Estadio Ruta de la Plata

O Estadio Ruta de la Plata é un estadio de fútbol situado en Zamora, capital da provincia do mesmo nome. Conta con capacidade para 7.813 espectadores e foi inaugurado o 1 de setembro de 2002, co partido Zamora CF 1-1 CD Ourense.

Estadio Ruta de la Plata
Zamora Editar o valor en Wikidata

Tipoestadio Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Operador/aZamora CF Editar o valor en Wikidata
OcupanteZamora CF Editar o valor en Wikidata
Propietario/aConcello de Zamora
Datas
Fundación1 de setembro de 2009 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1 de setembro de 2002
Dimensións
Capacidade7.813
Tipo superficiecéspede Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°29′11″N 5°44′53″O / 41.4864, -5.7481
Situado enZamora Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónZamora
Fontes e ligazóns
Páxina WEBzamoracf.es… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

De propiedade municipal, é sede habitual dos partidos do Zamora Club de Fútbol. O complexo conta ademais con dous campos de herba artificial e un campo de herba natural que son utilizados polos equipos de canteira do Zamora CF.

Foi construído en substitución do antigo campo do Zamora, La Vaguada, que quedou obsoleto en moitos aspectos, non sendo pola súa antigüidade, 15 anos, senón pola súa reducida capacidade (4.000 espectadores) e polas súas mediocres instalacións.

Tamén foi sede, o día 1 de abril de 2003, dun partido de seleccións clasificatorio para o Europeo Sub-21 entre España e Armenia con resultado de 5-0 para España.