David Rodríguez Sánchez
David Rodríguez Sánchez, nado en Talavera de la Reina (Toledo) o 14 de febreiro de 1986, é un futbolista español. Xoga como dianteiro centro no Racing de Ferrol da Segunda división RFEF.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1986 (38 anos) Talavera de la Reina, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2004 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarFormouse nas filas do Atlético de Madrid, onde permaneceu ata 2005, ano no que é cedido ao Ciudad de Murcia aínda que, ante a falta de minutos no club murciano, no mercado de inverno ficha pola UD Las Palmas. Para a tempada 2006/07 volve ao filial do Atlético de Madrid, onde acaba como máximo goleador.
Ao finalizar a tempada é fichado polo UD Salamanca, onde realiza unha gran tempada que lle vale un traspaso por 400.000€ ao UD Almería de primeira división, pero antes de debutar nela, é cedido ao Celta de Vigo de segunda división. Tras a campaña no club celeste é repescado polo Almería para formar parte do seu primeiro persoal.
Tras non contar demasiado para os técnicos da UD Almería, o 17 de xullo de 2010 confírmase o seu traspaso ao Real Club Celta de Vigo da Segunda División de España, cun contrato no equipo celeste de catro tempadas.[1]
Selección nacional
editarEra un habitual das categorías inferiores da selección española, e ata finalizou máximo goleador da Eurocopa sub-17 de 2003 con 6 goles, tras un gran partido nas semifinais fronte á selección austríaca onde anotou 4.[2]
Clubs
editarClub | País | Anos | PX (Liga) | Goles |
---|---|---|---|---|
Atlético Madrid B | España | 2004-2005 | 23 | 5 |
Ciudad de Murcia (Cedido) | España | 2005 | 2 | 0 |
UD Las Palmas (Cedido) | España | 2006 | 20 | 2 |
Atlético Madrid B | España | 2006-2007 | 34 | 13 |
UD Salamanca | España | 2007-2008 | 38 | 14 |
Celta de Vigo (Cedido) | Galiza | 2008-2009 | 36 | 9 |
UD Almería | España | 2009-2010 | 7 | 1 |
Celta de Vigo | Galiza | 2010-2011 | 37 | 17 |
Celta de Vigo | Galiza | 2011-2012 | 28 | 9 |
Sporting de Gijón | España | 2012-2013 | 37 | 12 |
Notas
editar- ↑ "O Celta reforza o seu ataque con David Rodríguez". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2010. Consultado o 15 de setembro de 2010.
- ↑ "uefa.com - Campionato de Europa sub-17 da UEFA". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2008. Consultado o 15 de setembro de 2010.