Tempada 2017/18 do Deportivo da Coruña
Durante a tempada 2017–18 o Deportivo da Coruña competiu na Primeira División (afrontando a súa 46.ª campaña na máxima categoría), logrando o 18.º posto na clasificación logo de 6 vitorias, 11 empates e 21 derrotas, o que supuxo o descenso a Segunda División (undécimo descenso na historia do club). Tamén competiu na Copa do Rei, alcanzando os dezaseisavos de final, onde caeu eliminado fronte o UD Las Palmas. O equipo foi adestrado inicialmente por Pepe Mel, posteriormente por Cristóbal Parralo (até entón adestrador do filial) e finalmente por Clarence Seedorf. O máximo goleador en liga foi Adrián López, que anotou 9 goles.
Tempada 2017–18 | ||||
Presidente | Constantino Fernández | |||
---|---|---|---|---|
Adestrador | Pepe Mel (ata o 24 de outubro) Cristóbal Parralo (desde o 24 de outubro ao 4 de febreiro) Clarence Seedorf (desde o 5 de febreiro) | |||
Estadio | Riazor | |||
Primeira división | 18.º | |||
Copa do Rei | 1/16 de final | |||
Goleador | Adrián López (9 goles) | |||
| ||||
|
Resumo da tempada
editarXuño
editarO 6 de xuño o club anunciou os primeiros oito encontros da pretemporada, que arrincará o 5 de xullo.[1]
O 8 de xuño foi anunciado o cartel da 72.ª edición do Trofeo Teresa Herrera, no que o 5 de agosto enfrontaranse o Deportivo e o West Bromwich Albion inglés na categoría masculina e o Deportivo Abanca e o Athletic Club EFT na categoría feminina.[2]
O 15 de xuño coñeceuse que o exerceu a opción de compra sobre o xogador Guilherme dos Santos, polo que fará un desembolso próximo aos 5 millóns de euros, en varios prazos, ao Udinese Calcio, firmando un contrato por catro temporadas co club branquiazul.[3]
O 22 de xuño anunciouse a segunda incorporación do mercado, o centrocampista uruguaio Federico Valverde, cedido por unha tempada polo Real Madrid Castilla.[4]
O 26 de xuño coñeceuse que a empresa norteamericana Aramark explotará os ambigús de Riazor até o 2025, logo de que o club rescindira o contrato co anterior concesionario.[5]
O 27 de xuño coñeceuse que o gardameta Germán Lux non renovaba o seu contrato co Deportivo, e firmaba por tres anos co CA River Plate, logo de 6 tempadas como branquiazul.[6]
O 28 de xuño, en rolda de prensa conxunta, o presidente do Deportivo e Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, estreitaron lazos anunciando unha adenda no acordo que vincula a ambas entidades, firmado no ano 2000, pola cal regúlase a utilización do Estadio de Riazor, na que se inclúen distintos compromisos por parte de ambas entidades. Ademais, o Concello da Coruña convértese en colaborador do club e asume definitivamente a reforma da cuberta do estadio. Pola contra, o Deportivo realizará a adecuación da fachada de Riazor e colaborará coas Escolas Deportivas Municipais, entre outros puntos.[7]
O 29 de xuño o club anunciou un acordo económico con Abanca, mediante o cal esta entidade concede 45.000.000 de euros ao club para liquidar a débeda privilexiada coa Axencia Tributaria. O convenio leva asociado un plan de tesouraría a 15 anos polo cal o Deportivo poderá afrontar con maior desafogo a carga financeira anual, proporcionándolle liquidez e permitíndolle elevar o seu tope salarial. Ademais, no acordo incluíuse un nome comercial para o estadio, que pasará a denominarse Estadio Abanca Riazor até 2025.[8][9]
Horas máis tarde anunciouse o traspaso do defensa arzuán Pablo Insua (que militara as dúas campañas anteriores cedido no CD Leganés) ao FC Schalke 04 alemán, nunha operación próxima aos 3.500.000 euros.[10][11]
O 30 de xuño o club lamentou o pasamento de Manuel Loureda, dianteiro coruñés do Deportivo nos anos 60 e 70.[12]
Xullo
editarO 1 de xullo o club anunciou a incorporación de dous xogadores galegos para o equipo filial, na súa volta a Segunda División B. Por unha banda, o retorno do centrocampista malpicán Manuel Romay, que militara no Deportivo B entre 2012 e 2014, e ultimamente xogador do CD Boiro; e por outro lado, o dianteiro lucense Uxío da Pena, procedente do CCD Cerceda.[13]
O 2 de xullo o club informou da incorporación de tres xogadores para o Deportivo B. Trátase do defensa castelán-leonés Diego Caballo (procedente do Valencia Mestalla), o mediocampista vasco Martín Bengoa (procedente do Bilbao Athletic) e o defensa tamén vasco Gaizka Martínez (procedente do Sestao River).[14]
O 4 de xullo o club anunciou a rescisión dos contratos do dianteiro catalán Oriol Riera e do defensa madrileño Laure Sanabria.[15][16]
O 7 de xullo anunciáronse tres novos xogadores para o filial: o defensa hispano-camerunés Steve One, o centrocampista valenciano Raúl González (ambos procedentes do RCD Mallorca B) e o dianteiro estremeño Luismi Redondo (procedente dos xuvenís do Valencia CF).[17]
O 10 de xullo o club deu a coñecer a nova denominación do equipo filial, que pasa a chamarse oficialmente Real Club Deportivo Fabril.[18]
O 11 de xullo o club anunciou a renovación do centrocampista coruñés Álex Bergantiños até 2019, así como a súa saída cedido por unha temporada ao Sporting de Gijón, en Segunda División.[19]
O 12 de xullo o club anunciou a fichaxe do defensa catalán Gerard Valentín, procedente do Gimnàstic de Tarragona, cun contrato por catro anos.[20][21] Minutos máis tarde, anunciouse unha nova cesión do centrocampista valenciano Carles Gil, procedente do Aston Villa F.C.[22]
O 14 de xullo anunciouse a fichaxe do centrocampista belga Zakaria Bakkali, cedido durante unha tempada polo Valencia CF.[23]
O 19 de xullo anunciouse que o centrocampista franco-marroquí Fayçal Fajr non continuaría no Deportivo,[24] firmando un día despois polo Getafe CF.[25]
O 21 de xullo o club anunciou a incorporación do defensa suízo Fabian Schär, procedente do TSG 1899 Hoffenheim alemán e cun contrato por 4 temporadas.[26] Estímase que a fichaxe alcanzou unha cantidade aproximada aos 2.000.000 de euros.[27]
Agosto
editarO 3 de agosto o club anunciou a saída do defensa oleirense Róber Pier, que marcha cedido novamente ao Levante UD por unha campaña, ademais de renovar por 3 anos o seu contrato co Deportivo.[28]
O 11 de agosto anunciouse a fichaxe do dianteiro asturiano Adrián López (xogador do Deportivo entre 2006 e 2011), cedido polo FC Porto durante unha campaña con opción de compra.[29]
O 22 de agosto o centrocampista coruñés Juan Domínguez anunciou en rolda de prensa a súa rescisión de contrato co Deportivo, logo de 13 anos como xogador nas distintas categorías da entidade. O seu próximo destino será o Reus Deportiu de Segunda División.[30]
O 31 de agosto o club anunciou o retorno do dianteiro coruñés Lucas Pérez, cedido por unha temporada sen opción de compra polo Arsenal F.C.[31] A operación pechouse por preto de dous millóns e medio de euros.[32]
Setembro
editarO 1 de setembro anunciouse a fichaxe do gardameta romanés Costel Pantilimon, cedido durante unha campaña polo Watford F.C.[33] Minutos antes deuse a coñecer tamén a contratación do dianteiro burelao Luis Fernández, que rescindira co club un ano atrás, e que xogará no Deportivo Fabril cun contrato por unha temporada.[34]
O 8 de setembro o club lamentou o pasamento do dianteiro pobrense Juan López "O Negro", xogador do Deportivo nos anos 1950, ocorrido o día anterior.[35]
O 15 de setembro o club lamentou o pasamento do defensa ferrolán Juan Fontela, xogador do cadro coruñés na tempada 1948–49, ocorrido o día anterior.[36]
O 20 de setembro o club lamentou o pasamento do centrocampista marinense Tucho de la Torre, que fora xogador branquiazul na tempada 1963–64 en Segunda División, acontecido uns días antes.[37]
O 29 de setembro anunciouse a incorporación do dianteiro panameño Ismael Díaz para o Deportivo Fabril, pocedente do FC Porto B.[38]
Outubro
editarO 3 de outubro o conselleiro da área deportiva Fernando Vidal presentou a súa dimisión como membro do consello de administración.[39]
O 9 de outubro anunciouse a renovación do lateral portugués Luisinho Correia, ampliando o seu contrato até xuño de 2020.[40]
O 10 de outubro o club anunciou que superou a barreira dos 27.000 socios.[41]
O 15 de outubro debutou co primeiro equipo o porteiro nixeriano do filial, Francis Uzoho, de tan só 18 anos de idade; sendo o porteiro máis novo en debutar en Primeira División.[42] Foi nun empate a domicilio fronte o SD Eibar (0–0), con polémica polos supostos cacheos excesivos aos seareiros do Deportivo na súa entrada ao estadio de Ipurua.[43]
O 24 de outubro o club rescindiu o contrato de adestrador, Pepe Mel, debido aos malos resultados (2 vitorias, 2 empates e 5 derrotas).[44] Horas máis tarde anunciouse que o adestrador do filial, Cristóbal Parralo, faríase cargo do equipo até o final da tempada.[45]
Novembro
editarO 7 de novembro anunciouse a contratación do ex-porteiro deportivista Gustavo Munúa como adestrador do Deportivo Fabril, até o remate da tempada.[46]
Decembro
editarO 8 de decembro o club anunciou o traspaso do defensa Alejandro Arribas, que xogará no Club Universidad Nacional (Pumas de la UNAM) mexicano.[47] Arribas firmou por dúas tempadas e media e o traspaso estimouse en millón e medio de euros.[48]
Xaneiro
editarO 2 de xaneiro o club anunciou o cesamento, de mutuo acordo, do director deportivo Richard Barral, tras dúas campañas e media.[49]
O 8 de xaneiro anunciouse a saída do defensa cántabro Saúl García, que marcha cedido ao CD Numancia, de Segunda División, até o final da temporada.[50]
O 21 de xaneiro debutou co primeiro equipo en liga o defensa hispano-camerunés do filial Steve Aldo One, nunha avultada derrota fronte o Real Madrid no estadio Santiago Bernabéu (1–7).[51]
O 22 de xaneiro o club anunciou a incorporación do gardameta ucraíno Maksym Koval, cedido polo FK Dynamo Kyiv.[52] Minutos máis tarde anunciouse a chegada do defensa español Eneko Bóveda, logo de desvincularse do Athletic Club.[53]
O 29 de xaneiro anunciouse a terceira incorporación do mercado invernal. O mediocampista danés Michael Krohn-Dehli, logo de desvincularse do Sevilla FC, firmou até xuño de 2019 polo conxunto coruñés.[54]
O 31 de xaneiro o club anunciou a rescisión do contrato de Costel Pantilimon (que marcha ao Nottingham Forest F.C.)[55][56] Horas máis tarde sumouse a rescisión do contrato de Bruno Gama.[57] Días máis tarde anunciouse a súa incorporación ao AD Alcorcón, de Segunda División, até o remate da temporada.[58]
Febreiro
editarO 4 de febreiro foi cesado o adestrador Cristóbal Parralo, logo de 2 vitorias, 3 empates e 7 derrotas, co equipo en posicións de descenso a Segunda División.[59] Un día máis tarde foi presentado o seu substituto, o neerlandés Clarence Seedorf, cun contrato até o remate desta tempada.[60]
O 8 de febreiro o club anunciou a incorporación aos adestramentos, en calidade de proba, ao mediocampista ghanés Sulley Muntari, actualmente sen equipo.[61] Finalmente, o 22 de febreiro o club anunciou a fichaxe do xogador, até o remate da tempada.[62] O seu debut produciuse un día despois, na xornada 25, nun empate en Riazor fronte o RCD Espanyol (0–0), converténdose no primeiro xogador ghanés en vestir a camisola do equipo coruñés.[63]
Marzo
editarO 16 de marzo publicouse que o Tribunal Supremo ratificou a pena dun millón de euros imposta ao Deportivo como indeminización ao Real Valladolid pola firma do contrato en 2014 de Saúl García, que anteriormente se comprometera co club pucelano.[64]
Abril
editarO 22 de abril o Deportivo feminino rematou o campionato como segundo clasificado con 73 puntos, detrás do Real Oviedo Femenino, que xogará a fase de ascenso para a Primeira División feminina.[65]
O 25 de abril o club anunciou que o expresidente Augusto César Lendoiro recibira a alta hospitalaria logo de corenta días ingresado no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña tras ser operado de urxencia dunha obstrución nunha válvula do corazón.[66] Horas máis tarde anunciose que o club substituirá o sistema de iluminación do estadio de Riazor, facendo un investimento de 1,7 millóns de euros. O proxecto iniciarase unha vez remate a tempada, co inicio das obras de substitución das cubertas do estadio.[67]
O 29 de abril, tras perder en Riazor fronte o FC Barcelona (2–4), o equipo certificou o seu descenso a Segunda División a falta de tres xornada por disputar.[68]
Maio
editarO 8 de maio o club presentou o novo director deportivo, Carmelo del Pozo, para as tres próximas tempadas, logo de desvincularse do Levante UD.[69][70]
O 12 de maio debutou co primeiro equipo o defensa rioxano Mujaid Sadick, xogador xuvenil e eventualmente no filial, nunha derrota en Riazor fronte o Villarreal CF (2–4).[71]
O 22 de maio o club anunciou que Clarence Seedorf non renovará á fronte do banquiño branquiazul, logo do descenso a Segunda División.[72]
Material deportivo
editarO equipamento do Deportivo foi proporcionado por Macron e os patrocinadores foron Estrella Galicia, Abanca e Luckia.
Persoal
editarCorpo técnico
editarCargo | Nome |
---|---|
Adestrador | Clarence Seedorf |
2.º adestrador | Valerio Fiori |
Prep. físicos | Julio Hernando |
José Ángel Franganillo | |
Ad. porteiros | Manu Sotelo |
Consello de administración
editarCargo | Nome |
---|---|
Presidente | Constantino Fernández |
Área institucional | Daniel Ramos |
Área deportiva | |
Área económica | Enrique Calvete |
Área comercial | Juan José Jaén |
Área social | Martín Pita |
- Última actualización: 5 de febreiro de 2018
- Fonte: Corpo técnico, Consello de administración
Mercado de fichaxes
editarAltas
editarData | Pos. | Nome | Procedencia | Prezo |
---|---|---|---|---|
15 de xuño de 2017 | MED | Guilherme dos Santos | Udinese | 5.000.000 € |
22 de xuño de 2017 | MED | Federico Valverde | Real Madrid | Cesión |
12 de xullo de 2017 | DEF | Gerard Valentín | Gimnàstic de Tarragona | 600.000 € |
MED | Carles Gil | Aston Villa | Cesión | |
14 de xullo de 2017 | MED | Zakaria Bakkali | Valencia | Cesión |
21 de xullo de 2017 | DEF | Fabian Schär | 1899 Hoffenheim | 2.000.000 € |
11 de agosto de 2017 | DIA | Adrián López | Porto | Cesión |
31 de agosto de 2017 | DIA | Lucas Pérez | Arsenal | Cesión |
1 de setembro de 2017 | POR | Costel Pantilimon | Watford | Cesión |
22 de xaneiro de 2018 | POR | Maksym Koval | Dynamo Kyiv | Cesión |
DEF | Eneko Bóveda | Athletic Club | Libre | |
29 de xaneiro de 2018 | MED | Michael Krohn-Dehli | Sevilla | Libre |
22 de febreiro de 2018 | MED | Sulley Muntari | Axente libre | Libre |
Baixas
editarData | Pos. | Nome | Destino | Prezo |
---|---|---|---|---|
27 de xuño de 2017 | POR | Germán Lux | River Plate | Libre |
29 de xuño de 2017 | DEF | Pablo Insua | Schalke 04 | 3.500.000 € |
4 de xullo de 2017 | DIA | Oriol Riera | Western Sydney | Libre |
DEF | Laure Sanabria | Alcorcón | Libre | |
11 de xullo de 2017 | MED | Álex Bergantiños | Sporting de Gijón | Cesión |
19 de xullo de 2017 | MED | Fayçal Fajr | Getafe | Libre |
3 de agosto de 2017 | DEF | Róber Pier | Levante | Cesión |
22 de agosto de 2017 | MED | Juan Domínguez | Reus | Libre |
8 de decembro de 2017 | DEF | Alejandro Arribas | Pumas de la UNAM | 1.500.000 € |
8 de xaneiro de 2018 | DEF | Saúl García | Numancia | Cesión |
31 de xaneiro de 2018 | POR | Costel Pantilimon | Nottingham Forest | Fin cesión |
MED | Bruno Gama | Axente libre | Libre |
Xogadores
editarNo. | Pos. | Nac. | Nome | Liga | Copa | Total | Disciplina | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Apps | Goles | Apps | Goles | Apps | Goles | |||||||
1 | POR | Przemysław Tytoń | 2 | 0 | 1 | 0 | 3 | 0 | ||||
2 | DEF | Juanfran Moreno | 35 | 0 | 1 | 0 | 36 | 0 | 1 | 1 | ||
3 | DEF | Fernando Navarro | 15 | 0 | 1 | 0 | 16 | 0 | 5 | |||
4 | DEF | Eneko Bóveda | 8 | 0 | 0 | 0 | 8 | 0 | 2 | |||
5 | MED | Pedro Mosquera | 23 | 0 | 2 | 0 | 25 | 0 | 8 | |||
6 | DEF | Raúl Albentosa | 20 | 1 | 0 | 0 | 20 | 1 | 5 | |||
7 | DIA | Lucas Pérez | 35 | 8 | 2 | 1 | 37 | 9 | 3 | |||
8 | MED | Emre Çolak | 26 | 1 | 1 | 1 | 27 | 2 | 4 | |||
9 | MED | Federico Cartabia | 19 | 2 | 0 | 0 | 19 | 2 | 5 | |||
10 | DIA | Florin Andone | 29 | 7 | 1 | 0 | 30 | 7 | 6 | |||
11 | MED | Carles Gil | 10 | 0 | 1 | 0 | 11 | 0 | ||||
12 | DEF | Sidnei Rechel | 21 | 1 | 1 | 0 | 22 | 1 | 4 | |||
13 | POR | Rubén Martínez | 28 | 0 | 0 | 0 | 28 | 0 | 3 | |||
14 | MED | Michael Krohn-Dehli | 11 | 0 | 0 | 0 | 11 | 0 | 2 | |||
15 | DIA | Adrián López | 30 | 9 | 1 | 0 | 31 | 9 | 1 | |||
16 | DEF | Luisinho Correia | 30 | 1 | 0 | 0 | 30 | 1 | 12 | |||
17 | MED | Federico Valverde | 24 | 0 | 1 | 0 | 25 | 0 | 1 | |||
18 | MED | Zakaria Bakkali | 23 | 0 | 1 | 0 | 24 | 0 | 5 | |||
19 | DIA | Borja Valle | 17 | 3 | 1 | 2 | 18 | 5 | 1 | |||
20 | MED | Guilherme dos Santos | 31 | 0 | 2 | 0 | 33 | 0 | 12 | |||
21 | MED | Sulley Muntari | 8 | 0 | 0 | 0 | 8 | 0 | 3 | |||
22 | MED | Celso Borges | 32 | 3 | 0 | 0 | 32 | 3 | 4 | 1 | ||
23 | DEF | Gerard Valentín | 3 | 0 | 2 | 0 | 5 | 0 | 1 | |||
24 | DEF | Fabian Schär | 25 | 2 | 2 | 0 | 27 | 2 | 10 | |||
25 | POR | Maksym Koval | 2 | 0 | 0 | 0 | 2 | 0 | 1 | |||
26 | POR | Francis Uzoho | 2 | 0 | 0 | 0 | 2 | 0 | ||||
27 | MED | Eduardo Expósito | 3 | 0 | 2 | 0 | 5 | 0 | 2 | |||
28 | MED | Óscar Pinchi | 0 | 0 | 1 | 0 | 1 | 0 | ||||
33 | DEF | Esteve Aldo One | 1 | 0 | 1 | 0 | 2 | 0 | ||||
34 | DEF | Mujaid Sadick | 2 | 0 | 0 | 0 | 2 | 0 |
Deixaron o equipo
editarNo. | Pos. | Nac. | Nome | Liga | Copa | Total | Disciplina | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Apps | Goles | Apps | Goles | Apps | Goles | |||||||
14 | DEF | Alejandro Arribas | 3 | 0 | 0 | 0 | 3 | 0 | ||||
4 | DEF | Saúl García | 0 | 0 | 1 | 0 | 1 | 0 | ||||
25 | POR | Costel Pantilimon | 6 | 0 | 1 | 0 | 7 | 0 | ||||
21 | MED | Bruno Gama | 6 | 0 | 1 | 0 | 7 | 0 | 1 |
Clasificación
editarPos |
Equipo |
X |
G |
E |
P |
GF |
GC |
DG |
Pts |
Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Barcelona (C) | 38 | 28 | 9 | 1 | 99 | 29 | +70 | 93 | Clasificación para a fase de grupos da UEFA Champions League |
2 | Atlético de Madrid | 38 | 23 | 10 | 5 | 58 | 22 | +36 | 79 | |
3 | Real Madrid | 38 | 22 | 10 | 6 | 94 | 44 | +50 | 76 | |
4 | Valencia | 38 | 22 | 7 | 9 | 65 | 38 | +27 | 73 | |
5 | Villarreal | 38 | 18 | 7 | 13 | 57 | 50 | +7 | 61 | Clasificación para a fase de grupos da UEFA Europa League |
6 | Real Betis | 38 | 18 | 6 | 14 | 60 | 61 | −1 | 60 | |
7 | Sevilla | 38 | 17 | 7 | 14 | 49 | 58 | −9 | 58 | Clasificación para a rolda previa da UEFA Europa League |
8 | Getafe | 38 | 15 | 10 | 13 | 42 | 33 | +9 | 55 | |
9 | Eibar | 38 | 14 | 9 | 15 | 44 | 50 | −6 | 51 | |
10 | Girona | 38 | 14 | 9 | 15 | 50 | 59 | −9 | 51 | |
11 | Espanyol | 38 | 12 | 13 | 13 | 36 | 42 | −6 | 49 | |
12 | Real Sociedad | 38 | 14 | 7 | 17 | 66 | 59 | +7 | 49 | |
13 | Celta de Vigo | 38 | 13 | 10 | 15 | 59 | 60 | −1 | 49 | |
14 | Alavés | 38 | 15 | 2 | 21 | 40 | 50 | −10 | 47 | |
15 | Levante | 38 | 11 | 13 | 14 | 44 | 58 | −14 | 46 | |
16 | Athletic Club | 38 | 10 | 13 | 15 | 41 | 49 | −8 | 43 | |
17 | Leganés | 38 | 12 | 7 | 19 | 34 | 51 | −17 | 43 | |
18 | Deportivo da Coruña (D) | 38 | 6 | 11 | 21 | 38 | 76 | −38 | 29 | Descenso a Segunda División |
19 | Las Palmas (D) | 38 | 5 | 7 | 26 | 24 | 74 | −50 | 22 | |
20 | Málaga (D) | 38 | 5 | 5 | 28 | 24 | 61 | −37 | 20 |
Partidos
editarVitoria Empate Derrota Aprazado
Pretempada e amigables
editarAmigable 13 de xullo de 2017 | Racing Vilalbés | 0 – 2 | Deportivo | Vilalba, Galicia | ||
19:30 CEST | Informe | Pinchi 20' B. Gama 52' |
Estadio: A Magdalena Asistencia: 2.000 Árbitro: López Fernández | |||
Amigable 14 de xullo de 2017 | Arousa | 0 – 7 | Deportivo | Vilagarcía de Arousa, Galicia | ||
19:30 CEST | Informe | Pinchi 15' Aarón 31' Arribas 51' 69' Borges 53' B. Gama 56' 79' |
Estadio: A Lomba Árbitro: Pastoriza Iglesias | |||
Amigable 15 de xullo de 2017 | Silva | 0 – 5 | Deportivo | A Coruña, Galicia | ||
Informe | Pinchi 29' Andone 32' Pedro 73' 89' Borges 85' |
Estadio: Universitario de Elviña Asistencia: 1.500 Árbitro: Cives Enjo | ||||
Amigable 18 de xullo de 2017 | Cerceda | 0 – 1 | Deportivo | Cerceda, Galicia | ||
Informe | Bicho 46' | Estadio: O Roxo | ||||
Amigable 20 de xullo de 2017 | Somozas | 1 – 6 | Deportivo | As Somozas, Galicia | ||
Jacobo 29' | Informe | Albentosa 2' Luisinho 15' Valverde 28' Borges 38' Andone 70' Gil 86' |
Estadio: Manuel Candocia Árbitro: González Franco | |||
Amigable 22 de xullo de 2017 | Bergantiños | 1 – 6 | Deportivo | Carballo, Galicia | ||
R. Rivera 42' | Informe | B. Gama 14' Andone 44' B. Valle 68' Arribas 79' Çolak 80' Bakkali 84' |
Estadio: As Eiroas Asistencia: 1.300 Árbitro: Méndez Castro | |||
Amigable 25 de xullo de 2017 | Pontevedra | 0 – 5 | Deportivo | Pontevedra, Galicia | ||
Informe | Cartabia 10' Bakkali 35' 53' B. Valle 78' B. Gama 81' |
Estadio: Pasarón Asistencia: 4.500 Árbitro: Fernández Rodríguez | ||||
Amigable 27 de xullo de 2017 | Racing de Ferrol | 1 – 4 | Deportivo | Ferrol, Galicia | ||
20:00 CEST | F. Sota 14' | Informe | Çolak 9' 33' Da Lama 82' (p.p.) Juanfran 88' |
Estadio: A Malata Árbitro: Martínez Santos | ||
Amigable 30 de xullo de 2017 | Porto | 4 – 0 | Deportivo | Porto, Portugal | ||
19:30 WEST (UTC+1) | Aboubakar 13' 42' Corona 54' Marega 86' |
Informe | Estadio: Estádio do Dragão Asistencia: 47.609[73] Árbitro: Fábio Veríssimo / Jorge Sousa | |||
Amigable 3 de agosto de 2017 | Oviedo | 0 – 0 | Deportivo | Oviedo, España | ||
20:30 CEST | Informe | Estadio: Carlos Tartiere Asistencia: 5.000 Árbitro: Areces Franco | ||||
T. Herrera 5 de agosto de 2017 | Deportivo | 2 – 0 | West Bromwich Albion | A Coruña, Galicia | ||
20:30 CEST | B. Gama 71' B. Valle 86' |
Informe | Estadio: Riazor Asistencia: 13.197[74] Árbitro: Álvarez Izquierdo | |||
T. Teide 12 de agosto de 2017 | Tenerife | 0 – 3 | Deportivo | La Orotava, España | ||
21:30 CEST | Informe | Andone 26' Cartabia 34' Borges 58' (pen.) |
Estadio: Los Cuartos Árbitro: Huerta de Aza | |||
M. Rivera 5 de outubro de 2017 | Deportivo | 7 – 0 | Corinthians | A Coruña, Galicia | ||
20:00 CEST | Pinchi 4' Albentosa 49' 84' B. Valle 57' 67' Expósito 58' Luisinho 73' |
Informe | Estadio: Riazor Árbitro: Eiriz Mata | |||
Primeira División
editar- Artigo principal: Primeira división española 2017/18.
1 20 de agosto de 2017 | Deportivo | 0 – 3 | Real Madrid | A Coruña | ||
22:15 CEST | Bakkali 23' Schär 52' Cartabia 59' Mosquera 83' Andone 86' |
Informe | Bale 20' Casemiro 26' Ramos 52', 89' Modrić 56' Kroos 61' |
Estadio: Riazor Asistencia: 27.801[75] Árbitro: González González | ||
2 26 de agosto de 2017 | Levante | 2 – 2 | Deportivo | Valencia | ||
20:15 CEST | Bardhi 34' Morales 65', 75' Ivi 83' |
Informe | Cartabia 4' 56' Luisinho 10' Sidnei 30' |
Estadio: Ciutat de València Árbitro: Alberola Rojas | ||
3 10 de setembro de 2017 | Deportivo | 2 – 4 | Real Sociedad | A Coruña | ||
12:00 CEST | Adrián 27' Guilherme 47' Andone 50' |
Informe | Juanmi 3' 44' Illarramendi 4' 86' K. Rodrigus 53' Odriozola 80' D. Llorente 83' |
Estadio: Riazor Asistencia: 21.942[76] Árbitro: Munuera Montero | ||
4 16 de setembro de 2017 | Betis | 2 – 1 | Deportivo | Sevilla | ||
18:30 CEST | Joaquín 14' 75' Durmisi 47' Adán 89' |
Informe | Cartabia 23' Guilherme 26' Navarro 59' Luisinho 77' |
Estadio: Benito Villamarín Asistencia: 46.174[77] Árbitro: Undiano Mallenco | ||
5 20 de setembro de 2017 | Deportivo | 1 – 0 | Alavés | A Coruña | ||
21:00 CEST | Luisinho 44' | Informe | Vigaray 49' Maripán 61' |
Estadio: Riazor Asistencia: 18.612[78] Árbitro: Medie Jiménez | ||
6 24 de setembro de 2017 | Espanyol | 4 – 1 | Deportivo | Cornellà-El Prat (Barcelona) | ||
12:00 CEST | L. Baptistão 5' Arribas 14' (p.p.) Gerard 71' 89' V. Sánchez 74' |
Informe | Luisinho 19' Borges 52' B. Gama 90' |
Estadio: RCDE Stadium Árbitro: De Burgos Bengoetxea | ||
7 30 de setembro de 2017 | Deportivo | 2 – 1 | Getafe | A Coruña | ||
13:00 CEST | Luisinho 26' Schär 63' Lucas 65' Juanfran 82' Andone 86' 86' Bakkali 88' Guilherme 89' |
Informe | D. Suárez 32' Amath 53' J. Molina 61' Bergara 68' |
Estadio: Riazor Asistencia: 19.476[79] Árbitro: Estrada Fernández | ||
8 15 de outubro de 2017 | Eibar | 0 – 0 | Deportivo | Eibar (Guipúscoa) | ||
12:00 CEST | Arbilla 38' D. García 56' |
Informe | Çolak 56' Borges 79' |
Estadio: Ipurua Árbitro: Jaime Latre | ||
9 23 de outubro de 2017 | Deportivo | 1 – 2 | Girona | A Coruña | ||
21:00 CEST | Albentosa 24' Lucas 50' Cartabia 75' Guilherme 83' |
Informe | Benítez 24' 69' Pons 27' Ramalho 50' Granell 65' Portu 71' Mojica 80' A. García 89' Douglas 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 17.584[80] Árbitro: Gil Manzano | ||
10 30 de outubro de 2017 | Las Palmas | 1 – 3 | Deportivo | As Palmas | ||
21:00 CET | Rémy 8' Michel 44' |
Informe | Borges 36' 54' Lucas 69' (pen.) Juanfran 89' |
Estadio: Gran Canaria Árbitro: Del Cerro Grande | ||
11 4 de novembro de 2017 | Deportivo | 0 – 1 | Atlético de Madrid | A Coruña | ||
16:15 CET | Juanfran 76' Luisinho 77' Andone 83' Sidnei 89' |
Informe | Griezmann 8' Savić 20' Thomas 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 22.807[81] Árbitro: Álvarez Izquierdo | ||
12 19 de novembro de 2017 | Málaga | 3 – 2 | Deportivo | Málaga | ||
12:00 CET | Rosales 15' Peñaranda 32' Juanpi 63' J. Carlos 89' |
Informe | Lucas 23' Guilherme 32' Schär 52' Navarro 55' Bakkali 64' Luisinho 86' Çolak 89' |
Estadio: La Rosaleda Árbitro: Martínez Munuera | ||
13 26 de novembro de 2017 | Deportivo | 2 – 2 | Athletic Club | A Coruña | ||
12:00 CET | Adrián 34' Mosquera 39' Cartabia 44' Expósito 67' Schär 75' Albentosa 86' |
Informe | Susaeta 15' Williams 59' Laporte 70' |
Estadio: Riazor Asistencia: 20.879[82] Árbitro: González González | ||
14 2 de decembro de 2017 | Sevilla | 2 – 0 | Deportivo | Sevilla | ||
18:30 CET | Escudero 38' Ben Yedder 44' Krohn-Dehli 78' |
Informe | Cartabia 30' Sidnei 73' Lucas 85' |
Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán Árbitro: Sánchez Martínez | ||
15 9 de decembro de 2017 | Deportivo | 1 – 0 | Leganés | A Coruña | ||
18:30 CET | Adrián 23' Schär 26' Borges 47' Guilherme 52' Navarro 89' |
Informe | Rubén P. 38' Gumbau 61' Beauvue 88' Gabriel 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 18.447[83] Árbitro: Melero López | ||
16 17 de decembro de 2017 | Barcelona | 4 – 0 | Deportivo | Barcelona | ||
20:45 CET | L. Suárez 28' 46' Paulinho 40' 74' |
Informe | Schär 31' | Estadio: Camp Nou Árbitro: Mateu Lahoz | ||
17 23 de decembro de 2017 | Deportivo | 1 – 3 | Celta de Vigo | A Coruña | ||
18:30 CET | Borges 43' Schär 48' Andone 59' |
Informe | Wass 4' Aspas 40' 54' Rubén 61' Mallo 88' |
Estadio: Riazor Asistencia: 27.924[84] Árbitro: Undiano Mallenco | ||
18 7 de xaneiro de 2018 | Villarreal | 1 – 1 | Deportivo | Vila-real (Castelló) | ||
18:30 CET | V. Ruiz 28' Ünal 29' Álvaro 53' Mario 77' Bacca 77' |
Informe | Guilherme 59' Luisinho 71' Sidnei 77' Andone 83' |
Estadio: Estadio de la Cerámica Árbitro: Medie Jiménez | ||
19 13 de xaneiro de 2018 | Deportivo | 1 – 2 | Valencia | A Coruña | ||
20:45 CET | Mosquera 50' Andone 87' |
Informe | Guedes 37' Rodrigo 63' Parejo 63' Gayà 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 19.096[85] Árbitro: Alberola Rojas | ||
20 21 de xaneiro de 2018 | Real Madrid | 7 – 1 | Deportivo | Madrid | ||
16:15 CET | Nacho 31' 88' Bale 41' 58' Modrić 67' Ronaldo 77' 83' |
Informe | Adrián 22' Andone 37' Lucas 55' |
Estadio: Santiago Bernabéu Árbitro: Fernández Borbalán | ||
21 27 de xaneiro de 2018 | Deportivo | 2 – 2 | Levante | A Coruña | ||
13:00 CET | Borges 3', 33' Luisinho 16' Adrián 19' Andone 44' 85' Guilherme 71' Rubén 87' Schär 88' |
Informe | Jefferson 29' Doukouré 35' Chema 48' Campaña 56' Roger 60' Ivi 79' 84' |
Estadio: Riazor Asistencia: 20.151[86] Árbitro: González Fuertes | ||
22 2 de febreiro de 2018 | Real Sociedad | 5 – 0 | Deportivo | Donostia | ||
21:00 CET | W. José 32' Illarramendi 62' 89' Canales 75' Elustondo 83' |
Informe | Schär 25' | Estadio: Anoeta Árbitro: Undiano Mallenco | ||
23 12 de febreiro de 2018 | Deportivo | 0 – 1 | Betis | A Coruña | ||
21:00 CET | Bakkali 44' Albentosa 65' |
Informe | Loren 64' | Estadio: Riazor Asistencia: 20.690[87] Árbitro: Del Cerro Grande | ||
24 17 de febreiro de 2018 | Alavés | 1 – 0 | Deportivo | Vitoria-Gasteiz | ||
18:30 CET | Munir 60' 86' Sobrino 89' |
Informe | Krohn-Dehli 36' Bakkali 67' Luisinho 80' |
Estadio: Mendizorrotza Árbitro: Melero López | ||
25 23 de febreiro de 2018 | Deportivo | 0 – 0 | Espanyol | A Coruña | ||
21:00 CET | Andone 17' Mosquera 33' Schär 60' Cartabia 61' Bóveda 83' |
Informe | V. Sánchez 42' | Estadio: Riazor Asistencia: 18.139[88] Árbitro: Fernández Borbalán | ||
26 28 de febreiro de 2018 | Getafe | 3 – 0 | Deportivo | Xetafe (Madrid) | ||
19:30 CET | Mora 25' Ángel 40' Bóveda 44' (p.p.) 87' Amath 49' Molina 81' |
Informe | Luisinho 19' Krohn-Dehli 34' Mosquera 56' |
Estadio: Coliseum Alfonso Pérez Árbitro: Munuera Montero | ||
27 3 de marzo de 2018 | Deportivo | 1 – 1 | Eibar | A Coruña | ||
18:30 CET | Andone 33' Koval 39' Sidnei 88' |
Informe | Inui 10' Peña 64' J. Ángel 77' |
Estadio: Riazor Asistencia: 19.427[89] Árbitro: Jaime Latre | ||
28 9 de marzo de 2018 | Girona | 2 – 0 | Deportivo | Girona | ||
21:00 CET | Stuani 20' Juanpe 57' Pons 65' |
Informe | Muntari 44' Navarro 56' Albentosa 76' Mosquera 79' |
Estadio: Montilivi Árbitro: Undiano Mallenco | ||
29 17 de marzo de 2018 | Deportivo | 1 – 1 | Las Palmas | A Coruña | ||
13:00 CET | Albentosa 22' Navarro 27' Muntari 47' Guilherme 84' |
Informe | Halilović 3' Momo 19' Castellano 53' Simón 64' |
Estadio: Riazor Asistencia: 18.942[90] Árbitro: Martínez Munuera | ||
30 1 de abril de 2018 | Atlético de Madrid | 1 – 0 | Deportivo | Madrid | ||
20:45 CET | C. Isaac 28' Gameiro 33' (pen.) D. Costa 69' |
Informe | Luisinho 12' Lucas 32' Mosquera 89' |
Estadio: Wanda Metropolitano Árbitro: Trujillo Suárez | ||
31 6 de abril de 2018 | Deportivo | 3 – 2 | Málaga | A Coruña | ||
21:00 CEST | Lucas 6' (pen.) Muntari 33' Çolak 50' Adrián 70' 85' Rubén 88' |
Informe | I. Miquel 16' Guilherme 41' (p.p.) 48' Hernández 43' Torres 52' Rolán 73' |
Estadio: Riazor Asistencia: 17.058[91] Árbitro: Mateu Lahoz | ||
32 14 de abril de 2018 | Athletic Club | 2 – 3 | Deportivo | Bilbao | ||
20:45 CEST | R. García 47' 61' Susaeta 72' Yeray 89' |
Informe | Adrián 6' 14' B. Valle 53' Rubén 78' |
Estadio: San Mamés Árbitro: González González | ||
33 17 de abril de 2018 | Deportivo | 0 – 0 | Sevilla | A Coruña | ||
19:30 CEST | Informe | Banega 10' Layún 74' |
Estadio: Riazor Asistencia: 24.652[92] Árbitro: Medie Jiménez | |||
34 20 de abril de 2018 | Leganés | 0 – 0 | Deportivo | Leganés (Madrid) | ||
21:00 CEST | Informe | Çolak 27' Adrián 89' |
Estadio: Butarque Árbitro: Álvarez Izquierdo | |||
35 29 de abril de 2018 | Deportivo | 2 – 4 | Barcelona | A Coruña | ||
20:45 CEST | Schär 20' Lucas 40' Çolak 63' |
Informe | Coutinho 7' Messi 37' 81' 85' Semedo 57' |
Estadio: Riazor Asistencia: 25.786[93] Árbitro: De Burgos Bengoetxea | ||
36 5 de maio de 2018 | Celta de Vigo | 1 – 1 | Deportivo | Vigo | ||
18:30 CEST | M. Gómez 13' 54' H. Mallo 56' Boyé 66' Sisto 71' |
Informe | Luisinho 6' Schär 56' Lucas 89' |
Estadio: Balaídos Asistencia: 20.816[94] Árbitro: Del Cerro Grande | ||
37 12 de maio de 2018 | Deportivo | 2 – 4 | Villarreal | A Coruña | ||
18:30 CEST | Guilherme 21' B. Valle 58' 61' 87' Albentosa 74' |
Informe | Castillejo 2' 45' Trigueros 31' Cheryshev 89' |
Estadio: Riazor Asistencia: 12.885[95] Árbitro: Hernández Hernández | ||
38 20 de maio de 2018 | Valencia | 2 – 1 | Deportivo | Valencia | ||
12:00 CEST | Zaza 27' Guedes 77' |
Informe | Lucas 80' | Estadio: Mestalla Árbitro: Medie Jiménez | ||
Copa do Rei
editar- Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2017/18.
1/16 de final
editarIda 26 de outubro de 2016 | Deportivo | 1 – 4 | Las Palmas | A Coruña | ||
20:30 CEST | Expósito 8' Juanfran 23', 24' Guilherme 38' Lucas 58' |
Informe | J. Viera 5' Momo 7' 16' Tana 32' D. Simón 48' Calleri 80' 88' |
Estadio: Riazor Asistencia: 12.105[96] Árbitro: Mateu Lahoz | ||
Volta 29 de novembro de 2017 | Las Palmas | 2 – 3 | Deportivo | As Palmas | ||
21:30 CET | V. Gómez 31' Samper 51' Toledo 58' Tannane 60' Rémy 89' |
Informe | Çolak 41' B. Valle 53' 80' Valentín 73' Mosquera 85' |
Estadio: Gran Canaria Árbitro: De Burgos Bengoetxea | ||
Notas
editar- ↑ "O Dépor confirma oito partidos dunha pretemporada que arrancará o 5 de xullo". Deportivo da Coruña. 6 de xuño de 2017.
- ↑ "West Bromwich Albion e Athletic Club, rivais do Dépor no Teresa Herrera masculino e feminino 2017". Deportivo da Coruña. 8 de xuño de 2017.
- ↑ "El Dépor ata a Guilherme". Marca. 15 de xuño de 2017. (en castelán)
- ↑ "Fede Valverde, novo xogador do Deportivo para a Temporada 2017-2018". Deportivo da Coruña. 22 de xuño de 2017.
- ↑ "La multinacional Aramark explotará los ambigús de Riazor". La Voz de Galicia. 26 de xuño de 2017.
- ↑ "Germán Lux ficha por River Plate". Riazor.org. 27 de xuño de 2017. (en castelán)
- ↑ "RC Deportivo e Concello da Coruña estreitan os seus lazos de colaboración". Deportivo da Coruña. 28 de xuño de 2017.
- ↑ "ABANCA e o Dépor chegan a un acordo de refinanciamento da débeda e patrocinio do estadio". Deportivo da Coruña. 29 de xuño de 2017.
- ↑ "Nace ABANCA Riazor, el nuevo nombre del estadio coruñés". Marca. 29 de xuño de 2017. (en castelán)
- ↑ "Pablo Insua, traspasado ao Schalke 04". Deportivo da Coruña. 29 de xuño de 2017.
- ↑ "Insua se marcha al Schalke 04 a cambio de 3,5 millones de euros". Marca. 29 de xuño de 2017.
- ↑ "Loureda, un dos poucos futbolistas que defendeu ao Dépor durante toda a súa carreira, falece aos 75 anos de idade". Deportivo da Coruña. 30 de xuño de 2017.
- ↑ "Romay e Uxío, reforzos galegos para o Fabril de Segunda B". Deportivo da Coruña. 1 de xullo de 2017.
- ↑ "Diego Caballo, Martín Bengoa e Gaizka Martínez, tres novos reforzos para o Fabril 2017-2018". Deportivo da Coruña. 2 de xullo de 2017.
- ↑ "O Real Club Deportivo rescinde o contrato de Oriol Riera". Deportivo da Coruña. 4 de xullo de 2017.
- ↑ "O RC Deportivo e Laure acordan separar os seus camiños". Deportivo da Coruña. 4 de xullo de 2017.
- ↑ "O Fabril incorpora a tres novos futbolistas: One, Raúl e Luismi". Deportivo da Coruña. 7 de xullo de 2017.
- ↑ "O Dépor B volve chamarse oficialmente Fabril". Deportivo da Coruña. 10 de xullo de 2017.
- ↑ "O Deportivo e Álex amplían un ano a súa vinculación e acordan a cesión ao Sporting a próxima temporada". Deportivo da Coruña. 11 de xullo de 2017.
- ↑ "Gerard Valentin, novo xogador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 12 de xullo de 2017.
- ↑ "Gerard Valentín, tercer fichaje del Dépor". La Voz de Galicia. 12 de xullo de 2017.
- ↑ "Carles Gil, novo xogador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 12 de xullo de 2017.
- ↑ "Bakkali, novo xogador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 14 de xullo de 2017.
- ↑ "Fayçal Fajr se desvincula del Deportivo y jugará en el Getafe". As. 19 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2017. Consultado o 02 de setembro de 2017. (en castelán)
- ↑ "Fayçal Fajr llega al Getafe". Getafe CF. 20 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2017. Consultado o 02 de setembro de 2017. (en castelán)
- ↑ "Fabian Schär, novo xogador do Deportivo". Deportivo da Coruña. 21 de xullo de 2017.
- ↑ "El Dépor ficha a un central de calidad". La Voz de Galicia. 22 de xullo de 2017. (en castelán)
- ↑ "Róber xogará a Temporada 2017-2018 cedido no Levante UD". Deportivo da Coruña. 3 de agosto de 2017.
- ↑ "Adrián López, novo xogador do Deportivo para a Temporada 2017-2018". Deportivo da Coruña. 11 de agosto de 2017.
- ↑ "Juan Domínguez despediuse esta mañá "do Club da miña vida"". Deportivo da Coruña. 22 de agosto de 2017.
- ↑ "Lucas Pérez regresa ao Deportivo cedido polo Arsenal". Deportivo da Coruña. 31 de agosto de 2017.
- ↑ "Lucas Pérez vuelve al Deportivo". Marca. 31 de agosto de 2017.
- ↑ "Costel Pantilimon, novo porteiro do Dépor". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2017.
- ↑ "Luís Fernández xogará a Temporada 2017-2018 no Fabril". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2017.
- ↑ "Juan, o '9' do primeiro Dépor que gañou o Teresa Herrera, falece aos 87 anos". Deportivo da Coruña. 8 de setembro de 2017.
- ↑ "Fontela, futbolista do Dépor 1948-1949, faleceu aos 98 anos". Deportivo da Coruña. 15 de setembro de 2017.
- ↑ "Tucho de la Torre, xogador do Dépor 1963-1964, faleceu aos 78 anos". Deportivo da Coruña. 20 de setembro de 2017.
- ↑ "Ismael Díaz, novo reforzo para o Fabril". Deportivo da Coruña. 29 de setembro de 2017.
- ↑ "Fernando Vidal dimite como consejero". Marca. 3 de outubro de 2017. (en castelán)
- ↑ "Luisinho, branquiazul ata 2020". Deportivo da Coruña. 9 de outubro de 2017.
- ↑ "Xa somos 27.000!". Deportivo da Coruña. 10 de outubro de 2017.
- ↑ "El portero del Deportivo Francis Uzoho entra en la historia de LaLiga". Marca. 17 de outubro de 2017. (en castelán)
- ↑ "Polémica por el trato a los aficionados del Deportivo en Ipurua". El Diario Vasco. 18 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2017. (en castelán)
- ↑ "O Real Club Deportivo rescinde o contrato de Pepe Mel". Deportivo da Coruña. 24 de outubro de 2017.
- ↑ "Cristóbal, Manjarín e Luis Fandiño, novos responsables do primeiro equipo". Deportivo da Coruña. 24 de outubro de 2017.
- ↑ "Gustavo Munúa, novo adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 7 de novembro de 2017.
- ↑ "Acordo con Pumas e Arribas para o seu traspaso ao equipo da UNAM". Deportivo da Coruña. 8 de decembro de 2017.
- ↑ "Acuerdo entre Depor y Pumas para el traspaso de Arribas". Marca. 8 de decembro de 2017. (en castelán)
- ↑ "Richard Barral deixa de ser director deportivo do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Saúl García, cedido ao Numancia até final de temporada". Deportivo da Coruña. 8 de xaneiro de 2018.
- ↑ "El único jugador del Dépor que se fue feliz a casa pese al 7-1". ABC. 22 de xaneiro de 2018 (en castelán).
- ↑ "Maksym Koval, novo xogador do Deportivo". Deportivo da Coruña. 22 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Eneko Bóveda, novo xogador do Deportivo". Deportivo da Coruña. 22 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Michael Krohn-Dehli, novo xogador do Deportivo". Deportivo da Coruña. 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Dépor e Watford acordan a finalización da cesión de Costel Pantilimon". Deportivo da Coruña. 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Pantilimon recala en el Nottingham Forest tras salir del Deportivo". La Vanguardia. 31 de xaneiro de 2018 (en castelán).
- ↑ "O Real Club Deportivo rescinde o contrato de Bruno Gama". Deportivo da Coruña. 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ "El portugués Bruno Gama ficha por el Alcorcón hasta final de temporada". Marca. 17 de febreiro de 2018. (en castelán)
- ↑ "Cristóbal Parralo deixa de ser adestrador do primeiro equipo do Deportivo". Deportivo da Coruña. 4 de febreiro de 2018.
- ↑ "Clarence Seedorf, novo adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 5 de febreiro de 2018.
- ↑ "Muntari, a prueba con el Deportivo". Marca. 8 de febreiro de 2018. (en castelán)
- ↑ "Sulley Muntari, novo xogador do Deportivo". Deportivo da Coruña. 22 de febreiro de 2018.
- ↑ "Muntari debuta con el Deportivo tras casi un año en blanco". Marca. 24 de febreiro de 2018. (en castelán)
- ↑ "El Tribunal Supremo da la razón al Valladolid y el Deportivo tendrá que pagar por Saúl". Marca. 16 de marzo de 2018. (en castelán)
- ↑ "O Deportivo ABANCA queda a un paso do título e da Fase de Ascenso". Deportivo da Coruña. 22 de abril de 2018.
- ↑ "O expresidente Lendoiro recibe o alta hospitalaria". Deportivo da Coruña. 25 de abril de 2018.
- ↑ "O Deportivo investirá 1,7 millóns de euros na substitución da iluminación de ABANCA-RIAZOR". Deportivo da Coruña. 25 de abril de 2018.
- ↑ "Una Liga gracias a Valverde, Messi... y Neymar". Marca. 25 de abril de 2018. (en castelán)
- ↑ "Carmelo del Pozo, novo director deportivo do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 8 de maio de 2018.
- ↑ "Carmelo Del Pozo: "En Segunda, el entrenador es fundamental"". Marca. 8 de maio de 2018. (en castelán)
- ↑ "Mujaid, un debut del siglo XXI". eldesmarque.com. 12 de maio de 2018. (en castelán)
- ↑ "Clarence Seedorf non continuará á fronte do Deportivo a próxima temporada". Deportivo da Coruña. 22 de maio de 2018.
- ↑ "Demolidor e prometedor". FC Porto. 30 de xullo de 2017. (en portugués)
- ↑ "O Deportivo leva o Teresa Herrera ás súas vitrinas por 21ª vez (2-0)". Deportivo da Coruña. 5 de agosto de 2017.
- ↑ "O Dépor non pode coa contundencia do Real Madrid (0-3)". Deportivo da Coruña. 21 de agosto de 2017.
- ↑ "A Real leva os tres puntos da Coruña (2-4)". Deportivo da Coruña. 10 de setembro de 2017.
- ↑ "O Dépor déixase outros 3 puntos no Villamarín". Deportivo da Coruña. 16 de setembro de 2017.
- ↑ "Luisinho asina a primeira vitoria (1-0)". Deportivo da Coruña. 20 de setembro de 2017.
- ↑ "Tres puntos tan sufridos como merecidos (2-1)". Deportivo da Coruña. 30 de setembro de 2017.
- ↑ "Tres puntos que voan por milímetros (1-2)". Deportivo da Coruña. 23 de outubro de 2017.
- ↑ "Cruel e inmerecido castigo para o Dépor (0-1)". Deportivo da Coruña. 4 de novembro de 2017.
- ↑ "Empate nun Dépor-Athletic de 1X2 (2-2)". Deportivo da Coruña. 26 de novembro de 2017.
- ↑ "Adrián insufla osíxeno ao Dépor (1-0)". Deportivo da Coruña. 9 de decembro de 2017.
- ↑ "O Dépor déixase #ONOSODERBI ante a efectividade do Celta (1-3)". Deportivo da Coruña. 23 de decembro de 2017.
- ↑ "A pegada do Valencia castiga ao Dépor (1-2)". Deportivo da Coruña. 13 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Un punto insuficiente nun partido chave (2-2)". Deportivo da Coruña. 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Os postes amargan o debut de Seedorf (0-1)". Deportivo da Coruña. 12 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Riazor recupera o orgullo (0-0)". Deportivo da Coruña. 23 de febreiro de 2018.
- ↑ "O Dépor volve tropezar coa mesma pedra (1-1)". Deportivo da Coruña. 3 de marzo de 2018.
- ↑ "Albentosa rescata un punto insuficiente (1-1)". Deportivo da Coruña. 17 de marzo de 2018.
- ↑ "O Dépor cre e non se rende (3-2)". Deportivo da Coruña. 6 de abril de 2018.
- ↑ "O Dépor segue dando motivos para crer (0-0)". Deportivo da Coruña. 17 de abril de 2018.
- ↑ "Esta temporada non fomos capaces de manter a categoría d #ANOSAFORZA, do Club, da Cidade. #VOLTAREMOS!". Deportivo da Coruña. 29 de abril de 2018.
- ↑ "O Dépor iguala #ONOSODERBI no tempo engadido (1-1)". Deportivo da Coruña. 5 de maio de 2018.
- ↑ "O Dépor pecha a temporada en ABANCA-RIAZOR caendo ante o Villarreal (2-4)". Deportivo da Coruña. 12 de maio de 2018.
- ↑ "Amargo grolo á Copa na estrea de Cristóbal (1-4)". Deportivo da Coruña. 26 de outubro de 2017.