Claudio Beauvue

futbolista francés

Claudio Beauvue, nado en Saint-Claude o 16 de abril de 1988, é un futbolista guadalupeño. Xoga na demarcación de dianteiro no RC Calais da Régional 1, sexta categoría do fútbol francés.

Claudio Beauvue
Información persoal
Nome Claudio Beauvue
Nacemento 16 de abril de 1988 (35 anos)
Lugar de nacemento Saint-Claude
Altura 1,74 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual RC Calais
Carreira xuvenil
USJA Carquefou
2005–2006 Nantes
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2012 Troyes 99 (17)
2011–2012Châteauroux (cedido) 37 (10)
2012–2013 Châteauroux 22 (6)
2013Bastia (cedido) 15 (1)
2013–2015 Guingamp 74 (22)
2015–2016 Lyon 19 (5)
2016–2020 Celta de Vigo 23 (2)
2017–2018Leganés (cedido) 28 (2)
2018–2019Caen (cedido) 25 (3)
2020–2021 Deportivo da Coruña 26 (3)
2021–2023 Boulogne 26 (3)
2023 US Ivry 12 (3)
2023– RC Calais 0 (0)
Selección nacional
2016–2018 Guadalupe 3 (1)
Na rede
UEFA: 250075910 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 10 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezos editar

Comezou a xogar ao fútbol no Fumerolles Saint-Claude, da súa cidade natal, e o seu talento chamou a atención de observadores franceses. Aos 14 anos viaxou a Francia para xogar na canteira do do USJA Carquefou e pouco despois entrou na do FC Nantes.[1]

Troyes (2006-2011) editar

No 2006 fichou polo Troyes AC. Debutou co primeiro equipo o 24 de agosto de 2007 nun encontro da Ligue 2 contra o Bastia, e asinou o seu primeiro contrato profesional co club no verán de 2008. Militou no Troyes ata 2011, xogando unha das campañas no Championnat National (terceira división), despois de descender na 2008/09, pero logrando ascender de novo ao primeiro intento.

Châteauroux (2011-2013) editar

En marzo de 2011 foi cedido cunha opción de compra ao LB Châteauroux, tamén da Ligue 2, para a tempada 2011/12. A súa boa actuación, con dez goles en 37 encontros, fixo que o club adquirise os seus dereitos federativos. O 19 de outubro de 2012 conseguiu un triplete nun encontro de liga fronte ao Gazélec Ajaccio.

Cesión ao Bastia (2013) editar

En febreiro de 2013 foi cedido ao SC Bastia, da primeira división francesa, a Ligue 1, debutando na xornada 23 contra o Évian Thonon. Marcou o seu primeiro gol na máxima categoría na xornada 36 fronte ao Montpellier.

Guingamp (2013-2015) editar

Porén, o equipo non exerce a opción de compra e finalmente en xuño de 2013 foi traspasado ao EA Guingamp tamén da Ligue 1. No equipo bretón, o adestrador Jocelyn Gourvennec utilizouno principalmente na banda dereita. Marcou sete goles e proclamouse campión da Copa de Francia ao vencer na final ao Stade Rennes, ademais de clasificarse para a Europa League. Ao ano seguinte afianzouse no equipo titular, e pasou a ocupar a posición de dianteiro centro despois da marcha de Mustapha Yatabaré, anotando importantes goles tanto no campionato francés coma na Europa League. Na fase de grupos da competición europea anotou catro goles nos tres partidos de volta, contribuíndo a que o equipo se clasificase como segundo de grupo. Na liga anotou 17 goles, rematando como quinto máximo goleador do campionato, só por detrás de Lacazette, Gignac, Ibrahimović e Cavani.

Olympique de Lión (2015-2016) editar

En xuño de 2015 fichou polo Olympique de Lión. Debutou na Supercopa de Francia e marcou oito goles durante a súa media tempada no equipo lionés. Ademais debutou na Liga de Campións, xogando os seis partidos da fase de grupos.

Celta de Vigo (2016-2020) editar

El xaneiro de 2016 o club chegou a un acordo co Celta de Vigo para o seu traspaso por 5 millóns de euros máis 2,5 en variables, asinando un contrato por cinco tempadas e media.[2] Debutou na Primeira división na xornada 21 fronte ao Rayo Vallecano no Estadio de Vallecas e marcou o seu primeiro gol dúas xornadas despois en Balaídos contra o Sevilla, poñendo o 1-1 definitivo no marcador.[3] Disputou un total de 13 encontros co equipo de Berizzo esa tempada, ata que en abril sufriu unha rotura do tendón de Aquiles dereito, perdendo o que restaba da competición e parte da tempada seguinte.[4]

Regresou aos terreos de xogo a principios de 2017 e en marzo marcou o gol da vitoria no último minuto fronte ao FC Krasnodar na ida dos oitavos de final da Europa League (2-1).[5] Disputou tamén os cuartos de final contra o Genk e as semifinais, onde o seu equipo caeu co Manchester United.[6]

Cesións ao Leganés e ao Caen (2017-2019) editar

Para a seguinte tempada saíu cedido ao Leganés.[7] No equipo de Asier Garitano disputou 35 encontros, 22 deles como titular, e marcou tres goles. Na campaña 2018/19 volveu ir cedido, esta vez ao Caen, da primeira división francesa.[8] Co equipo normando marcou tres goles en liga e en abril de 2019 foi apartado do equipo polo seu comportamento indisciplinado.[9] O equipo acabou descendendo á Ligue 2.

Ao seu regreso a Vigo o club comunicoulle que non contaba con el. Pouco despois nun adestramento sufriu a súa segunda lesión grave, a rotura do menisco do xeonllo esquerdo.[10]

Deportivo da Coruña (2020-2021) editar

O 18 de xaneiro de 2020, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña,[11] despois de rescindir o seu contrato co Celta.[12] Asinou por ano e medio, sempre que o equipo se mantivese en Segunda División. Xogou 11 partidos e marcou 2 goles, e a pesar do descenso do club ese ano a Segunda División B, renovou o seu contrato co Deportivo ata 2022.[13] Disputou 17 encontros e marcou un gol na tempada 2020/21, e tralo remate desta chegou a un acordo co club para rescindir o seu contrato.[14]

US Boulougne (2021-2023) editar

En agosto de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo US Boulogne, do Championnat National, terceira división do fútbol francés.[15] Disputou un total de 12 partidos na súa primeira tempada, na que o club de Boulogne-sur-Mer acabou descendendo. Comezou a seguinte campaña co Boulogne no Championnat National 2, anotando 3 goles en 15 partidos, pero no mercado invernal fichou polo US Ivry.[16]

US Ivry (2023) editar

Debutou co Ivry marcando un gol ante o Le Blanc-Mesnil, nun partido do Championnat National 3, a quinta categoría do fútbol francés.[16] Xogou 13 partidos co equipo do Val do Marne, marcando tres tantos.

RC Calais (2023-) editar

Na tempada 2023/24 baixou unha categoría máis para xogar co RC Calais na Régional 1.[17]

Selección de Guadalupe editar

Foi internacional en tres ocasións coa selección de Guadalupe, coa que debutou o 24 de marzo de 2016 nun amigable contra a selección de Suriname. Marcou o seu único gol coa selección cinco despois, contra o mesmo rival. Xogou un terceiro encontro internacional en 2018, diante de selección de Curaçao.

Notas editar

  1. "Aire fresco para la delantera con Beauvue" (en castelán). 30 de agosto de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  2. "Beauvue firma por cinco temporadas y media" (en castelán). 17 de xaneiro de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  3. "El Sevilla resiste con uno menos y salva un empate ante el Celta" (en castelán). 7 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  4. "Beauvue se rompe el tendón de Aquiles y se despide del curso". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de abril de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  5. "Beauvue levanta al Celta ante el Krasnodar" (en castelán). 9 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2021. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  6. "El instante que pudo haber cambiado la historia del Celta". Faro de Vigo (en castelán). 12 de maio de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  7. "Claudio Beauvue, cedido al Leganés". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de agosto de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  8. "Beauvue se marcha cedido con opción de compra al Caen francés". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de agosto de 2018. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  9. "Claudio Beauvue, apartado en el Caen por indisciplina". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de abril de 2019. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  10. "Beauvue sufre su segunda lesión grave como jugador del Celta". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de outubro de 2019. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  11. "Claudio Beauvue, novo xogador do Deportivo 2019-2020". Real Club Deportivo. 18 de xaneiro de 2020. 
  12. "O dianteiro Claudio Beauvue desvincúlase do RC Celta". Real Club Celta. 18 de xaneiro de 2020. 
  13. "Claudio Beauvue amplía a súa vinculación co Dépor até 2022". 5 de setembro de 2020. Consultado o 5 de setembro de 2020. 
  14. "Claudio Beauvue se desvincula del Deportivo". Riazor.org (en castelán). 14 de xullo de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  15. "Beauvue encuentra equipo en el fútbol francés" (en castelán). 18 de agosto de 2021. Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  16. 16,0 16,1 "Ivry : Claudio Beauvue déjà buteur avec son nouveau club" (en francés). 13 de febreiro de 2023. Consultado o 10 de novembro de 2023. 
  17. "Foot (R1) - Claudio Beauvue à Calais, c’est fait !" (en francés). 29 de xullo de 2023. Consultado o 10 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar