Derik Osede

futbolista español

Derik Osede Prieto, nado o 21 de febreiro de 1993 en Madrid, é un futbolista español. Xoga de defensa central no Waterford, da Primeira División de Irlanda.

Derik Osede
Información persoal
Nome Derik Osede Prieto
Nacemento 21 de febreiro de 1993 (31 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Nacionalidade España
Altura 1,83 m.
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Waterford
Número 14
Carreira xuvenil
2001–2002 Santa Ana
2002–2011 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2013 Real Madrid C 51 (1)
2012–2015 Real Madrid Castilla 51 (1)
2015–2018 Bolton Wanderers 65 (0)
2018–2020 Numancia 36 (2)
2020–2021 Deportivo 8 (0)
2022 Alcoyano 0 (0)
2023 Pontevedra 14 (0)
2023– Waterford 8 (0)
Selección nacional
2009 España sub-16 3 (0)
2009 España sub-17 4 (1)
2011 España sub-18 2 (0)
2012 España sub-19 9 (1)
2013 España sub-20 8 (2)
2014 España sub-21 1 (0)
Na rede
Twitter: derikosede FIFA: 369126 UEFA: 250013888 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 10 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Real Madrid editar

Naceu en Madrid, de nai española e pai nixeriano.[1] Comezou no fútbol no DAV Santa Ana e no 2002 entrou na canteira do Real Madrid. Pasou polos distintos equipos das categorías inferiores e na tempada 2010/11 debutou co Real Madrid C, o segundo filial do club.[2] Na tempada seguinte participou no ascenso deste á Segunda División B.

En setembro de 2012 debutou co primeiro equipo do Real Madrid da man do técnico José Mourinho nun partido amigable contra o Millonarios correspondente ao Trofeo Santiago Bernabéu, que rematou con goleada madrileña por 8-0.[3] Un mes despois xogou o seu primeiro encontro co primeiro filial, o Real Madrid Castilla, nun partido da Segunda división contra o Córdoba. O 1 de febreiro de 2014, marcou o seu primeiro gol como profesional, na vitoria por 4–0 sobre o Hércules no Estadio Alfredo di Stéfano. A tempada rematou co descenso do equipo, con 18 partidos disputados polo futbolista madrileño.

Bolton Wanderers editar

O 6 de xullo de 2015, despois de dúas tempadas co Real Madrid Castilla, asinou un contrato de tres anos co Bolton Wanderers, da segunda división inglesa. Xogou a metade dos encontros na súa primeira campaña no club inglés, que acabou co descenso deste á League One. Continuou dúas tempadas máis en Bolton e marcou o seu primeiro gol co equipo en agosto de 2017, nun partido da EFL Cup contra o Crewe Alexandra.[4]

Numancia editar

A finais de novembro de 2018 fichou polo Numancia, da Segunda división, onde asinou un contrato por dous anos.[5] Xogou 37 encontros nese período, marcando dous goles, e a súa segunda campaña no club acabou co descenso á Segunda División B.

Deportivo da Coruña editar

O 5 de outubro de 2020, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Deportivo da Coruña da Segunda División B.[6] No equipo galego non tivo continuidade, xogando só catro partidos como titular e nove en total, e tras lesionarse no tendón de Aquiles durante un partido contra o Pontevedra na xornada 16, non volveu vestir a camiseta do equipo.[7]

Alcoyano editar

Tras varios meses de recuperación na Coruña, e de estar máis de medio ano sen equipo, en febreiro de 2022 asinou co Alcoyano, tamén de Primeira RFEF, a onde chegou para substituír o lesionado Carlos Blanco. Con todo, non chegou a debutar co club de Alcoi.[7]

Pontevedra editar

Trala súa saída do Alcoyano, adestrouse durante meses co Pontevedra, que finalmente lle fixo unha ficha como xogador do equipo en xaneiro de 2023.[8] Disputou un total de 15 partidos ata o remate da tempada, 9 deles como titular, pero o equipo acabou descendendo a Segunda RFEF.

Waterford editar

En setembro de 2023 fichou polo Waterford, da Primeira División de Irlanda.[9]

Selección española editar

Foi internacional coas categorías inferiores na selección española, pasando por todas entre a sub-16 e a sub-21.

En 2012 disputou coa sub-19 o Campionato Europeo en Estonia, sendo defensa titular, marcando un gol e proclamándose finalmente campión tras derrotar a Grecia en Talín.[10]

Palmarés editar

Selección española

Notas editar

  1. "Derik Osede, novo xogador do Dépor 20·21". Deportivo da Coruña. 5 de outubro de 2020. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  2. "Derik Osede Prieto". Real Madrid (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  3. "José Mourinho hace debutar a los canteranos Derik Osede y Mario Hermoso con el Real Madrid" (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  4. "Crewe Alexandra 1–2 Bolton Wanderers". BBC (en inglés). 9 de agosto de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  5. "Osede, nuevo futbolista del Numancia: “Me veo capacitado para debutar ya, pero eso depende del entrenador”" (en castelán). 26 de novembro de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  6. "Derik Osede, novo xogador do Dépor 20·21". rcdeportivo.es/gal. 5 de outubro de 2020. Consultado o 5 de outubro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 G. G., Xurxo (22 de xullo de 2022). "El Pontevedra incorpora a prueba al central Derik Osede". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022. 
  8. Gómez, Xurxo (4 de xaneiro de 2023). "El empeño de Derik Osede convence al Pontevedra" (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  9. "Waterford FC Sign Derik Osede" (en inglés). 6 de setembro de 2023. Consultado o 10 de novembro de 2023. 
  10. "España - Grecia". UEFA (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar