Diego Rolan

futbolista uruguaio

Diego Alejandro Rolan Silva, nado en Montevideo o 24 de marzo de 1993, é un futbolista uruguaio que xoga de dianteiro.

Diego Rolan
Información persoal
Nome Diego Alejandro Rolan Silva
Nacemento 24 de marzo de 1993
Lugar de nacemento Montevideo
Altura 1,77 m
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1999–2011 Defensor Sporting
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2013 Defensor Sporting 38 (10)
2013–2018 Girondins de Bordeos 121 (33)
2017–2018Málaga (cedido) 26 (5)
2018–2021 Deportivo 4 (2)
2018–2019Leganés (cedido) 6 (0)
2019Alavés (cedido) 9 (0)
2019–2020Juárez (cedido) 18 (7)
2021Pyramids FC (cedido) 8 (3)
2021–2022 FC Juárez 20 (4)
2023 Peñarol 5 (0)
Selección nacional
2011–2012 Uruguai sub-20 17 (4)
2014– Uruguai 25 (4)
Na rede
Twitter: diego_rolan FIFA: 344524 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de xaneiro de 2024.
Selección: actualizado a 22 de novembro de 2020.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Defensor Sporting editar

Rolan criouse na canteira do Defensor Sporting, chegando ao primeiro equipo en 2011. O 28 de agosto de 2011, fixo o seu debut oficial nun empate 1-1 contra Cerrito.[1] O 13 de novembro de 2011, marcou o seu primeiro gol oficial contra o Cerro Largo FC. O 23 de setembro, anotou un triplete na vitoria por 4-1 sobre o Progreso.[2] O 17 de novembro, marcou outro hat-trick, esta vez na vitoria por 4-0 fronte a Bella Vista.[3]

Girondins de Bordeos editar

Despois da súa actuación no Campionato Suramericano de Fútbol Sub-20 de 2013, onde marcou catro goles, varios equipos grandes de Europa interesáronse na súa fichaxe. O 11 de febreiro de 2013 asinou un contrato co FC Girondins de Bordeaux da Ligue 1.[4]

Xogou o que restaba desa tempada e catro máis no Girondins, sendo a súa mellor campaña a 2014/15, na que anotou 16 goles en 38 partidos. Xogou un total de 149 partidos co club francés, marcando 38 goles.

Cesión ao Málaga CF editar

No verán de 2017 o Girondins chegou a un acordo co Deportivo da Coruña para o traspaso do futbolista, pero dado que o club galego tiña chea a cota de extracomunitarios, o traspaso adiouse un ano, sendo cedido mentres ao Málaga CF.[5][6][7] Xogou 27 partidos co club andaluz, marcando cinco goles, que non serviron para evitar o descenso.

Deportivo da Coruña editar

 
Rolán con Leganés en 2018.

O 17 de xullo de 2018 o Girondins de Bordeos anunciou o traspaso ao Deportivo da Coruña, que acababa de descender á Segunda División. O custo da operación estimouse en 6 millóns de euros.[8]

Cesión ao Leganés editar

Nove días despois, foi cedido ao CD Leganés na primeira división por un ano, cunha cláusula de compra.

Apenas dispuxo de minutos no equipo de Mauricio Pellegrino,[9] participando só en oito partidos e en xaneiro de 2019 deixou o club madrileño para recalar cedido no Deportivo Alavés ata o final de tempada.[10]

Cesión ao Alavés editar

Tampouco Abelardo, técnico do equipo vasco, contou moito con el, o que sumado a unha lesión no bíceps, fixo que só xogase 9 partidos, 3 deles como titular.

Cesión ao FC Juárez editar

Na tempada 2019/20 foi cedido ao Fútbol Club Juárez, da Primeira División de México, co que marcou oito goles en 21 partidos.

Tempada co Deportivo editar

Para a tempada 2020/21 o Deportivo da Coruña, descendido a Segunda B, tentou unha nova cesión do uruguaio debido ao alto salario deste, pero non conseguiu a saída do xogador, polo que foi inscrito para disputar co club galego a tempada.[11] Debutou co Deportivo o 29 de novembro de 2020, na xornada 6 fronte ao Racing de Ferrol en Riazor, marcando de penalti no minuto 6 o gol da vitoria (1-0).[12] Disputou un total de cinco partidos, anotando dous goles, e o 2 de febreiro de 2021 anunciouse a súa cesión ata final de tempada ao Pyramids FC da liga exipcia.[13] Co club exipcio xogou oito partidos marcando tres goles.

FC Juárez editar

En agosto de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo FC Juárez, no que xa xogara cedido facía dúas tempadas.[14] Na súa segunda etapa no club mexicano disputou 20 partidos de liga, marcando 4 goles. Trala súa saída do Juárez demandou ao club por incumprimento de contrato e a FIFA fallou ao seu favor, obrigando á entidade a pagarlle máis dun millón de dólares.[15]

Peñarol editar

A continuación regresou ao seu país e en febreiro de 2023 foi anunciado como novo xogador do Peñarol.[16]

Selección nacional editar

Rolan representou á selección de fútbol sub-20 do Uruguai na Copa do Mundo de Fútbol sub-20 de 2011 en Colombia. En 2013 marcou catro goles no Campionato Suramericano de Fútbol Sub-20 na Arxentina, acadando co equipo o terceiro posto e a clasificación para a Copa Mundial Sub-20 da FIFA 2013.

En setembro de 2014 fixo o seu debut coa selección uruguaia absoluta nun amigábel contra Xapón en Sapporo. Deulle a asistencia a Edinson Cavani no primeiro dos dous goles (2–0) fronte aos campións asiáticos. O seu primeiro gol coa selección foi nunha vitoria por 1–2 sobre Chile o 18 de novembro de 2014.

En maio de 2015, Rolan foi incluído na selección do Uruguai para a Copa América 2015 polo adestrador Óscar Tabárez. Levou o número 9, usado normalmente polo suspendido Luis Suárez.[17]

Palmarés editar

Girondins de Bordeos editar

Notas editar

  1. "Defensor Sporting vs. Cerrito - 28 August 2011 - Soccerway". int.soccerway.com (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2020. 
  2. "La tarde de Rolan" (en castelán). 23 de setembro de 2013. Consultado o 22 de novembro de 2020. 
  3. "Defensor Sporting derrotó 4-0 a Bella Vista con tres de Diego Rolan." (en castelán). 19 de novembro de 2012. Consultado o 22 de novembro de 2020. 
  4. "Diego Rolan se va a Francia" (en castelán). 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de novembro de 2020. 
  5. Centeno, Alexandre (3 de setembro de 2017). "Rolan, primer fichaje del Dépor 18-19". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  6. "Diego Rolan, el fichaje clandestino del Deportivo". As (en castelán). 10 de xullo de 2018. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  7. ""Rolan estará aquí el lunes"". Mundo Deportivo (en castelán). 4 de xullo de 2018. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  8. "Girondins : Diego Rolan s’engage officiellement avec La Corogne" (en francés). 17 de xullo de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2020. 
  9. "Segun 'As', el Leganés abre la puerta de salida a tres jugadores del primer equipo" (en castelán). 2 de xaneiro de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  10. "Diego Rolan, nuevo jugador del Alavés" (en castelán). 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  11. Mallo, X.M. (6 de outubro de 2020). "O Deportivo inscribe a Rolan". La Opinión A Coruña. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  12. "Diego Rolan debuta e decide (1-0)". 29 de novembro de 2020. Consultado o 30 de novembro de 2020. 
  13. "Diego Rolan completará a Temporada 2020-2021 cedido no Pyramids FC". 1 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de febreiro de 2021. 
  14. "El Bravos de Juárez anuncia el fichaje de Diego Rolan" (en castelán). 17 de agosto de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  15. "El uruguayo Diego Rolan cobrará una cifra millonaria por un fallo a favor ante la demanda a Juárez" (en castelán). 30 de outubro de 2023. Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  16. "Peñarol se sigue reforzando y Diego Rolan fue presentado oficialmente como nueva alta" (en castelán). 2 de febreiro de 2023. Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  17. "Rolan le cuida el 9 a Suárez" (en castelán). 5 de xuño de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2020. 
  18. "Bordeaux remporte la Coupe de France !". fff.fr (en francés). 31 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2020. 

Ligazóns externas editar