Manu Mosquera
Manuel Mosquera Rey, coñecido como Manu Mosquera, nado na Coruña o 26 de xaneiro de 1999, é un futbolista galego que xoga como dianteiro no Arzúa, da Terceira División RFEF. É fillo do exfutbolista e adestrador Manuel Mosquera e irmán maior do tamén futbolista David Mosquera.
Nome orixinal | Manuel Mosquera Rey | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 26 de xaneiro de 1999 (25 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Manuel Mosquera Bastida | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | David Mosquera Rey |
Traxectoria
editarNaceu na Coruña en 1999, sendo seu pai o histórico dianteiro do CF Extremadura Manuel Mosquera, criado na canteira do Deportivo da Coruña. Manu incorporouse tamén ás categorías inferiores do Deportivo en 2009, con dez anos.[1] En 2018 foi cedido ao Laracha CF de Tercera División, segundo filial do Deportivo, onde debutou o 30 de setembro dese ano na vitoria por 1-0 sobre o Racing Club Vilalbés.[2]
Mosquera marcou o seu primeiro gol na Terceira División o 17 de novembro de 2018, conseguindo o empate a 1-1 contra o Silva SD.[3] Despois de ser titular habitual no Laracha, debutou co Fabril en Segunda División B o 19 de maio de 2019, xogando os últimos 19 minutos na derrota por 0-1 ante o Real Valladolid B, aínda que o seu equipo estaba xa descendido.[4]
O 7 de decembro de 2019, Mosquera fichou polo Extremadura UD, adestrado por seu pai, sendo inicialmente asignado ao filial en Terceira.[1] Despois da pandemia por coronavirus foi incluído nos adestramentos do primeiro equipo e debutou como profesional na Segunda División o 12 de xuño de 2020, substituíndo a Víctor Pastrana no empate por 1-1 contra o Elche CF.[5] Tralo remate da tempada volveu ao Fabril.[6]
O 6 de xaneiro de 2021 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña en partido oficial (xa o fixera no Trofeo Teresa Herrera 2020), na segunda rolda da Copa do Rei fronte ao Alavés en Riazor, xogando como titular.[7] Catro días despois debutou co Deportivo en liga, no partido contra o Zamora no Ruta de la Plata.[8]
No verán de 2021, despois de máis dunha década no Deportivo, deixou o club galego e fichou polo CP Cacereño.[9] Con todo, apenas dispuxo de minutos no equipo estremeño, desvencellándose do mesmo en xaneiro de 2022. Fichou entón polo Ourense CF, da Terceira División.[10] Disputou 9 encontros co equipo do Couto, contribuíndo cun gol ao ascenso do equipo á Segunda RFEF.
En agosto de 2022 foi presentado como novo xogador do Arzúa, de Terceira RFEF, pero só 10 días despois deixou o club e fichou polo Victoria coruñés, de Preferente Galicia.[11] Disputou 10 partidos co equipo do barrio de Santa Lucía, pero acabou a tempada vestindo a camiseta do Pol, na Primeira Galicia. En xuño de 2023 fichou definitivamente polo Arzúa, adestrado por Chus Baleato.[12]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "El hijo de Manu Mosquera cambia el Fabril por el Extremadura" (en castelán). 7 de decembro de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "Triunfo del Laracha por 1-0 frente al Racing C. Villalbés" (en castelán). 30 de setembro de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "Manu Mosquera salva un punto para el Laracha ante el Silva" (en castelán). 18 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ Pardal, J. A. (19 de maio de 2019). "El Real Valladolid B salva la categoría con su duodécima victoria en los Anexos" (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "El Extremadura merece más: un punto que sabe a poco en Elche". Marca (en castelán). 12 de xuño de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "Manu Mosquera regresa al Fabril tras su paso por el Extremadura" (en castelán). 1 de setembro de 2020. Consultado o 1 de setembro de 2020.
- ↑ Regueiro, Zeltia (7 de xaneiro de 2021). "Manu Mosquera: "Todos me arroparon y eso hizo que me salieran las cosas"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2021.
- ↑ "O Dépor queda conxelado en Zamora (1-0)". Deportivo da Coruña. 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2021.
- ↑ "Manu Mosquera dice adiós: “Nunca olvidaré el debut con el equipo de mi ciudad y de mi corazón”" (en castelán). 15 de xullo de 2021. Consultado o 15 de xullo de 2021.
- ↑ "El Ourense CF incorporó a un lateral coreano de 20 años". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de febreiro de 2022. Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ Pereira, Eder (9 de setembro de 2022). "Manu Mosquera: “Espero aportar al Victoria responsabilidad, compromiso y trabajo”" (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2023.
- ↑ Mendoza, Santi (24 de xuño de 2023). "Manu Mosquera, ex del Victoria y del Deportivo, ficha por el Arzúa". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 23 de novembro de 2023.