Tempada 2019/20 do Deportivo da Coruña

tempada deportiva

Durante a tempada 2019/20 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División (afrontando a súa 41.ª campaña na categoría de prata). Rematou no 19º lugar, descendendo á Segunda División B 40 anos despois. Tamén competiu na Copa do Rei, onde caeu eliminado na segunda rolda fronte o Unionistas de Salamanca.

Deportivo da Coruña
Tempada 2019–20
PresidentePaco Zas
(ata o 27 de decembro de 2019)
Juan Antonio Armenteros
(dende o 27 de decembro de 2019 ata o 14 de xaneiro de 2020)
Fernando Vidal
(dende o 14 de xaneiro de 2020)
AdestradorJuan Antonio Anquela
(ata o 7 de outubro)
Luis César Sampedro
(desde o 7 de outubro ao 27 de decembro)
Fernando Vázquez
(desde o 29 de decembro)
EstadioRiazor
Segunda División19º
Copa do ReiSegunda rolda
GoleadorEspaña Ager Aketxe (7 goles)
Maior asistencia27.151 (xornada 26 fronte á UD Las Palmas)
Na casa
Fóra
Alternativa

Resumo da tempada editar

Xuño editar

O 27 de xuño o defensa central grego Vassilis Lampropoulos, procedente do AEK Atenas, converteuse na primeira fichaxe da pretempada. Chegou libre e firmou por dúas campañas.[1]

Xullo editar

O 12 de xullo déronse a coñecer as dúas finais do Trofeo Teresa Herrera 2019, que se disputarían en Riazor o sábado 10 de agosto. A final masculina enfrontaría o primeiro equipo co Real Betis e a final feminina enfrontaría o Deportivo Abanca co UDG Tenerife.[2]

O 13 de xullo anunciouse o traspaso do centrocampista catalán Edu Expósito ao SD Eibar.[3] A operación cifrouse nuns 4.000.000 de euros e firmou polo club armeiro por catro temporadas, tras catro anos entre o Deportivo Fabril e o primeiro equipo.[4]

Horas máis tarde o club anunciou a contratación do centrocampista biscaíño Ager Aketxe, firmando por unha temporada con opción a outra, tras finalizar o seu contrato co Cádiz CF.[5] Foi presentado en Abegondo uns días máis tarde.[6]

O 14 de xullo o club anunciou a partida do dianteiro valisoletano Quique González cara ao SD Eibar, tras facerse efectiva unha das cláusulas de saída do seu contrato.[7] Firmou polo club armeiro por cinco tempadas.[8] A cantidade do traspaso estimouse en 3,5 millóns de euros.[9]

Horas máis tarde anunciouse a contratación do mediocampista xaponés Gaku Shibasaki, procedente do Getafe CF e firmando por catro temporadas. Tratouse do primeiro xogador nipón en vestir a camisola do Deportivo.[10] O traspaso foi a custo cero, no que o club só abonaría unha parte en caso de ascenso.[11] Foi presentado en Riazor uns días máis tarde.[12]

O 16 de xullo o club anunciou a contratación do gardameta andaluz Koke Vegas, cedido polo Levante UD por unha tempada.[13] Foi presentado en Abegondo dous días máis tarde.[14]

O 19 de xullo anunciouse a fichaxe do dianteiro marfilés Mamadou Koné, cedido polo CD Leganés por unha campaña con opción de compra.[15] Foi presentado en Abegondo uns días máis tarde.[16]

O 29 de xullo o defensa madrileño Juanfran Moreno acordou co club a rescisión do seu contrato.[17] Horas máis tarde anunciouse a súa fichaxe polo Alanyaspor turco, por dúas tempadas con opción a outra máis.[18]

Agosto editar

O 2 de agosto o anunciouse a rescisión do contrato do centrocampista coruñés Pedro Mosquera.[19] Un día máis tarde confirmouse a súa fichaxe polo SD Huesca, de Segunda División, por dúas temporadas.[20]

O 5 de agosto o club anunciou a fichaxe do defensa andaluz Luis Ruiz, procedente do CD Lugo tras rematar contrato, firmando por unha campaña e outra opcional.[21] Foi presentado en Abegondo un día máis tarde.[22]

O 9 de agosto anunciouse a fichaxe do mediocampista guipuscoano Peru Nolaskoain, cedido polo Athletic Club por unha campaña.[23]

O 10 de agosto o Deportivo conquistou a 74.ª edición do Trofeo Teresa Herrera, fronte o Real Betis en Riazor (1−0).[24] Horas antes, o Deportivo Abanca perdeu a 7.ª final feminina, fronte o UDG Tenerife (1−5).[25]

O 12 de agosto anunciouse a saída, en calidade de cedido, do defensa catalán Gerard Valentín para o CD Lugo (onde xa militara a segunda metade da campaña anterior).[26]

O 16 de agosto oficializouse a fichaxe do dianteiro italiano Samuele Longo, cedido polo FC Internazionale até o final da temporada.[27]

O 17 de agosto o club anunciou a saída do centrocampista arxentino Fede Cartabia, cedido ao Shabab Al-Ahli, dos Emiratos Árabes Unidos, durante unha temporada con opción de compra.[28]

Outubro editar

O 7 de outubro o club destituíu a Juan Antonio Anquela,[29] debido aos malos resultados (1 vitoria, 5 empates e 4 derrotas), e ocupando o equipo o antepenúltimo lugar da clasificación.[30] Minutos máis tarde anunciábase que o seu substituto sería o vilagarcián Luis César Sampedro, firmando até o final da temporada.[31]

Novembro editar

O 13 de novembro o club anunciou a convocatoria a xunta xeral de accionistas para o 16 ou 17 de decembro (en primeira e segunda convocatoria).[32]

O 17 de novembro celebrouse o sorteo para a primeira rolda do novo formato da Copa do Rei, e o Deportivo quedou emparellado co CF Illueca aragonés, de Terceira División.[33] O partido foi programado para o martes 17 de decembro ás 19 horas no Estadio Papa Luna (Illueca, Zaragoza), coincidindo coa xunta xeral de accionistas en segunda convocatoria (no suposto de non haber quórum o día anterior).[34]

O 30 de novembro o club anunciou o seu rexeitamento á petición formal do uso do Estadio de Riazor por parte do Bergantiños FC para a disputa do encontro de primeira rolda da Copa do Rei fronte o Sevilla FC, ante a negativa da RFEF de facelo nas Eiroas (Carballo), mais ofrecendo as instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo.[35] Días máis tarde, logo da expectación xerada e da intercesión da Federación co club coruñés, o Deportivo mudou de opinión (aínda que sen comunicado oficial) e finalmente o Bergantiños xogou o seu partido en Riazor o 18 de decembro.[36]

Decembro editar

O 9 de decembro o consello de administración do club anunciou a súa renuncia e a convocatoria a xunta xeral extraordinaria de accionistas para o 13 de xaneiro, co fin de elixir unha nova directiva.[37] A renuncia produciuse apenas seis meses e medio despois de tomar posesión do cargo e cunha agravada crise de resultados deportivos, onde o Deportivo ocupaba o último posto da clasificación e se atopaba a 8 puntos da salvación (1 vitoria, 9 empates e 9 derrotas).[38]

O 27 de decembro o equipo formado por Paco Zas renunciou á presidencia (que de xeito interino ocupaban até o 14 de xaneiro), en favor dunha xunta xestora formada por membros da candidatura á presidencia encabezada por Fernando Vidal, presentada na anterior xunta de accionistas. Así até a xunta extraordinaria de accionistas presidiu, de xeito interino, Juan Antonio Armenteros o club.[39] A primeira medida da nova xestora foi a destitución de Luis César Sampedro e a súa substitución por Fernando Vázquez, que foi presentado o día 30, iniciando así a súa segunda etapa no club. Na presentación de Vázquez anunciouse tamén a volta ao club de Emre Çolak.[40]

Xaneiro editar

O 2 de xaneiro foi presentado en Abegondo Emre Çolak, que chegou libre tras un breve paso polo fútbol de Arabia Saudita.[41] O 5 de xaneiro Fernando Vázquez debutou con vitoria fronte ao Numancia no Nuevo Estadio Los Pajaritos (0-1),[42] mais no seguinte partido o equipo quedou eliminado da Copa, ao perder contra o Unionistas de Salamanca na quenda de penaltis (9-8) tras empatar 1-1.[43] O 14 de xaneiro Fernando Vidal converteuse oficialmente no novo presidente co club, tras celebrarse no PALEXCO unha xunta xeral extraordinaria que contou só coa súa candidatura.[44][45] Ese mesmo día fíxose oficial a fichaxe do dianteiro vasco Sabin Merino, procedente do Leganés.[46] Asinou polo resto da tempada e dúas máis. Debutou o día 16 marcando un gol contra o Racing e foi presentado ao día seguinte en Abegondo.[47] O 18 de xaneiro fíxose oficial a fichaxe do guadalupeño Claudio Beauvue, despois de que este rescindira o seu contrato co Celta de Vigo.[48] Foi presentado en Abegondo o día 22.[49] O día 21 anunciouse ao nixeriano Uche Agbo como novo xogador do Deportivo, cedido até final de tempada polo Standard de Liège.[50] Foi presentado o 23 de xaneiro, mais aínda sen ficha libre, á espera de que saíse algún xogador.[51] O 25 de xaneiro o club rescindiu o contrato do serbio Saša Jovanović, deixando así un oco para Uche Agbo.[52] Ese mesmo día anunciouse a chegada do extremo andaluz Hugo Vallejo, cedido polo Real Madrid até final de tempada. Pola súa idade conta con ficha do Fabril.[53] Foi presentado o 27 de xaneiro.[54] O 26 de xaneiro tras lograr a quinta vitoria consecutiva en liga fronte ao Albacete, o equipo conseguiu saír dos postos de descenso nos que levaba catro meses.[55]

O 31 de xaneiro, último día do mercado invernal, o club deu saída a catro xogadores e incorporou a outros dous. Rescindiuse o contrato de Samuele Longo, cedido polo Inter, que marchou con destino ao Venezia FC,[56] e cedeuse a Lambropoulos ao Bochum alemán[57] e a Borja Galán ao Racing de Santander.[58] Ademais o Levante decidiu recuperar a Koke Vegas, que tiña cedido ao Deportivo dende o verán.[59] Debido a esa última saída, o club coruñés incorporou ao porteiro serbio Aleksandar Jovanović, que chegou cedido polo Huesca.[60] E por último pechouse a contratación do extremo do Málaga Keko Gontán a custo cero.[61]

Febreiro editar

O 9 de febreiro o equipo logrou a súa sétima vitoria consecutiva en liga, tras vencer ao Alcorcón (0-1).[62] A xeira de resultados morreu a semana seguinte ao empatar co Girona (2-2).[63]

Marzo editar

O 11 de marzo o club fixo oficial a chegada do central Abdoulaye Ba, cedido polo Rayo Vallecano ata final de tempada para suplir a Michele Somma, lesionado de gravidade no partido contra o Girona.[64] Ao día seguinte anunciouse a suspensión das dúas seguintes xornadas de liga, por mor da pandemia por coronavirus.[65] O 23 de marzo a liga suspendeuse de xeito indefinido.[66] O Deportivo ocupaba de novo postos de descenso nese momento, despois de non gañar ningún dos catro últimos partidos.[67]

Maio editar

O 25 de maio o club lamentou o pasamento do defensa asturiano Marcelo Campanal, coñecido como Campanal II, xogador deportivista entre 1966 e 1968.[68]

O 26 de maio o presidente Vidal, nun duro comunicado contra o conselleiro Miguel Otero, anunciou que nos próximos días anunciaríase a data da xunta xeral de accionistas suspendida en marzo, contabilizando ao mesmo tempo a débeda do club en 90,6 millóns de euros máis intereses (14,3 millóns) e facendo un chamamento a socios e accionistas para acudir á ampliación de capital.[69]

Xuño editar

Despois de tres meses sen xogar, o campionato retomouse na segunda semana de xuño, xogándose os partidos a porta pechada. O primeiro partido do Deportivo despois da parada foi contra o Sporting de Gijón en Riazor, con resultado de empate.[70] O 30 de xuño Fernando Vázquez anunciou que Mamadou Koné decidira non ampliar a súa cesión por parte do Leganés e non continuar no club a partir dese mesmo día 30, no que remataba o seu contrato.[71]

Xullo editar

O 17 de xullo o Deportivo anunciou o traspaso de Francis Uzoho ao APOEL FC, de Nicosia.[72]

Tras estar fóra dos postos de descenso durante varias xornadas, os malos resultados nos últimos partidos fixeron que na penúltima xornada o equipo caese de novo a ditos postos de descenso, ocupando o 19º lugar a falta dun só partido, o que debía enfrontar ao club coruñés co Fuenlabrada o 20 de xullo en Riazor. O Deportivo precisaba gañar ese partido e que non gañasen Lugo ou Albacete os seus respectivos partidos.[73]

Ese día, pouco antes do encontro, anunciouse que había varios xogadores do Fuenlabrada contaxiados da COVID-19 e comezou a falarse sobre unha posible suspensión da xornada, que ía disputarse toda ao mesmo tempo, ás 21:00 horas, excepto o Las Palmas-Extremadura, que xa se xogara unhas horas antes.[74] A liga reuniuse entón co Consello Superior de Deportes e a Federación Española de Fútbol para tomar unha decisión e pouco despois anunciouse que só se suspendía o Deportivo-Fuenlabrada, mentres que o resto de encontros se xogarían á hora previamente programada.[75] A pesar da oposición dalgúns equipos, como o Rayo Vallecano que emitiu un comunicado antes do seu partido criticando a decisión, todos os equipos excepto Deportivo e Fuenlabrada disputaron a xornada, baixo ameaza de perda de puntos se non o facían.[76] Tanto o Lugo como o Albacete lograron gañar, polo que o Deportivo, aínda sen xogar, quedou matematicamente sen posibilidades de permanencia, consumando o descenso á Segunda División B 40 anos despois.[77][78]

Tras o descenso, o presidente do club, Fernando Vidal, criticou en rolda de prensa a decisión de non suspender toda a xornada, e declarou que o Deportivo non se consideraba un equipo descendido. Anunciou ademais que denunciarían o caso ante todas as instancias, ao considerar que a competición fora "adulterada".[79] O Numancia, o Elche e o Rayo Vallecano anunciaron tamén que tomarían medidas legais, considerándose prexudicados pola decisión da liga.[80] Ao día seguinte o Deportivo pediu a anulación da xornada ou que na próxima tempada se xogase unha Segunda División con 24 equipos, incluídos o Deportivo e o Numancia, o outro equipo descendido canda aos herculinos.[81] O Comité de Competición declarouse incompetente para pronunciarse sobre a petición do Deportivo de anular toda a xornada, pasando o caso a un xuíz instrutor.[82]

O 26 de xullo a liga informou da suspensión definitiva do Deportivo-Fuenlabrada, a través dun comunicado no que agradeceu ao club madrileño "a súa disposición a acollerse ao principio pro-competitione e acatar a decisión elixida por LaLiga entre as dúas solucións propostas polo Club: esperar para disputar o encontro á recuperación dos xogadores ou suspender o partido definitivamente". Ademais comunicou que o Elche sería o club que xogase a promoción de ascenso, eloxiando a suposta renuncia do Fuenlabrada a xogar dita promoción.[83][84] Esa mesma tarde o Fuenlabrada publicou outro comunicado contradicindo á liga e declarando que non renunciara a xogar o partido contra o Deportivo, e engadindo que a liga non era o único órgano competente para tomar a decisión, correspondendo esta tamén ao Comité de Competición da RFEF e ao CSD.[85][83] Tamén os xogadores do Fuenlabrada sacaron o seu propio comunicado expresando a súa "indignación" pola decisión da suspensión do partido e manifestando a súa intención de xogar tanto ese partido como a promoción de ascenso.[86] O Deportivo pola súa banda publicou tamén un comunicado, expresando a súa "sorpresa, malestar e estupefacción" polos comunicados desa tarde e cualificou a decisión da liga como un "atropelo".[87]

O 27 de xullo o Deportivo publicou un comunicado resumindo os procedementos abertos polo club ante a RFEF. Neste escrito o club declarou tamén que solicitara tres medidas cautelares: a anulación de todos os resultados da xornada 42; a suspensión da tempada 2019/20 e a suspensión dos ascensos e descensos ata que non se finalicen os expedientes abertos, e a ampliación do número de equipos en segunda división para a tempada 2020/21 para evitar prexuízos aos equipos afectados.[88]

O 28 de xullo celebrouse no PALEXCO unha xunta extraordinaria de accionistas, onde se votaron tres ampliacións de capital, as dúas primeiras para converter en accións a favor de Abanca 35 millóns de euros que se lle debían a dito banco, e unha terceira aberta aos socios e outros afeccionados por valor doutros 35 millóns de euros. No acto estaban representadas 73.327 das 171.255 accións do club, un 42,81%, porcentaxe superior á mínima requirida para a validez da votación, que era dun 25%. A proposta precisaba do voto favorable de dous terzos do capital social representado, e obtivo finalmente o 96%. Deste xeito Abanca pasou a ser o accionista maioritario do Deportivo, cun 78% das accións, á espera da ampliación de capital aberta aos socios, con prazo do 1 de agosto ao 4 de outubro, e que dependendo do número de accións adquiridas, podería baixar a porcentaxe de Abanca ata un mínimo dun 43%.[89][90] Aprobouse tamén na xunta, cun 82,2% dos votos, a proposta do presidente Fernando Vidal de cesar ao conselleiro Miguel Otero, oposto ao acordo con Abanca.[91]

O 31 de xullo a Real Federación Española de Fútbol remitiu unha carta á Liga, ao Consello Superior de Deportes, ao Deportivo, ao Fuenlabrada e ao Numancia, coa súa proposta dunha Segunda División con 24 equipos para a tempada 2020/21, sen facer efectivos os descensos de Deportivo e Numancia.[92] Ese mesmo día pola tarde os afeccionados do Deportivo protagonizaron unha manifestación con centos de vehículos encabezados por Fernando Vázquez, para pedir xustiza para o equipo. Saíron dende o estadio de Riazor e percorreron varios lugares representativos da Coruña para rematar na sede da Real Federación Galega de Fútbol, cuxo presidente Rafael Louzán, mostrara tamén o seu apoio á causa do Deportivo.[93] Alí a Federación de Peñas do Deportivo leu un comunicado reclamando xustiza.[94]

Agosto editar

O 2 de agosto a Liga solicitoulle ao Deportivo que os xogadores se sometesen a probas PCR pola posibilidade de xogar contra o Fuenlabrada o 5 de agosto, pero o Deportivo negouse, entendendo que a situación non se adecúa nin aos protocolos da Liga respecto ao COVID-19 nin á situación da competición en Segunda.[95][96] Ao día seguinte un inspector da Liga acudiu á Cidade Deportiva de Abegondo para realizar as probas pero os xogadores non se presentaron.[97] O mesmo día Competición anunciou que fixaba o partido para o mércores 5 ás 20:00 horas en Riazor.[98] Finalmente o partido foi aprazado de novo para o venres 7.[99] O presidente Vidal anunciou que o equipo acudiría ao encontro.[100] O día 7 o Deportivo e o Numancia remitiron un escrito ao CSD pedindo a inhabilitación de Javier Tebas, presidente da liga, por abuso de autoridade, responsabilidade no desprazamento do Fuenlabrada á Coruña, incumprimento da normativa referente aos conflitos de interese (por ser o seu fillo secretario do Consello de Administración do Fuenlabrada) e incumprimento do protocolo COVID-19, entre outros motivos.[101]

Finalmente o Fuenlabrada acudiu a Riazor para xogar o partido aprazado fronte ao Deportivo con só 13 xogadores, dos cales só 7 eran profesionais. Gañou o Deportivo por 2-1 tras remontar o gol inicial do Fuenlabrada con dous goles de Claudio Beauvue, o último deles de penalti no minuto 95.[102] Con esta vitoria rematou a tempada no posto 19º con 51 puntos, sendo o único equipo na historia en descender a Segunda B con tal cantidade de puntos.[103]

O 17 de agosto o club inscribiuse tanto en Segunda División como en Segunda B, á espera da resolución dos procedementos abertos.[104] O 26 de agosto o Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) rexeitou a petición do xuíz instrutor da RFEF que propoñía o descenso do Fuenlabrada e declarou que as competencias do caso eran da liga e non da Federación.[105] Ao día seguinte o CSD organizou unha reunión coa liga e a Federación para desbloquear a situación e chegar a un acordo entre as partes. Nesta reunión a idea dunha liga de 24 equipos foi rexeitada definitivamente, confirmando o descenso do Deportivo á Segunda B.[106]

Material deportivo editar

O equipamento do Deportivo é proporcionado por Macron e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.

Persoal editar

Corpo técnico editar

Cargo Nome
Adestrador Juan Antonio Anquela (ata o 7 de outubro)
Luis César Sampedro (do 7 de outubro ao 27 de decembro)
Fernando Vázquez (dende o 29 de decembro)
2º adestrador Juanjo Carretero (ata outubro)
Alejandro Esteve (dende outubro)
Ad. de porteiros Yván Castillo
Prep. físico Moisés de Hoyo (ata novembro)
Marcos Marcén Monclús (ata decembro)
José Ángel Franganillo (ata decembro)
Manuel Pombo (dende decembro)
Analista David Sánchez (ata novembro)
Juan Iglesias (dende novembro)

Consello de administración editar

Cargo Nome
Presidente Paco Zas (ata o 27 de decembro)
Juan Antonio Armenteros (do 27 de decembro ao 14 de xaneiro)
Fernando Vidal (dende o 14 de xaneiro)
Secretario Juan M. Sánchez-Padrós (ata decembro)
José Luis Queijeiro Fuentes (de decembro a xaneiro)
Juan Antonio Armenteros Cuetos (dende xaneiro)
Conselleiros Jorge Borrajo (ata decembro)
Jesús Chapela (ata decembro)
Alberto Méndez (ata decembro)
Pablo Ruiz (ata decembro)
Manuel José Vázquez Martínez (dende decembro)
Federico García Poncet (dende decembro)
Argimiro Vázquez Guillén (dende decembro)
Ricardo González Fernández (dende decembro)
José Luis Queijeiro Fuentes (dende xaneiro)
Miguel Otero Santín (de xaneiro a xullo)

Mercado de fichaxes editar

Altas editar

Data Pos. Nome Procedencia Prezo
27 de xuño de 2019 DEF   Vassilis Lambropoulos   AEK Atenas Libre
8 de xullo de 2019 DIA   Borja Galán   Alcorcón Fin da cesión
13 de xullo de 2019 MED   Ager Aketxe   Cádiz Libre
14 de xullo de 2019 MED   Gaku Shibasaki   Getafe Libre
16 de xullo de 2019 POR   Koke Vegas   Levante Cedido
19 de xullo de 2019 DIA   Mamadou Koné   Leganés Cedido
5 de agosto de 2019 DEF   Luis Ruiz   Lugo Libre
9 de agosto de 2019 MED   Peru Nolaskoain   Athletic Club Cedido
16 de agosto de 2019 DIA   Samuele Longo   Internazionale Cedido
2 de setembro de 2019 DEF   Salva Ruiz   Valencia Libre
DEF   Javi Montero   Atlético de Madrid Cedido
DIA   Víctor Mollejo Cedido
DIA   Beto da Silva   Tigres de la UANL Cedido
DIA   Saša Jovanovic   Al-Fateh SC Cedido
2 de xaneiro de 2020 MED  Emre Çolak   Al-Wehda Libre
14 de xaneiro de 2020 DIA   Sabin Merino   Leganés Traspaso
18 de xaneiro de 2020 DIA   Claudio Beauvue   Celta Libre
21 de xaneiro de 2020 MED   Uche Agbo   Standard de Liège Cedido
25 de xaneiro de 2020 DIA   Hugo Vallejo   Real Madrid Cedido
31 de xaneiro de 2020 POR   Aleksandar Jovanović   Huesca Cedido
31 de xaneiro de 2020 MED   Keko Gontán   Málaga Traspaso
11 de febreiro de 2020 DEF   Abdoulaye Ba   Rayo Vallecano Cedido

Baixas editar

Data Pos. Nome Destino Prezo
30 de xuño de 2019 DIA   Pablo Marí   Manchester City Fin da cesión
30 de xuño de 2019 MED   Didier Moreno   Independiente Medellín Fin da cesión
30 de xuño de 2019 DEF   Domingos Duarte   Sporting CP Fin da cesión
30 de xuño de 2019 MED   Nahuel Leiva   Olympiacos Fin da cesión
30 de xuño de 2019 POR   Adrián Ortolá   Barcelona Fin da cesión
30 de xuño de 2019 DIA   Carlos Fernández   Sevilla Fin da cesión
30 de xuño de 2019 MED   Michael Krohn-Dehli Fin do contrato Libre
30 de xuño de 2019 DEF   Íñigo López Fin do contrato Libre
13 de xullo de 2019 MED   Edu Expósito   Eibar 4.000.000 €
13 de xullo de 2019 DEF   Sebastián Dubarbier   Banfield Fin de contrato
14 de xullo de 2019 DIA   Quique González   Eibar 3.500.000 €
26 de xullo de 2019 MED   Domingos Duarte   Feirense Fin de contrato
29 de xullo de 2019 DEF   Juanfran Moreno   Alanyaspor Libre
2 de agosto de 2019 DEF   Pedro Mosquera   Huesca Libre
12 de agosto de 2019 DEF   Gerard Valentín   Lugo Cedido
14 de agosto de 2019 DEF   Róber Pier   Levante 0 €
17 de agosto de 2019 MED   Fede Cartabia   Shabab Al-Ahli Cedido
24 de agosto de 2019 POR   Francis Uzoho   Elche Cedido
27 de agosto de 2019 DIA   Pedro Sánchez   Albacete Rescisión de contrato
2 de setembro de 2019 DEF   Saúl García   Deportivo Alavés Fin de contrato
2 de setembro de 2019 DIA   Diego Rolan   FC Juárez Cedido
3 de setembro de 2019 DEF   Diego Caballo   Extremadura Rescisión de contrato
25 de xaneiro de 2020 MED   Saša Jovanovic Fin do contrato Rescisión de contrato
29 de xaneiro de 2020 DIA   Beto da Silva   Tigres de la UANL Rescisión de contrato
31 de xaneiro de 2020 DIA   Samuele Longo   Venezia FC Fin da cesión
31 de xaneiro de 2020 DEF   Vassilis Lambropoulos   VfL Bochum Cedido
31 de xaneiro de 2020 MED   Borja Galán   Racing de Santander Cedido
31 de xaneiro de 2020 POR   Koke Vegas   Levante Fin da cesión
30 de xuño de 2020 DIA   Mamadou Koné   Leganés Fin da cesión
17 de xullo de 2020 POR   Francis Uzoho   APOEL F.C.

Xogadores editar

No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles      
1 POR   Dani Giménez 41 0 0 0 41 0
2 DEF   David Simón Rodríguez 10 1 0 0 10 1 2
3 DEF   Michele Somma 14 1 1 0 15 1 3 1
4 MED   Álex Bergantiños 38 1 1 0 39 0 2
5 DEF   Abdoulaye Ba 3 0 0 0 3 0 1
6 MED   Peru Nolaskoain 28 1 1 0 29 1 7
7 DIA   Borja Valle 24 2 1 0 25 2 1
8 MED   Vicente Gómez 25 0 1 0 26 0 5 1
9 DIA   Christian Santos 27 6 1 0 28 6 3
10 MED   Ager Aketxe 39 7 2 0 41 7 3
11 MED   Víctor Mollejo 36 6 2 0 38 6 14
13 POR   Aleksandar Jovanović 1 0 0 0 1 0
14 DEF   Luis Ruiz 14 0 1 0 15 0 4
15 DEF   Javi Montero 29 0 1 0 31 0 11 1
16 DIA   Sabin Merino 18 5 0 0 18 5 2
17 MED   Emre Çolak 16 1 0 0 16 2 3 1
21 DEF   Salvador Ruiz 26 0 1 0 27 0 1
22 MED   Gaku Shibasaki 26 0 1 0 27 0 4 1 1
23 MED   Keko Gontán 7 0 0 0 7 0 1
24 DEF   Eneko Bóveda 31 1 1 0 32 1 11
25 MED   Uche Agbo 9 0 0 0 9 0 1
26 MED   Javier Sánchez 0 0 0 0 0 0
28 MED   Tomás Bourdal 0 0 0 0 0 0
29 DEF   Mujaid Sadick 28 0 1 0 29 0 4
30 MED   Yago Gandoy 3 0 1 0 4 0 1
32 MED   David Sánchez 1 0 0 0 1 0
33 MED   Jorge Valín 2 0 0 0 2 0
35 DIA   Hugo Vallejo 13 1 0 0 13 1

Deixaron o equipo editar

No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles      
5 DEF   Vassilis Lambropoulos 17 2 1 0 18 2 2
12 DIA   Samuele Longo 13 0 2 1 15 1 3
13 POR   Koke Vegas 0 0 2 0 2 0
15 DIA   Pedro Sánchez 1 0 0 0 1 0 1
17 DEF   Diego Caballo 2 0 0 0 2 0 1
18 DIA   Beto da Silva 7 0 2 0 9 0
20 MED   Saša Jovanovic 11 1 2 0 13 1 2
21 DIA   Diego Rolan 0 0 0 0 0 0
23 MED   Borja Galán 13 0 1 0 14 0 1
19 DIA   Mamadou Koné 22 4 1 1 23 5 5 2

Partidos editar

      Vitoria

      Empate

      Derrota

      Aprazado

Pretempada e amigables editar

Segunda División editar

Copa do Rei editar

Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2019/20.

Primeira eliminatoria editar

Segunda eliminatoria editar

Notas editar

  1. "Lampropoulos, primeira fichaxe do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 27 de xuño de 2019. 
  2. "Real Betis e Granadilla Tenerife, rivais do Dépor e do Dépor ABANCA no Trofeo Teresa Herrera 2019". Deportivo da Coruña. 12 de xullo de 2019. 
  3. "Edu Expósito, traspasado á SD Eibar". Deportivo da Coruña. 13 de xullo de 2019. 
  4. "Edu Expósito, traspasado al Eibar". La Opinión de A Coruña. 13 de xullo de 2019.  (en castelán)
  5. "Aketxe, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 13 de xullo de 2019. 
  6. "Aketxe, na súa presentación: "Quedei prendado do Club, da infraestrutura que ten, do familiar que é"". Deportivo da Coruña. 17 de xullo de 2019. 
  7. "Quique González deixa o Dépor ao executar unha cláusula de saída do seu contrato". Deportivo da Coruña. 14 de xullo de 2019. 
  8. "El Eibar ficha al delantero Quique González, procedente del RC Deportivo, hasta 2024". SD Eibar. 14 de xullo de 2019.  (en castelán)
  9. "Quique González firma con el Eibar por cinco temporadas". El Diario Vasco. 14 de xullo de 2019.  (en castelán)
  10. "Gaku Shibasaki, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 14 de xullo de 2019. 
  11. "Oficial: Gaku Shibasaki ya es nuevo jugador del Deportivo". Diario As. 14 de xullo de 2019.  (en castelán)
  12. "Gaku, na súa presentación, márcase como meta "axudar ao equipo a conseguir o ascenso"". Deportivo da Coruña. 22 de xullo de 2019. 
  13. "Koke Vegas, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 16 de xullo de 2019. 
  14. ""Calquera xogador cando escoita Deportivo de La Coruña sabe que vén a un Club grande", di Koke Vegas na súa presentación". Deportivo da Coruña. 18 de xullo de 2019. 
  15. "Mamadou Koné, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 19 de xullo de 2019. 
  16. ""Non tardei nin un segundo en tomar a decisión de vir", di Koné na súa presentación". Deportivo da Coruña. 23 de xullo de 2019. 
  17. "O Deportivo e Juanfran acordan a rescisión do contrato do lateral". Deportivo da Coruña. 29 de xullo de 2019. 
  18. "Juanfran ficha por el Alanyaspor después de rescindir contrato con el Dépor". Mundo Deportivo. 29 de xullo de 2019.  (en castelán)
  19. "O Deportivo e Juanfran acordan a rescisión do contrato do lateral". Deportivo da Coruña. 2 de agosto de 2019. 
  20. "Pedro Mosquera firma dos temporadas con la SD Huesca". Heraldo. 3 de agosto de 2019.  (en castelán)
  21. "Luis Ruiz, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 5 de agosto de 2019. 
  22. ""Veño con moita ilusión, con moita fame. Vou dar todo por este Club", asegura Luis Ruiz na súa presentación". Deportivo da Coruña. 6 de agosto de 2019. 
  23. "Peru Nolaskoain, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 9 de agosto de 2019. 
  24. "El Dépor reconquista el Teresa Herrera ante el Real Betis (1-0)". Deportivo da Coruña. 10 de agosto de 2019. 
  25. "El UD Granadilla Tenerife se lleva el VII Trofeo Teresa Herrera femenino (1-5)". Deportivo da Coruña. 10 de agosto de 2019. 
  26. "Gerard Valentín xogará cedido no CD Lugo". Deportivo da Coruña. 12 de agosto de 2019. 
  27. "Samuele Longo, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 16 de agosto de 2019. 
  28. "Fede Cartabia, cedido ao Al-Ahli". Deportivo da Coruña. 17 de agosto de 2019. 
  29. "Juan Antonio Anquela deixa de ser adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 7 de outubro de 2019. 
  30. "El Deportivo destituye a Anquela y recluta a Luis César". El País (en castelán). 7 de outubro de 2019. Consultado o 24 de novembro de 2019. 
  31. "Luis César, novo adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 7 de outubro de 2019. 
  32. "Convocatoria de Xunta Xeral de Accionistas do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD". Deportivo da Coruña. 13 de novembro de 2019. 
  33. "El Illueca aragonés, rival del Deportivo en la primera ronda de la Copa del Rey". La Voz de Galicia. 17 de novembro de 2019.  (en castelán)
  34. "El Illueca-Depor, a la misma hora de la Junta". El Ideal Gallego. 29 de novembro de 2019.  (en castelán)
  35. "Comunicado do Real Club Deportivo ante a solicitude do Bergantiños CF". Deportivo da Coruña. 30 de novembro de 2019. 
  36. "El Bergantiños jugará en Riazor la Copa del Rey frente al Sevilla". La Voz de Galicia. 4 de decembro de 2019.  (en castelán)
  37. "Comunicado Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 9 de decembro de 2019. 
  38. "Paco Zas dimite y convoca elecciones". La Opinión de A Coruña. 10 de decembro de 2019.  (en castelán)
  39. "Paco Zas renuncia y le deja vía libre a Fernando Vidal". Diario As. 27 de decembro de 2019.  (en castelán)
  40. "Fernando Vázquez confiesa en su presentación que "siempre quise volver al Dépor y estaba convencido de que volvería"" (en castelán). 30 de decembro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2020. 
  41. "Emre Çolak: «Este club y esta ciudad son mi casa»". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xaneiro de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  42. "El Deportivo abre con una victoria en Soria la etapa de Fernando Vázquez". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2020. 
  43. "O Deportivo, eliminado da Copa polo Unionistas na quenda de penaltis". CRTVG. 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2020. 
  44. "Fernando Vidal, nuevo presidente del Deportivo sin oposición". Marca (en castelán). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  45. "Fernando Vidal, nuevo presidente del Deportivo: “Nuestro objetivo es sacar al Dépor de las penumbras que nos acechan”" (en castelán). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  46. "Sabin Merino ficha por el Deportivo" (en castelán). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  47. "Sabin Merino: "Ha sido llegar y besar el santo"" (en castelán). 17 de xaneiro de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  48. "OFICIAL. Claudio Beauvue ya es nuevo jugador del Deportivo" (en castelán). 18 de xaneiro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  49. "Beauvue, presentado como novo xogador do R.C. Deportivo". TVG. 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  50. "OFICIAL. Uche Agbo, nuevo jugador del Deportivo" (en castelán). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  51. "Uche Agbo, presentado como jugador del Dépor" (en castelán). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  52. "El Deportivo rescinde el contrato de Jovanovic para poder inscribir a Uche Agbo" (en castelán). 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  53. "Hugo Vallejo, cedido al Dépor hasta final de temporada" (en castelán). 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  54. "Hugo Vallejo: "Ojalá acabe en el Real Madrid"" (en castelán). 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 28 de xaneiro de 2020. 
  55. "El Deportivo abandona el descenso cuatro meses después" (en castelán). 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  56. "Samuele Longo deja el Deportivo y jugará en el Venezia FC" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  57. "Lampropoulos se marcha cedido al Bochum" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  58. "Borja Galán, cedido al Racing de Santander" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  59. "Koke Vegas regresa al Levante" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  60. "El portero serbio Jovanovic llega cedido al Deportivo" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  61. "Keko Gontán, nuevo fichaje del Deportivo" (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  62. "Koné da la séptima consecutiva al Dépor en el último suspiro (0-1)". Canal Deportivo (en castelán). 9 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  63. "Cruel fin a la racha victoriosa del Deportivo (2-2)". Canal Deportivo (en castelán). 14 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  64. "Abdoulaye Ba, nuevo jugador del Deportivo". La Voz de Galicia. 11 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  65. "Suspendidas las dos próximas jornadas de la Liga y el Manchester City-Real Madrid de Champions". El País (en castelán). 12 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  66. "La Liga, suspendida indefinidamente" (en castelán). 23 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  67. "¿Puede el Deportivo descender a Segunda División B por el coronavirus?" (en castelán). 17 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  68. "Falece Campanal II, exxogador do Real Club Deportivo". 25 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  69. "Comunicado do presidente e conselleiros do Real Club Deportivo". 26 de maio de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  70. "Un punto que sirve de bastante poco a Deportivo y Sporting". Marca (en castelán). 14 de xuño de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  71. "Koné no seguirá en el Deportivo" (en castelán). 30 de xuño de 2020. Consultado o 1 de xullo de 2020. 
  72. "El Deportivo traspasa a Francis Uzoho al Apoel FC" (en castelán). 17 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  73. "El Depor, en manos de otros". DxT Campeón (en castelán). 18 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  74. "Peligra la última jornada de la Liga en Segunda por el positivo de seis jugadores del Fuenlabrada" (en castelán). 20 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  75. "Suspenden o encontro Deportivo-Fuenlabrada por 6 casos de COVID-19 no Fuenlabrada". Galicia Confidencial. 20 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  76. "Comunicado do Rayo Vallecano" (en castelán). 24 de xullo de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  77. "El Deportivo desciende sin jugar y vuelve a Segunda B 40 años después" (en castelán). EFE. 20 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  78. "O Deportivo descende a Segunda B e o Lugo salva a categoría". Nós Diario. 20 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  79. "Fernando Vidal tras descender sen xogar: "Imos denunciar a LaLiga, paréceme lamentable e vergoñoso"". Galicia Confidencial. 21 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  80. "Fernando Vidal: "Vamos a denunciar a LaLiga, no nos consideramos un equipo descendido"". RTVE (en castelán). 20 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  81. "O Deportivo pide a repetición da xornada ou unha liga de 24 equipos". CRTVG. 21 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  82. "O Deportivo pídelle ao Comité de Competición o descenso do Fuenlabrada". CRTVG. 23 de xullo de 2020. Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  83. 83,0 83,1 "La Liga suspende el Dépor-Fuenlabrada". Faro de Vigo (en castelán). 27 de xullo de 2020. Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  84. "Nota informativa". www.laliga.com (en castelán). Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  85. "Comunicado del CF Fuenlabrada". www.cffuenlabrada.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2020. Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  86. "La plantilla del Fuenlabrada protesta contra LaLiga y pide responsabilidad a la directiva". eldesmarque.com (en castelán). Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  87. "Comunicado del Real Club Deportivo" (en castelán). 26 de xullo de 2020. Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  88. "Comunicado do Real Club Deportivo". Canaldeportivo. 27 de xullo de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  89. Alonso, Paulo (29 de xullo de 2020). "El Dépor abraza el rescate de Abanca". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  90. "Abanca se convierte en el máximo accionista del Deportivo y pone fin a una era". eldiario.es (en castelán). 29 de xullo de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  91. "Abanca pasa a controlar o Dépor a pesar da oposición do xa exconselleiro Otero". CRTVG. 28 de xullo de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  92. "La RFEF propone una Liga en Segunda con 24 equipos" (en castelán). 31 de xullo de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  93. "#ÉDeXustiza: Así fue la manifestación del deportivismo" (en castelán). 31 de xullo de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  94. "Chío de FPDeportivistas". Twitter. Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  95. "LaLiga hará tests al Dépor por si se juega el miércoles ante el Fuenlabrada y estos se niegan" (en castelán). 2 de agosto de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  96. "El Deportivo se presentará el miércoles contra el Fuenlabrada como defensa de sus intereses" (en castelán). 3 de agosto de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  97. "El Deportivo no se presenta a los tests PCR de LaLiga". La Vanguardia (en castelán). 3 de agosto de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  98. "Competición fija el Deportivo - Fuenlabrada el miércoles a las 20:00 horas" (en castelán). 3 de agosto de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  99. "El Deportivo vs Fuenlabrada se jugará el viernes 7 a las 20:00 horas" (en castelán). 4 de agosto de 2020. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  100. "O Deportivo presentarase ao partido co Fuenlabrada e pide a inhabilitación de Tebas e "calma" aos seareiros". Galicia Confidencial. 4 de agosto de 2020. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  101. "Escrito ao Consello Superior de Deportes". Real Club Deportivo. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  102. "Deportivo - Fuenlabrada". www.rcdeportivo.es. Consultado o 11 de agosto de 2020. 
  103. "¿Cuántos puntos hacen falta para salvarse en Segunda División?" (en castelán). 4 de xullo de 2020. Consultado o 11 de agosto de 2020. 
  104. "O Deportivo inscríbese en Segunda e Segunda B". 18 de agosto de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  105. "O Fuenlabrada seguirá en Segunda División despois do fallo favorable do TAD". Galicia Confidencial. 27 de agosto de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  106. "Oficial: El CSD manda al Deportivo a Segunda División B" (en castelán). 27 de agosto de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  107. "O Dépor arranca a cen (3-2)". Deportivo da Coruña. 18 de agosto de 2019. 
  108. "Freada ao Deportivo en El Alcoraz (3-1)". Deportivo da Coruña. 25 de agosto de 2019. 
  109. "Derrota branquiazul en Vallecas (3-1)". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2019. 
  110. "Os traveseiros e o VAR derrotan ao Dépor (0-1)". Deportivo da Coruña. 7 de setembro de 2019. 
  111. "O Dépor salva un punto en Xixón na prolongación (1-1)". Deportivo da Coruña. 15 de setembro de 2019. 
  112. "Amargo empate en ABANCA-RIAZOR (3-3)". Deportivo da Coruña. 18 de setembro de 2019. 
  113. "Partido sen goles e con dous penaltis non sinalados en Cádiz (0-0)". Deportivo da Coruña. 21 de setembro de 2019. 
  114. "O Dépor suma o seu cuarto empate consecutivo (1-1)". Deportivo da Coruña. 29 de setembro de 2019. 
  115. "Ao Dépor escápaselle o partido en Montilivi na primeira metade (3-1)". Deportivo da Coruña. 3 de outubro de 2019. 
  116. "A vitoria ségueselle resistindo ao Dépor (0-0)". Deportivo da Coruña. 6 de outubro de 2019. 
  117. "O Dépor non atopa o camiño do triunfo (0-2)". Deportivo da Coruña. 20 de outubro de 2019. 
  118. "El buen segundo tiempo del Dépor en el Sardinero no llegó para completar la remontada (1-1)" (en castelán). 26 de outubro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  119. "Koné rescata un punto para el Dépor en Fuenlabrada (1-1)" (en castelán). 2 de novembro de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  120. "Inxusta derrota branquiazul ante o Elche CF (1-3)". Deportivo da Coruña. 10 de novembro de 2019. 
  121. "Dura derrota del Deportivo en Almendralejo (2-0)" (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  122. "La victoria se le sigue negando al Deportivo (0-0)". CanalDeportivo (en castelán). 23 de novembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  123. "Empate sin goles en el Anxo Carro (0-0)". CanalDeportivo (en castelán). 1 de decembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  124. "Nueva derrota en ABANCA-RIAZOR (1-3)". CanalDeportivo (en castelán). 8 de decembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  125. "Yuri anula al Dépor con dos goles en la primera mitad (2-0)". CanalDeportivo (en castelán). 14 de decembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  126. "Un triunfo de los que valen más que 3 puntos (2-1)". CanalDeportivo (en castelán). 20 de decembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  127. "El Dépor resucita en un ABANCA-RIAZOR entregado (2-1)". CanalDeportivo (en castelán). 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  128. "ABANCA-RIAZOR también noquea al líder (1-0)". CanalDeportivo (en castelán). 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  129. "El quinto triunfo consecutivo saca al Dépor del descenso (0-1)" (en castelán). 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  130. "La magia de ABANCA-RIAZOR también derrota a Las Palmas (2-1)". CanalDeportivo (en castelán). 1 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  131. "Koné da la séptima consecutiva al Dépor en el último suspiro (0-1)" (en castelán). 9 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  132. "Cruel fin a la racha victoriosa del Deportivo (2-2)". CanalDeportivo (en castelán). 14 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  133. "El Dépor vuelve a perder 71 días después (3-1)" (en castelán). 23 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  134. "Un punto amargo (0-0)". CanalDeportivo (en castelán). 1 de marzo de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  135. "Severo correctivo en el Juegos Mediterráneos (4-0)" (en castelán). 7 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  136. "El Dépor, apeado de la Copa en los penaltis por Unionistas" (en castelán). 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de xaneiro de 2020.