Menisco
En anatomía, os meniscos son cartilaxe presentes na articulación femurotibial (xeonllo), entre os cóndilos do fémur e da tibia. Os meniscos teñen a función de diminuír o impacto e promover a adaptación (mellorar o encaixe) entre as faces articulares do fémur e da tibia.[1]
Hai dous meniscos, un medial e outro lateral, ambos os dous localizados por riba da tibia. Teñen forma de media lúa, cunha división en corno anterior, corpo e corno posterior. Como cartilaxe, presentan poucos vasos sanguíneos, o que dificulta a súa capacidade de rexeneración no caso que sufran algunha lesión. Unha vez lesionados, dificilmente se recuperan espontaneamente.
A artroscopía é un procedemento que permite a visión directa do menisco, usándose tanto para procedementos diagnósticos como de tratamento das lesións meniscais. Un destes tratamentos consiste na meniscectomía, que é a eliminación cirúrxica de parte do menisco.
Notas
editar- ↑ www.webcitation.org (ed.). "WebCite query result". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2008. Consultado o 16 de maio de 2012.