Peru Nolaskoain

futbolista español

Peru Nolaskoain Esnal, nado o 25 de outubro de 1998 en Zumaia, é un futbolista español, que xoga como defensa central ou centrocampista defensivo no Eibar, da Segunda División.

Peru Nolaskoain
Información persoal
Nome Peru Nolaskoain Esnal
Nacemento 25 de outubro de 1998
(25 anos)
Lugar de nacemento Zumaia
Altura 1,86 m.
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Eibar
Número 24
Carreira xuvenil
–2014 Zumaiako FT
2014–2015 Antiguoko
2015–2016 Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2016–2019 Bilbao Athletic 77 (5)
2019–2024 Athletic Club 11 (2)
2019–2020 Deportivo da Coruña 28 (2)
2022 Amorebieta 17 (1)
2022–2023 Eibar 34 (2)
2024– Eibar 1 (0)
Selección nacional
2017 España sub-19 1 (0)
2016 España sub-20 6 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol no Zumaiako FT da súa Zumaia natal, no que militou ata 2014.[1] Despois dunha tempada no Antiguoko, en 2015 ingresou na canteira do Athletic Club. Xogou un ano no equipo xuvenil do club bilbaíno, marcando 14 goles, e en 2016 pasou ao Bilbao Athletic, da Segunda División B, categoría na que debutou nun partido ante o Socuéllamos. Marcou o segundo dos tres goles do seu equipo nese encontro, converténdose aos seus 17 anos no xogador máis novo na historia do filial en anotar no seu debut.[2]

Na tempada 2017/18 foi xa titular indiscutible no filial vasco, co que disputou 39 partidos oficiais, saíndo no once inicial en todos agás un, e foi seleccionado por Eduardo Berizzo para realizar co primeiro equipo a pretempada de 2018. O técnico arxentino cambiouno de posición, atrasándoo ata o posto de defensa central, e fíxoo debutar na Primeira División na primeira xornada ante o Leganés. Xogou de titular xunto a Yeray e abriu o marcador no minuto 27, despois de cabecear á portería de Cuéllar un córner sacado por Unai López.[3] Disputou 9 partidos máis co pirmeiro equipo esa tempada, aos que sumou 18 co filial.

O 9 de agosto de 2019 anunciouse a súa cesión por unha tempada ó Deportivo da Coruña, da Segunda División.[4] Despois de sufrir unha apendicite no inicio da tempada, fíxose coa titularidade a partir da novena xornada e saíu no once inicial en case todos os partidos dos seguintes meses, ata que a pandemia de COVID-19 paralizou as competicións en marzo de 2020.[5] Continuou na titularidade tralo reinicio da actividade futbolística en xuño pero unha escordadura do nocello dereito fixo que perdese sete das oito últimas xornadas, que culminaron co segundo descenso da historia do Deportivo á Segunda División B. O balance do seu ano no club coruñés foi dun total de 29 partidos e dous goles.[6]

Para a tempada 2020/21 regresou ao Athletic pero non chegou a xogar ningún minuto, debido a unha lesión no xeonllo esquerdo e aos problemas no dereito, que non remitiron e obrigárono a pasar polo quirófano en abril de 2021.[7] Despois dun ano e medio afastado dos terreos de xogo, reapareceu en xaneiro de 2022, nun partido de liga ante Osasuna no que substituíu nos instantes finais a Mikel Balenziaga.[8]

Xogou dous encontros máis ese mes na Copa do Rei e a continuación saíu cedido ata final de tempada ao Amorebieta, da Segunda División.[9] Disputou só uns minutos no seu debut, pero foi titular en 16 das 17 xornadas restantes (perdendo só un partido por sanción). Con todo, o club biscaíño acabou descendendo.[10] Na campaña 2022/23 xogou cedido no Eibar, da mesma categoría, co que disputou sen éxito a promoción de ascenso a Primeira.[11]

Para a tempada 2023/24 regresou ás filas do Athletic.[11] Con todo, non contou coa confianza do técnico Ernesto Valverde, que o aliñou só durante oito minutos nos seis primeiros meses de liga, aínda que si lle deu oportunidades na Copa do Rei, na que xogou tres encontros, dous deles como titular. No mercado invernal anunciouse o seu regreso ao Eibar, esta vez en propiedade.[12]

Notas editar

  1. "Peru Nolaskoain debuta con el primer equipo del Athletic" (en castelán). 25 de xullo de 2017. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  2. "Peru Nolaskoain se convierte en el debutante goleador más jóven de la historia del Bilbao Athletic con 17 años" (en castelán). 22 de agosto de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  3. "Muniain da la victoria al Athletic en los instantes finales ante el Leganés". laSexta (en castelán). 17 de agosto de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  4. Peru Nolaskoain, novo xogador do Dépor 2019-2020
  5. Martínez, Aitor (10 de maio de 2020). "Peru Nolaskoain: "Quiero terminar bien para irme con la conciencia tranquila"" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  6. "Agarrarse a Peru Nolaskoain". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xullo de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  7. Velasco, Juanma (10 de xullo de 2021). "Peru Nolaskoain vive un calvario con su tobillo". Marca (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  8. Carnerero, Fernando (3 de xaneiro de 2022). "La gran noche de Sancet" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  9. "Peru Nolaskoain, nuevo jugador de la SDA" (en castelán). 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  10. Aramendia, Arkaitz (22 de maio de 2022). "Historia del descenso del Amorebieta" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  11. 11,0 11,1 "Nolaskoain, polivalencia al servicio del Athletic tras un gran año en Eibar" (en castelán). 14 de xuño de 2023. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  12. "Peru Nolaskoain ficha por el Eibar hasta 2027" (en castelán). 1 de febreiro de 2024. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar