Sergio Ayala
futbolista español
Sergio Ayala López, nado en Sant Feliu de Llobregat o 19 de marzo de 1993, é un futbolista español que xoga como defensa central no Cornellà, da Primeira División RFEF.
Ayala | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Sergio Ayala López | ||
Nacemento | 19 de marzo de 1993 | ||
Lugar de nacemento | Sant Feliu de Llobregat | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Cornellà | ||
Número | 16 | ||
Carreira xuvenil | |||
2000–2012 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2014 | Barcelona B | 0 | (0) |
2012–2013 | → Alavés | 8 | (0) |
2013–2014 | → Valencia Mestalla | 33 | (0) |
2014–2017 | Valencia Mestalla | 97 | (4) |
2017–2018 | Sint-Truidense | 0 | (0) |
2018–2020 | Cartagena | 46 | (0) |
2021 | Salamanca | 17 | (0) |
2021–2023 | San Fernando | 46 | (1) |
2023– | Cornellà | 20 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 2 de abril de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Formouse como futbolista na canteira do FC Barcelona, na que ingresou aos sete anos de idade.[1] En xuño de 2012 foi foi subido ao Barcelona B e ese mesmo verán saíu cedido ao Deportivo Alavés para a tempada 2012/13.
Na tempada 2013/14 xogou cedido no Valencia Mestalla, ao que se incorporou definitivamente en xullo de 2014. Posteriormente xogou no Sint-Truidense VV belga, antes de regresar a España en 2018, cando fichou polo FC Cartagena.[2] A continuación pasou polo Salamanca, o San Fernando e o Cornellà.[3]
Notas editar
- ↑ "Sergio Ayala, cedido al Alavés". Diario Sport (en castelán). 21 de agosto de 2012. Consultado o 2 de abril de 2024.
- ↑ "El central Sergio Ayala (Valencia B) se convierte en el segundo fichaje albinegro" (en castelán). 13 de xullo de 2018. Consultado o 2 de abril de 2024.
- ↑ "BIENVENIDO, SERGIO AYALA" (en castelán). 23 de agosto de 2023. Consultado o 2 de abril de 2024.