Toni Arranz
futbolista español
Juan Antonio Arranz Albertos, coñecido como Toni Arranz, nado en Madrid o 14 de xaneiro de 1994, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Cornellà, da Primeira División RFEF.
Toni Arranz | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan Antonio Arranz Albertos | ||
Nacemento | 14 de xaneiro de 1994 | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 1,88 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Cornellà | ||
Número | 6 | ||
Carreira xuvenil | |||
Rayo Vallecano | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2015 | Rayo Vallecano B | 72 | (8) |
2015–2016 | Leganés | 0 | (0) |
2015–2016 | → Rayo Majadahonda | 31 | (0) |
2016–2018 | San Sebastián de los Reyes | 69 | (3) |
2018–2019 | UCAM Murcia | 35 | (0) |
2019–2020 | Ibiza | 14 | (0) |
2020–2021 | El Ejido | 22 | (2) |
2021–2022 | Córdoba | 23 | (1) |
2022–2023 | Numancia | 34 | (1) |
2023– | Cornellà | 9 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 23 de outubro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Formouse como futbolista na canteira do Rayo Vallecano, debutando co filial na Segunda División B na tempada 2011/12. Xogou no Rayo B durante os seguintes catro anos, vivindo dous descensos e un ascenso.[1] Entre 2015 e 2022 vestiu as camisetas de seis clubs, todos eles na Segunda B: Rayo Majadahonda,[2] San Sebastián de los Reyes, UCAM Murcia,[3] Ibiza, El Ejido e Córdoba. Con este último proclamouse campión da categoría e logrou o ascenso á Primeira División RFEF, na que continuou nos seguintes anos nas filas do Numancia e o Cornellà.[4]
Notas editar
- ↑ "El capitán Toni Arranz anuncia su adiós al Rayo Vallecano" (en castelán). 2 de xullo de 2015. Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ "Toni Arranz, cedido al Rayo Majadahonda". Marca (en castelán). 29 de agosto de 2015. Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ "Toni Arranz firma por el UCAM Murcia CF" (en castelán). 4 de xullo de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ "Toni Arranz ficha por el Numancia tras ascender con el Córdoba" (en castelán). 22 de xuño de 2022. Consultado o 23 de outubro de 2023.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).