Trofeo Teresa Herrera 2020

75ª edición do Trofeo Teresa Herrera

O Trofeo Teresa Herrera de 2020 foi a 75ª edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 20 de decembro de 2020 a partido único. O campión foi o Deportivo da Coruña, que derrotou por 6-0 a unha selección de xogadores coruñeses.[1]

Trofeo Teresa Herrera 2020
CampiónGalicia Deportivo da Coruña (23º título)
SubcampiónGalicia Combinado do Fútbol Afeccionado Coruñés
Partidos xogados1
Total asistencia1.000 espectadores (1 por partido)
2019
2021

O torneo celebrouse en circunstancias especiais debido á pandemia por coronavirus, disputándose por primeira vez en decembro e cunha asistencia limitada a 1000 espectadores. Non se convidou a ningún equipo profesional, sendo o rival do Deportivo unha selección de xogadores dos equipos modestos da Coruña. Toda a recadación, así como o diñeiro que se investía habitualmente na fabricación do trofeo que non se entregou esta vez, foi destinada a obras benéficas, volvendo así ás orixes do torneo, que nacera 75 anos antes como xeito de recadar fondos para a mellora dos hospitais da cidade.[2]

Participantes editar

  Deportivo da Coruña
  Combinado do Fútbol Afeccionado Coruñés

Combinado Coruñés editar

O técnico Javier Bardanca seleccionou xogadores de cinco equipos coruñeses, sendo o Silva SD o equipo que máis xogadores achegou, sete. Os xogadores do combinado e a súa procedencia foron os seguintes:[3]

Partidos editar

Final editar

Deportivo da Coruña 6–0 Combinado Coruñés 20 de decembro de 2020 – Riazor, A Coruña
Asistencia: 1.000
Árbitro:   Del Río Amor
Rui Costa   28' (p.)   47'
Mosquera   56'   66'
Lara   78'
Borges   85'
Informe
Titulares:
  Lucho García   46'
  Pescador   46'
  Bergantiños
  Juan Rodríguez
  Héctor Hernández
  Borges
  Uche
  Gandoy
  Galán   46'
  Rui Costa
  Lara
Substitucións:
  Pablo Brea   46'
  Israel   46'
  Manu Mosquera   46'
Adestrador:
  Fernando Vázquez
Titulares:
  Damián   46'
  Ezequiel   31'
  Rodrigo Ramos   46'
  Fiuza   46'
  Pablo Jiménez   31'
  Juan
  Santi   46'
  Álex Sánchez
  Pelatti   54'
  Antón Garda   60'
  Rubén Rivera   46'
Substitucións:
  Diego López   46'
  Sergio Canosa   31'   60'
  Rifón   60'
  Brais Lema   46'
  Samu   46'
  Gómez   31'   60'
  Gon   60'
  Jacobo Lazcano   46'
  Kata   54'
  João Paulo   60'
  Jorge Raña   46'
Adestrador:
  Javier Bardanca

Notas editar

  1. "O fútbol coruñés conserva o torneo máis antigo do mundo". 20 de decembro de 2020. Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  2. "O Teresa Herrera regresa ás súas orixes no seu 75 aniversario". Deportivo da Coruña. 14 de decembro de 2020. Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  3. Castiñeira, Martín (19 de decembro de 2020). "Así es el Combinado de Fútbol Aficionado Coruñés que se enfrentará al Dépor en el Teresa Herrera". Riazor.og (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar