Estadio El Alcoraz

Coordenadas: 42°07′55″N 0°25′28″O / 42.131944, -0.424444

El Alcoraz é un estadio de fútbol da cidade de Huesca, no que xoga a Sociedad Deportiva Huesca. Debe o seu nome á batalla de Alcoraz que tivo lugar nas súas inmediacións cara ao ano 1096. Está situado no Camiño Cocorón Alto s/n, próximo ao cerro de San Jorge.

El Alcoraz
Datos
LocalizaciónHuesca, Aragón Aragón
España
Construción
Inauguración16 de xaneiro de 1972
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións105x68
Capacidade5.000
PropietarioSociedad Deportiva Huesca
LocalíaSociedad Deportiva Huesca

Historia editar

Durante a tempada 1971-1972 reestruturouse a Terceira División española pasando a formar catro grupos, dunha nova categoría denominada 2ª División B. Nun deles participou a SD Huesca xunto a equipos da categoría de Real Valladolid, Osasuna, Salamanca ou Tenerife, o cal evocou á xunta a idea de construír un novo campo de fútbol para o equipo. Sería o terceiro campo do equipo tras La Cabañera e San Jorge.

Así, o 16 de xaneiro de 1972 inaugurouse El Alcoraz. A choiva e o frío non impediron unha boa afluencia do público oscense para ver un derbi entre o Huesca ante o Aragón. Tras a bendición do párroco e o saque de honra realizado polo presidente José María Mur Coronas, principal valedor do proxecto do arquitecto Raimundo Bambó Mompradé, houbo ovacións e a primeira vitoria azulgrana por 2-1.

O estadio de El Alcoraz, viviu momentos históricos do seu equipo, como o foi a final da Copa de España de afeccionados de 1974, na que gañaron por 3-0 ao Deportivo Aragón. Non só a Copa de España deixou gratos recordos, xa que no Alcoraz víronse boas eliminatorias de Copa do Rei, numerosas fases de ascenso e ata un partido da selección Sub-21 no que España gañou a Grecia por 2-0.

Galería de imaxes editar

Notas editar