Estadi Municipal de Montilivi
O Estadi Municipal de Montilivi é un estadio de fútbol da cidade de Xirona, en Cataluña, España. É un recinto deportivo que alberga os partidos do Girona Futbol Club, equipo que milita actualmente na Primeira División. Está situado no barrio de Montilivi.
Montilivi | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | instalación deportiva ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Xirona | |||
Comarca | Gironès | |||
Concello | Xirona ![]() | |||
Localización | Av. Montilivi, 141, 17003; Xirona | |||
Datas | ||||
Fundación | 1970 ![]() | |||
Inauguración | 14 de agosto de 1970 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 9.282 | |||
Tipo superficie | Grama híbrida (pt) ![]() ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Ajuntament de Girona | |||
Operador/a | Xirona ![]() | |||
Ocupante | Girona FC ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Girona FC | |||
[ Wikidata ] |
O estadio, inaugurado o 14 de agosto de 1970, ten capacidade para 9.282 espectadores, todos eles sentados. A marca histórica de asistencia foi de 25.000 espectadores a principios dos 70 nun partido contra o FC Barcelona.
En xuño de 2010 e tras máis de 7 meses de atraso respecto ao prazo previsto, a bancada lateral do Estadi de Montilivi, estaba finalizada. Aínda que ao non estar acabados os accesos á mesma, non se puido estrear na tempada 2009/10. Xunto ao estadio existe un campo auxiliar cunhas dimensións menores (90 x 45 m) tamén de céspede natural.