Mikel Balenziaga
Mikel Balenziaga Oruesagasti, nado en Zumarraga (Guipúscoa) o 29 de febreiro de 1988, é un futbolista vasco que xoga de lateral esquerdo para o Deportivo da Coruña da Primeira División RFEF.
Balenziaga | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Mikel Balenziaga Oruesagasti | ||
Nacemento | 29 de febreiro de 1988 | ||
Lugar de nacemento | Zumarraga | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña | ||
Número | 3 | ||
Carreira xuvenil | |||
SD Urola | |||
Real Sociedad | |||
SD Urola | |||
–2006 | Real Sociedad | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2008 | Real Sociedad B | 53 | (0) |
2008–2011 | Athletic Club | 25 | (0) |
2009–2010 | → Numancia | 26 | (0) |
2011–2013 | Valladolid | 72 | (0) |
2013–2023 | Athletic Club | 221 | (1) |
2023– | Deportivo da Coruña | 6 | (0) |
Selección nacional | |||
2007 | España sub-19 | 5 | (0) |
2008 | España sub-21 | 1 | (0) |
2012–2020 | País Vasco | 7 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 28 de outubro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Comezos editar
Nado no concello guipuscoano de Zumarraga, de pequeno participou coa súa ikastola nun torneo de fútbol que organizaba a SD Urola, que o seleccionou para o seu equipo, no que xogou un ano como dianteiro.[1] A continuación ingresou na canteira da Real Sociedad, onde militou un ano antes de regresar dous anos ao Urola.[1] En idade cadete regresou de novo á Real, xogando primeiro de extremo antes de reconverterse como lateral esquerdo.[1]
En decembro de 2006 debutou coa Real Sociedad B na Segunda División B, nun partido ante o Valladolid B. Axiña se asentou como titular no filial donostiarra, adestrador por Eizmendi, co que disputou 53 partidos oficias nun ano e medio.
Athletic (1ª etapa) editar
Internacional coas categorías inferiores da selección española, deixou Donostia en agosto de 2008, sen ter debutado oficialmente co primeiro equipo da Real, e fichou polo máximo rival histórico do club branquiazul, o Athletic Club, que pagou polo traspaso arredor dun millón de euros.[2] Aínda que chegou a Bilbao para militar nun principio no filial, non chegou a xogar con este, pois pasou directamente ao primeiro equipo, co que debutou na Primeira División na segunda xornada, sendo titular contra o Málaga na Rosaleda.[3] O adestrador Joaquín Caparrós colocouno formando defensa xunto aos seus novos compañeiros Iraola, Aitor Ocio e Amorebieta.[3][4]
Converteuse no lateral esquerdo indiscutible durante os seguintes meses, superando a competencia de xogadores máis veteranos como Koikili e Javier Casas, e foi finalista da Copa do Rei, caendo ante o FC Barcelona de Guardiola. No verán de 2009 o Athletic fichou para o mesmo posto a Xabi Castillo, polo que Balenziaga aceptou saír cedido por unha tempada ao Numancia, da Segunda División. En Soria, adestrado por Gonzalo Arconada, disputou un total de 26 partidos oficiais, 22 deles como titular. De volta en Euskadi non entrou nos plans do técnico Marcelo Bielsa e xogou só un partido co Athletic durante a campaña 2010/11.
Valladolid editar
En agosto de 2011 converteuse en novo xogador do Real Valladolid, asinando un contrato por tres anos. Titular indiscutible foi unha das pezas destacadas do equipo de Miroslav Đukić, que consegiu o ascenso a Primeira.[5] Continou na gran maioría de onces iniciais da seguinte tempada, xa na máxima categoría, na que o Valladolid conseguiu sen problemas a permanencia.
Athletic (2ª etapa) editar
Para a tempada 2013/14 volveu ao Athletic, que exerceu a opción de compra que mantiña sobre o xogador.[6] Durante os seguintes anos converteuse no xogador favorito do histórico Ernesto Valverde,[7] adestrador do equipo ata 2017. A súa segunda etapa no club bilbaíno prolongouse durante 10 anos, nos que o equipo acadou tres finais da Copa do Rei. Balenziaga foi titular en dúas delas, en 2015 e 2021, perdendo ambas ante o Barcelona. Na tempada 2014/15 debutou en competición europea, disputando completos tódolos partidos do seu equipo na Liga de Campións, e nas seguintes tres campañas competiu na Europa League.
Disputou un total de 321 partidos co Athletic e conquistou as Supercopas de España de 2015 e 2021.[8] Marcou un gol coa camiseta branca e vermella, nunha vitoria por 3-1 contra o Sevilla en San Mamés en 2016.[9]
Deportivo da Coruña editar
No verán de 2023 baixou dúas categorías para fichar polo Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[10]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Zaldua, Asier (24 de setembro de 2014). "Tú a Ipurua y yo a San Mamés" (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2023.
- ↑ Becerril, Fernando (31 de agosto de 2008). "Mikel Balenziaga se va al Athletic sin haber llegado a debutar con la Real". El Diario Vasco (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 Artetxe, José L. (10 de setembro de 2008). "Mikel Balenziaga hará su debut en Málaga". As (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2023.
- ↑ "Málaga y Athletic consiguen sus primeros puntos (0-0)" (en castelán). 14 de setembro de 2008. Consultado o 28 de outubro de 2023.
- ↑ "«Ha sido el mejor defensa de Segunda división»" (en castelán). 29 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2023. Consultado o 28 de outubro de 2023.
- ↑ "Balenziaga prepara su regreso" (en castelán). 20 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2023. Consultado o 28 de outubro de 2023.
- ↑ Basic, Robert (14 de abril de 2017). "500 partidos entre Valverde y su defensa predilecto Balenziaga" (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2023.
- ↑ Zaballa, Carlos (16 de marzo de 2022). "Balenziaga fue protagonista en los dos títulos de la Supercopa". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2023.
- ↑ "El único gol de Balenziaga en Liga y la fiesta en el vestuario" (en castelán). 20 de abril de 2023. Consultado o 28 de outubro de 2023.
- ↑ "Mikel Balenziaga, novo xogador do Dépor 2023-24". 10 de xullo de 2023. Consultado o 28 de outubro de 2023.