE = Partidos Empatados; PP = Partidos Perdidos; GF = Goles Anotados; GC = Goles Recibidos; Dif = Diferenza de goles

Ascende a Primeira División RFEF.
Permanencia en Segunda División RFEF.

Partidos

editar

      Vitoria

      Empate

      Derrota

      Aprazado

Pretempada e amigables

editar

Trofeo Teresa Herrera

editar
Artigo principal: Trofeo Teresa Herrera 2020.

Segunda División B

editar

Primeira fase

editar

Segunda fase

editar

Copa do Rei

editar
Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2020/21.
  1. "Así fue el primer entrenamiento del Deportivo 2020-2021 (GALERÍA)" (en castelán). 24 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  2. "Alberto Casal, nuevo preparador de porteros del Deportivo" (en castelán). 25 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  3. "Oficial: El CSD manda al Deportivo a Segunda División B" (en castelán). 27 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  4. Losada, Víctor (28 de agosto de 2020). "Dani Giménez no seguirá en el Deportivo". Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  5. "Borja Valle se despide: “Jamás estaré a la altura de lo que me habéis dado”" (en castelán). 1 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2020. 
  6. "El Cartagena anuncia el fichaje de David Simón" (en castelán). 2 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2020. 
  7. "Christian Santos ya tiene nuevo equipo: el VfL Osnabrück, de la segunda división alemana". La Opinión A Coruña (en castelán). 3 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2020. 
  8. "O Deportivo incorpora ao porteiro Carlos Abad para o curso 2020-2021". 3 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2020. 
  9. "Gaku Shibasaki ficha por el Leganés" (en castelán). 4 de setembro de 2020. Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  10. "El Hércules ficha a David Sánchez" (en castelán). 4 de setembro de 2020. Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  11. "David Sánchez, de los despachos al banquillo". DxT Campeón (en castelán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  12. "Fernando Vázquez elige a David Sánchez como su segundo entrenador" (en castelán). 5 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  13. "Beauvue renova co Dépor ata o 2022". La Voz de Galicia. 5 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  14. "El regreso de Celso Borges al Deportivo ya es oficial" (en castelán). 6 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  15. "Ager Aketxe se queda en Segunda y jugará en el Almería" (en castelán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  16. "Luis Ruiz regresa al Lugo tras su temporada en el Deportivo" (en castelán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2020. 
  17. "Lucho García, novo porteiro do Dépor 20·21". 8 de setembro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  18. "Yago Gandoy renova o seu compromiso co Dépor". 9 de setembro de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2020. 
  19. "Lara, novo xogador do Dépor 20·21". 11 de setembro de 2020. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  20. "Héctor Hernández, novo xogador do Dépor 20·21". 12 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  21. "Gerard Valentín, nuevo jugador del CD Lugo" (en castelán). 14 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  22. "Nacho González, novo xogador do Dépor 20·21". 18 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  23. "Rui Costa, novo xogador do Dépor 20·21". 18 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  24. "El Deportivo cierra una nueva cesión de Fede Cartabia" (en castelán). 18 de setembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  25. "Vicente se despide del Deportivo: “A veces las cosas no salen como uno quiere”". Riazor.org (en castelán). 22 de setembro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  26. "Vicente Gómez ya tiene destino en la India". Riazor.org (en castelán). 23 de setembro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  27. Regueiro, Zeltia (25 de setembro de 2020). "Despedida por la puerta de atrás de Somma en sus redes". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  28. "Michele Somma firma por tres temporadas con el Palermo" (en castelán). 1 de outubro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  29. "Miku, novo xogador do Dépor 20·21" (en castelán). 25 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  30. "O Dépor mételle unha marcha máis á pretemporada en Vilalba". 26 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  31. "Uche Agbo asina por catro temporadas co Dépor". 28 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  32. "Eneko Bóveda seguirá sendo xogador do Deportivo dúas campañas máis". 29 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  33. "El Depor ya hace historia en Segunda B: récord de socios" (en castelán). 29 de setembro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  34. "Borja Galán continuará dúas campañas máis no Dépor". 5 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  35. "Keko Gontán seguirá no Dépor tres temporadas máis". 5 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  36. "Álex Bergantiños prolonga o seu compromiso co Deportivo". 5 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  37. "Derik Osede, novo xogador do Dépor 20·21". 5 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  38. "Diego Rolan se queda en el Deportivo para la temporada 20/21" (en castelán). 6 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  39. Pena, Héctor (19 de outubro de 2020). "Non chove a gusto de todos no fútbol galego na semana do regreso do 'xogador número 12'". Nós Diario. Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  40. "O Deportivo rescinde o contrato de Fernando Vázquez". 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  41. "Rubén de la Barrera, novo adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 12 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  42. Pena, Héctor (12 de xaneiro de 2021). "O escollido é Rubén de la Barrera". Nós Diario. Consultado o 15 de xaneiro de 2021. 
  43. Balado, Lois (12 de xaneiro de 2021). "Rubén de la Barrera, un «millenial» en el banquillo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2021. 
  44. "Tristes alegrías". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 5 de abril de 1977. p. 33. 
  45. "Raí Nascimento, novo xogador do Dépor 20·21". 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 
  46. "Diego Rolan completará a Temporada 2020-2021 cedido no Pyramids FC". 1 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  47. "El Dépor se resigna a perder a Rolán: «No podemos endeudar más el club»". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  48. "Rui Costa deja el Deportivo y ficha por el Santa Clara" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  49. "Rayco incorpórase á disciplina do primeiro equipo". 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  50. "Diego Villares incorpórase á disciplina do primeiro equipo". 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  51. Barreiros, Pedro (25 de xaneiro de 2021). "El peor Deportivo de la historia". La Voz de Galicia. Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  52. "El Coruxo gana en casa al Deportivo por 2-0" (en castelán). 7 de febreiro de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2021. 
  53. "Dimite la directiva del Dépor por petición de ABanca" (en castelán). 8 de febreiro de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2021. 
  54. "¿Y si el Dépor aún no ha tocado fondo?" (en castelán). 21 de febreiro de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2021. 
  55. "Miguel Juane pasa a ser secretario del Consejo". DxT Campeón (en castelán). 25 de marzo de 2021. Consultado o 30 de marzo de 2021. 
  56. "O Dépor mételle unha marcha máis á pretemporada en Vilalba". Deportivo da Coruña. 26 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  57. "Empate sin goles en As Eiroas". Deportivo da Coruña (en castelán). 26 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  58. "Los 3.000 de Riazor, como si fueran 32.000". El Ideal Gallego (en castelán). 19 de outubro de 2020. Consultado o 19 de outubro de 2020. 
  59. "Lara dá ao Dépor a terceira vitoria (1-0)". Real Club Deportivo da Coruña. 8 de novembro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2020. 
  60. "Un Dépor romo non atopou vetas para gañar en Guijuelo". Real Club Deportivo da Coruña. 22 de novembro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2020. 
  61. "O Deportivo conserva o liderado en Pasarón (1-1)". Real Club Deportivo da Coruña. 5 de decembro de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  62. "Primera derrota blanquiazul (1-2)". Real Club Deportivo da Coruña. 13 de decembro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020. 
  63. "Más de 2.000 aficionados y menos de 2 grados en el Zamora vs Deportivo". 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  64. "Reinicio sen historia no Helmántico (0-0)". Real Club Deportivo da Coruña. 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 
  65. "O Dépor cae en ABANCA-RIAZOR ante o Compos (0-2)". Real Club Deportivo da Coruña. 24 de xaneiro de 2021. Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  66. "O Dépor supera o test numantino (2-1)". Real Club Deportivo da Coruña. 18 de abril de 2021. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  67. "O Dépor deixa deberes pendentes para o desenlace da temporada (0-0)". Real Club Deportivo da Coruña. 25 de abril de 2021. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  68. "O Dépor consegue 5 para aprobar a temporada". Real Club Deportivo da Coruña. 2 de maio de 2021. Consultado o 7 de maio de 2021. 
  69. "Así hemos vivido el descenso del Numancia". Soria Noticias. 9 de maio de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021. 
  70. "Un gol de Héctor mete ao Dépor no bombo da Copa (1-0)". Real Club Deportivo da Coruña. 17 de decembro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  71. "O Dépor cae na Copa con honra (0-1)". Real Club Deportivo da Coruña. 6 de xaneiro de 2021. Consultado o 7 de xaneiro de 2021.