Rubén de la Barrera

adestrador galego de fútbol

Rubén de la Barrera Fernández, nado na Coruña o 18 de xaneiro de 1985, é un adestrador de fútbol galego. Dende decembro de 2023 adestra o Vizela, da Primeira Liga de Portugal.

Rubén de la Barrera
Información persoal
Nome Rubén de la Barrera Fernández
Nacemento 18 de xaneiro de 1985
Lugar de nacemento A Coruña
Información de club
Club actual Vizela (ad.)
Adestrador
Anos Equipos
2010–2012 Villaralbo
2013–2014 Guijuelo
2014–2015 Valladolid B
2015–2016 Guijuelo
2016–2018 Cultural Leonesa
2018–2019 Al-Ahli
2019–2020 Viitorul Constanța
2021 Deportivo da Coruña
2021–2022 Albacete
2023 Deportivo da Coruña
2023 O Salvador
2023– Vizela
Na rede
Twitter: rubibarrerafdez Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezos editar

Tras xogar no Ural CF, o Orillamar e o Victoria CF, e de xogar un torneo de Brunete co Deportivo da Coruña,[1] colgou as botas aos 18 anos. Iniciou entón a súa carreira nos bancos, comezando no Ural, onde adestrou o equipo de benxamíns, colaborou co equipo xuvenil e dirixiu a escola de fútbol do club.[2] Adestrou logo os xuvenís do Arteixo e os do Montañeros, estes últimos na División de Honra.[2]

En 2010, con 25 anos, deu o salto á Terceira División, facéndose cargo do Villaralbo, da provincia de Zamora,[2] onde permaneceu dúas tempadas, clasificando o equipo para dúas promocións de ascenso.[3] A continuación foi contratado polo Guijuelo, de Segunda División B, co que rematou a tempada 2013/14 como cuarto na táboa, clasificando así o equipo para disputar a fase de ascenso a Segunda División por primeira e única vez na súa historia.[4] Alí caeu eliminado contra o Leganés, que finalmente sería un dos equipos ascendidos.[5]

Na tempada 2014/15 adestrou o Valladolid Promesas, filial do Real Valladolid que acababa de ascender á 2ª B, rematando a liga na novena posición.[4] Volveu a continuación ao Guijuelo, que se clasificou sexto ao remate da tempada.[6]

Cultural Leonesa editar

En maio de 2016 converteuse no novo técnico da Cultural Leonesa, tamén en Segunda B. Tras unha gran tempada regular na que só perdeu 4 partidos de 38, o equipo acabou como primeiro clasificado do grupo I. Xogou entón a promoción de ascenso, onde derrotou ao Barcelona B e ao Lorca FC, proclamándose así campión da Segunda B e ascendendo o equipo leonés á categoría de prata 43 anos despois.[7] Continuou no club o seguinte ano, pero non puido conseguir a permanencia, caendo de novo á 2ª B na derradeira xornada de liga.[8]

Qatar e Romanía editar

Comezou a tempada 2018/19 como segundo adestrador de Asier Garitano na Real Sociedad,[9] posto que ocupou só uns meses ata novembro, cando marchou rumbo a Qatar para adestrar o Al-Ahli de Doha, club da máxima categoría qatarí.[10] Rematou a tempada en quinta posición e continuou no club para unha segunda campaña. Con todo, foi cesado en decembro de 2019, ocupando o equipo a sétima posición da táboa.[11] En agosto de 2020 chegou á Liga I, a primeira división romanesa, fichando polo FC Viitorul Constanța, club propiedade de Gica Hagi.[12] O seu paso por Constanța durou só catro meses, deixando o equipo en novembro de 2020.[13]

1ª etapa no Deportivo da Coruña editar

O 12 de xaneiro de 2021 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña, en Segunda División B, en substitución de Fernando Vázquez, destituído un día antes.[14][15] Colleu o equipo na segunda praza da táboa e rematou a primeira fase na cuarta posición, perdendo calquera posibilidade de ascenso a Segunda. Finalmente na segunda fase clasificou ao equipo para a nova Primeira RFEF. Ao remate da tempada, e cando parecía que o seu contrato ía ser renovado, o Deportivo rompeu a súa relación con el, argumentando que estaba a negociar o seu futuro coa UD Las Palmas.[16] O técnico defendeu posteriormente que, aínda que se reuniu co director deportivo Luis Helguera, non chegou a haber ningunha oferta do club canario.[17][18] Foi substituído por Borja Jiménez.[19]

Albacete editar

En xuño de 2021 asinou como novo adestrador do Albacete, da Primeira División RFEF.[20] Mantívose case toda a tempada entre os tres primeiros clasificados, ocupando o liderado durante varias xornadas, e rematou finalmente na terceira posición.[21] Clasificouse así para a promoción de ascenso, na que eliminou nas semifinais en Balaídos ao Rayo Majadahonda por 2-1, meténdose deste xeito nunha final na que se enfrontou ao seu anterior equipo, o Deportivo da Coruña.[22] Nun Riazor con máis de 27 000 espectadores o Albacete repúxose tralo tanto inicial de Mario Soriano e empatou o partido por medio de Alberto, forzando a prórroga. Ao equipo coruñés bastáballe co empate no templo suplementario, pero un gol de Jordi Sánchez no minuto 113 deulle o ascenso ao conxunto de Rubén de la Barrera, o segundo ascenso á categoría de prata para o técnico galego.[23] Só catro días despois de subir o Albacete a Segunda, o club anunciou que chegara a un acordo co adestrador para rescindir o ano de contrato que lle restaba.[24]

2ª etapa no Deportivo da Coruña editar

Tras case un ano afastado dos bancos, en maio de 2023 regresou ao Deportivo da Coruña, sendo o adestrador elixido pola directiva do club tralo cesamento de Óscar Cano, con quen o equipo viña de perder as súas opcións de ascenso directo.[25] Dirixiu o equipo nos dous últimos partidos da liga regular, unha vitoria por 4-0 sobre o Algeciras na casa e un empate a un gol contra o Pontevedra en Pasarón, antes de encarar a promoción de ascenso. No partido de ida das semifinais ante o Castellón, diante dos 28.828 espectadores de Riazor (cifra récord para a categoría), o Deportivo conseguiu unha vitoria pola mínima. Con todo, na volta en Castàlia, o Deportivo volveu quedar eliminado por segundo ano consecutivo, despois dun intenso partido con sete goles e unha prórroga que o club coruñés disputou con dez xogadores, trala expulsión do porteiro Ian Mackay, que sufriu o encontro máis desafortunado da súa carreira.[26][27]

O novo fracaso deportivo provocou a dimisión do Consello de Administración do club e a destitución do adestrador, a pesar de que este dirixiu o equipo en só catro partidos e contaba cun grande apoio entre a afección.[28][29] O 29 de xuño milleiros de seareiros do Deportivo levaron a cabo unha histórica manifestación contra as últimas decisións de Abanca, entidade propietaria do club, entre elas o despedimento do técnico.[30]

O Salvador editar

En setembro do mesmo ano foi anunciado como novo seleccionador nacional do Salvador, equipo que levaba máis dun ano sen gañar un partido.[31] Debutou á fronte do equipo centroamericano o 14 de outubro de 2023, caendo derrotado ante Martinica na Liga das Nacións da CONCACAF, derrota que certificou o seu descenso á Liga B.[32] Dirixiu o combinado centroamericano en tres partidos máis, un contra Martinica de novo e dous máis fronte a Curaçao, obtendo tres empates. O 19 de decembro, 89 días despois da súa chegada, anunciou a súa marcha da selección salvadoreña para aceptar a oferta do Vizela, da Primeira Liga de Portugal.[33]

Notas editar

  1. Miranda, Carlos (13 de xaneiro de 2021). "El niño de Brunete llega a Riazor". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 29 de xuño de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "El Villaralbo de Tercera ficha al discípulo de Mourinho y Lillo, un técnico gallego de 25 años". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de maio de 2005. p. 41. 
  3. Herrera, Manuel (17 de xuño de 2017). "El viaje de Rubén de la Barrera" (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "Rubén de la Barrera, nuevo entrenador del Promesas". El Norte de Castilla (en castelán). 30 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  5. "Tal día como hoy... hace seis años, el Leganés vencía al Guijuelo y se clasificaba para la siguiente ronda del 'play-off'" (en castelán). 25 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  6. "Rubén de la Barrera vuelve al Guijuelo" (en castelán). 1 de xullo de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  7. Abizanda, J. (29 de maio de 2017). "Rubén de la Barrera, el secreto del éxito de la Cultural Leonesa". ABC (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  8. "La Cultural cae al infierno de Segunda B" (en castelán). 3 de xuño de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  9. López, Ángel (2 de xuño de 2018). "Rubén de la Barrera: un estudioso del fútbol". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  10. Ramajo, Roberto (27 de novembro de 2018). "Rubén de la Barrera deja la Real Sociedad y se va a Qatar". As (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  11. "Carlos Inarejos sustituye a Rubén de la Barrera en el banquillo del Al Ahli" (en castelán). 18 de novembro de 2019. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  12. "El gallego Rubén de la Barrera ficha por el Viitorul rumano". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de agosto de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  13. González, Dani (1 de decembro de 2020). "La aventura de Rubén de la Barrera en el fútbol rumano llega a su fin" (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  14. "Rubén de la Barrera, novo adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 12 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  15. "O Deportivo rescinde o contrato de Fernando Vázquez". 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  16. "El campo se embarra en el adiós de Rubén de la Barrera". DxT Campeón (en castelán). 20 de maio de 2021. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  17. "La versión de Rubén de la Barrera tras reunirse con Luis Helguera" (en castelán). 19 de maio de 2021. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  18. "Rubén de la Barrera: «Nunca hubo oferta de la UD»" (en castelán). 15 de xuño de 2021. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  19. "Borja Jiménez, novo adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 26 de maio de 2021. Consultado o 26 de maio de 2021. 
  20. "Rubén de la Barrera, nuevo entrenador del Albacete Balompié" (en castelán). 2 de xuño de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  21. Sevilla, Juanma (28 de maio de 2022). "El Albacete cae ante el Costa Brava y acaba tercero" (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  22. Garrido, Carlos (4 de xuño de 2022). "El Albacete Balompié vence al Rayo Majadahonda y accede a la final del playoff" (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  23. "O Deportivo perde contra o Albacete na prórroga e queda ás portas de volver a Segunda División". Nós Diario. 11 de xuño de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  24. "Rubén de la Barrera deja de ser entrenador del Albacete" (en castelán). 15 de xuño de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  25. "Rubén de la Barrera volta ao Dépor após a destitución de Óscar Cano". Nós Diario. 16 de maio de 2023. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  26. "El Castellón se lleva la eliminatoria en la montaña rusa de Castalia". Marca (en castelán). 11 de xuño de 2023. Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  27. "El día negro de Ian Mackay". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 2023. Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  28. Núñez, Alfonso (14 de xuño de 2023). "Dimite todo el Consejo de Administración del Deportivo y el club anuncia el cese de Rubén de la Barrera" (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  29. Silveira, Xane (29 de xuño de 2023). "La afición del Deportivo recuerda a De La Barrera en plena manifestación: "¡Queremos a Rubén!"" (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  30. Silveira, Xane (29 de xuño de 2023). "La histórica protesta de la afición del Deportivo contra la propiedad: "¡Abanca, escoita, Coruña está en loita!"" (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  31. "Rubén de la Barrera, nuevo seleccionador de El Salvador". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de setembro de 2023. Consultado o 20 de setembro de 2023. 
  32. García, Óscar (14 de outubro de 2023). "Duro golpe para Rubén de la Barrera en El Salvador". As (en castelán). Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  33. "O galego Rubén de la Barrera deixa a selección do Salvador e regresa a Europa". Televisión de Galicia. 20 de decembro de 2023. Consultado o 20 de decembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar