Héctor Hernández Ortega

futbolista español

Héctor Hernández Ortega, nado o 23 de maio de 1991 en Valladolid, é un futbolista español, que xoga de lateral esquerdo.

Héctor Hernández
Información persoal
Nome Héctor Hernández Ortega
Nacemento 23 de maio de 1991 (32 anos)
Lugar de nacemento Valladolid
Nacionalidade España
Altura 1,73 m.
Posición Lateral esquerdo
Carreira xuvenil
2003–2008 CD Victoria CF
2008–2009 CD Betis CF
2009–2010 Zaragoza
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2013 Zaragoza B 69 (2)
2013 Zaragoza 1 (0)
2013–2015 Real Sociedad B 42 (2)
2015–2018 Real Sociedad 17 (0)
2017Granada (cedido) 13 (0)
2017–2018Alavés (cedido) 1 (0)
2018–2019 Tenerife 15 (0)
2019–2020 Numancia 31 (0)
2020–2022 Deportivo 45 (1)
2023 Rayo Majadahonda 11 (0)
Na rede
Twitter: litryhdez Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezos editar

Nacido en Valladolid, formouse na canteira do CD Victoria CF e logo na do CD Betis CF, ambos de Valladolid.[1]

Real Zaragoza (2010-2013) editar

En 2009 ingresou no Real Zaragoza e xogou co seu filial, o Zaragoza B, entre as tempadas 2010/11 e 2012/13, as dúas últimas na Segunda División B.

O 23 de xaneiro de 2013 debutou co primeiro equipo zaragozano nos cuartos de final da Copa do Rei contra o Sevilla, saltando ao terreo do Sánchez Pizjuán no minuto 51 para substituír a Víctor Rodríguez. Menos de tres semanas despois debutou na Primeira División, entrando como titular no equipo de Manuel Jiménez fronte á Real Sociedad na Romareda. Con todo, foi expulsado aos 22 minutos, por dobre amarela tras dúas entradas sobre Carlos Vela, e o Zaragoza perdeu 1-2.[2]

Real Sociedad (2013-2018) editar

O 30 de xuño de 2013 finalizou o seu contrato co Zaragoza e asinou coa Real Sociedad ata o 30 de xuño de 2014 para poñerse ás ordes de Asier Santana no equipo filial, o Sanse. Apenas tivo protagonismo no seu primeiro ano en Donostia, pero a situación mudou no segundo, no que disputou 35 encontros, case todos como titular.

En maio de 2015 renovou o seu contrato ata 2017 e pasou a formar parte do primeiro equipo da Real Sociedad.[3]​ Debutou ante o FC Barcelona no Camp Nou, substituíndo nos minutos finais a Imanol Agirretxe.[4]

En xuño de 2016 ampliou o contrato que o vencellaba ó club txuri urdin ata 2019.[4] En xaneiro de 2017 saíu cedido ao Granada de Lucas Alcaraz en busca de minutos.[5] Xogou 13 partidos sen poder evitar o descenso do equipo á Segunda división.[6] Na seguinte campaña, 2017/18 foi cedido de novo, esta vez ao Deportivo Alavés.[7] Con todo, co equipo vitoriano só xogou 15 minutos na primeira xornada, por mor dunha lesión no xeonllo que o mantivo o resto da tempada afastado dos terreos de xogo.[8]

Tenerife e Numancia (2018-2020) editar

En agosto de 2018 desvinculouse da Real e fichou polo Tenerife, adestrado naquel entón por Joseba Etxeberria, e que militaba na Segunda división.​[9] Co club canario contabilizou 16 encontros, 15 deles como titular.

Na tempada 2019/20 fichou polo Numancia,​ de Segunda División, co que actuou en 31 partidos, e co que sufriu un novo descenso.[10]

Deportivo da Coruña (2020-2022) editar

O 12 de setembro de 2020, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas polo Deportivo da Coruña da Segunda División B.[11] Debutou no estadio Reina Sofía fronte ao Unionistas de Salamanca, marcando o gol da vitoria (1-0) cando só transcorreran 50 segundos de partido.[12] Un mes despois marcou o seu primeiro gol na Copa do Rei, no partido da primeira rolda contra o El Ejido, no que o seu equipo venceu por 1-0.[13] Disputou un total de 14 encontros na tempada, na que o Deportivo se clasificou para a primeira edición da Primeira División RFEF.

Na súa segunda campaña no club galego foi titular durante a maior parte dos encontros, disputando un total de 33 partidos, 31 deles saíndo de inicio. Foi titular nos dous partidos da promoción de ascenso, na que o Deportivo acabou caendo na prórroga da final contra o Albacete en Riazor.[14] Ao remate da tempada o club rescindiu o seu contrato, polo que pechou o seu paso pola Coruña cun total de 47 partidos e 2 goles.[15]

Rayo Majadahonda editar

Trala súa saída do Deportivo estivo medio ano sen equipo, ata que no último día do mercado invernal da tempada 2022/23 anunciouse a súa fichaxe polo Rayo Majadahonda, de Primeira RFEF.[16] Disptuou 11 partidos co conxunto madrileño, 8 deles como titular.

Notas editar

  1. "El Betis CF presume de cantera" (en castelán). 21 de febreiro de 2013. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  2. "Héctor no tuvo su debut soñado". Marca (en castelán). 11 de febreiro de 2013. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  3. "Elustondo, la cara de la cantera". Marca (en castelán). 30 de setembro de 2015. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "Héctor Hernández renueva hasta 2019". Cadena SER (en castelán). 17 de xuño de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  5. "Héctor Hernández: «En Granada voy a poder demostrar el jugador que soy»" (en castelán). 1 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  6. "Héctor abandona Granada bajo sospecha". Mundo Deportivo (en castelán). 26 de maio de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  7. "Héctor Hernández jugará cedido en el Alavés" (en castelán). 11 de xuño de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  8. "Héctor Hernández: "Lo que he pasado no se lo recomiendo ni a mi peor enemigo"". Sport (en castelán). 21 de marzo de 2018. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  9. "La Real se desvincula de Héctor Hernández, que ficha por el Tenerife". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de agosto de 2018. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  10. "El CD Numancia ficha al lateral Héctor Hernández" (en castelán). 15 de xullo de 2019. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  11. "Héctor Hernández, novo xogador do Dépor 20·21". rcdeportivo.es/gal. 12 de setembro de 2020. Consultado o 12 de setembro de 2020. 
  12. "Victoria express del Deportivo". As (en castelán). 1 de novembro de 2020. Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  13. Barreiros, Pedro (17 de decembro de 2020). "Un Dépor gris avanza en la Copa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  14. Barreiros, Pedro (2 de setembro de 2022). "1-2 A prórroga noquea ao Deportivo". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de xuño de 2022. 
  15. "Héctor Hernández non continuará no RC Deportivo". 1 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  16. "Héctor Hernández ficha por el Rayo Majadahonda" (en castelán). 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar