Diego Villares

futbolista galego

Diego Villares Yáñez, nado en Samarugo (Vilalba) o 17 de xuño de 1996,[1] é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Deportivo da Coruña. É alcumado "pulpo".[2][3]

Villares
Información persoal
Nome Diego Villares Yáñez
Nacemento 17 de xuño de 1996
Lugar de nacemento Samarugo
Altura 1,86 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 22
Carreira xuvenil
2006–2015 Racing Vilalbés
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2018 Racing Vilalbés 135 (15)
2018–2021 Fabril 46 (6)
2019Racing Vilalbés (cedido) 19 (4)
2021– Deportivo da Coruña 101 (7)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Racing Vilalbés (2006-2018) editar

Formouse futbolisticamente no Racing Vilalbés, comezando nas categorías inferiores ata chegar ao primeiro equipo, co que debutou en Terceira División na parte final da tempada 2013/14 estando aínda en idade xuvenil.[1] Na seguinte tempada continuou no equipo xuvenil pero xogando con máis asiduidade no primeiro equipo, co que disputou 24 partidos, anotando 5 goles. Na súa etapa xuvenil xogaba como pivote ofensivo, mentres que na escuadra sénior o adestrador Óscar Gilsanz escorouno cara a banda dereita.[4] Xa asentado no primeiro equipo, xogou os seguintes tres anos en Terceira, sendo titular en case todos os partidos, disputando unha fase de ascenso na 2017/18 e converténdose no xogador máis importante do equipo.[5]

Fabril (2018-2021) editar

En maio de 2018 fichou polo Deportivo Fabril, en Segunda División B.[5] Debutou na primeira xornada de liga fronte ao Internacional de Madrid e marcou o seu primeiro gol na categoría en Pasarón, fronte ao Pontevedra.[6] Con todo, no filial deportivista adestrado primeiro por Tito Ramallo e logo por Sergi Pellicer, non tivo continuidade, e no inverno foi cedido ao seu antigo club, o Racing Vilalbés.[7]

Cesión ao Racing Vilalbés (2019) editar

Cando volveu ao Racing Vilalbés, o equipo atopábase nunha situación moi diferente á que había cando marchara, co equipo ocupando postos de descenso a Preferente.[8] Disputou co club lucense os 19 partidos restantes da tempada, anotando catro goles e logrando a salvación comodamente, ao rematar no 11º posto.

De regreso no Fabril (2019-2021) editar

Na tempada 2019/20, co Fabril en Terceira, gañou a titularidade dende o principio tendo un rendemento notable, pero foi na seguinte campaña cando se converteu no capitán e líder indiscutible do equipo, adestrado por Juan Carlos Valerón.[9] Disputou 41 partidos co Fabril, anotando cinco goles e gañando a Copa Deputación 2019.[10]

Deportivo da Coruña (2021-presente) editar

O 1 de febreiro de 2021, último día do mercado invernal, o Deportivo da Coruña anunciou a tramitación das fichas de Rayco e Diego Villares co primeiro equipo, como reforzos invernais no peor momento deportivo da historia do club, na Segunda División B e fóra dos postos de ascenso.[11][12] Debutou co Deportivo o 7 de febreiro no Campo do Vao fronte ao Coruxo, con derrota por 2-0.[13] Foi titular en todos os restantes partidos, converténdose nun dos piares do equipo adestrador por Rubén de la Barrera e sendo galardoado ao remate da tempada como Xogador Estrella Galicia, tras unha votación entre os afeccionados do club para elixir o mellor xogador da tempada.[14][15]

Palmarés editar

Fabril editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Diego Villares: "Os que teñen que dalo todo polo Vilalbés son os de aquí"". 16 de decembro de 2017. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  2. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/torremarathon/2022/12/14/recuperacion-pulpo-villares-cuatro-minutos-partido-deportivo-racing/00031671044955773685184.htm
  3. https://www.laopinioncoruna.es/deportivo/2024/02/09/pulpo-escudero-nuevo-depor-97934679.html
  4. "El Fabril ficha a Diego Villares, la promesa de Tercera". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Diego Villares, primer fichaje del Fabril para la próxima temporada" (en castelán). 30 de maio de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  6. "El Fabril desaprovecha dos goles de ventaja en Pasarón" (en castelán). 11 de novembro de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  7. García, Rubén (30 de novembro de 2019). "De Abegondo a Vilalba, 75 kilómetros" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  8. "Diego Villares vuelve cedido al Vilalbés". El Progreso (en castelán). 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  9. Castiñeira, Martín (21 de dcembro de 2020). "Diego Villares, el chico para todo de Juan Carlos Valerón" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  10. "O Fabril, campión da Copa Deputación". 14 de agosto de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  11. "Diego Villares incorpórase á disciplina do primeiro equipo". 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  12. "Diego Villares subirá al primer equipo" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  13. "Nova derrota branquiazul (2-0)". 7 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021. 
  14. "Diego Villares: un regalo inesperado" (en castelán). 11 de marzo de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021. 
  15. "Diego Villares, Xogador Estrella Galicia do Dépor 20·21". Deportivo da Coruña. 10 de maio de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar