Nacho González

futbolista uruguaio

Juan Ignacio González Brazeiro, coñecido como Nacho González, nado en Paysandú o 5 de novembro de 1993, é un futbolista uruguaio, que xoga de centrocampista.

Modelo:BiografíaNacho González
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Paysandú, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade10 de novembro de 2012 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo10 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–   Danubio Fútbol Club

Traxectoria

editar

Danubio FC

editar

Formouse na canteira do Danubio FC,[1] co que debutou en Primeira División o 10 de novembro de 2012 ante Central Español.[2][3] En maio de 2013 marcou o seu primeiro gol no empate 1-1 fronte a River Plate. Permaneceu no club uruguaio durante un total de sete tempadas, marcando 15 goles en 173 partidos e gañando o título de liga na tempada 2013-14.

Defensa y Justicia

editar

En xaneiro de 2019 asinou polo Defensa y Justicia da Primeira División arxentina.[1][4][5] Alí sufriu unha rotura de ligamentos que o mantivo afastado dos terreos de xogo.[6]

San Martín de Tucumán

editar

En agosto deixou o equipo para fichar polo San Martín de Tucumán, da Primeira B Nacional, a segunda división arxentina.[7] Debutou nun empate a dous goles contra o Chacarita Juniors o 18 de setembro de 2019, e disputou un total de seis partidos co club de Tucumán.[8]

Plaza Colonia

editar

En agosto de 2020 volveu ao fútbol uruguaio recalando no Plaza Colonia. Xogou sete partidos na Primeira División durante o mes seguinte, antes de marchar para Galicia para fichar polo Deportivo da Coruña.[9]

Deportivo da Coruña

editar

Debutou co Deportivo en Segunda División B na primeira xornada da tempada 2020/21, no partido fronte ao Salamanca.[10] Comezou como titular con Fernando Vázquez no banco, pero desapareceu das aliñacións tras a chegada de Rubén de la Barrera.[11] Disputou un total de 12 encontros co Deportivo, e en xuño o club prescindiu dos seus servizos, acolléndose a unha das cláusulas contidas no seu contrato.[12]

Apollon Larissa

editar

O 13 de xullo de 2021 foi anunciado como novo xogador do Apollon Larissa, da Segunda división de Grecia, onde asinou un contrato por dúas tempadas.[13] Con todo, acabou deixando o club antes de debutar e tras uns meses sen equipo, asinou en 2022 co Central Español, regresando así ao fútbol uruguaio.

Central Español

editar

Co equipo de Montevideo disputou un total de 14 partidos, anotando dous goles.

Selección nacional

editar

En 2015 foi convocado pola selección sub-22 do Uruguai para os Xogos Panamericanos de Toronto.[14] Participou nos cinco partidos do torneo, no que o seu país se proclamou campión ao derrotar na final a México.[15]

Palmarés

editar

Danubio

editar

Uruguai sub-22

editar
  1. 1,0 1,1 "El adiós a un ídolo: "Nacho" González se va luego de seis años en el club" (en castelán). 23 de decembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  2. "Central Español vs. Danubio 1 - 0". soccerway.com (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  3. "JUAN IGNACIO GONZALEZ". bdfa.com (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  4. "Ignacio González, la nueva cara del Halcón" (en castelán). 8 de xaneiro de 2019. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  5. "El uruguayo Ignacio González Brazeiro es el 4to refuerzo" (en castelán). 8 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2021. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  6. "Nacho González: “en San Martín dejamos todo”" (en castelán). 6 de decembro de 2019. Consultado o 25 de novembro de 2020. [Ligazón morta]
  7. "En San Martín, González busca ser importante" (en castelán). 16 de agosto de 2019. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  8. "Chacarita Juniors vs. San Martín Tucumán 2 - 2". soccerway.com (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  9. "Nacho González, novo xogador do Dépor 20·21". 18 de setembro de 2020. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  10. "Bóveda dá a primeira vitoria ao Dépor no minuto 90+7 (2-1)". 18 de outubro de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  11. De la Cruz, Luis (16 de febreiro de 2021). "Nacho González, el fichaje ‘desaparecido’ del Deportivo". As (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  12. "Nacho González, el primero en salir". DxT Campeón (en castelán). 28 de maio de 2021. Consultado o 9 de xuño de 2021. 
  13. "Nacho González, nuevo jugador del Apollon Larissa griego" (en castelán). 13 de xullo de 2021. Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  14. "Ricca, Formiliano, Nacho y Faber a los Panamericanos" (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  15. "Uruguay obtiene el oro al vencer a México en final de fútbol de Juegos Panamericanos 2015" (en castelán). 26 de xullo de 2015. Consultado o 26 de novembro de 2020.