Alexandre Alemán Pérez
árbitro de fútbol español
Alexandre Alemán Pérez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 7 de xuño de 1987, é un árbitro de fútbol español, que milita na Primeira División RFEF.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1987 (36 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | árbitro de fútbol |
Traxectoria editar
Na tempada 2009/10 debutou como árbitro da Segunda División B, na que traballou durante doce tempadas consecutivas, acumulando 145 partidos.[1] Durante ese tempo arbitrou tamén partidos da Copa do Rei, da Copa Federación e da Primeira división feminina. En 2021 pasou a dirixir encontros da nova Primeira División RFEF.[2]
Notas editar
- ↑ Suárez, Marcelino (9 de xullo de 2009). "El grancanario Alemán Pérez sube a Segunda División B" (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2023.
- ↑ "Seis árbitros de Las Palmas, en las nuevas categorías del fútbol español" (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2023.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do árbitro en BDFutbol (en castelán).