Ignazio Giunti
Ignazio Giunti | |
![]() Portada do accidente de Giunti | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1970 |
Escudería(s) | Ferrari |
Grandes Premios disputados | 4 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio de Bélxica de 1970 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1970 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ignazio Giunti, nado en Roma o 30 de agosto de 1941 e finado en Buenos Aires o 10 de xaneiro de 1971, foi un piloto de automobilismo italiano, que competiu en coches deportivos e turismos a finais dos 60.
Traxectoria Editar
En 1968 pilotou para Alfa Romeo, foi segundo na Targa Florio e cuarto co-pilotando nas 24 Horas de Le Mans con Nanni Galli. En 1970, Giunti asinou por Ferrari principalmente para o seu equipo deportivo, e gañou as [12 Horas de Sebring] e a Targa Florio, ademais de acadar outras boas posicións. O seu éxito deulle unha oportunidade na Fórmula 1 e terminou cuarto no seu debut en Bélxica en Spa. Correu tres veces máis ese ano.
Ferrari tamén estaba probando ao piloto suízo Clay Regazzoni, que superou a Giunti, aínda que o italiano asinou por Ferrari para 1971.
Giunti morreu durante a súa primeira participación en 1971 correndo nos 1000 km de Buenos Aires, cando o seu prototipo Ferrari 312PB bateu contra a parte traseira do Matra 660 de Jean-Pierre Beltoise, que estaba empuxando o coche ao longo da pista despois de que se esgotara o combustible. Morreu debido ao impacto e o posterior incendio.
Resultados completos na Fórmula Un Editar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida[1].
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1970 | Scuderia Ferrari | Ferrari 312B | Ferrari 12 en liña | RSA | ESP | MON | BEL 4 |
NED | FRA 14 |
GBR | ALE | AUT 7 |
ITA Ret |
CAN | USA | MEX | 17º | 3 |
Notas Editar
- ↑ Os resultados de Formula One World Championship derivan de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-23.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ignazio Giunti |
Bibliografía Editar
- Steve Small. The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. p. 160. ISBN 0851127029.