Alberto Casal Arantes

futbolista español

Alberto Ramón Casal Arantes, máis coñecido como Casal, nado en Vigo o 22 de agosto de 1970, é un exfutbolista galego. Xogaba de porteiro. Actualmente é o adestrador de porteiros do Deportivo da Coruña.

Modelo:BiografíaAlberto Casal Arantes
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1970 (54 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
Altura1,84 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPorteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Racing de Ferrol

Traxectoria

editar

Como xogador

editar

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo e xogou no Celta Turista, ademais de no Cultural Areas e o Gran Peña. Aos 24 anos marchou cedido ao Racing de Ferrol, en Segunda División B para a tempada 1994/95.[1] Ao rematar o curso desvinculouse co Celta e asinou polo Racing por outra tempada.[2] Con todo, no club ferrolán non dispuxo apenas de minutos fronte ao porteiro titular, Luis César Sampedro.

Na tempada 1996/97 pasou a xogar no CCD Cerceda ata que en abril de 1998 fichou como novo porteiro do Endesa As Pontes, que tiña lesionados os porteiros do primeiro equipo.[3] En xuño de 1999 foi anunciado como novo porteiro do Club Deportivo Lugo.[4] No club lucense, adestrado por Fabri, chegou a gañar a titularidade en detrimento do histórico porteiro Xosé Domínguez.[5]

En 2001 incorporouse ao Atlético Arteixo, de Terceira División, club no que xogou dúas tempadas e que deixou para xogar no Racing Vilalbés de Rexional Preferente. Na tempada 2004-05 asinou polo Laracha, un recentemente ascendido á 3ª División, con José Luís Vara como adestrador. No club larachés gañou o trofeo ao porteiro menos goleado no seu primeiro ano e foi o segundo menos goleado no segundo ano, desempeño excepcional que lle serviu ao Laracha para rematar en 5ª e 3ª posición respectivamente. Con todo, no terceiro ano na categoría o club acabou descendendo, sendo esta a última tempada de Casal como xogador.

Adestrador de porteiros

editar

Ao deixar de xogar ao fútbol, ​​Casal pasou a exercer como adestrador de porteiros. Realizou dita función no Montañeros CF, Cidade de Santiago e Bergantiños FC, ata que en 2012 se incorporou á Ponferradina, en Segunda División.[6] Tras seis anos no club berciano,[7] en xullo de 2018 pasou ao Deportivo Fabril,[8] do que se ocupou dous anos até agosto de 2020, cando foi anunciado como novo adestrador de porteiros do Deportivo da Coruña na súa nova etapa en Segunda División B.[9]

  1. "El Racing presentó a cuatro jugadores fichados en el Turista". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 22 de xuño de 1994. p. 49. 
  2. "Luis César, Casal y Richard firmaron ayer su renovación en el Racing". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 15 de xullo de 1995. p. 52. 
  3. "Casal se incorporó como refuerzo". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 4 de abril de 1998. p. 57. 
  4. "El portero endesista Casal jugará la próxima temporada en el Club Deportivo Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xuño de 1999. p. 63. 
  5. "Fabri ya convocó a todos". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 7 de decembro de 1999. p. 54. 
  6. "Alberto Casal es el nuevo entrenador de porteros". Marca (en castelán). 20 de setembro de 2012. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  7. "La reestructuración de la Ponferradina llega a la cantera" (en castelán). 5 de xuño de 2018. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  8. "Una nueva era en la portería" (en castelán). 4 de xullo de 2018. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  9. "Alberto Casal, nuevo preparador de porteros del Deportivo" (en castelán). 25 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar