Campo Alcalde Manuel Candocia
O Campo Municipal de Fútbol Alcalde Manuel Candocia ou Campo de Pardiñas é unha instalación destinada á práctica do fútbol situada no lugar da Igrexa. O Concello das Somozas é o seu propietario e nel xoga os seus partidos como local a Unión Deportiva Somozas.
Campo Municipal de Fútbol Alcalde Manuel Candocia | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°32′02″N 7°56′28″O / 43.53394, -7.94117Coordenadas: 43°32′02″N 7°56′28″O / 43.53394, -7.94117 |
Localización | Lugar da Igrexa 15565 Somozas, Galicia |
Estadio | |
Superficie | Herba natural |
Dimensións | 104 x 64 |
Capacidade | 1.000 (200 sentados) |
Propietario | Concello das Somozas |
Localía | UD Somozas |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu terreo de xogo é de herba natural, cunhas medidas de 104×64 metros e conta cunha bancada cuberta con capacidade para 200 persoas[1] e unha capacidade total de 1.000 persoas.
Historia
editarFoi inaugurado o 22 de agosto de 2010 cun partido entre a UD Somozas e o RC Deportivo da Coruña B[2]. Catro anos máis tarde sería rebautizado co nome do alcalde Manuel Candocia após o pasamento deste no mesmo campo de fútbol, cando estaba a presenciar un partido entre a UD Somozas (presidida tamén naquel momento polo finado) e o Centro Cultural e Deportivo Cerceda, o 19 de xaneiro de 2014[3].
Notas
editar- ↑ "Somozas – Campo Municipal de Pardiñas". Estadios de España (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-08.
- ↑ Depor Sport (17 de agosto de 2010). "El Fabril se medirá al Somozas el próximo domingo en Pardiñas". Archived from the original on 22 de abril de 2016. Consultado o 08-04-2016.
- ↑ Ramón Loureiro. La Voz de Galicia (19 de xaneiro de 2014). "Fallece el alcalde de As Somozas, Manuel Candocia, mientras presenciaba un partido de fútbol". Consultado o 08-04-2016.