Carlos Abad

futbolista español

Carlos Javier Abad-Hernández Trujillo, nado o 28 de xuño de 1995 en Puerto de la Cruz, é un futbolista español. Xoga de gardameta no Hércules da Segunda División RFEF.

Carlos Abad
Información persoal
Nome Carlos Javier Abad-Hernández Trujillo
Nacemento 28 de xuño de 1995 (28 anos)
Lugar de nacemento Puerto de la Cruz
Nacionalidade España
Altura 1,93 m.
Posición Gardameta
Información de club
Club actual Hércules
Número 1
Carreira xuvenil
2008–2009 El Peñón
2009–2014 Tenerife
2009–2010 → El Peñón (cedido)
2011–2012Realejos (cedido)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2015 Tenerife B 8 (0)
2014–2020 Tenerife 13 (0)
2015–2017Real Madrid Castilla (cedido) 67 (0)
2018–2019Córdoba (cedido) 28 (0)
2019–2020Xanthi (cedido) 28 (0)
2020–2021 Deportivo 14 (0)
2021–2022 Atlético Baleares 1 (0)
2022– Hércules 41 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Inicios editar

Foi fichado polo CD Tenerife en 2009, procedente do CD El Peñón de Puerto de la Cruz. Xogou nas categorías inferiores do club tinerfeño nos seguintes anos, sendo cedido un par de tempadas ao Peñón e ao Realejos.

CD Tenerife editar

Na tempada 2013/14 alternou o equipo xuvenil co Tenerife B, e xogou con este último a fase de ascenso a Segunda B.[1] Comezou a seguinte tempada como terceiro porteiro do primeiro equipo, na Segunda División, pero as lesións dos outros porteiros fixeron que debutase o 16 de novembro de 2014 na xornada 13 contra a UE Llagostera, e que xogase tamén os seguintes partidos ata que se lesionou tamén el no partido contra o Betis, no que rompeu o ligamento interno do xeonllo esquerdo.[2]

Cesión ao Real Madrid B editar

En xullo de 2015, despois de renovar o seu contrato co Tenerife, foi cedido por dous anos ao Real Madrid Castilla. Co filial branco foi o porteiro titular durante todos os partidos da tempada 2015/16, na que o equipo se proclamou campión do seu grupo e xogou a fase de ascenso, obxectivo que non conseguiu ao perder as eliminatorias contra UCAM Murcia primeiro, e Lleida despois, sendo expulsado no último dos partidos.[3] Na seguinte tempada foi titular durante gran parte do ano, ata que as boas actuacións de Luca Zidane o relegaron ao banco.[4]

Tenerife e Córdoba editar

Na tempada 2017/18 quedou en Tenerife como segundo porteiro, xogando catro partidos de liga e catro de Copa, e ao ano seguinte foi cedido ao Córdoba, tamén en Segunda.[5] Foi un dos xogadores máis destacados do conxunto andaluz, que acabou descendendo.[6]

Xanthi FC editar

No verán de 2019 ampliou o seu contrato co Tenerife e marchou cedido ao Xanthi F.C. da Superliga de Grecia.[7] Co equipo grego foi titular en 28 dos 33 partidos de liga, encaixando 31 goles.[8]

Deportivo da Coruña editar

O 3 de setembro de 2020, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas polo Deportivo da Coruña da Segunda División B.[8] No club galego gañou a titularidade na primeira metade da tempada fronte ao colombiano Lucho García, pero perdeuna na segunda.[9] Disputou un total de 14 partidos, nos que encaixou 10 goles. Ao remate da tempada o seu contrato foi rescindido.[10]

Atlético Baleares editar

Tras uns meses sen equipo, en novembro de 2021 asinou co Atlético Baleares, segundo clasificado da Primeira División RFEF.[11] O porteiro titular do equipo balear foi o gaditano René Román, polo que Abad disputou só un partido, na derradeira xornada da tempada, contra o San Fernando.

Hércules editar

En xullo de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Hércules, da Segunda División RFEF.[12]

Notas editar

  1. "Carlos Abad-Hernández debuta en el CD Tenerife" (en castelán). 16 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2014. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  2. "La lesión de Carlos Abad es más grave de lo que parecía". Marca (en castelán). 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  3. "0-3: El Castilla, eliminado del playoff de ascenso" (en castelán). 11 de xuño de 2016. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  4. "Carlos Abad recupera la titularidad". El Español (en castelán). 5 de marzo de 2017. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  5. "El Córdoba ficha al portero Carlos Abad" (en castelán). 23 de agosto de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  6. "Carlos Abad no termina de ser profeta en su tierra". As (en castelán). 9 de agosto de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  7. "Carlos Abad amplía su contrato y jugará cedido en el Xanthi FC" (en castelán). 3 de xullo de 2019. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 "O Deportivo incorpora ao porteiro Carlos Abad para o curso 2020-2021". rcdeportivo.es/gal. 3 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2020. 
  9. "Carlos Abad, un viaje de la titularidad al banquillo del Depor". DxT Campeón (en castelán). 23 de maio de 2021. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  10. "O RC Deportivo e Carlos Abad acordan a rescisión do contrato que os vinculaba". Deportivo da Coruña. 24 de xuño de 2021. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  11. "El Atlético Baleares ficha al portero Carlos Abad" (en castelán). 14 de novembro de 2021. Consultado o 23 de novembro de 2021. 
  12. "El Hércules refuerza su portería con Carlos Abad, quien firma por un curso con opción a otro" (en castelán). 14 de xullo de 2022. Consultado o 15 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar