Jean-Pierre Beltoise
Jean-Pierre Beltoise | |
![]() | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1967–1974 |
Escudería(s) | Matra, BRM |
Grandes Premios disputados | 88 (86 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 1 |
Podios | 8 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 4 |
Primeiro GP | Gran Premio de Mónaco de 1967 |
Primeira vitoria | Gran Premio de Mónaco de 1972 |
Derradeira vitoria | Gran Premio de Mónaco de 1972 |
Derradeiro GP | Gran Premio dos Estados Unidos de 1974 |
Jean-Pierre Maurice Georges Beltoise (nado o 26 de abril de 1937 en París e finado o 5 de xaneiro de 2015 en Dakar) foi un piloto de motociclismo de velocidade e Fórmula 1 que correu cos equipos Matra e BRM. François Cevert era o seu cuñado (o irmán da súa esposa).
AndainaEditar
Beltoise gañou 11 títulos nacionais de motociclismo en tres anos.[1] Competiu no Campionato do Mundo de Motociclismo das tempadas 1962 a 1964 nas clases 50, 125 e 250 cc. O seu mellor resultado foi un sexto lugar na tempada 1964, no campionato mundial de 50 cc.[2]
Tras pasar pola Fórmula 3 e a Fórmula 2, Beltoise foi contratado pola escudaría Matra para comenzar a súa andadura na Fórmula 1 en 1967.
Debutou na Fórmula 1 nun Matra con motor V12, gañando o Gran Premio de Bos Aires de 1967 e anotando un gran segundo posto no Gran Premio dos Países Baixos de 1968. Na tempada 1969 foi recrutado por Ken Tyrrell para o equipo Matra, pilotando á beira de Jackie Stewart, terminando segundo no Gran Premio de Francia de 1969. Na tempada 1971, correndo de novo para o equipo Matra, viuse involucrado no accidente que causou a morte a Ignazio Giunti en Bos Aires, e a súa licenza de carreiras internacional suspendeuse durante algún tempo. Na tempada 1972 uniuse ao equipo BRM e gañou o que resultou ser a última vitoria na Fórmula Un de BRM no Gran Premio de Mónaco de 1972 baixo unha intensa choiva. Finalmente retirouse da Fórmula 1 ao final da tempada 1974 de Fórmula Un.
Máis tarde foi o piloto probador do equipo Ligier de F1 e logo centrou a súa atención nas carreiras de turismos en Francia, gañando dúas veces o título francés para BMW antes de entrar en rallycross nun Alpine -Renault co que gañou o título francés. En 1981 regresou aos automóbiles de turismo e correu con Peugeot ao longo da década de 1980. Tamén correu habitualmente sobre pistas de xeo. Ten dous fillos, Anthony e Julien, que son os dous pilotos de carreiras.
Resultados nos Grandes Premios de motociclismoEditar
Posición | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 |
Puntos | 8 | 6 | 4 | 3 | 2 | 1 |
(key) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Clase | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Puntos | Pos. | Gañados |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1962 | 250cc | Moto Morini | ESP - |
FRA 5 |
IOM - |
NED - |
BEL - |
ALE - |
ULS - |
DDR - |
NAT - |
ARX - |
2 | 20º | 0 | ||
1963 | 50cc | Kreidler | ESP - |
ALE - |
FRA 5 |
IOM - |
NED - |
BEL 6 |
FIN - |
ARX - |
XPN - |
3 | 11º | 0 | |||
125cc | Bultaco | ESP - |
ALE - |
FRA - |
IOM - |
NED - |
BEL 6 |
ULS - |
DDR - |
FIN - |
NAT - |
ARX - |
XPN - |
1 | 20º | 0 | |
1964 | 50cc | Kreidler | USA 5 |
ESP - |
FRA 3 |
IOM - |
NED - |
BEL - |
ALE - |
FIN - |
XPN - |
6 | 6º | 0 | |||
125cc | Bultaco | USA 5 |
ESP - |
FRA 5 |
IOM - |
NED - |
ALE - |
DDR - |
ULS - |
FIN - |
NAT - |
XPN - |
4 | 13º | 0 |
Resultados no Campionato Mundial de Fórmula 1Editar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
- No Gran Premio de Alemaña de 1969, Beltoise clasificouse 12º no circuíto, pero foi o sexto coche de Fórmula Un detrás de seis coches de Fórmula 2, acadando así un punto no Campionato do Mundo
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean-Pierre Beltoise |
Ligazóns externasEditar
- Web oficial de Jean Pierre Beltoise (en francés)