Football League One
A Football League One (oficialmente Sky Bet League One por motivos de patrocinio), é a terceira máxima categoría de liga de clubs de fútbol de Inglaterra, por debaixo do Football League Championship.
Football League One | |
---|---|
Fundación | 2004–presente 1992–2004 (coma Division Two) 1958–1992 (coma Division Three) 1921–1958 (coma Division Three North/South) 1920–1921 (coma Division Three) |
Rexión | ![]() |
Equipos | 24 |
Copa | FA Cup Football League Cup Football League Trophy |
Ascenso | Championship |
Descenso | League Two |
Televisión | Sky Sports, Quest |
Sitio web | Sitio web oficial |
![]() |
A League One introduciuse na tempada 2004-05. Durante un curto período de tempo foi coñecida como Football League Second Division, e durante moito tempo, antes da creación da Premier League, coñecíase como Football League Third Division.
Sistema de competiciónEditar
A liga está composta por 24 equipos. Cada equipo xoga dúas veces contra cada outro equipo, unha vez na casa, e outra vez fóra. O vencedor dun partido lévase tres puntos, un punto para cada equipo en caso de empate, e cero puntos por cada derrota. Ó remate da tempada, a orde na clasificación segue os seguintes criterios: puntos obtenidos, diferenza de goles, goles a favor, os resultados entre dous ou máis equipos e, finalmente, unha serie de un ou máis partidos de playoff.
Ó final de cada tempada, os dous primeiros clasificados, xunto co gañador dos playoffs entre os equipos da 3ª á 6ª posición, ascenden ó Football League Championship, e son substituídos polos tres derradeiros clasificados desa división.
Da mesma maneira, os catro últimos equipos da clasificación descenden á Football League Two, e son substituídos polos tres primeiros clasificados desa división, máis o gañador dos playoffs disputados entre os equipos clasificados da 4ª á 7ª posición.
Equipos participantes 2021/22Editar
Os seguintes 24 equipos compiten na tempada 2021-22 da League One.
Tempadas anterioresEditar
Campións de liga, subcampións e playoffsEditar
Equipos descendidos (da League One á League Two)Editar
a Expulsado en agosto de 2019 por motivos económicos.
Máximos goleadoresEditar
Tempada | Xogador | Equipo | Goles |
---|---|---|---|
2004–05 | Stuart Elliott | Hull City | 27 |
Dean Windass | Bradford City | ||
2005–06 | Freddy Eastwood | Southend United | 23 |
Billy Sharp | Scunthorpe United | ||
2006–07 | Billy Sharp | Scunthorpe United | 30 |
2007–08 | Jason Scotland | Swansea City | 24 |
2008–09 | Simon Cox | Swindon Town | 29 |
Rickie Lambert | Bristol Rovers | ||
2009–10 | Rickie Lambert | Southampton | 30 |
2010–11 | Craig Mackail-Smith | Peterborough United | 27 |
2011–12 | Jordan Rhodes | Huddersfield Town | 36 |
2012–13 | Paddy Madden | Yeovil Town | 24 |
2013–14 | Sam Baldock | Bristol City | 24 |
2014–15 | Joe Garner | Preston North End | 26 |
2015–16 | Will Grigg | Wigan Athletic | 25 |
2016–17 | Billy Sharp | Sheffield United | 30 |
2017–18 | Jack Marriott | Peterborough United | 27 |
2018–19 | James Collins | Luton Town | 25 |
2019–20 | Ivan Toney | Peterborough United | 24 |
2020–21 | Jonson Clarke-Harris | Peterborough United | 31 |