Arturo Toscanini

Arturo Toscanini, nado en Parma o 25 de marzo de 1867 e finado o 16 de xaneiro de 1957, foi un músico italiano, considerado por moitos dos seus contemporáneos como un dos máis grandes directores de orquestra da época.

Arturo Toscanini
Toscanini5.jpg
Nome completoArturo Toscanini
Data nacemento25 de marzo de 1867
Nado enParma
Falecemento16 de xaneiro de 1957
Riverdale (Nova York), Estados Unidos Italia
 Manhattan e Riverdale (Bronx)
CausaIctus
SoterradoCemitério Monumental de Milão
FillosWally Toscanini Castelbarco, Walter Toscanini e Wanda Toscanini
OcupaciónDirector de orquestra
XéneroÓpera e música sinfónica
Relacionado conTeatro alla Scala, Metropolitan Opera
Tempo en activo1886 - 1954
Na rede
IMDB: nm0869109 Musicbrainz: da96be23-ef88-420e-8173-3efb7fd995cc Discogs: 888854 IMSLP: Category:Toscanini,_Arturo Allmusic: mn0000196439 WikiTree: Toscanini-1 Find a Grave: 1198 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Toscanini iniciou a súa formación musical en Parma ao gañar unha bolsa para o conservatorio local, no que estudou cello. Tras os seus estudos, uniuse á orquestra dunha compañía de ópera coa que realizou unha xira por Suramérica. Mentres representaban Aida no Río de Xaneiro en 1886, o director da orquestra foi apupado polo público e obrigado a abandonar o escenario. Toscanini, afortunadamente, colleu a batuta animado polo resto de músicos comezando así, con 19 anos, a súa carreira como director.

En 1898, converteuse en director residente de A Scala de Milán, onde permaneceu ata 1908 e á que volvería nos anos 20. Ademais pasou polo Metropolitan Opera de Nova York (1908 - 1915) e Bayreuth (1930 - 1931), dirixindo tamén a New York Philharmonic Orchestra (1926 - 1936) e no Festival de Salzburgo (1934 - 1937).

Radicalmente oposto aos réximes fascistas de Alemaña e Italia, abandonou Europa para dirixirse aos Estados Unidos. Alí fundouse en 1937 a Orquestra Sinfónica da NBC para el e con ela actuou con regularidade ata 1954 na Radio Nacional. As súas actuacións convertérono no primeiro director de orquestra estrela dos modernos medios de comunicación de masas. A súa actividade como director de actuacións en directo para a radio continuou ata a súa retirada.

Toscanini era famoso polas súas interpretacións de Beethoven e Verdi. Realizou numerosas gravacións, especialmente cara ao final da súa carreira, a maioría delas publicadas. Amais diso, legou numerosas gravacións dispoñibles das súas interpretacións para a radio.

ObraEditar

Para a maioría das recompilacións da súa obra, as súas mellores gravacións son as seguintes:

  • Beethoven, Sinfonía nº 3 (1953, NBC Symphony; algúns prefiren a gravación de 1939).
  • Beethoven, Sinfonía nº 7 (1936, Philharmonic-Symphony of New York)
  • Beethoven, Sinfonía nº 9 (1952, NBC Symphony)
  • Berlioz, Romeo e Xulieta (1947, NBC Symphony)
  • Brahms, Sinfonía nº 1 (1951, NBC Symphony)
  • Brahms, Sinfonía nº 2 (1952, NBC Symphony)
  • Brahms, Sinfonía nº 4 (1951, NBC Symphony)
  • Debussy, La Mer (1950, NBC Symphony)
  • Dvořák, Sinfonía nº 9 (1953, NBC Symphony)
  • Haydn, Die Jahreszeiten (1951, NBC Symphony)
  • Mozart, A frauta máxica (1937, Festival de Salzburgo; pobre calidade sonora)
  • Mozart, Requiem K. 626 (1950, NBC Symphony)
  • Puccini, La Boheme (1946, NBC Symphony)
  • Schubert, Sinfonía nº 9 (1953, NBC Symphony; algúns prefiren a gravación de 1941, Philadelphia Orchestra)
  • Verdi, Requiem (1940, NBC Symphony; o son é mellor na gravación de 1951, NBC)
  • Verdi, Falstaff (1937, Festival de Salzburgo; o son é mellor na gravación de 1950, NBC)
  • Verdi, Otelo (1947, NBC Symphony; considerada por moitos como a máis perfecta gravación dunha ópera xamais realizada)
  • Wagner, Die Meistersinger (1937, Festival de Salzburgo; pobre calidade sonora)