Portal:Lombardía

A Lombardía (en lombardo: Lumbardia, en italiano: Lombardia) é unha das vinte rexións de Italia. Con preto de dez millóns de habitantes é a rexión máis poboada da República. Situada entre os Alpes e o val do Po, limita ao norte con Suíza (cantón Tesino e os Grisóns), ao oeste co Piemonte, ao leste co Véneto e o Trentino-Tirol do Sur e ao sur coa Emilia-Romaña. A rexión está composta por doce provincias, sendo a mais poboada a de Milán e a máis extensa a de Brescia. A súa capital e cidade máis poboada é Milán.

Ao longo da historia foron moitos os pobos que pasaron pola actual Lombardía, entre os que se poden destacar os etruscos, os celtas ou os galos, que precederon aos romanos, que chegaron á rexión no século III a.C. Nos últimos anos do Imperio romano, a relativa veciñanza co Danubio favoreceu numerosas incursión de pobos bárbaros no territorio lombardo e coa definitiva caída do occidente romano, alternáronse a posesión do territorio os ostrogodos e os bizantinos. Entre os anos 559 e o 774 os bizantinos foron substituídos polos longobardos, un pobo procedente da Escandinavia, que converteron a Lombardía no centro do seu reino, sendo Pavia a súa capital. Logo da captura do rei longobardo Desiderio por parte de Carlomagno comezou o dominio dos francos na Lombardía. En 1859, logo de varios séculos sendo conquistada por franceses, españois, austríacos, Lombardía foi definitivamente liberada da ocupación estranxeira e anexada ao Reino de Italia.

Lombardía está considerada unha rexión altamente industrializada. Así pois, é a rexión máis rica de Italia e está entre as rexións con maior renda per cápita da Unión Europea. O PIB lombardo (con 254.447 millóns de euros) é superior ao de países como Arabia Saudita, Noruega, Suráfrica, Arxentina ou Portugal.

Artigo destacado

editar

O lombardo é un conxunto de variedades faladas principalmente no norte de Italia (a maior parte de Lombardía e algunhas áreas das rexións veciñas) e en Suíza (cantón do Tesino). Os idiomas lombardos son linguas romances occidentais emparentadas co francés e cos outros idiomas galo-itálicos (piemontés, emiliano-romañolo etc.). Aínda que o italiano é normalmente usado como linguaxe escrita e formal nas áreas de fala lombarda, os idiomas lombardos son moi diferentes do italiano xa que pertencen a dúas ramas diferentes da árbore das linguas romances.

As dúas variedades lombardas principais, que presentan tractos de gramática e léxico e fonética bastante diferentes, son o Lombardo Occidental (que comprende o dialecto milanés) e o Lombardo Oriental (que comprende os dialectos bergamasco e bresciano). O uso dos idiomas lombardos está estigmatizado nas áreas politicamente pertencentes a Italia, mentres que non o é nas áreas suízas. Algúns programas de radio e televisión en idiomas lombardos emítense ocasionalmente pola cadea suíza de fala italiana. A maior institución de investigación de dialectos lombardos atópase en Bellinzona, Suíza (CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía).

Malia non estar regulada oficialmente nin ter status de oficialidade, calcúlase que 3.500.000 persoas falan a lingua lombarda.

Cidade destacada

editar

Milán (en italianoMilano[miˈlaːno] (AFI)It-Milano.ogg escoitar; en lombardoMilàn[miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión de Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1.324.110 habitantes (2010), Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.

Fundada polos celtas do norte italiano co nome Médelhan polo ano 600 a.C, foi conquistada polos romanos en torno ao ano 222 a.C, recibindo o nome Mediolanum. Foi saqueada polos hunos no ano 450, e logo da caída do Imperio Romano foi ocupada polos ostrogodos, logo por bizantinos, longobardos e francos antes de converterse nun feudo gobernado por arcebispos a partir do século VIII.

Entre os maiores atractivos da cidade destacan a Catedral de Milán (Duomo di Milano), a Galería Víctor Manuel II (Galleria Vittorio Emanuele II), o Teatro da Scala (Teatro alla Scala), o Castelo Sforzesco (Castello Sforzesco), a Basílica de San Ambrosio (Basílica de Sant'Ambrogio), ou Santa María da Gracia (Santa Maria delle Grazie). Acollendo esta última no seu interior o mural A Última Cea de Leonardo da Vinci.

Categorías

editar

Queres atopar artigos relacionados con Lombardía? Proba buscando nas seguintes categorías:

Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Biografía destacada

editar

Claudio Abbado, nado en Milán o 26 de xuño de 1933 e finado en Boloña o 20 de xaneiro de 2014, foi un director de orquestra italiano. En 2013 foi nomeado senador vitalicio no Senado de Italia. Abbado estivo á fronte de catro das institucións máis importantes da música europea, o Teatro alla Scala de Milán, a London Symphony Orchestra, a Wiener Staatsoper, e a Berliner Philharmoniker. O seu interese por formar e achegar a música clásica á xente nova materializouse en proxectos como a European Union Youth Orchestra en 1978 ou a Gustav Mahler Jugendorchester en 1986. Abbado destacou tamén pola difusión da música contemporánea, especialmente do compositor italiano Luigi Nono, de quen estreou varias obras.

O seu traballo discográfico abrangue todo o gran repertorio, tanto sinfónico como operístico, dos séculos XIX e XX. Realizou gravacións dos ciclos sinfónicos máis importantes: sinfonías e música coral de Johannes Brahms, sinfonías de Gustav Mahler, Piotr Ilich Tchaikovski, Sergei Prokofiev, Modest Mussorgsky, Antonín Dvořák e Wolfgang Amadeus Mozart. No que respecta ao repertorio operístico, Abbado realizou gravacións de grande éxito, especialmente das óperas de Rossini La Cenerentola e Le nozze di Figaro, e sobre todo a súa gravación de Carmen protagonizada por Teresa Berganza e Plácido Domingo.

Abbado foi considerado por moitos, xunto con Riccardo Muti, un dos sucesores da tradición italiana encarnada por Arturo Toscanini e Victor de Sabata.

Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

Coroa de Ferro longobarda.


Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Italia
Italia

Italia

Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons