Abrir o menú principal

Coordenadas: 46°12′N 9°1′L / 46.200, -9.017

Bellinzona
Bellence/Bellinzone
Bellenz/Bellinzona
Stemma Bellinzona.svg
Castelgrande Bellinzona.JPG
Vista do castelo de Bellinzone
Localización
Bellinzona en Suíza
Bellinzona
Bellinzona
PaísSuíza Suíza
CantónTesino
DistritoBellinzona
Xeografía
Altitude238 msnm
Superficie164,96 km² km²
Demografía
Poboación18 347 hab
Densidade111 hab/km²
Outros datos
Código postal6500
AlcaldeMario Branda
Páxina oficial

Bellinzona (en italiano Bellinzona, en francés Bellence/Bellinzone, en alemán Bellenz/Bellinzona, en latín Bilitio) é unha cidade suíza, capital do cantón do Tesino e do distrito de Bellinzona.

HistoriaEditar

A cidade foi mencionada por primeira vez co nome de Bilitio nun texto escrito no ano 590, cando ocorreu o encontro entre unha fracción de guerreiros francos en dirección do paso de Lucomagno e os longobardos que habitaban na fortaleza de Bellinzona:

Olo autem dux ad Bilitionem huius urbis castrum, in campis situm Caninis, inportunae accedens, iaculo sub papilla sauciatus, cecidit et mortuus est

Durante o alto medioevo Bellinzona convértese nun lugar de grande importancia entre Como e Milán, para entrar na grande órbita milanesa a partir do século XV. Na primeira metade do século XVI, seguindo as complexas vicisitudes político-militares do ducado de Milán, Bellinzona foi cedida polos franceses aos confederados suízos. A cidade será controlada como bailía (especie de colonia) até finais do século XVIII cando Napoleón invade o territorio suízo, obrigando á creación de dous cantóns soberanos no sur, o cantón de Bellinzona e o cantón de Lugano, que logo se fusionarían en 1803 para daren vida ao cantón do Tesino.

Bellinzona foi escolleita coma capital cantonal, logo de varias décadas de rotación da cidade capital entre Lugano e a mesma Bellinzona. Actualmente, a cidade é a sede do goberno cantonal tesinés e do Tribunal Penal Federal. Neste momento, atópase en discusión a posibilidade de fusión da cidade, coas comunas limítrofes do distrito, coa idea de obter un mellor realce urbano e un maior peso tanto a nivel cantonal como a nivel nacional, ademais de obter maiores fontes de financiamento e reducir os custos da administración dunha rexión en crise económica.

XeografíaEditar

A cidade atópase situada no centro de cantón, a beiras do río Tesino. A localidade atópase nunha posición de camiños privilexiada. Da cidade parten as rutas cara aos pasos do San Gotardo, Lucomagno, San Bernardino e de Nufenen. Bellinzona está nunha altura de 238 metros sobre o nivel do mar, ten unha superficie de 19,84 km² e a súa poboación a decembro de 2006 era de 16 983 habitantes. Limita ao norte coa comuna de Gorduno, ao leste con Arbedo-Castione, ao sur con Sant'Antonio, Pianezzo e Giubiasco, e ao oeste con Monte Carasso.

CulturaEditar

 
Palacio de goberno do Cantón do Tesino.

A cidade é famosa polos seus tres castelos: Castelgrande, Montebello e Sasso Corbaro, os cales pertencen desde o ano 2000 ao Patrimonio da Humanidade da Unesco, así como a muralla do antigo burgo.

Os tres castelos, muralla e defensas do burgo de Bellinzona
 
Os castelos de Montebello e Sasso Corbaro sobre Bellinzona.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Suíza
Localización46°11′44″N 9°01′26″L / 46.19556, -9.02389
TipoCultural
CriteriosIV
Inscrición2000 (24ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador884

DivisiónsEditar

A Comuna de Bellinzona comprende as seguintes circunscricións electorais:

  • Centro Sud.
  • Centro Nord.
  • Daro (fracción).
  • Carasso e Galbisio (fracción).
  • Ravecchia (fracción).
  • Semine.
  • Gerretta.
  • Pedemonte.
  • Artore (fracción).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar