Aleksandar Jovanović

futbolista serbio
(Redirección desde «Aleksandar Jovanović (n. 1992)»)

Aleksandar Jovanović, nado en Niš o 6 de decembro de 1992, é un futbolista serbio que xoga como porteiro no Partizan. Foi internacional coa selección serbia.

Jovanović
Información persoal
Nome Aleksandar Jovanović
Nacemento 6 de decembro de 1992
Lugar de nacemento Niš
Altura 191 centímetros
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Partizan
Número 1
Carreira xuvenil
Radnički Niš
2009–2010 Rad
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2014 Rad 9 (0)
2015 Palilulac Beograd 2 (0)
2017 Palić 22 (0)
2015 Donji Srem 0 (0)
2015–2016 Radnički Niš 36 (0)
2016–2018 AGF 73 (0)
2018–2020 Huesca 12 (0)
2019 AGF 6 (0)
2020 Deportivo da Coruña 1 (0)
2020–2023 Apollon Limassol 17 (0)
2023– Partizan 19 (0)
Selección nacional
2011–2012 Serbia sub-20 2 (0)
2016 Serbia 1 (0)
Na rede
UEFA: 250099935 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de febreiro de 2024.
Selección: actualizado a 13 de febreiro de 2024.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Rad editar

Nacido en Niš, comezou a xogar ao fútbol como porteiro na canteira do Radnički Niš, ingresando en 2009 no equipo xuvenil do Rad de Belgrado.[1] Rematada a súa etapa de xuvenil, foi cedido ao Palilulac Beograd e ao Palić.[2] De regreso no Rad, o 3 de marzo de 2013 debutou na Superliga de Serbia, da man do adestrador Marko Nikolić, nun partido contra o Estrela Vermella de Belgrado no que foi expulsado o gardameta titular Filip Kljajić.[3] Na tempada 2013/14 foi o terceiro porteiro do equipo, por detrás de Kljajić e Branislav Danilović, e na seguinte campaña fíxose coa titularidade, sendo adestrador do equipo Milan Milanović. Con todo, algunhas malas actuacións relegárono de novo á suplencia e finalmente deixou o club ao remate da tempada.[4][5]

Radnički Niš editar

No verán de 2015, despois dun breve paso polo Donji Srem,[6] regresou ao Radnički Niš para ocupar o lugar de Milan Borjan na portería. Encaixou só 8 goles nos seus primeiros 18 partidos, o que espertou o interese de clubs como o Partizan.[7]

AGF editar

No verán de 2016 trasladouse a Dinamarca, onde asinou un contrato de catro anos co AGF.[8] Debutou oficialmente co seu novo club no primeiro partido da tempada 2016/17 da Superliga danesa contra o SønderjyskE.[9] Durante os seguintes dous anos e medio afianzouse na titularidade da portería do club de Xutlandia, por diante do histórico Steffen Rasmussen. En maio de 2017 conseguiu manter a súa portería sen goles durante 423 minutos, un récord na liga danesa.[10]

Huesca editar

O 28 de agosto de 2018 anunciouse a súa fichaxe por tres anos polo Huesca, da Primeira División.[11] Despois de ser suplente nas primeiras xornadas, acabou por quitarlle a titularidade ao arxentino Axel Werner e debutou na máxima categoría do fútbol español na sétima xornada ante o Girona no Alcoraz.[12] Mantívose como primeira elección de Francisco durante dous meses e medio, ata que tanto el como Werner foron adiantados polo teórico terceiro gardameta do equipo, Roberto Santamaría, que disputou case todos os restantes encontros da campaña, rematando esta co descenso do equipo.

No verán de 2019 regresou cedido ao AGF, no que disputou o que restaba de tempada. En xaneiro de 2020 foi cedido de novo, desta vez ao Deportivo da Coruña, que competía na Segunda División por segundo ano consecutivo e buscaba o ascenso a Primeira.[13] Con todo, o equipo completou unha nefasta campaña, que rematou co descenso á Segunda División B por segunda vez na historia do club. Jovanović disputou só un partido, o da derradeira xornada ante o Fuenlabrada, co equipo xa descendido.[14]

O 15 de setembro de 2020 rescindiu o seu contrato co Huesca e instalouse en Chipre, onde xogou durante tres anos nas filas do Apollon Limassol.[15]

Partizan editar

En xuño de 2023 foi traspasado ao Partizan por uns 450.000 euros. Debutou o 6 de agosto na segunda xornada da Superliga de Serbia contra o Vojvodina no Karađorđe Stadium.[16] Jovanović foi o heroe absoluto da eliminatoria a dobre volta contra o Sabah na terceira rolda de clasificación para a Conference League da UEFA. Aínda que o seu equipo perdeu por 2-0, o gardameta parou un penalti e realizou varias paradas decisivas que evitaron unha goleada. O partido de volta en Belgrado decidiuse nunha quenda de penaltis, na que Jovanović detivo dúas veces o lanzamento de Namiq Ələsgərov, despois de que o árbitro mandase repetilo, clasificando así ao equipo serbio.[17][18]

Selección nacional editar

Foi convocado por primeira vez pola selección serbia en 2016,[19] debutando nun amigable ante Ucraína en Khárkiv.[20] Foi preseleccionado na lista de Serbia para o Mundial de 2018, pero finalmente non entrou na lista final, sendo Stojković, Rajković e Dmitrović os tres porteiros elixidos polo seleccionador Mladen Krstajić.

Notas editar

  1. "Александар Јовановић". FK Rad (en serbio). Archived from the original on 14 de abril de 2014. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  2. "Aleksandar Jovanović". srbijafudbal.net (en serbio). Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  3. "ODE SAN O TITULI? Zvezdi samo bod u utakmici s Radom (VIDEO)" (en serbio). 3 de marzo de 2013. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  4. "Jovanović kao Stojanović! (VIDEO)" (en serbio). 31 de agosto de 2014. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  5. "Голмана Рада заболео однос тренера: Нисам заслужио да ме склоне из екипе" (en serbio). 26 de xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  6. "NIŠLIJA MEĐU STATIVAMA" (en serbio). 28 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  7. "Crno-bele opcije za novog golmana: Borjan ili senzacija iz Niša?" (en serbio). 24 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  8. "AGF henter serbisk landsholdsmålmand" (en dinamarqués). 28 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 3 de xuño de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  9. "Aleksandar Jovanović oduševio Dance na debiju" (en serbio). 17 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  10. "Niški golman oborio rekord danskog fudbalskog prvenstva" (en serbio). 20 de maio de 2017. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  11. "Aleksandar Jovanovic completa la portería de la SD Huesca" (en castelán). 28 de agosto de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  12. Conde, Pablo (2 de outubro de 2018). "Jovanovic sienta a Werner, ¿será definitivo?" (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  13. "Luis Ruiz, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 5 de agosto de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  14. "Aleksandar Jovanović, novo xogador do Deportivo 2019-2020". 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  15. "Jovanovic deja de pertenecer a la SD Huesca y se marcha a Chipre" (en castelán). 15 de setembro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  16. "Vojvodina vs. Partizán de Belgrado 0 - 2". soccerway.com (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  17. "Sabah vs. Partizan 2 - 0". soccerway.com (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  18. "Gone in Humska, Partizan survived: Goalkeeper Jovanovic, the giant-hero of black and white, twice defended a penalty in the last series against Sabah" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  19. "MUSLINOVI "ORLOVI" Ovo je spisak nove reprezentacije Srbije u fudbalu" (en serbio). 10 de maio de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  20. "Ucraína 2-0 Serbia 2016". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2024.