Juan Rodríguez Lima

futbolista galego

Juan Rodríguez Lima, nado en Vigo o 1 de marzo de 2002, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de defensa central e lateral esquerdo e o seu equipo actual é o RSC Internacional, de Terceira División RFEF.

Juan Rodríguez
Información persoal
Nome Juan Rodríguez Lima
Nacemento 1 de marzo de 2002 (22 anos)
Lugar de nacemento Vigo, Galicia
Posición Defensa central
Información de club
Club actual RSC Internacional
Carreira xuvenil
2009–2017 Coruxo
2017–2020 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020–2022 Fabril 57 (0)
2022– RSC Internacional 7 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 11 de febreiro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Coruxo FC durante oito anos e en 2017 entrou na canteira do Deportivo da Coruña, en categoría cadete.[1]

Na tempada 2019/20 debutou co Fabril en Terceira división nun partido contra o CD Pontellas. En total foi titular en 10 partidos co filial do Deportivo,[2] que compaxinou co equipo xuvenil e coas súas primeiras convocatorias por parte de Fernando Vázquez para o equipo principal, co que non chegou a debutar. En outubro de 2020 firmou a súa renovación co equipo coruñés ata 2022, coa opción de ampliar o contrato por dúas tempadas máis.[3][2]

Na tempada 2020/21 foi xa parte plenamente do filial e na seguinte, coa competencia de Dani Barcia no posto de central, foi recolocado como lateral esquerdo, posición que o equipo de Óscar Gilsanz non tiña ben cuberta.[4] Disputou un total de 57 partidos co Fabril en dúas tempadas, case todos como titular.

En agosto de 2022 foi fichado polo Real Madrid para o seu segundo filial, o RSC Internacional, de Terceira RFEF.[5]

Selección española editar

Juan Rodríguez foi internacional coa selección española en categorías sub-17 e sub-18.[6]

Equipos editar

Tempada Equipo Categoría PX[7] G[7] TA TV
2019-2020   Deportivo Fabril 10 0 2 0
2020-2021   Deportivo Fabril 21 0 4 1
2021-2022   Deportivo Fabril 26 0 6 0

PX: Partidos xogados. G: Goles marcados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.

Notas editar

  1. "Juan Rodríguez desvela que elixiu ao Dépor "cos ollos pechados" por diante de Villarreal, Valencia ou Celta". 25 de marzo de 2020. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "El Dépor ata a Juan Rodríguez, una de las perlas de #ANOSACANTEIRA". RC Deportivo. Consultado o 7 de xaneiro de 2021. 
  3. "El Deportivo se asegura la continuidad de Juan Rodríguez hasta 2022". Riazor.org. Consultado o 7 de xaneiro de 2021. 
  4. "Juan Rodríguez empieza de cero en el Fabril". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de setembro de 2021. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  5. "Juan Rodríguez ficha por el Real Madrid: otra perla del Dépor llega a La Fábrica". El Español (en castelán). 11 de febreiro de 2023. Consultado o 3 de agosto de 2022. 
  6. "Juan Rodríguez, a la sub-18". DxT Campeón. Consultado o 7 de xaneiro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 "Juan Rodríguez". lapreferente.com. Consultado o 7 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar