Michael Krohn-Dehli
Michael Krohn-Dehli, nado en Copenhaguen o 6 de xullo de 1983, é un ex-futbolista danés. Xogaba na demarcación de centrocampista e foi internacional coa selección dinamarquesa.
Krohn-Dehli | |||
---|---|---|---|
Krohn-Dehli en 2015 | |||
Información persoal | |||
Nome | Michael Krohn-Dehli | ||
Nacemento | 6 de xullo de 1983 (39 anos) | ||
Lugar de nacemento | Copenhague | ||
Altura | 1,71 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Rosenhoj BK | |||
Hvidovre IF | |||
2000–2002 | Brondby IF | ||
2002–2004 | Ajax Amsterdam | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2006 | RKC Waalwijk | 48 | (2) |
2006–2008 | Ajax Amsterdam | 4 | (0) |
2006–2007 | → Sparta Rotterdam (cedido) | 12 | (1) |
2008–2012 | Brøndby IF | 122 | (26) |
2012–2015 | Celta de Vigo | 101 | (3) |
2015–2018 | Sevilla | 42 | (2) |
2018–2019 | Deportivo da Coruña | 25 | (0) |
Selección nacional | |||
2000–2001 | Dinamarca sub-19 | 5 | (0) |
2002–2004 | Dinamarca sub-20 | 10 | (4) |
2004–2006 | Dinamarca sub-21 | 8 | (2) |
2006–2018 | Dinamarca | 62 | (6) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Comezou a xogar en Dinamarca no Rosenhoj BK, Hvidovre IF e Brondby IF. Con 19 anos ficha polas categorías inferiores do Ajax Amsterdam dirixidas por Danny Blind, porén tras non convencer ao adestrador do primeiro equipo, Ronald Koeman, marchou libre ao RKC Waalwijk co que debutou na Eredivisie.
Ao cabo de dous anos foi repescado polo Ajax, pero tras disputar tres encontros marchou cedido ao Sparta Rotterdam e traspasado ao ano seguinte ao danés Brondby IF, onde por fin tivo continuidade, chegando a disputar a Copa da UEFA.
O 22 de agosto de 2012 foi traspasado ao Celta de Vigo[1]
O 29 de xaneiro de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, converténdose no primeiro e único danés na historia do club coruñés.[2][3]
Coa selecciónEditar
É internacional coa Selección de fútbol de Dinamarca, coa que debutou o 11 de outubro de 2006 na fase clasificatoria para a Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 contra Liechtenstein.
O 9 de xuño de 2012 marcou o primeiro gol nunha Eurocopa, ante Países Baixos. 24 encontros
NotasEditar
- ↑ "El Celta ata al danés Michael Krohn-Dehli". Faro de Vigo (en castelán). 2012-08-22. Consultado o 2022-02-19.
- ↑ "Michael Krohn-Dehli, nuevo jugador del Deportivo". Michael Krohn-Dehli, nuevo jugador del Deportivo (en castelán). Consultado o 2022-02-19.
- ↑ "OFICIAL: Krohn-Dehli ficha por del Dépor" (en castelán). 29 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2021.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michael Krohn-Dehli |