José Alonso Lara

futbolista español

José Alonso Lara, nado en Sevilla o 7 de marzo de 2000, é un futbolista español. Xoga de centrocampista no Alcoyano, da Primeira División RFEF.

José Lara
Información persoal
Nome José Alonso Lara
Nacemento 7 de marzo de 2000 (24 anos)
Lugar de nacemento Sevilla
Altura 1,61 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Alcoyano
Número 21
Carreira xuvenil
2007–2017 Sevilla
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017– Sevilla B 49 (6)
2018– Sevilla 1 (0)
2020–2021Deportivo da Coruña (cedido) 22 (2)
2021–2023 Betis Deportivo 57 (2)
2023– Alcoyano 7 (0)
Selección nacional
2017 España sub-17 20 (3)
2018 España sub-18 4 (0)
2018 España sub-19 2 (0)
Na rede
UEFA: 250102439 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de novembro de 2023.
Selección: actualizado a 14 de novembro de 2018.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse na canteira do Sevilla FC e asinou o seu primeiro contrato profesional a finais do 2016 alternando o equipo xuvenil co Sevilla Atlético Club, co que debutou con 17 anos en Segunda División nun partido contra o CD Lugo.[1][2] Na tempada 2017/18 seguiu alternando os xuvenís co 2º equipo do Sevilla FC. Na última xornada da Primeira División debutou co primeiro equipo, saíndo desde o banco nun partido contra o Deportivo Alavés.[3]

Na seguinte tempada sufriu unha lesión de longa duración que o mantivo afastado dos terreos de xogo.[4] Na tempada 2019/20 foi convocado co primeiro equipo para varios partidos da UEFA Europa League, que acabou gañando o equipo hispalense.[5]

O 11 de setembro de 2020 anunciouse a súa cesión por unha tempada ao Deportivo da Coruña, en Segunda División B.[6] Disputou 24 encontros co club galego e marcou dous goles, contra o Coruxo e contra o Guijuelo.

Ao rematar a súa cesión rescindiu o seu contrato co Sevilla e asinou co Betis Deportivo, filial do Real Betis, na nova Primeira División RFEF.[7] Militou dúas campañas no conxunto bético, a segunda delas na Segunda División RFEF, despois de descender na súa primeira tempada. Disputou un total de 57 partidos, anotando 2 goles.

Para a tempada 2023/24 asinou como novo xogador do Alcoyano, da Primeira RFEF.[8]

Palmarés editar

Selección española sub-17
Selección española sub-18

Notas editar

  1. "El juvenil Lara firma contrato profesional". eldesmarque.com. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  2. "El Viejo Nervión sigue sin ver ganar al filial hispalense". Marca (en castelán). 3 de decembro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  3. "Lara y un debut con desparpajo" (en castelán). 19 de maio de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  4. "Lara se rompe el ligamento cruzado posterior" (en castelán). 6 de decembro de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  5. "Sevilla-Inter 2020". www.uefa.com (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  6. "Lara, novo xogador do Dépor 20·21". 11 de setembro de 2020. Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  7. "Lara ficha por el Betis Deportivo, una decisión “pensada y valiente por ambas partes”" (en castelán). 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021. 
  8. Manteca, Óscar (24 de agosto de 2023). "El Alcoyano ficha al delantero José Lara" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2023. 
  9. "Abel Ruiz da el oro a España". AS.com (en castelán). 30 de xuño de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar