Conversa usuario:Piquito/Arquivo 5

Último comentário: hai 3 anos de Lles no tópico La menor?

RE:India editar

Boas, xa rematei a revisión ortográfica do artigo, seguro que queda algunha cousa pero xa serán menos. O artigo é moi bo e realmente é de calidade, a única pega que lle vexo é que a bibliografía é demasiado longa, quizais poderían quitarse os libros que non se estean a usar nas referencias e que non sexan demasiado importantes... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de setembro de 2016 ás 12:31 (UTC)Responder

Vale, cando esté listo o artigo de Wagner a ver lle podo botar un ollo a isto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2016 ás 22:24 (UTC)Responder

Richard Wagner editar

Boas, podes dicirme de onde ven a tradución principal do artigo, de es.wiki ou en.wiki? É que hai unha frase que non lle vexo o sentido: "É case seguro que pensou que Geyer era o seu pai biolóxico.[9][nota 3] Especúlase que podería ser o pai biolóxico de Wagner e co que tivo unha filla, Caecilie.[6]". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de setembro de 2016 ás 10:34 (UTC)Responder

Nesta frase "O impacto das súas ideas pode encontrarse en moitas das artes do século." tamén habería que aclarar a que século se refire, ó XIX ou ó XX? Será ó XX, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de setembro de 2016 ás 13:08 (UTC)Responder
Moi ben, xa amañei o do século e quitei o de Caecilie porque xa se comenta un pouco antes no mesmo parágrafo e ademais non se entendía ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2016 ás 22:26 (UTC)Responder

Mira, no apartado de últimos anos ponse unha obra de Liszt, La lugubre góndola, que non creo que teña título orixinal en castelán, non? Habería que poñer o título correcto pero eu non sei como atopalo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2016 ás 13:28 (UTC)Responder

Ah, vale..., en italiano..., así xa cadra a cousa :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2016 ás 20:22 (UTC)Responder
Outro detalle, no apartado Relixión puxeches *maestro en cursiva, a que se quere referir isto? É que non sei se en galego hai algún caso no que se permita poñelo así... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 09:48 (UTC)Responder
Cando poidas, podes revisar a redacción da frase "Nel, Wagner deplora a xudaización da arte moderna e sostén a tese segundo a cal "o xudeu" é realmente incapaz de expresarse artisticamente non pola súa aparencia exterior nin pola súa lingua, pero polo menos si polo seu canto, no entanto "aquel" chegue na música ao dominio do gusto público.[264]" porque a segunda parte non me cadra moito. Quizais estaría ben poñer algo como "nin pola súa lingua, aínda recoñeceu que si chegaron ó público popular coa música.", ou algo polo estilo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 10:04 (UTC)Responder
Vale, entón cando teña un momento xa o cambio. O de *maestro vouno deixar como italinismo. Eu vou seguir traballando nel, está claro que toda a axuda é boa, pero tamén hai que ter en conta que a xente está traballando nas súas cousas... Para min a mágoa é que non se anime máis xente a traballar nestes artigos, con catro ou cinco persoas este choio podía levarse adiante sen moito esforzo, pero ata que non haxa interesados nos artigos de calidade haberá que ir pouco a pouco. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 01:01 (UTC)Responder
Outra frase que non pillo: "A partitura de Bernard Herrmann para o filme de Alfred Hitchcock, Vertixe, é fortemente evocador do Liebestod de Tristan und Isolde,[299] máis claro respecto a escena de resurrección." A segunda parte da frase non entendo o que quere dicir, quizais falte algo? Non atopei esa parte nin en es.wiki, nin es en.wiki nin pt... Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 01:34 (UTC)Responder
Grazas a ti por traer este xenial artigo á Galipedia :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 09:11 (UTC)Responder

Outra cousa, poderías poñer na conversa do artigo de onde foi traducido principalmente co Modelo:Traducido de? Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 10:31 (UTC)Responder

Non te preocupes, ese parámetro non é obrigatorio así que se non queres poñelo ou non sabes a data, non é preciso poñelo, como prefiras. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 22:11 (UTC)Responder

RE:Pittsburgh Penguins editar

Desfai o que precises, eu atopei o artigo porque estaba na categoría de artigos con problemas nas referencias e amañeino para que non quedara aí mentres non rematas o teu choio. Eu tampouco creo que haxa moitas edicións no artigo así que será doado desfacer os meus cambios. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2016 ás 22:42 (UTC)Responder

RE:Aviso editar

  Feito! Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 09:59 (UTC)Responder

Cantata editar

Boas, cando poidas pon o modelo de "traducido de" tamén na conversa do artigo da cantata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2016 ás 11:49 (UTC)Responder

Outra cousiña, no apartado Véxase tamén na bibliografía hai unha parte que pon "fontes en liña", non se poden pasar as cousas desas "fontes en liña" á sección de Ligazóns externas? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2016 ás 15:28 (UTC)Responder
Vale, non é gran cousa, por min pode quedar así. Bo traballo! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2016 ás 08:05 (UTC)Responder

Portais editar

Ola, Piquito. Acabo de ver que estás poñendo o marcador de Portal Suecia a todo canto artigo estea relacionado con aquel país, dende un filme até un escritor ou un DJ. Creo que deberiamos restrinxir moito máis o uso desas barras. Para o caso, podo entender (con reservas) que se inclúa en Cultura de Suecia, Literatura de Suecia, Historia de Suecia ou no de Suecia mesma, pero non a todo o que pulule pola Wiki e teña algún vínculo con Suecia. Igual que non lle chantamos un portal Galicia ao río Arnego (en todo caso, sería de Ríos e afluentes de Galicia, e habería que debatelo antes) ou á rúa do Ferreiro, non creo que debamos poñerlle a barra do Portal Suecia a todo o que, sen distinción, estea ligado a Suecia. Se o tes ben, antes de seguir incluíndo a barra nos artigos, comenta o tema na taberna para que se chegue a un acordo. Grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 7 de outubro de 2016 ás 17:01 (UTC)Responder

Ola, Piquito. Acabo de trasladar a nosa conversa á Taberna Xeral. Velaí a tes. Limitei a reproducir o que nos escribimos, tras un breve encabezamento. A ver se alguén máis opina e logramos consensuar un criterio para a colocación deste tipo de barras. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 8 de outubro de 2016 ás 09:38 (UTC)Responder
Ola de novo, Piquito. Simplemente temos visións distintas sobre cal debe ser presenza das barras de portal xeralistas (Suecia, Irlanda, India...). A teor diso, creo que é bo abrir o debate a máis xente. Non ten máis ciencia ca esa. Non o tomes a mal, porque a única intención que ten detrás é tratar de fixar un criterio. Como che dicía, a min, por exemplo, gustaríame que a barra Suecia fose para entradas do tipo Cultura, Historia, Literatura, Linguas de Suecia etc. Outra posibilidade que lle vexo sería incluílo nas localidades. En resumo , creo que é bo poñelo en cascada, en certo modo como as categorías (p.e.: non en todos e cada un dos escritores que escriben en sueco ou naceron en Suecia, senón na entrada Literatura de Suecia). Un saúdo --Atobar (conversa comigo) 9 de outubro de 2016 ás 10:08 (UTC)Responder
Ola, Piquito. Por min, asunto pechado. Abrín o fío na taberna porque me pareceu o acaído, non ten maior importancia. Eu non lle dou. En vista de que, á marxe de nós, soamente expresou a súa opinión o usuario Toliño, coido que polo momento non temos unha base aonda para fixar un criterio nun ou noutro sentido. Polo tanto, non te sintas cohibido á hora de seguir con esa tarefa dos portais. Eu, tras manifestarche a miña opinión, doume por satisfeito. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16 de outubro de 2016 ás 21:50 (UTC)Responder

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para novembro de 2016 editar

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! Banjo tell me 25 de outubro de 2016 ás 09:04 (UTC)Responder

Wikiproxecto Portugal editar

 

Ola!

Quero convidarte a participar no Wikiproxecto Portugal. É un wikiproxecto novo mais cheo de traballo e curiosidades do país veciño. Aperta, Defensor da Língua   (Fala!) 25 de outubro de 2016 ás 20:04 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Fontes fiables, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables. Grazas! Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 23:27 (UTC)Responder

RE:Non entendo editar

Nada, é que estiven a modificar os artigos que tiñan *"de outro" por doutro, cando poidas cambia iso no artigo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de novembro de 2016 ás 01:17 (UTC)Responder

RE:Se tes un momento editar

Amañei un "doutros" que faltaba e tamén as referencias, só había que poñer |ref=harv}} ó final das citas dos libros. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de novembro de 2016 ás 23:06 (UTC)Responder

RE:Modelos de referencias editar

Si, ti so tes que poñer o modelo Harvnp e logo as referencias que teñan o mesmo autor, ano e páxina xa se agrupan automaticamente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2016 ás 01:50 (UTC)Responder

Se precisas axuda avisa e fágoo eu que penso que non me dará problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2016 ás 08:46 (UTC)Responder
Non era nada, que no ano das citas de libro non se pode poñer ligazón. O apelido e o ano ten coincidir nas citas e nas referencias porque se non non se atopan :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de novembro de 2016 ás 01:04 (UTC)Responder

Beatrice di Tenda editar

Boas noites. No artigo Beatrice di Tenda, o primeiro parágrafo da sección "Características xerais" quedouche sen traducir. Hai algún erro máis pero xa os arranxarei mañá. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 00:09 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política dunha nova redacción para os criterios dos artigos de calidade, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade. Grazas! Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 07:03 (UTC)~Responder

RE:Imaxe editar

Polo momento non podo porque aínda teño o ordenador a "medio gas" e non teño ningún programa de debuxo instalado, teño que instalar o Inkscape e logo tentarei traducilo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de novembro de 2016 ás 03:33 (UTC)Responder

Xa está listo o mapa, telo en Ficheiro:Mozart family Grand Tour Map (gl).png, se hai algún erro avisa e xa o amaño. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de decembro de 2016 ás 09:57 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso. Grazas! Banjo tell me 18 de novembro de 2016 ás 11:19 (UTC)Responder

RE:Lémbrome dun día... editar

Creo que xa están amañadas as ligazóns, tiven que buscar outras páxinas que achegaran a mesma información, cousa complicada, pero penso que agora quedou ben todo. A maiores amañei outra referencia que tiña un problemiña e así o artigo xa non está en ningunha categoría de mantemento. Outro día mirarei o outro artigo que agora xa non son horas :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de novembro de 2016 ás 02:17 (UTC)Responder

RE:Non corncordo editar

Non te preocupes Piquito, paréceme perfecto que discordes co que consideres que non é correcto, porén ó comentado na páxina da votación e tamén ó achegado fai un momento por HdH hai un pouco, teño que comentarche que antes de facer o cambio revisei Conversa_Wikipedia:Votacións/Nova_redacción#Recapitulando e baseándome nesa conversa e o que comentou HdH ó comezo do problema, entendín que a idea da política era esa. Entendo que non era preciso ningunha votación para engadir esa achega porque simplemente era unha aclaración á idea orixinal para que se entendera completamente. Creo que coa última achega de HdH á conversa a cousa quedou aínda máis aclarada.

Outra cousa é que eu concorde ou non con esa interpretación, iso non ven moito ó caso, se consideras que é preciso mudar esa parte podemos comentalo na páxina de conversa da política e falalo entre todos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2016 ás 00:15 (UTC)Responder

Vou contactar con Toliño para que aclare o asunto, el coñece ben o tema porque foi o redactor principal e logo seguimos falando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2016 ás 09:24 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016. Grazas! Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 08:08 (UTC)Responder

RE:De novo problemas co mesmo editar

Non te preocupes, estamos para axudar :). Dame uns días e revisareino. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2016 ás 11:20 (UTC)Responder

  Feito!, se non revisei mal xa están funcionando ben tódalas referencias, se atopas algo avisa e revísoo. Quitei unha referencia que non funcionaba tampouco no artigo en castelán, a que estaba na imaxe da sección antecedentes, xa que tampouco a vía necesaria porque a información está no ficheiro; pero se pensas que hai que incluíla, haberá que facelo dunha forma diferente a como estaba xa que non funcionaba. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 02:55 (UTC)Responder

RE editar

Grazas pola benvida! Estiven un pouco liado estes meses na universidade, a ver se podo adicarlle algo máis de tempo ao proxecto. Felices festas! --AMPERIO (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 19:13 (UTC)Responder

Re:Revolución Rusa editar

Mmm...Non sei que máis deberíamos ampliar do artigo. Pode quedarnos algo enorme tipo Historia dos eslavos do sur (que, sen menosprezar o artigo, sexa interminable). Se ben é certo que deberíamos optar a que fose de calidade en lugar de bo, non sei se deberíamos engadir seccións dos outros artigos por ampliar este, de feito quitei partes do orixinal que se ían xa polos cerros de Úbeda e falaban ata da Segunda Guerra Mundial. Agora ben, se te animas dime o que engadirías e intentamos facer algo. Se non, deixamos que saía como bo e máis adiante nos poñemos ao choio. Apertas. --AMPERIO (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 10:58 (UTC)Responder

Wikirreto editar

Xa fixen decenas de artigos desa lista desde que Chairego lanzou a idea en 2016 (antes que empezase o concurso) e seguín despois do 1 de xaneiro. Ao final vaise saber o número final de artigos que fixemos entre todos e a posición da Galipedia no ranking mellorará. A parte competitiva do wikirreto non me importa moito persoalmente e non aumenta as miñas ganas de colaborar, aínda que creo que é unha boa idea porque motiva a outros participantes, xa que sempre pode ser divertivo e incentivante. Eu prefiro non participar nese aspecto do wikirreto. Se un se apunta é que segue as "bases" do concurso e non tería sentido borrarse despois.--Miguelferig (conversa) 9 de xaneiro de 2017 ás 22:02 (UTC)Responder

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global survey editar

Referencias

  1. This survey is primarily meant to get feedback on the Wikimedia Foundation's current work, not long-term strategy.
  2. Legal stuff: No purchase necessary. Must be the age of majority to participate. Sponsored by the Wikimedia Foundation located at 149 New Montgomery, San Francisco, CA, USA, 94105. Ends January 31, 2017. Void where prohibited. Click here for contest rules.

Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)Responder

Israel editar

Fixen unha proposta para ver se logramos que apareza o artigo Israel na portada. O ano pasado quedou a só un voto de saír, penso que este ano tralas melloras que se fixeron pode resultar elixido! Anímote a participar na votación. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 17 de xaneiro de 2017 ás 20:54 (UTC)Responder

RE:Borrar editar

Estabas apuntado en Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas, xa te borrei. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2017 ás 01:14 (UTC)Responder

Para nada, que tódolos problemas sexan coma ese :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2017 ás 22:17 (UTC)Responder

Wikirreto 2017 - Xaneiro editar

Parabéns! Gañaches o Trofeo de Prata do mes de xaneiro do Wikirreto 2017. --Chairego apc (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 14:17 (UTC)Responder

 
Wikirreto 2017-Xaneiro
(Trofeo de Prata)

xudeus editar

Non recollín nunca información sobre os xudeus na cultura popular galega, e non teño marcado con "etiquetas" os meus refraneiros e cantigueiros, polo que non che podo dar material para ese suposto artigo. Tan só atopo, así facendo unha busca por riba, tres refráns:

  • Non teñas por amigo crego, frade nin xudeo (Eladio Rodríguez, s. v. amigo)
  • Ó abade i ó xudío, dalles un ovo e pedirancho fritido (Eladio Rodríguez, s. v. abade)
  • Que sean dos meus, anque sean xudeus (Eligio Rivas Quintas (1988), recollido en Covelas, Os Blancos)

Por outra banda, xudío corre co significado de avaro (común) e malo, cruel (Francisco Porto Rey, 1900). Na Mezquita chaman xudeo á quen maltrata os animais (Constantino García González). Finalmente, xudiada é unha acción inhumana (común).

Sóame moito a presenza de xudeus nos contos e lendas, pero non podo concretar en ningunha, salvo a lenda do Xudeu errante, presente en Galiza como no resto do mundo, e que describe o Dicionario dos seres míticos galegos.

Haberá máis, seguro, pero eu non o teño localizado. E non parece que con estes vimbios se poida facer un artigo propio. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 7 de febreiro de 2017 ás 12:45 (UTC)Responder

  • Dous máis:
    • Dáme dos meus aínda que sean xudeu (Xesús Taboada Chivite, Cadernos de Fraseoloxía Galega 2, 2000)
    • Señan xudeos e señan dos meus (Taboada Chivite)

Pedro --Lameiro (conversa) 7 de febreiro de 2017 ás 13:50 (UTC)Responder

Jane_Joseph editar

Póñome coa revisión. Unhanova (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 09:41 (UTC)Responder

Non atopo como é en galego "arreglista". Non o atopei no DRAG, nin no bUSCatermos, nin no Digalego, nin no TERGAL. Tes un dicionario da música? Unhanova (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 13:03 (UTC) Cambieino por arranxadora Unhanova (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 13:59 (UTC)Responder

Onde pon "El continuou a asistir a Holst con transcricións, arranxos e traducións, e foi a súa libretista para o ballet coral The Golden Goose" penso que debería pór "Continuou a asistir a Holst con transcricións, arranxos e traducións, e foi a súa libretista para o ballet coral The Golden Goose" e que ese "el" era "ela". Estou no certo? Unhanova (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 13:59 (UTC)Responder

Puxen arranxadora porque non ten por que non ser correcto para a persoa que fai arranxos. Fixen máis cambios (revísaos) e deixei dúbidas na propia páxina, na sección de conversas. Quixen cargar unha foto dela desde a wikipedia en inglés, mais non fun quen. Quedou a medias na propia páxina. Sabes ti cargala? Unhanova (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 12:27 (UTC) Preguntei na Taberna e non se pode cargar porque ten autoría. Unhanova (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 13:07 (UTC)Responder

Á pregunta de se lle quitas a marca de que precisa revisión, non sei que contestar. Para un artigo que vai ser proposto como artigo de calidade, catro ollos ven máis que dous, se o pode ler outra persoa con ollos correctores, pode atopar algo que quedou atrás. Unhanova (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 07:52 (UTC)Responder

Se é así, por min, quítalla. Unhanova (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 11:50 (UTC)Responder

Jane Joseph editar

Estas son as miñas solucións:

  • nanny = neneiro (se é un home) ou neneira (se é unha muller). Ver Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para neneiro.
  • "Jane gave the minimum of worry to each person concerned by giving herself the maximum of hard work and forethought" = Jane deulle as mínimas preocupacións a todas as persoas preocupadas (interesadas, implicadas) dándose a si mesma o máximo de traballo duro e planificación". Cando se usa by +...ing quere dicir que se fai dese modo; ese é o modo en que ela o facía: cargaba todo o traballo sobre ela e liberaba aos demais. Se a tradución fose máis libre podíase poñer a frase máis bonita (pero o problema é que é unha cita literal); por exemplo: "descargaba na maior medida posible a todas as demais persoas implicadas de todas as preocupacións a costa de cargar ela coa maior parte do traballo duro e a planificación". Espero que sirva de axuda.--Miguelferig (conversa) 11 de febreiro de 2017 ás 23:49 (UTC)Responder

Revolución de Maio editar

Moi boas tardes. Onte comentabas na miña páxina de conversa algunhas obxeccións sobre devandito artigo. Respecto a engadir maior número de referencias para que o lector poida verificar en todo momento o redactado, puiden traballar arreo e as referencias xa están engadidas (  Feito!). Por outra banda, non me molesta en absoluto os comentarios, consellos e obxeccións que estou a recibir desde o primeiro día, todo o contrario, agradézoos completamente xa que estou aquí para aprender e gústame sentir e ter o voso apoio en todas as miñas accións. Douche, pois, as grazas polo teu comentario e tereino en conta en sucesivas ocasións. Un cordial saúdo, --RubenWGA (conversa) 14 de febreiro de 2017 ás 18:34 (UTC).Responder

Portal:Rugby editar

Boas meu. Non estou moi seguro de cal é a función dos portáis nin de que teñan moitas visitas. Sobre as competicións, se cadrá o máis axeitado sería distinguilas en dúas clases: de seleccións nun cadro, e de clubs noutro. Eu vou a facer algún artigo máis sobre xogadores da selección española e logo xa veremos. JonnyJonny (conversa) 15 de febreiro de 2017 ás 15:40 (UTC)Responder

No tocante a rugby XV, XIII, VII e outras variantes, a min paréceme todo rugby. Cada variante ten as súas normas, algunhas comparten o mesmo ente rector, outras non, pero en definitiva todas buscan o ensaio (nese artigo fálase de tódalas variantes), todas teñen a súa orixe na cidade de Rugby e en William Webb Ellis etc, e compre explicalo nun Portal:Rugby común. É a miña opinión. - JonnyJonny (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 14:14 (UTC)Responder

Modelo:Pobo xudeu en Galicia editar

Está rematado xa? --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 19:04 (UTC)Responder

Non, é que estaba revisando os artigos que estaban en uso, e como vin que levabas xa días sen editar nada nel pensaba que esqueceras retirar o marcador. Sobre a outra pregunta, por que o dis? Non teño ningún problema contigo, síntoo se deu esa sensación. --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 22:59 (UTC)Responder
Paréceme ben o que dis sobre o portal Eurovisión, o seu é que aparecera o artigo Festival de Eurovisión fixo, e os outros de xeito aleatorio. Sobre o da votación de Mozart en Italia pensaba que a votara... mais parece ser que non :) --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 23:38 (UTC)Responder

Angela Gheorghiu editar

Lin o artigo e anotei estas dúbidas:

Penso que estaría máis claro expresar isto doutro modo:

A súa graduación seguiu ao derrocamento de Nicolae Ceaușescu o ano anterior, o que lle permitiu procurar unha carreira internacional inmediatamente.

Estaba en bágoas.

É recomendable eliminar os eses en: CDs E DVDs

Dúbida de se habería que non o traducir: Romeo e Xulieta

Penso que aquí falta algo, peza?: Adriana é coñecida como unha bonita,

Isto non me cadra de todo: (non hai notas agudas difíciles, e unha orquestra dócil)

Sería mellor cambiar a orde?: difíciles relacións

Sería mellor que: exixía a Micaela a levar unha perruca loira poñer: exixíalle a Micaela levar unha perruca loira

A colocación do pronome en: e os enviaron

Cambiar: interpretando aos amantes por interprentando os amantes

Sería mellor cambiar a orde?: nunha nova e rara montaxe

Este tempo xa pasou: Para a tempada 2015-2016, está programado que represente Tosca por primeira vez no Met, na produción de Bondi.[45]

Esta cita está repetida: Porque eu crecín nun país onde non había ningunha posibilidade de ter unha opinión, iso fíxome máis forte agora. Moitos cantantes teñen medo de non ser convidados novamente por un teatro de ópera se se impoñen. Mais eu teño a coraxe de ser, en certo modo, revolucionaria. Eu quero loitar pola ópera, pois ela debe ser tomada en serio. A música pop é para o corpo, mais a ópera é para a alma.

Cambiar: Gheorghiu ten sido eloxiada por Gheorghiu foi eloxiada

Eu cambiaría toda esta parte por algo conciso: En 2006 foi escollida no posto 74 das «mulleres máis sexis do mundo» pola revista FHM.[53][54] En outubro de 2009, Alagna dixo nunha entrevista en Le Figaro que el e mais Gheorghiu se separaran.[55] Despois da separación, Gheorghiu negouse a cantar con Alagna nunha produción de Carmen na Metropolitan Opera en decembro de 2009.[56] O divorcio, non obstante, foi cancelado en decembro dese mesmo ano.[57] Nunha entrevista en marzo de 2011 para o Daily Express afirmou que ela e Alagna estaban xuntos de novo, e se lles viu de novo xuntos no backstage da Royal Opera House de Londres, onde Alagna estaba a interpretar Aida. Tamén afirmou nunha entrevista que aínda quería cantar separada do seu home por un tempo.[58][59][60] Máis tarde ese ano, ambos inauguraron un anfiteatro grego no Emirato de Qatar.[61] En xuño de 2012, cantaron xuntos en dúas representacións de La Bohème na Royal Opera House para conmemorar os 20 anos dende que se coñeceran na mesma produción. Tamén cantaron nun concerto conxunto en Buenos Aires, e planearon representar xuntos Manon Lescaut e Adriana Lecouvreur en tempadas futuras.[62] Gheorghiu dixo da súa separación: «Foi estúpido pola nosa parte estar separados».[63] Porén, en xaneiro de 2013, Gheorghiu anunciou que acordaran o seu divorcio.[64] Unhanova (conversa) 17 de febreiro de 2017 ás 07:57 (UTC)Responder

Comentario votación editar

Estiven relendo o que escribín despois de envialo, parece que estou un pouco borde nas miñas palabras máis non é así. Espero que non dera esa sensación, pero escribín rápido e non parei a pensar no ton que puidera desprenderse. Grazas por votar polo artigo, unha aperta. --AMPERIO (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 22:56 (UTC)Responder

Por certo... se podes, aínda que non o votes, revisa tamén o de República Soviética Húngara que ás veces a min dáme a sensación de que se entende ben algo máis como se pode ver parece que non. Se cadra terei que cambiar de temas, que a política xa parece que aburre a xente e xa non votan. ;) --AMPERIO (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 23:01 (UTC)Responder

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia survey editar

(Sorry to write in English)

Re:guerras médicas editar

Puff, me da un poco de pereza... Estoy arreglando algunos artículos con atención por que es un poco de vergüenza que hubiera 1014 artículos con algún problema (aún así nos quedan los 6140 que necesitan referencias, pero eso ya son palabras mayores). Aún así, si encuentro un rato intento añadir alguna referencia más al artículo. Un saludo. --AMPERIO (conversa) 24 de febreiro de 2017 ás 15:35 (UTC)Responder

loggetta editar

Loggetta en italiano é o diminutivo de loggia (galería), pero ten tamén un significado específico. O meu dizionario Zanichelli dá a seguinte definición de loggetta (traducíndoa porque é un dicionario só de italiano gordo, un tocho, pero non un dicionario bilingüe): "organismo arquitectónico ornamental composto por unha columnata ou unha serie de arcadas, erecto xeralmente para enriquecer parte dos edificios accesorios á construción principal". Agora o problema está en que non só abonda con saber a definición, senón que habería que saber tamén que termo se utiliza para iso en galego (castelán, etc.). Eu non sei moito de termos de arte especializados, polo que non podo axudar moito. En canto á revisión da tradución non teño moito tempo ultimamente e é moi laborioso revisar unha tradución, porque hai que ler as dúas versións á vez, e, neste caso, tamén hai que entender de termos de arte e arquitectura, pero cando acabes o artigo intentarei lelo e ver se algo me chama a atención porque me pareza raro ou mellorable, pero non podo prometer nada.--Miguelferig (conversa) 26 de febreiro de 2017 ás 23:13 (UTC)Responder

Eugenia Osterberger editar

Por se che interesa.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/eugenia-osterberger-ten-moita-importancia-historia-da-musica-galega/20170304181617055460.html http://culturagalega.org/noticia.php?id=27209

Non ten entrada na Galipedia.

Unhanova (conversa) 8 de marzo de 2017 ás 11:49 (UTC)Responder

Correo editar

Boas tardes. Se me mandas un correo, mándoche de volta a información que o catálogo de Galicia cen trae sobre a Biblia Kennicot. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 8 de marzo de 2017 ás 15:32 (UTC)Responder

Cambios importantes na votación: Revolución de Maio editar

Moi boas Piquito/Arquivo 5. Xa que vostede se interesou na votación para converter ao artigo Revolución de Maio artigo de calidade, coido de gran importancia avisarlle de que o artigo sufriu un gran número de modificacións relevantes que o cambian por completo debido a problemas graves no interior do mesmo. Agradeceríalle, pois, o seu interese e dedicación no caso de que teña tempo para revisar novamente e completamente a proposta presentada o pasado 13 de febreiro e que cumpre e remata o prazo o vindeiro 15 de maio. Desculpe os inconvenientes e as molestias que isto lle poidese ocasionar, novamente grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 23:14 (UTC).Responder

PD: Tamén infórmolle e invítolle a botar unha ollada a miña proposta para converter ao artigo Miguel Shishman en artigo bo. Para ir á páxina da proposta presentada: pinche aquí. Novamente moitísimas grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 23:22 (UTC).Responder

Concordo absolutamente. A revisión deste tipo de artigos é moi custosa de facer. Espero que a prórroga sexa aceptada de boa fe para darlle as voltas que se necesiten. Non podo estar máis agradecido por toda a túa axuda, traballo e interese. Moitísimas grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 23:17 (UTC) .Responder
Que se lle vai facer Piquito... Agora toca esquecer un pouco todo o "periplo" e centrarse na mellora do artigo para, se cadra, poder presentar de novo a proposta que, ao meu xuízo, non ía mal tirada mais se me foi das mans dun día para outro. Grazas pola túa colaboración e sinto as molestias que isto puidese ocasionar. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 15 de marzo de 2017 ás 22:43 (UTC).Responder

Votos. editar

Ola, Piquito. Cando presentas unha proposta a votación sabes que haberá quen vote a favor e quen vote en contra. Eu non voto na túa contra, nin de xeito sistemático nin de xeito accidental, eu voto a favor ou en contra das túas propostas e de calquera outra cando me parece e polos motivos que a min me parece. Por favor, non volvas tomar como un ataque persoal contra ti ningunha das edicións que eu faga na Wikipedia, eu non edito aquí para ter con quen rifar, eu edito aquí para contribuír a facer unha enciclopedia galega e en galego. Un saúdo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15 de marzo de 2017 ás 22:52 (UTC)Responder

RE:Fai o que vexas con isto editar

Eu penso que non é necesario riscar ese voto porque realmente os prazos de votación non están claros, e, a maiores, como ti dixeches, non afecta ós resultados. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de marzo de 2017 ás 09:04 (UTC)Responder

Seis Nacións editar

Por min adiante. Xa o vin noutras wikis. JonnyJonny (conversa) 25 de marzo de 2017 ás 00:11 (UTC)Responder

RE:"Méritos" dos artigos de calidade editar

Non hai problema Piquito! Xa sei que non era un criterio en serio e entende tamén que o meu comentario non ía en plan mal, senon por lembrar o que todos xa sabemos. En calquera caso, agradézoche a túa resposta, saúdos, e a seguir co bo traballo! --Norrin (Fálame) 28 de marzo de 2017 ás 07:35 (UTC)Responder

RE:Aviso editar

  Feito!, hai tempo de sobra para consiga os votos necesarios, a ver se podo botarlle un ollo para a semana. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de marzo de 2017 ás 09:39 (UTC)Responder

RE:Bizet editar

Boas tardes Piquito. Máis que entendido, desculpa as molestias. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 19 de abril de 2017 ás 12:37 (UTC).Responder

RE:Nadezhda Krupskaia editar

Boas tardes Piquito. Estou de acordo cos motivos para o cambio de sección do artigo Nadezhda Krupskaia na listaxe de artigos de calidade e, por suposto, co da orde alfabética. Sobre o peche da votación, coido que si que me apresurei un pouco en pechala xa que había un debate aberto na mesma e non pasaran, como ben dis, 30 días exactos. Moitas grazas por estas observacións que terei en conta de agora en adiante. Desculpa as molestias. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 20 de abril de 2017 ás 11:40 (UTC).Responder

  Feito! Agora o artigo de Nadezhda Krupskaia xa se encontra na sección de Política e non na de Literatura. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 20 de abril de 2017 ás 11:46 (UTC).Responder

Georges Bizet editar

Ola Piquito, estiven lendo o artigo Georges Bizet que presentaches a votación para calidade. Hai varios maestro que non sea se deberían ser mestre (ver a 5º Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mestre.), o mesmo para villa, en galego existe o termo vila para referirse a unha casa señorial (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vila.). Supoño que sería un despiste, pero quería consultalo contigo antes de cambialo por se o deixaches así por algún motivo. Un saúdo. --Gobraves (conversa) 20 de abril de 2017 ás 17:01 (UTC)Responder

RE:Modelos para as gráficas editar

Xa temos o Módulo:Diagrama, se non as das convertido avísame e revísoas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2017 ás 09:45 (UTC)Responder

Gráfica de evolución de Piquito/Arquivo 5 entre 1925-26 e 32-33
Segundo Incze, p. 41.[1]
Copiei o modelo (o modelo Diagrama non é complicado de usar pero non atopei como poñer as cantidades enriba das barras), non funciona de todo, non sei por que pero para a gráfica dese artigo si funciona:
Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2017 ás 13:38 (UTC)Responder
Agora xa funciona, había que actualizar o modelo:Max. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de maio de 2017 ás 17:29 (UTC)Responder
Xa están amañados os dous primeiros puntos, o terceiro non o dou amañado, na wiki.es tamén sae así, pero non sei o que pode estar pasando :( Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2017 ás 10:10 (UTC)Responder

Referencias

  1. Incze 1954, p. 41.

RE:Modelo 6 nacións editar

Adiante. ningún problema pola miña parte. Como ti dis, o da wikipedia inglesa achega máis información. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 12 de maio de 2017 ás 11:47 (UTC)Responder

Traité d'instrumentation et d'orchestration editar

Ola. Rematei coa tradución do artigo: fíxenlle unha primeira revisión para arranxar modelos, etc. Vouno publicar, para que estea exposto a toda a comunidade e lle atopen os erros. Cando teñas o tempo (do que todos carecemos) bótalle un ollo, por aquilo das precisións terminolóxicas. Un saúdo e coméntame o que vexas. Servando2 (Dime) 24 de maio de 2017 ás 13:50 (UTC)Responder

RE:Rachmaninov editar

O artigo Sergei Rachmaninov non tiña a categoría . Ó pasar as categorías do artigo a categoría epónima sobreescribiuse coas que levaba o artigo. Foi unha omisión involuntaria á hora de facer o traslado das mesmas. Non a eliminei sen máis, non teño nada que consultar no tocante á categorización nesas temáticas, nin é o fin do mundo porque unha categoría non estea asignada a outra categoría durante un mes. Banjo tell me 26 de maio de 2017 ás 18:32 (UTC)Responder

RE:Varias cousas editar

Si, o artigo precisa referencias, contactei coa autora do artigo en castelán e está achegando referencias alí e eu estounas pasando ó noso. Se non sae escollido de calidade non hai problema, se consigo máis referencias poderá volver a proporse máis adiante.

O das imaxes todo nota, agora estou a traducir o artigo do Imperio de Malí, que cambiaron a lista e agora é un dos 1000 que toda wikipedia debería ter, e logo póñome con iso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2017 ás 01:15 (UTC)Responder

RE:Biblia Kennicott editar

Xenial, xa apuntei algo na conversa do artigo e cando teña un pouco de tempo revisareino con calma. Tamén irei pasando imaxes a Commons ós poucos. Isto cheira a artigo de calidade :)! Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 09:33 (UTC)Responder

Eliminación do voto? editar

Creo que te confundiches porque cando votei, tiña máis de 150 edicións e tamén cheguei ata ese día para ter a antigüidade mínima que hai que ter, é dicir, 2 meses ou 60 días. Pero en todo caso non pasou nada. Podo votar na túa proposta de artigos bos de hoxe? Creo que se debería propoñer para artigo bo a Finlandia e Suecia. Un saúdo. CristianCb (conversa) 17 de xuño de 2017 ás 10:06 (UTC)Responder

RE:Boston Bruins editar

Xa está revisado o artigo dos Boston Bruins, amañei todo o que vin e o único que creo que lle falta é actualizar un pouco os últimos datos porque polo que parece a información das tempadas só chega ata o 2014, e non estaría de máis poñer na páxina de conversa o modelo "traducido de" para que se saiba mellor dende onde foron achegados os contidos. É un artigo de calidade, cando o propoñas eu votarei a favor del. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2017 ás 17:31 (UTC)Responder

Portal editar

Bo día, pensei en poñer en andamento un portal de mulleres na Galipedia ao ver este https://pt.wikipedia.org/wiki/Portal:Mulheres e seica ti sabes de portais. Como habería que facer?. Unhanova (conversa) 10 de xullo de 2017 ás 10:49 (UTC)Responder

O obxectivo principal para min sería facer accesíbel o traballo de recompilación que a Galipedia está a facer das biografías das mulleres e, sobre todo, das galegas que poden non estar en ningunha outra Wikipedia. Iso non se vai poder facer por categorías e non se pode facer por un wikiproxecto, porque, aínda que temos o wikiproxecto galegas e o wikiproxecto mulleres, no wikiproxecto galegas quixen comezar a compendiar o traballo xa feito e non era posíbel. Por iso pensei nun portal. Unhanova (conversa) 12 de xullo de 2017 ás 07:05 (UTC)Responder

Supoño que ti pensas nisto https://en.wikipedia.org/wiki/Portal:Feminism ? A miña querencia por un portal viu por isto: Wikipedia:Wikiproxecto galegas[editar a fonte] Ola Unhanova. Trasladei os últimos engadidos que fixeches ao Wikiproxecto galegas á túa subpáxina de usuario: Usuario:Unhanova/Biografía de artistas galegas xa na Galipedia. O motivo é que están fóra do obxectivo do wikiproxecto. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2017 ás 19:31 (UTC) Bo día, HombreDHojalata, Chairego apc, Elisardojm pensei que podía estar dentro dos obxectivos porque na coordinación do proxecto falouse de "que sería mellor que non se borraran da lista os artigos que xa están feitos porque así podemos consultar aquí as listas completas, iso pode servir para outras tarefas como comprobar que están completas, atopar relacións entre elas para detectar outros artigos que poidan faltar, etc.". Como creo que a visibilidade das mulleres galegas na Galipedia non se vai conseguir por medio de categorías, pensei no Wikiproxecto galegas como vía de acceso ás biografías de mulleres galegas na Galipedia. Podería redefinirse o obxectivo do proxecto ou sería mellor crear un Portal como este da Wikipedia portuguesa https://pt.wikipedia.org/wiki/Portal:Mulheres ? Hai algún portal na Galipedia? Unhanova (conversa) 7 de xullo de 2017 ás 06:58 (UTC) Enténdote, pero iso que se falou referíase a outra cousa. O wikiproxecto non se pode empregar como substituto do sistema de categorización. E si, pódese facer un portal. Déixoche, a continuación, os enlaces aos portais que xa hai. Fala co Usuario:Piquito, que é o experto en portais na Galipedia. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2017 ás 10:51 (UTC) Unhanova (conversa) 12 de xullo de 2017 ás 20:26 (UTC) Sabendo que conto coa túa colaboración, vouno madurar con calma. Unhanova (conversa) 13 de xullo de 2017 ás 06:42 (UTC) Pensei bastante no portal e, de momento, desboto a idea. Creo que investiría moita enerxía e non lograría os obxectivos que procuro. Para a visibilización das mulleres na Wikipedia creo que de momento non hai substituto das categorías que valla. Un portal creo que non vale, eu acabo de saber dos portais da Galipedia, despois de levar tempo nela. Unhanova (conversa) 14 de xullo de 2017 ás 07:19 (UTC)Responder

Vin o portal e quería facer un cambio. Onde pon "lactancia" quería cambialo por "lactación" http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/lactaci%C3%B3n . Como se fan cambios nos portais? Unhanova (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 06:40 (UTC) Borra o anterior. Xa descubrín como facer o cambio. Unhanova (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 07:14 (UTC)Responder

Posible violación de dereitos de autoría en Sociedade Deportiva Tirán editar

Ola, Piquito, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo Sociedade Deportiva Tirán, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas. Banjo tell me 14 de xullo de 2017 ás 13:28 (UTC)Responder

Personalidades de Vigo editar

Os que me soan de algo son Xesús Alonso Montero, expresidente da RAG, Carlos Aymerich, político que estivo no BNG, Johán Carballeira, periodista e alcalde de Bueu, Martín Codax, trobador medieval, Alberto Comesaña, cantante de Amistades peligrosas, Antonio Durán "Morris", actor de cine, teatro e televisión, Ledicia Costas, escritora, Chus Lago, alpinista, Marta Larralde, actriz, Xosé Lodeiro, pintor, Pío Moa Rodríguez, xornalista, Carlos Mouriño, presidente do Celta de Vigo, Carlos Núñez, músico e gaiteiro, Avelino González, actor, Fernando González "Gonzo", xornalista, Borja Oubiña, futbolista, Pahiño, futbolista, Cándido Pazó, escritor, actor e director de teatro, Jonathan Pereira, futbolista, Mar Pereira, política, Ricardo Mella, anarquista, Carlos Príncipe, político e alcalde de Vigo, Teo Cardalda, músico, Rodolfo Ucha, arquitecto, Antón Reixa, músico, Kiko da Silva, autor de banda deseñada, Eva Solla, política, Jorge Suárez, alcalde de Ferrol. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de xullo de 2017 ás 18:33 (UTC)Responder

Palacio Ducal de Venecia editar

Boas Piquito, o artigo Palacio Ducal de Venecia, que creaches ti, ten un marcador de que precisa revisión, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2017 ás 09:14 (UTC)Responder

Só che avisaba por se non o sabías, sabes que aquí non hai présa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2017 ás 22:46 (UTC)Responder

Música barroca editar

Boas Piquito, o artigo Música barroca, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xullo de 2017 ás 08:45 (UTC)Responder

Tamén ten o marcador o artigo Baghèt. Por certo, se non queres que che avise destes marcadores, coméntamo sen problema e xa non che molesto con estas cousas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xullo de 2017 ás 02:08 (UTC)Responder

Mozar editar

Boas Piquito, claro que me gustaria axudar no que poida, pois este é un artigo no que eu xa traballei arreo, e todo o que sexa melloralo parecene ben. Un saudo--Alfonso mande 28 de xullo de 2017 ás 07:51 (UTC)Responder

Detroit Red Wings editar

Boas Piquito, no artigo dos Detroit Red Wings o apartado de "Equipos afiliados" está sen traducir. Se non podes ocuparte del polo momento, quizais o mellor sería poñer esa sección entre comentarios para que non aparecera no artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de agosto de 2017 ás 17:41 (UTC)Responder

Prokofev editar

Grazas a ti por todo o que fixeches polo artigo. Aproveitei para escoitar a obra... e ao fin conseguiu a estrela;)--Viascos (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 00:28 (UTC)Responder

RE:Se tes un momento editar

É unha tradución? de que wiki? É que ó mellor me axuda ver o artigo orixinal. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de setembro de 2017 ás 00:08 (UTC)Responder

Xa, pero é que busquei o nome en polaco na wiki.en e non atopei o artigo, podes darme a ligazón? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de setembro de 2017 ás 08:21 (UTC)Responder
Eu que sei! :D Vou mirar que pasa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de setembro de 2017 ás 21:13 (UTC)Responder
Xa está, na última corrección non din atopado o documento orixinal e tiven que meter outra referencia, a referencia ós premios BPI, o que pasa é que non hai unha ligazón directa ós premios desa data, hai que facer unha busca e xa se atopa a información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2017 ás 09:16 (UTC)Responder

Cromatóforo editar

Grazas polas túas correccións. Estaban todas ben menos dúas: inmaturo (é así segundo o DRAG) e os efectos ópticos mencionados é mellor deixalos en plural porque o efecto Tyndall e a dispersión Rayleig son cousas distintas (de todos modos na frase faltaba unha letra en "os"). O que ocorre é que Shgür Datsügen propuxo varias páxinas miñas á vez e non teño tempo de revisalas todas rapidamente (faltaban tradución de imaxes, algunhas ligazóns vermellas importantes, un repaso xeral, mellorar o formato das referencias...), e ademais agora xa empecei a traballar (acabaron as vacacións). Pero irei facéndoo pouco a pouco. Grazas outra vez.--Miguelferig (conversa) 17 de setembro de 2017 ás 00:23 (UTC)Responder

Ambas correctas. Grazas.--Miguelferig (conversa) 19 de setembro de 2017 ás 07:41 (UTC)Responder

Israel editar

Boas, cando poidas, podes engadir na conversa do artigo Israel a wiki, ou wikis, de onde fixeches a tradución? Por certo, atopo bastantes erros ortográficos no artigo, aínda hai que revisalo bastante. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de setembro de 2017 ás 14:44 (UTC)Responder

Xa fixen o da conversa, Elisardojm. Lamentablemente non podo comprometerme a revisar o artigo, non dispoño de moito tempo, e o pouco que teño debo adicalo ás tarefas pendentes que teño, se consideras que non vai conseguir acadar o nivel ata o momento do peche da votación podes votar en contra e chamar aos usuarios que xa votaron para que reconsideren o seu voto, a min non me vai molestar que o fagas. Un saúdo, Piquito (conversa) 28 de setembro de 2017 ás 22:56 (UTC)Responder
Eu irei revisando o que poida, ata o 17 aínda hai tempo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 07:46 (UTC)Responder

(Israel) ישראל editar

Boas Piquito, estiven revisando por encima o artigo de Israel. Fixen algunhas correccións ortográficas de algunhas palabras que quedaban en portugués. Tamén actualicei os datos de poboación na cabeceira (substituíndo as cifras de xudeus e árabes por porcentaxes, como ven no artigo inglés), así como a cifra que aumentou considerablemente desde 2012. Habería que actualizar os datos do PIB que teñen tamén o costume de ir variando cos anos. Tratarei de botarlle algunha ollada máis ao artigo nos próximos días a ver se desta conseguimos que sexa por fin de calidade. Sobre o dos artigos principais e véxase tamén, recapacitei desde a última votación e non o vou considerar como un "handicap" á hora de votar. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 18:42 (UTC)Responder

RE:Artigos de calidade editar

Ti vai ó teu ritmo :) Poño o aviso cando ti prefiras, van a estar os dous unha semana. Se o poñemos hoxe estarán os dous xuntos uns días, o da basílica quitarase antes e o dos Flames quitarase un pouco despois. Se esperamos a poñer o aviso dos Flames, estarán os dous sós, así que, como ti prefiras :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de outubro de 2017 ás 23:43 (UTC)Responder

Feito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2017 ás 23:30 (UTC)Responder
Creo que tamén está listo para calidade Claude Lorrain, por se queres telo en conta para as votacións. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2017 ás 11:02 (UTC)Responder
Estaba ben contactar cos usuarios que participan nas votacións, se non fora porque teño visto moitos votos sen revisar os artigos, que aínda que vaia seguir facéndose, prefiro que non se fomente porque non é bo para os artigos de calidade. Cando remate o artigo do rañaceos mirarei o que tes por aí :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2017 ás 21:40 (UTC)Responder
Tamén está listo Intempo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2017 ás 13:02 (UTC)Responder
E Pixar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2017 ás 13:22 (UTC)Responder
O da Basílica aínda non ten os cinco votos así que, se queres, podes comezar por ese. O dos Calgary aínda ten bastante tempo para acadar os votos, non sei se deixar un pouco de tempo para ver se se anima a xente, non podemos "perder" os artigos propostos.
Por outra banda, penso que podería ser unha boa idea poñer un anuncio na taberna de que estamos a intentar conseguir os 150 de calidade, para que a xente "tome conciencia", porque non todos se decatarían da idea na conversa do quince aniversario, ti que dis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2017 ás 22:07 (UTC)Responder
O artigo do dodo e o da basílica xa teñen os cinco votos, se che parece ben, propoño o de Claude Gellée. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de outubro de 2017 ás 08:25 (UTC)Responder
Eu coméntocho por coordinarnos un pouco :) Ó final onte non puiden facer nada, vou ver se o propoño agora nun momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 08:11 (UTC)Responder
Xa está proposto o de Claude. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 08:22 (UTC)Responder
E preguntácheslle a Miguelfrig que artigos de calidade traduciu para revisar se poden proporse tamén aquí? É que acabo de botar un ollo ó artigo de Tartaruga xigante das Galápagos e penso que cunha revisión xa podería ser de calidade sen problema. É posible que xa fixera outros artigos dese estilo e ó mellor en vez de adicarnos a facer artigos novos o que poderíamos facer sería concentrarnos en revisar os que xa están traducidos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de outubro de 2017 ás 07:40 (UTC)Responder
Vale, pois eu creo que con todos eses artigos xa hai de sobra, agora o que hai que facer é revisalos e ir propoñendo. Eu os que fixen xa están revisados e poden proporse cando se queira, agora estou rematando de revisar o de Rosa Luxemburg e cando remate podo ir revisando outro. Queres que revise algún en concreto? Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de outubro de 2017 ás 10:36 (UTC)Responder
Si, o artigo que me dis de Mozart supoño que pode ser de calidade, pero hai que revisar a ortografía e as referencias. Outra cousa é que a xente se anime a votalo, iso xa non o sei. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de outubro de 2017 ás 15:07 (UTC)Responder

Portais editar

No Portal:Música hai unha ligazón rota cara a un ficheiro, coméntolle a o único editor, vostede que solucione o problema canto antes ,poñendo un novo ficheiro ou retirando a ligazón.

AshSXXI (conversa conmigo) 14 de outubro de 2017 ás 20:51 (UTC)Responder

RE:Claude Lorrain editar

Xa revisei a cita, só tiña uns detalles pequenos, consulteina no libro orixinal de Luna, na páxina 11, que está aquí e que acabo de atopar agora :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de outubro de 2017 ás 21:45 (UTC)Responder

Disparu editar

Vai todo ben? ※ Sobreira ►〓 parlez 6 de novembro de 2017 ás 13:47 (UTC)Responder

Nada, deixárasnos priocupadus, saíndo e non volvendo nun tempu. Ben que todo ben. ※ Sobreira ►〓 parlez 9 de novembro de 2017 ás 07:42 (UTC)Responder

Mahler editar

Boas Piquito, o artigo Mahler que tes en edición, está na lista de 1000 artigos que toda wikipedia debería ter, e este mes sae na lista de artigos con problemas porque ten demasiado texto noutra lingua, cousa que é certa. Poderías poñer entre comentarios os apartados que teñas sen traducir? Penso que é máis axeitado e a ti tampouco che afectará no traballo porque terás o mesmo contido no artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de novembro de 2017 ás 08:59 (UTC)Responder

Reino de Hungría (1920-1946)‎ editar

Boas Piquito, vin que engadiches o artigo Reino de Hungría (1920-1946)‎ na lista da taberna e non puiden resistirme a botarlle unha ollada. Fixen algunhas correccións, a maioría substituíndo o termo incorrecto por un sinónimo que existira en galego. Por outra banda vin que aparece dúas veces (creo) escrita a palabra paradoxicamente e o corrector a sinala como incorrecta, polo que unha vez o cambiei por absurdamente e outra por sorprendentemente, que penso que son sinónimos válidos para cada un dos contextos nos que aparecía. Se queres bótalle unha ollada aos cambios que fixen por se non estás de acordo con algún deles. Polo demais, parabéns polo artigo, na miña opinión está listo para presentalo a votación, aínda que probablemente algún outro usuario lle atope algún problema que eu non fun quen de ver. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 11:17 (UTC)Responder

RE:Modelos para as gráficas editar

Xa está, non queda exactamente igual porque o modelo Campaña militar que temos está copiado de en.wiki e visualízanse de forma diferente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2017 ás 00:09 (UTC)Responder

RE:Erros en referencias editar

  Feito! O problema era que a dirección web tiña un "=" que facía que se escacharrara a ref, neses casos hai que poñer a dirección web usando o Modelo:URL Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2017 ás 02:04 (UTC)Responder

RE:Os 150 artigos editar

Vale, paréceme ben intentar facer de calidade os artigos máis curtos, iso facilitará a tarefa.

Sobre as propostas, hai que ter en conta que esta semana posiblemente haxa menos xente fedellando na wiki porque moitos marchan de ponte, por iso eu confío en que o artigo da sinfonía coral teña os votos necesarios nas semanas vindeiras. Tes razón en que hai que ir propoñendo artigos, pero eu espero que non haxa artigos "perdidos" xa que os artigos que se están a propor teñen un nivel moi alto. Se teñen algún problema intentarei amañalo xa que cantas menos baixas haxa creo que avanzaremos máis.

O do wikiproxecto paréceme ben, eu xa propuxera hai un tempo na taberna facer un equipo adicado a traballar en conseguir artigos de calidade, pero non tivera aceptación. Eu por min apúntome, con tres máis que se compremeteran xa se tería un equipo completo :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de decembro de 2017 ás 12:02 (UTC)Responder

Home, o traballo dependerá do número de artigos que se queiran sacar, ó mellor un artigo ó mes podería conseguirse de forma doada. Ou só os meses nos que non hai vacacións (verán e decembro...) Pero mellor era que houbese máis xente, claro. Sobre os "perdidos", xa se verá o que pasa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2017 ás 01:30 (UTC)Responder

RE:Problemas con Wikidata editar

Quitei esas imaxes de Wikidata porque non eran dela, e agora xa non saen no artigo. Eu penso que o modelo, aínda que teña erros, fai unha boa achega, xa que desa forma conseguimos que centos de artigos teñan unha foto asociada sen facer nada, cousa que penso que é moi importante. E aínda máis, se hoxe o artigo non ten foto, pero para a semana alguén lle asocia unha imaxe en wikidata, aparecerá automaticamente no noso artigo sen facer nada..., isto é o máis! ;). Xa, dis ti, sempre e cando poñan unha foto axeitada. Si, é certo, pero erros e vandalismos hai en todos lados e non os podemos evitar.

Se nalgún caso a imaxe que aparece no artigo é incorrecta, hai dúas solucións, amañala en wikidata ou poñer a imaxe que se considere axeitada no modelo do artigo. A maiores, os editores teñen total liberdade para poñer a imaxe que consideren máis axeitada no modelo, só se pon a imaxe de Wikidata se non se lle indica ningunha no campo de imaxe.

Pero se consideras que isto é un inconveniente, coméntao na taberna e que se fale sobre o tema, isto so é a miña opinión... Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2017 ás 13:23 (UTC)Responder

Seccións Biblia Kennicott editar

Boas, Piquito, eu uso control+f para buscar o texto Unhanova (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 11:05 (UTC)Responder

RE:Resucitar editar

Non atopei forma de conseguir esa información antiga, mandei un correo á web a ver se poden engadir a información das tempadas pasadas na nova web. Se responden algo xa che conto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 17:56 (UTC)Responder

RE:Hai que darlle lume editar

Propuxen o de Rosa Luxemburg, cando teña outro momento proporei o seguinte da lista. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2017 ás 09:33 (UTC)Responder

E tamén a Bizet, con estes xa hai propostas para uns días, a ver se a xente se anima a votar para a semana. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de decembro de 2017 ás 00:41 (UTC)Responder
Moi ben, no de Rosa Luxemburg aínda teño que traballar un pouco para amañar as cousas que comentou Banjo así que non teñas presa por revisalo. Sobre o de Bizet non vexo problema en que o votes, o que hai que considerar é a súa calidade, non importa quen o propuxo, nin agora nin no pasado, nin quen traballou nel, pero como ti vexas :) O da Biblia Kennicott podes presentalo sen problema cando vexas mellor, eu non o revisei a fondo e teño pendente subir as imaxes que me dixeras, o que pasa é que agora co traballo este dos 150 non podo subilas todas, se hai tres ou catro que che interesen máis, avísame e fago un oco para subilas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de decembro de 2017 ás 09:43 (UTC)Responder
Ok! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2017 ás 23:04 (UTC)Responder

RE:Imaxe editar

Segundo o artigo 27 da Lei de Propiedade Intelectual: "Los derechos de explotación de las obras anónimas o seudónimas a las que se refiere el artículo 6 durarán setenta años desde su divulgación lícita." Como o autor é descoñecido, habería que saber cando foi publicada (podería ser que se publicara despois da súa morte), pero enténdese que é unha imaxe antiga e que xa deberon pasar máis de 80 anos dende a súa publicación. Se nalgún momento aparecen máis datos dela, haberá que revisar se a licenza é correcta, polo momento púxena en Commons, tela en File:Eugenia Osterberger.jpg. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2017 ás 02:29 (UTC)Responder

En uso editar

Perdoa editei o artículo Club Balonmano Cantabria mentras tiña o marcador "En uso". AshSXXI (conversa conmigo) 5 de xaneiro de 2018 ás 15:21 (UTC)Responder

Hartwall Arena editar

Boas Piquito, o artigo Hartwall Arena, que creaches ti, ten un marcador dun problema, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 14:03 (UTC)Responder

Lista de óperas de Wolfgang Amadeus Mozart editar

Boas Piquito, o artigo Lista de óperas de Wolfgang Amadeus Mozart, que creaches ti, ten o marcador de non neutral, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 14:12 (UTC)Responder

Imaxes da biblia Kennicott editar

Boas, vou tentar subir catro ou cinco imaxes máis da biblia para ilustrar o artigo, o que pasa é que revisando o comentario que me deixaras ó respecto, non sei a que galería te refires "a primeira imaxe da galería". Será a galería dunha páxina web que consultabas ó crear o artigo? Lembraraste da dirección? Ou son os números de páxina desta web? Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 10:28 (UTC)Responder

Ok, hai que seguir dándolle a ver como vai a cousa. Seguramente para a semana faga as propostas que faltan para ter os 150 artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 22:32 (UTC)Responder
Vale, esperarei entón a ver como vai a cousa, o que pasa é que non hai outros artigos curtos preparados, mirarei os que están propostos a ver se algún outro se pode presentar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xaneiro de 2018 ás 08:44 (UTC)Responder

RE:Rosa Luxemburg editar

Para min todos os cambios están ben, de feito vou engadir *seno á lista do revisor ortográfico. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xaneiro de 2018 ás 23:48 (UTC)Responder

Tiñas razón, non se entendía moi ben, cambieina por "A crítica da política seguida por estes últimos faise aínda máis necesaria para Rosa Luxemburg". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 22:28 (UTC)Responder
Moitas grazas a ti pola revisión e os arranxos. Polo momento non vou seguir co de Rosa, estou revisando varias cousas do da India porque aínda hai que retocalo bastante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 23:22 (UTC)Responder

RE:Un novo editar

Moi ben, o da penicilina aínda teño que amañalo máis para engadirlle máis referencias, a ver se está para a semana. Dos que están listados na taberna aínda falta por presentar o dos Boston Bruins e Gustav Mahler. Eu estiven traballando tamén no de Anton van Dyck, pero aínda non está listo de todo, hai que engadirlle algunhas referencias máis, pero podería presentarse para que entrara no prazo e darlle os retoques despois. Por certo, no artigo da sinfonía prefería a outra foto :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 23:18 (UTC)Responder

O dos avisos é un tema pendente que teño que resolver, polo momento, non vou poñer máis avisos ata que se aclare o tema. O que vou facer é estar máis atento para revisar os artigos que non conseguen os votos para avisar cunha semana de antelación ós usuarios que participan normalmente nesas votacións. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 08:50 (UTC)Responder

Remo editar

Buenas tardes Piquito, y perdona que te escriba en español. He visto que estás traduciendo el artículo que escribí sobre el Balonmano Cantabria, muchas gracias por el esfuerzo, pero yo quería escribirte porque suelo escribir sobre temas de remo, y he visto que en la Wikipedia en gallego eres quien ha creado los artículos de los clubes y quería saber si podría pedirte la creación de algunos que faltan y me parecen importantes. Gracias y un saludo. --Vanbasten 23 (conversa) 27 de xaneiro de 2018 ás 13:07 (UTC)Responder

Genial, me alegro mucho que estés de acuerdo en ir mejorando artículos sobre remo. Formo parte del Wikiproyecto Remo en Wikidata y mi idea es ir mejorando el remo en banco fijo, tanto en Wikidata como en eswiki, por eso me parece muy importante la labor que has hecho en glwiki y la que hace Gartxoak en euwiki. Mi idea es que todos los clubes de remo que tienen banco fijo tengan artículo en esas tres versiones (y buscaré alguien para la francesa que también está muy avanzado el tema). Y que todos tengan un mínimo de información. He mejorado Plantilla:Ficha de equipo náutico para que recoja los datos de Wikidata y así nos facilite la recogida de ciertos datos básicos. Poco a poco iré añadiendo información a los clubes de remo en eswiki, actualizando la información y añadiendo nuevas fotos, que son muy necesarias en algunos casos. Me he ido creando aquí una tabla con todos los clubes (falta alguno que iré añadiendo) para saber lo que nos falta. No hay prisa, lo principal es que existan y poco a poco se mejorarán y se añadirán sus correspondientes referencias. Un saludo y gracias. --Vanbasten 23 (conversa) 28 de xaneiro de 2018 ás 15:31 (UTC)Responder

Dana Antal editar

Boas Piquito, fixen a tradución do artigo Dana Antal da wiki.en, cando teñas un momento a ver se podes botarlle un ollo porque hai varias cousiñas que non sei a que se refiren e outras que seguro que puxen mal. Na proposta de calidade do artigo comentei con AMPERIO que unha opción para visibilizar as xogadoras que non teñen foto sería facerlles o artigo, tentarei facer os que faltan nestes días. AMPERIO xa fixo o de Lesley Reddon, así que agora só faltan 11 :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 09:27 (UTC)Responder

O mesmo para Lesley Reddon, se tes ocasión de botarlle unha ollada mellor, xa que hai algúns termos e competicións que non estou moi seguro na tradución. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 17:25 (UTC)Responder
Elisardojm e AMPERIO, revisei por riba os dous artigos. Non vou ter tempo estes días a facer ningún artigo, pero grazas por crear eses dous! Piquito (conversa) 31 de xaneiro de 2018 ás 22:56 (UTC)Responder
Non pasa nada, eu irei facendo algúns ós poucos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 02:20 (UTC)Responder

Mariya Spiridónova editar

Boas Piquito, o artigo Mariya Spiridónova, que creaches ti, ten o marcador de revisar a transcrición dos nomes rusos, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 14:17 (UTC)Responder

Grazas polo aviso, Elisardojm, o certo é que non controlo moito do tema das transcricións rusas, se cadra AMPERIO, que fixo máis artigos de personalidades e historia rusa ten máis doado facelo (de feito vou amplicar o artigo de Rimsky-Korsakov e seguramente terá o mesmo problema). De todos xeitos, se el non pode, cando acabe algo do traballo que teño pendente podo ir revisándoo. De todos xeitos tampouco creo que haxa moita présa, os contidos do artigo están ben e a ortografía foi revisada, para min o tema dos nomes é un aspecto menor. Un saúdo! Piquito (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 00:26 (UTC)Responder
Podo botarlle unha ollada. Así de primeiras, dicir que en ruso non utilizan as tiles como o facemos nós (En Ruso no se utiliza tilde como en castellano, sino que el acento se identifica únicamente en la pronunciación). O nome Мари́я Алекса́ндровна Спиридо́нова, sería literalmente (en galego) Mariia (María) Aleksandrovna Spriridonova. En castelán, adoita verse transliterado como Marija. Penso que aínda que existe o nome María en galego, o correcto sería Mariia Spiridonova. --AMPERIO (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 12:25 (UTC)Responder
Xa o movín eu. Revisei algúns dos nomes que aparecen (algúns estaban escritos ben nalgún lado e a seguinte vez que os vín estaban mal..., deixo o marcador de momento, por que aínda non rematei). Por certo, penso que as datas anteriores a 1918 deberían incluír o modelo {{xulgregdata}}, por que como sabedes o calendario xuliano estivo en vigor en Rusia ata o 1 de febreiroxul./ 14 de febreiro de 1918greg.. Penso que de non incluílo pode dar lugar a confusión no lector. --AMPERIO (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 12:41 (UTC)Responder
Grazas por todo AMPERIO, e polo rápido que te puxeches a arranxar cousiñas! Piquito (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 13:57 (UTC)Responder

RE:Obxectivo virtualmente conseguido editar

Pois si, eu tamén me decatei e quedei todo sorprendido, non esperaba que se conseguira tan rápido. A verdade é que foi un gran traballo da comunidade. Agora o que había que facer era preparar unha nota de prensa para enviar ós medios comentando iso xunto co dos 15 anos e o wikimaratón de Ourense. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de febreiro de 2018 ás 02:22 (UTC)Responder

Ben, pois habería que dicir un pouco o que é a Galipedia, comentar cando comezou, algúns fitos conseguidos nestes anos (o número de artigos que xa temos, case 150 mil e 150 artigos de calidade que son ...) e que se vai celebrar o 15 aniversario cun obradoiro de iniciación á edición e un wikimaratón de edición de biografías de mulleres polo Día Internacional da Muller en Ourense... Podes comezala nunha subpáxina e imos traballando nela todos, se che parece ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 00:48 (UTC)Responder
Oki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 13:57 (UTC)Responder

RE:Eugenia Osterberger editar

Boas, xenial iniciativa, póñome agora mesmo a revisalo, pero tamén che comento que o meu nivel de galego é medio, se queres unha revisión ortográfica fina, fina, deberías contactar con Estevoaei ou Atobar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 08:33 (UTC)Responder

Mira, tes o artigo en uso, vas rematalo ou queres que che anote as cousas que atope na conversa? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 08:55 (UTC)Responder
Xa revisei a parte de traxectoria, con todo, dúas notas sobre a introdución:
  • pon "Santiago de Compostela (Galicia)", creo que Santiago é coñecido internacionalmente, non vexo necesario indicar que está en Galicia, pero isto só é unha opinión persoal...
  • Romanticismo liga con música no Romanticismo, que non existe, ó mellor ese artigo sería máis acaído neste caso, pero da unha mala impresión ver a ligazón a Romanticismo en vermello, ademais que induce a erro xa que o artigo si que existe... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 13:46 (UTC)Responder
Non quería dicir que sacaras o de España por ser Santiago, en Nova York e Madrid vexo tamén innecesario poñer o país, son datos de cultura xeral que todo o mundo sabe, e os que non o saiban poden velo no artigo (é engadir palla no artigo, dende o meu punto de vista). No do Romanticismo sigo pensando que non é correcto, induce a engano, da a entender que non existe o artigo Romanticismo e iso non me parece ben. Se existise o artigo de música no Romanticismo non habería problema en ligalo porque xa non habería ningunha dúbida, pero como vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 11:07 (UTC)Responder
Moi ben, que quede así entón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 17:31 (UTC)Responder
Pois por exemplo a última que usei foi esta, metes a dirección web da páxina e iso xenera unha imaxe co código QR. Tes que descargala no teu equipo, eu descargueina en tamaño medio, logo penso que pode redimensionarse sen problema. Así que a tes no teu equipo, tes que subila a Commons, podes metela na categoría "Galician Wikipedia QR codes". Se tes algún problema, avisa e fágocho eu. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2018 ás 09:03 (UTC)Responder

Nota de prensa editar

Boas, comecei o esqueleto da nota de prensa en Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario/Nota de prensa, hai que engadirlle máis detalles e ir engadindo a redacción. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 14:14 (UTC)Responder

Paréceme moi ben todo o que comentas, eu só puxen algunhas ideas iniciais para ir comezando, aínda non vin a redacción que se fixo despois, pero se podes engadir iso que comentas estaría moi ben. O do wikimaratón non da para máis porque é preciso facer un obradoiro de iniciación á edición xa que a idea é que se acheguen novos usuarios, e pola tarde non nos abrían o sitio para continuar, nese sentido non puidemos facer máis, e o que nos está a costar facer isto..! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 09:07 (UTC)Responder
Boas, se tiveras tempo de engadir o que me comentaches esta finde estaría estupendo porque, como xa se vai achegando a data do evento, é posible que o luns á noite ou o martes comecemos a enviala ós medios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2018 ás 07:11 (UTC)Responder
Vale, non hai problema, aínda estamos pendentes duns detalles para mandar a nota. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2018 ás 15:51 (UTC)Responder

Aleksandra Potanina editar

Fíxeno para poder gardar a miña edición que levaba un bo cacho preparando. É certo, os cambios que fixeches quedaron reflectidos novamente na miña edición (con algunhas modificacións máis). Como a túa aportación non se ía perder, revertín a túa edición para aforrar tempo. Simplemente iso. Non é un menosprezo nin un ataque ao teu traballo. --Chairego apc (conversa) 24 de febreiro de 2018 ás 14:20 (UTC)Responder

artigo editar

Ola, Piquito! Como vai todo?

Déixoche aquí a ligazón ao artigo de en:Alma Deutscher por se che apetece botarlle un ollo e te animas a traducilo.

Apertas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de febreiro de 2018 ás 16:10 (UTC)Responder

Wikidata editar

O outro día no obradoiro Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018 explicamos como facer para traducir as descricións dos apartados en Wikidata. Vaite facendo a idea de que no futuro unha boa parte da info dos artigos vai estar centrada en Wikidata, o que precisamente evita que os artigos se desactualicen nunha wiki ao actualizarse a información para todas as wikipedias desde Wikidata. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de febreiro de 2018 ás 21:00 (UTC)Responder

RE:Cabezallos dos portais editar

Boas Piquito, penso que si habería que crear un cabezallo para cada unha das cores que queres empregar. Saúdos. --AMPERIO (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 09:34 (UTC)Responder

A verdade é que nunca cheguei a pensar neste problema. O único que se me ocorre é numeres cada cabezallo (ou que lle poñas o nome da sección na que o queres poñer), por exemplo Portal:Diversidade sexual/cabezallo1 ou Portal:Diversidade sexual/cabezalloartigo, Portal:Diversidade sexual/cabezallo2 ou Portal:Diversidade sexual/cabezalloimaxe e así sucesivamente... Penso que é a única forma para que apareza como ti queres. A outra opción é usar as mesmas cores en todos, de verdade é necesario poñer cada cabezallo dunha cor distinta? --AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 12:20 (UTC)Responder

RE:Margaret Brown editar

Eu tampouco sei moito diso, así que busquei ídolo no DRAG e pon que é "substantivo masculino". Máis diso xa non che podo axudar, terías que falar con Estevoaei ou con Atobar para saber outros detalles. Por certo, a semana pasada pasei polo Conservatorio de Culleredo e a aula na que expoñían o de Eugenia Osterberger cadroume que estaba pechada :( Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 13:13 (UTC)Responder

Ottawa Senators editar

Boas Piquito, o artigo que no que estabas a traballar Ottawa Senators, leva sen traducir máis dun mes. O marcador de "en uso" pode empregarse como máximo durante trinta días (por iso foi retirado). Mira a ver se o podes rematar de traducir. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 24 de marzo de 2018 ás 00:35 (UTC)Responder

Engadinlle un marcador remarcando que aínda precisa tradución, se non se traduce nun prazo de trinta días, pasará á lista de páxinas para borrado rápido. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 30 de marzo de 2018 ás 16:52 (UTC)Responder

RE:Un lío editar

Pois anótoo na lista de tarefas, a ver cando podo botarlle un ollo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 22:41 (UTC)Responder

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global survey editar

WMF Surveys, 29 de marzo de 2018 ás 18:40 (UTC)Responder

Nikolai Rimskii-Korsakov editar

Boas Piquito, revisei ata o apartado de infancia. Hai moitas y que quizais deberían ser ii, sen ir máis lonxe na primeira liña do artigo no apelido Rimsky*. Non seguín por que a tarefa require bastante traballo e tempo. Aproveito para recomendarte que lle botes unha ollada xa que hai máis de un erro na escrita (espazos que faltan, cousas sen traducir do inglés...) --AMPERIO (conversa) 31 de marzo de 2018 ás 12:17 (UTC)Responder

Quebec Nordiques editar

Hai tempo, moito, moito tempo, dixérasme que revisara os artigos dos Canadiens e dos Quebec Nordiques, os Canadiens xa os revisara, hoxe revisei os Nordiques. Máis vale tarde que nunca :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2018 ás 13:00 (UTC)Responder

Grazas Elisardojm! Igual agora me animo algún día a darlle unha volta máis para sometelo a votación XD Piquito (conversa) 3 de abril de 2018 ás 14:40 (UTC)Responder

RE:Avisos editar

Feito. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2018 ás 22:21 (UTC)Responder

Pero o problema persiste. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2018 ás 08:38 (UTC)Responder
Non, non son libre, teño unha obriga xa que foi votado no seu día e estou no grupo de usuarios que teñen que facer iso. Tampouco estou libre polo que che expliquei por correo hai tempo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2018 ás 10:52 (UTC)Responder

Reminder: Share your feedback in this Wikimedia survey editar

WMF Surveys, 13 de abril de 2018 ás 01:39 (UTC)Responder

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia survey editar

WMF Surveys, 20 de abril de 2018 ás 00:48 (UTC)Responder

Consulta sobre títulos de obras musicais editar

Ola, desculpa a molestia, pero teño unha dúbida sobre a tradución de obras artísticas. No caso de artes plásticas Elisardo xa me comentou que é valido traducir o título da obra ao galego aínda que orixinalmente estivese noutra lingua. Agora ben, atópome con obras musicais baseados en mitos clásicos : Orfeo de Eurídice ou con libretos/obras inspiradas en obras textuais: Don Juan, Don Quixote, o crebanoces. Nestes casos se non temos datos de que houbera un espectáculo en galego (por exemplo El lago de los Cisnes, estreada como ballet ou obra musical pero anunciada co título en castelán ou unha ópera, xa que nas opera non é para nada habitual traducir o libreto ao galego) sería válido traducir o título ao galego se a correspondente historia/obra teatral/libreto tivo unha tradución galega a nivel teatral por exemplo?

Se a resposta é non, habería que deixalas polo título (no idioma que sexa, castelán normalmente) en que se estrearon en Galicia? ou habería que listar a lingua orixinal? por exemplo: As vodas de Figaro pasaría a poñerse como Le nozze di Figaro?

Moitas grazas--Maria zaos (conversa) 1 de maio de 2018 ás 10:56 (UTC)Responder

Moitas grazas, cando o hai, sigo o traballo que vés facendo ti: podo redireccionar moitas veces a entradas que xa están na Galipedia e entón é fácil e clariño dar por bo un título. Concordo co que indicas de título orixinal, pero hei consultar un pouquiño máis por se acaso, como indicas. Moitas grazas pola rapdez na resposta!:)--Maria zaos (conversa) 1 de maio de 2018 ás 11:25 (UTC)Responder

RE:Imaxes editar

O gravado de Le nouvel opéra, Charles Nuitter está en Dominio Público, o cartel de 1853 tamén, a imaxe dos Campos Elíseos de Madríd está en Ficheiro:Concierto en los Campos Elíseos, de Severini.jpg, o cartel da actuación de Valencia tamén, do teatro Solís hai unha categoría en Commons, a foto da páxina 8 tamén está en DP porque non se coñece o autor e xa pasaron máis de 70 anos dende a súa publicación. Pasa o mesmo coas outras fotos dela. A foto da páxina 15, unha foto "moderna" dun regalo si debe ter dereitos. As cartas tamén está en DP porque xa pasaron máis de 80 anos dende a súa morte polo que as súas obras están en DP, non ten sentido poñer a "C" no pé de imaxe. O gravado de Lucrezia tamén está en DP. Non é libre a foto da tumba. Se queres algunha delas intentarei subilas cando teña un oco. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de maio de 2018 ás 00:30 (UTC)Responder

Listo, están na súa categoría de Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2018 ás 15:56 (UTC)Responder
Eu fago iso mesmo :). Outra xente o que fai é recurtalas e poñelas sen fondo, eu iso non o sei facer moi ben así que simplemente recurto e gardo como jpg. Outra xente pásaas a formato svg, iso tampouco o fixen pero penso que non é difícil. Ou queres que che diga que licenza hai que poñer? As imaxes de firmas en Commons teñen que levar o modelo {{PD-signature|Spain}}
Eu non son de Culleredo, vivo en alí pero son de Santiago :). Igualmente agradézoche a ligazón que é moi interesante, cando teña unha oportunidade verei se atopo a súa casa para facerlle unha foto :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 09:05 (UTC)Responder
Si, xa o vin no artigo, vino unha vez na presentación dun libro, ten artigo: Carlos Pereira Martínez. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 15:30 (UTC)Responder

Foto dos grandes duques editar

Boas Piquito, vin a túa mensaxe na votación sobre a imaxe dos grandes duques que aparece no artigo Execución da familia Romanov. Se ben eu pensaba coma ti, hai un tempo vin que á xente ese tipo de cousas non lles molestan ou semella non importarlles, como se puido ver na votación Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Spanish Civil War - Mass grave - Estépar, Burgos.jpg. Se ben é certo que pode resultar desagradable a primeira vista, e penseino moito antes de engadila (de feito non incluín outras dos restos da familia que hai en commons, e outra do sacerdote que lles celebrou misa poucos días antes do asasinato e despois foi torturado polos bolxeviques, que tamén está en commons), esta imaxe dos grandes duques aparece en varios libros de historia que consultei sobre os feitos polo que ao tratarse dunha imaxe "relativamente" coñecida para alguén que lera algo sobre o tema, decidín poñela. Nos artigos Holocausto ou Masacre de Nanjing hai imaxes deste tipo tamén, se cabe peores ao tratase de miles de persoas as que aparecen. Por outra banda, temos imaxes de todo tipo nos artigos (véxase: pene, que ata ten un vídeo dunha exaculación, ou calquera outra relacionada co aparello reprodutor ou diferentes posturas sexuais que están para o meu gusto demasiado ilustradas, pero como temos Wikipedia:Material ofensivo todo semella valer como exemplo neses artigos). Por certo, a proposta tamén está aberta para saír na portada en xullo, cando se cumpren 100 anos dos feitos, se tes tempo, aínda que non a votes para bo (ou calidade) si te agradecería que opinases na outra. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 9 de maio de 2018 ás 10:24 (UTC)Responder

Evidentemente non estaba a comparar unhas imaxes con outras, tan só dicía que igual que se poñen unhas por que non poñer as outras? (ao que xa respondiches dicindo que unhas son procesos naturais e as outras non). Se ben é certo que se trata de persoas mortas e non poden decidir o que se fai coas súas imaxes, legalmente os seus "dereitos de imaxe" xa caducaron, por dicilo dalgún modo, é o mesmo caso que nas momias que hai nos museos. Sobre o que falas de "naturalizar a violencia", concordo en parte, pero tamén é certo que a violencia é algo que vemos no día a día, xa sexa no telexornal, na prensa escrita... ou mesmo en calquera representación de Cristo crucificado. O que non se pode é utilizar esas imaxes para dar a entender que uns son moi bos e outros son moi malos, como se fai ultimamente. A historia é a que é, non se pode cambiar, pero ocultala o único que fai e que máis tarde ou máis cedo se acabe repetindo. Sobre o que dis do Wikiproxecto, paréceme unha boa idea, pero xa temos o Wikiproxecto Rusia e so estamos dous usuarios, un dos cales non edita desde xaneiro... o mesmo pasa con Wikiproxecto Historia no que hai 8 usuarios rexistrados e tan só eu estou activo. --AMPERIO (conversa) 9 de maio de 2018 ás 12:14 (UTC)Responder

Finalmente mudei a imaxe por que considerei máis útil engadir unha de cada unha das vítimas (cando estaban vivas). Un saúdo.--AMPERIO (conversa) 9 de maio de 2018 ás 15:25 (UTC)Responder

Nota: AMPERIO, sobre o Wikiequipo de creación/revisión/proposta de artigos de calidade, como xa dixen varias veces, podedes contar comigo, se vós estades interesados, só hai que buscar outros dous... (se estades interesados poñemos un aviso na taberna e vemos que pasa) Poderíamos facer un grupo que procurara sacar un artigo de calidade ó mes, máis ou menos, para conseguir uns dez artigos de calidade ó ano. Cada participante podería engadir os artigos que prepare nunha lista conxunta, e desa lista irían presentándose, por orde, a votación da comunidade, antes ou despois da súa revisión... Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2018 ás 15:53 (UTC)Responder
Elisardojm, eu creo que con dúas persoas máis non sería suficiente, eu creo que precisariamos idealmente dez persoas para non estar cinco persoas revisando os artigos, que pode ser un traballo full time. Eu persoalmente non lle adico moito tempo ultimamente ao proxecto, por iso tampouco me lancei a facelo, pero sería cousa de que comezara a andar e ver en que medida me podo implicar. O que teño claro é que idealmente deberiamos tentar que participaran dúas persoas (mínimo) que tiveran moitos coñecementos de lingua (que é a principal carencia de todos os artigos propostos). Dende logo eu proporía que se revisaran os artigos antes de sometelos a votación para así ter canto menos algún voto asegurado da revisión previa. AMPERIO, eu estou só en varios Wikiproxectos, non pasa nada, é unha comunidade pequena e se alguén a quen lle interesa o tema comeza a editar pode que o Wikiproxecto vaia aumentando e sendo máis útil. Un saúdo, Piquito (conversa) 9 de maio de 2018 ás 21:18 (UTC)Responder
Actualmente vexo imposible reunir un equipo de dez persoas, a única solución que se me ocorre sería reducir o número de artigos a conseguir a final de ano, en vez de dez artigos o obxectivo podería ser acadar seis artigos de calidade, un cada dous meses. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de maio de 2018 ás 10:14 (UTC)Responder
Elisardojm, creo que para conseguir seis artigos de calidade nun ano é mellor quedar como estamos, porque podemos conseguir moitos máis de seis sen ningún problema sen necesidade de facer ningún equipo que traballe na revisión dos artigos. Piquito (conversa) 10 de maio de 2018 ás 11:05 (UTC)Responder
Moi ben, pois nada entón. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de maio de 2018 ás 11:24 (UTC)Responder

Nikolai Rimskii-Korsakov editar

Boas Piquito, gústame máis a foto que puxeches así que deixa estar. Botareille unha ollada cando poida, perde conta. No artigo do feminismo tentarei rematalo estes días e tamén verei de completalo co inglés. Xa che direi cando o teña feito. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 25 de maio de 2018 ás 10:36 (UTC)Responder

Boas Piquito, se queres xa podes ir botándolle un ollo a feminismo. Moitas grazas. --Breogan2008 (conversa) 25 de maio de 2018 ás 12:09 (UTC)Responder

Cabezallos editar

Creo que xa amañei o que me pediras dos cabezallos do Portal:Diversidade sexual, só había que coller o código das cores que empregaches para facer os bordes e poñelos no modelo box-header (que ven sendo o mesmo que os \cabezallos que empregamos nos demais portais). Para cambiar a cor do texto, tes que facelo na cor que aparece máis á dereita, por exemplo, para mudar a cor branca deste cabezallo tes que mudar o white pola cor que queiras: {{Portal:Diversidade sexual/box-header|Artigo destacado|Portal:Diversidade sexual/Artigo destacado|#ff69b4|white}} e {{Portal:Diversidade sexual/box-header|Artigo destacado|Portal:Diversidade sexual/Artigo destacado|#ff69b4|black}} Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 28 de maio de 2018 ás 23:11 (UTC)Responder

RE:Máis sobre Carolina Casanova editar

O único que se me ocorre é preguntar na biblioteca a ver se a teñen. O que pasa é que agora no verán non abre pola tarde, haberá que esperar un tempo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de xullo de 2018 ás 23:26 (UTC)Responder

RE:Campionato de Europa na Coruña editar

A verdade é que sabía que estaban a facer o Campionato pero nin se me pasara pola cabeza. Mirarei se teño algún momento libre hoxe e mañá, a finde eu tampouco estou aquí, e podo facer algunha foto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 08:59 (UTC)Responder

Boas, mandeilles un correo a semana pasada e dixéronme que podía coller as fotos que teñen na súa páxina de facebuk. Era visto que responderan iso porque este tema hai que tratalo con tempo porque sempre hai que aclarar cousas. Respondinlles agradecéndolles a súa colaboración e que para poder usar as fotos sería preciso que indicaran que tiñan unha licenza libre compatible coa da Galipedia. Estou esperando que me respondan a iso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xullo de 2018 ás 10:01 (UTC)Responder

RE:Sabes algo? editar

Non, cando mirei hai unhas semanas non cambiaran a licenza, tampouco me responderon ó correo no que lles explicaba como deberían facer así que non creo que a cambien... Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 00:59 (UTC)Responder

Re: desculpas editar

Non vexo problema a ter dúas propostas de artigo bo xuntas. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 22 de setembro de 2018 ás 19:56 (UTC)Responder

RE:FC Barcelona editar

Boas Piquito. Paréceme estupendo que o fixeras. Como supoño verías a edición a fixen antes de facer a consulta na Taberna, polo que aínda non había ningunha consulta aberta sobre o nome. Tras isto esquecín desfacela, polo que ben desfeita está a túa edición. Sobre o feito de poñer so o til nunha das ocasións é que cando reviso os artigos o fago por seccións, polo que se nese apartado só aparecía unha vez so o mudei nese caso antes de facer a consulta. Sobre os outros dous puntos que comentas non hai nada que dicir. Saúdos. --AMPERIO (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 14:21 (UTC)Responder

RE:Portada editar

Coa votación entendo que a comunidade concorda con cambiar o estilo da linguaxe na portada, sempre e cando atopemos algunha forma de indicalo de forma que siga o estilo desa modificación. A min non se me ocorre como poñelo, e a ti? Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2018 ás 08:10 (UTC)Responder

Acaba de prendérseme a bombilla. Que tal "hai un total de 92 736 persoas rexistradas"? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2018 ás 11:26 (UTC)Responder
É que "contas persoais" non me da a impresión que teña o mesmo significado, asócioo máis a unha conta bancaria, nunca o vin usado no senso que ten esa frase. Preguntámoslle a todos, podes comentalo na taberna no fío no que tratamos o tema, por exemplo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2018 ás 23:23 (UTC)Responder

Lagskar editar

Engadín nomes de animais polo seu nome común. O peixe carpín non vén no DRAG pero si no Digalego. Outros nomes puxen o que se usou como título na galipedia e o alternativo do Digalego. Rascón é sospeitoso de ser castelanismo, pero está aceptado no Digalego, igual que pigargo. En xeoloxía deixei sill (~peitoril dunha fiestra, alféizar), pero que se usa na literatura xeolóxica de todo o mundo practicamente, e nós estudamos Ciencias Naturais con ilustracións que poñían sill. Lámina, que usaron na wikipedia española (non sei se correctmente), ten un significado en sedimentoloxía de rochas sedimentarias (capas máis finas que os estratos), polo que non sei se se pode usar como sinónimo de sill (feito de rocha magmática); nunca o vin e da wikipedia española non me fío; en todo caso habería que dicir lámina intrusiva concordante ou algo similar para que non houbese confusión. Sill aparece no BUSCatermos do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, xunto con filón camada. As algas deixeins co nome científico. Fixen algunhas modificacións tamén de tipo lingüístico.--Miguelferig (conversa) 11 de novembro de 2018 ás 13:22 (UTC)Responder

Hildegard von Bingen editar

Boas Piquito, se tes pensado continuar con Hildegard von Bingen deberías poñerlle o marcador de uso, xa que pasaron 30 días desde a túa última edición e o artigo aínda ten partes en portugués. Saúdos. --AMPERIO (conversa) 19 de novembro de 2018 ás 17:50 (UTC)Responder

RE:Banner editar

O banner non queda no mesmo sitio no que está, ponse na cabeceira da páxina pero si se redimensiona ó cambiar o tamaño da páxina. Podes facer unha proba, editas a páxina e cambias o ficheiro por {{PAGEBANNER:Portal FinlandiaImage.jpg|toc=no|origin=1,0,5}} e dándolle a vista previa xa ves como quedaría. Tamén fixen unha proba en Usuario:Elisardojm/PortalFinlandia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2018 ás 09:00 (UTC)Responder

RE:Fotos editar

Tomo nota e a ver se me lembro algún día que pase por alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 09:08 (UTC)Responder

Liceo Deportivo editar

Ola, Piquito. Non sei se viches esta nova sobre o acordo entre o Liceo HC e o Deportivo da Coruña. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de decembro de 2018 ás 14:36 (UTC)Responder

Ola Estevo(aei)! A verdade é que non a vira, xa se podía intuir dende que meteron a segunda equipación branquiazul... a min non me gusta, sinceiramente, porque todo o que toca o Depor... xa se viu o Karbo, esperemos que só sexan catro anos, o Liceo se recupere economicamente, e logo recupere a súa identidade e se desligue do Depor, a verdade é que hai anos que non vou a un partido, o de Lamas cos malos tratos desconectoume e agora o certo é que me interesa máis o equipo da miña vila ou o desaparecido Cerceda que o Liceo... que se lle vai facer. Un saúdo e grazas pola nova, tentarei ampliar o artigo cando acabe con eses dous (e pode que co do Dominicos ou Borbolla, quen sabe). Piquito (conversa) 18 de decembro de 2018 ás 20:51 (UTC)Responder

Finlandia editar

Boas Piquito. Atopei unha páxina na que veñen varios documentos históricos sobre Finlandia desde o ano 1200 ata 1944, por si te interesa botarlle unha ollada. Un saúdo e bo Nadal. --AMPERIO (conversa) 23 de decembro de 2018 ás 16:19 (UTC)Responder

Agradezo as túas palabras. Eu en ningún momento tiven intención de atacarte, como parece que deu a sensación... de feito tratei de atuar con normalidade contigo precisamente para que viras que non me pasaba nada e que non quería que te sentises molesto (pequei de non pedirte desculpas no seu momento, iso o teño que recoñecer). Penso que os sucesos que tiveron lugar despois debéronse a unha serie de casualidades que acabaron desembocando no "gran estoupido" de hai dúas semanas e que en certo sentido penso que veu ben para, desfogar os dous e deixar claro que había unha tensión latente. Polo que a min respecta non teño ningunha intención de enfadarme, a pesar de que non nos coñecemos en persoa, penso que a traxectoria de "amizade", por chamalo dalgún xeito, que tivemos estes anos aquí na Galipedia, é máis importante ca o deseño dun portal, a imaxe dun conflito en Finlandia de hai 100 anos ou un voto sobre un club de balonmán, polo que pola miña parte non hai problema ningún contigo. Sinto tamén si dixen algo que puido resultarte molesto, se o fixen foi froito do enfado do momento e son consciente de que non axudaron no momento. Penso que sería bo, tratar de non saltar tan rápido ante certas actuacións, non xa miñas ou túas, falo en xeral. Quizais tomamos isto (a Galipedia) como algo demasiado persoal, probablemente por que somos, como quen di, catro gatos os que participamos de xeito activo nas conversas da taberna e demais. En calquera caso, alédame poder falar contigo disto e poder dar un pequeno paso no restablecemento das relacións diplomáticas entre ambos. --AMPERIO (conversa) 23 de decembro de 2018 ás 18:36 (UTC)Responder
Isto gústame moito, xa vin o comentario de Piquito na conversa de AMPERIO, parabéns ós dous e espero que sigades dando pasos por este camiño :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 01:01 (UTC)Responder

RE:Actualizacións automáticas nos artigos? editar

Boas, eses modelos non os temos na Galipedia, pero polo que vin, non son datos actualizados automaticamente, están gardados neste modelo, pero son dunha data fixa, do 2018-08-31... Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 01:01 (UTC)Responder

Xa está, podes velo en Modelo:Poboación cidade finlandesa, pero é unha adaptación do modelo de en.wiki, tes que revisar o nome das cidades. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2018 ás 18:00 (UTC)Responder

RE:Marcadores de WikiProxecto editar

Eu non o vexo tan raro, ten en conta que ese foi un período convulso e no que a independencia de Finlandia estaba aínda en cueiros. A influencia rusa nese conflito civil foi moi grande e probablemente de non estar a propia Rusia sumida na súa propia guerra civil interna, os esforzos rusos houberan sido incluso maiores. Por non falar das posibles consecuencias dunha vitoria dos Vermellos, que con toda probabilidade se houberan reintegrado na URSS. En todo caso, tendo en conta que iso ao final son cábalas e suposicións, sobre a presenza do marcador do WikiProxecto nun artigo sobre a guerra civil de Finlandia, penso que está xustificado en tanto que o artigo fala das Revolucións de Febreiro e Outubro, cando Finlandia aínda era o Gran Ducado de Finlandia e por tanto parte do Imperio ruso.

Sobre o adaptar o marcador do WikiProxecto ruso para que poida ser unha pequena barra que se despregue para ver a información, penso que non é necesario. Temos outros artigos nos que se inclúen marcadores similares e que nun principio podería parecer que non gardan relación co artigo (v.p.e: Nicolao II de Rusia inclúe os marcadores do WikiProxecto Rusia e do WP Catolicismo oriental, e no que nos poderíamos preguntar que ten que ver o segundo co artigo ata que vemos que Nicolao II foi canonizado xunto a súa familia pola Igrexa ortodoxa rusa). O que quero dicir é que as páxinas de conversa tampouco son páxinas que teñan tantas visitas do público en xeral como para xerar tal clase de dúbidas entre os lectores. Para mín, máis que agochar, por chamalo dalgún modo, o marcador de interese do WikiProxecto Rusia, o que habería que facer é crear o do WikiProxecto Finlandia (so tes que copiar e pegar o código e cambiar dúas cousas: a imaxe e o nome) e poñelo no artigo, da igual que estean baleiros os criterios como pasa en Nicolao II co do Catolicismo oriental, xa se completará. A solución que utilizan na wiki inglesa está ben cando hai tropecentos modelos como pasa ali, pero aquí tendo tan só, creo que neste haberá como moito un ou dous máis, non o vexo necesario. Temos páxinas de conversa que teñen incluso máis modelos, por exemplo Israel. En calquera caso, a proposta que fas non require a adaptación dos modelos dos WikiProxectos, senón a creación doutro modelo distinto que automaticamente faga a agrupación. Pero como xa dixen, vexo máis lóxico a día de hoxe, crear o modelo do WikiProxecto Finlandia máis que agochar o do WPRusia. Aínda que para gustos, colores. --AMPERIO (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 10:34 (UTC)Responder

Creado queda o Modelo:Wikiproxecto Finlandia, a imaxe que collín foi a mesma que empregaches en Modelo:Usuario Wikiproxecto Finlandia, para que fora igual. Engadino en Conversa:Guerra civil finlandesa por riba do WP Rusia. Aínda que de momento non o vexas necesario, non está de máis telo nese artigo e así non queda tan raro, como dis, que apareza unicamente o modelo do WP Rusia. --AMPERIO (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 11:34 (UTC)Responder

Fixen o Modelo:WikiproxectosBanner baseándome no que teñen na wikipedia en inglés. Alí tiñan varios submodelos, que non sei se farán falta para o noso, pero probeino e semella que funciona. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 12:22 (UTC)Responder

Grazas AMPERIO! Piquito (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 14:12 (UTC)Responder

RE:1000 artigos editar

Xa, pero tes que ter en conta que esa lista está baseada no currículo escolar desas idades, e eses temas é posible que teñan unha porcentaxe semellante de representación nas súas materias... Outro tema é que eses artigos sexan, ou non, os máis interesantes para esas ideas, esta é a lista base traducida de eu.wiki, e agora precisamos que xente que coñeza o currículo galego as axeiten ó noso caso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2018 ás 01:19 (UTC)Responder

RE:Anuncio editar

Listo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2019 ás 23:59 (UTC)Responder

Re: Revisión lingua editar

Sen problema, botareille un ollo aos poucos. Un saúdo--Jglamela (conversa) 11 de xaneiro de 2019 ás 18:44 (UTC)Responder

Feito. Corrixín o que atopei.--Jglamela (conversa) 12 de xaneiro de 2019 ás 13:06 (UTC)Responder

Gyromitra esculenta editar

Ola. Poño esta páxina na lista das que podería facer proximamente, pero polo momento teño que acabar outras que teño entre mans. En breve estará feita.--Miguelferig (conversa) 2 de febreiro de 2019 ás 19:38 (UTC)Responder

  Feito!.--Miguelferig (conversa) 7 de febreiro de 2019 ás 22:14 (UTC)Responder

Axudiña cunha data dunha cantante de zarzuela editar

Ola, Piquito, quería pedirche axuda cunha referencia que non dou atopado. Como imaxino que ti tes boas fontes en tema de música a mán pensei que igual poderías axudarme. O tema é que traducira dende es.wiki a cantante Matilde Vázquez e agora decato de que non lle teño unha referencia ás datas de nacemento/morte. Poderías mirar se aparece nalgún dos dicionarios/enciclopedias que teñas a man?. Moitas grazas por adiantado. Saúdos Maria zaos (conversa) 25 de febreiro de 2019 ás 21:07 (UTC)Responder

Vaia, que mágoa, non sabía. Non te preocupes, busco eu nas bibliotecas, non hai fallo, non perdas tempo. Grazas de todos xeitos. Saudiños. Maria zaos (conversa) 26 de febreiro de 2019 ás 00:33 (UTC)Responder
Non é perda de tempo Maria zaos, teño un libro no que podería estar xa localizado e miralo son cinco minutos ou menos, se non está nese tería que pensar outros (supoñendo que ese estea na biblioteca). Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2019 ás 00:52 (UTC)Responder

Ártabro Hockey Club editar

Boas, en Galiciana podes buscar a texto completo (mellor entre aspas) en todo o fondo dixital usando a caixiña da marxe dereita. Tamén se pode por xornal e data cos menu despregables de hemeroteca. Logo nestas ligazóns que che envío podes buscar "Ártabro Hockey Club" se é que non aparece resaltado en amarelo o texto (como son formatos grandes o visor marea unpouco).

Isto foi o que atopei con esa busca:

  • Outra foto. El Pueblo gallego : rotativo de la mañana: Año XI Número 3211 - 1934 julio 17, p.10
  • o nome do presidente El Pueblo gallego : rotativo de la mañana: Año XII Número 3484 - 1935 junio 7 p.10

En Biblioteca Virtual de prensa histórica din con isto:

falecemento da xogadora Tata Vázquez Molezún

A ver se algo serve. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 26 de febreiro de 2019 ás 00:31 (UTC)Responder

Re:Aceptas peticións? editar

Ola. A min non se me pode vir con retos porque acepto sempre ;). Non hai problema, o único que non garanto é rapidez, porque o tempo o teño tasado. Un saúdo. Servando2 (Dime) 28 de febreiro de 2019 ás 08:33 (UTC)Responder

Tradución de Teemu Seläne editar

Ola. Empecei en https://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Servando2/Teemu_Seläne a tradución do artigo que me pediches. Eu deste deporte non teño nin idea máis que as obvias. Tiñas que botarlle un aollo de vez en cando, sobre todo en cuestións de terminoloxía. Por exemplo parece ser que o Teeemu ascendeu na clasificación dos meneurs, que en basket quere dicir atacante, pero non sei se ten unha palabra diferente para esa posición en hókey. Xa me irás dicindo. Un saúdo.Servando2 (Dime) 28 de febreiro de 2019 ás 17:58 (UTC)Responder

Servando2, quizáis o mellor sexa poñer líderes. Dígoo sen saber o que di a sección, non sei se fai referencia a goles, puntos ou asistencias, ou ás tres... igual o mellor é deixalo como está e logo cando estea a sección traducida, en función do que indique poñer o nome da sección. Porque tampouco sei se fai referencia a clasificacións de toda a liga ou de Anaheim (aínda que creo que se refire á liga). Se queres avísame cando remates cada sección para revisala, así creo que pode ser máis cómodo para ambos, se te parece ben. Ao final aínda te vas facer experto en hóckey XD Piquito (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 20:30 (UTC)Responder
Ola. Estes días próximos non vou estar activo e non vou progresar no choio. Paréceme ben o de ir mirando por seccións. Xa te avisarei cando vaia facendo cousas. Un saúdo. Servando2 (Dime) 6 de marzo de 2019 ás 21:03 (UTC)Responder
Non hai fallo Servando2, faltaría máis que te apurara eu con este artigo. Graciñas, imos falando! Piquito (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 21:23 (UTC)Responder

revisións editar

Ola, Piquito! Ando bastante liado estes días. Se acaso chántalle aos artigos o marcador de revisión ortográfica por se outra persoa se anima a revisalos. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de marzo de 2019 ás 14:28 (UTC)Responder

Declive dos anfibios editar

Ola. Talvez o faga máis adiante. Polo momento estou ocupado facendo páxinas sobre aves.--Miguelferig (conversa) 3 de marzo de 2019 ás 17:57 (UTC)Responder

  Feito!. Ola, Piquito. Finalmente acabei a ampliación da páxina do declive dos anfibios utilizando material da wikipedia francesa. Non foi sen tempo, pero estiven traballando noutras páxinas ata agora. O artigo está moi ben, pero quizais é excesiva a consideración de "artigo de calidade" que ten na wikipedia francesa, e probablemente a de "artigo bo" lle cadraría mellor, xa que ten algúns "Cómpre referencia" e algunhas referencias poderían mellorarse. Cambiei algúns detalles nos nomes de especies anticuados e borrei algunhas cousa demasiado francesas.--Miguelferig (conversa) 6 de abril de 2019 ás 22:43 (UTC)Responder

Por se che interesa, unha nova de hoxe: María Rodrigo, "La primera mujer compositora que estrenó una ópera en España" editar

Ola, boas,que tal? Dei con isto hoxe e pensei que podería ser do teu interese. Non é un encargo nin nada polo estilo. Saúdos! Maria zaos (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 17:58 (UTC)Responder

Si, coñezo a sensación :), entendoo perfectamente. --Maria zaos (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 21:38 (UTC)Responder

*Sub-rexión > Subrexión editar

Corrixinche algúns *sub-rexión a subrexión, que é como debe escribirse en galego o prefixo sub- na unión coa palabra. Xa lle pedín a Banjo que cambie o resto co seu bot. Dígocho para que no sucesivo xa as poñas ti tamén así. Grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 30 de marzo de 2019 ás 19:08 (UTC)Responder

Deportivo da Coruña editar

Boas Piquito, eu poido facer unha revisión lingüística e das referencias, pero non é que sexa un experto no tema como para facer unha revisión do contido, máis ben todo o contrario. Botareille unha ollada cando teña un oco. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 14 de maio de 2019 ás 16:40 (UTC)Responder

Ola, fixen unha pequena revisión do artigo, principalmente de redacción e de ortografía, e tamén quitei algunhas frases dubidosas e que non lle atopei referencias. Eu penso que aínda hai que traballar bastante no artigo, ordenalo un pouco, actualizar algunhas seccións, pero tería que facelo alguén con máis coñecementos sobre o tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2019 ás 08:16 (UTC)Responder
Breogan2008 e Elisardojm, grazas a ambos, o certo é que eu non sei de fútbol e tampouco podo mellorar o artigo no que respecta aos contidos, simplemente limiteime a ampliar a historia do club cos datos que fun atopando pola rede, e como me parecía que desde ese punto de vista o artigo non era inferior ao do Celta de Vigo pensei que sería un bo candidato, mais agora vexo que posiblemente me engañara, polo que elimino o artigo da lista de posibles candidatos. Grazas de novo aos dous! Piquito (conversa) 31 de maio de 2019 ás 00:08 (UTC)Responder

Hugin e Mugin editar

Ola! Perdoa, non me decatei de que tiñas o marcador en uso nesta páxina e entrei a revisar uns campos das citas. Agardo que non te chafase nada importante, non era a miña intención. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 3 de xullo de 2019 ás 22:30 (UTC)Responder

Non te preocupes, Maria zaos, non tiña traballo feito no artigo. Un saúdo, Piquito (conversa) 3 de xullo de 2019 ás 23:13 (UTC)Responder


Ola Piquito, non sei sequera se estou contactando correctamente contigo. Quería dicirche que eu tampouco me decatei de que tiñas o marcador de uso nesta páxina. O caso é que acabo de facer varias correccións e a tradución do fragmento que quedaba en portugués e mais doutro que había en inglés e non me deixa gardalo. Non sei como conservar todo este choio. Se tiñas pensado rematar ti este artigo, síntoo moito, pero me gustría que non se perdese e que puideses ti traballar sobre o que fixen se che parece ben. Non quero pechar a pestana porque desaparecería a edición, non si? Axuda!!--Ogaiago (conversa) 20 de agosto de 2019 ás 23:55 (UTC)Responder


Vale, moitas grazas. Xa puiden gardar a edición. Verás que amais de ortografía e as traducións, lle dei tamén unha volta ao estilo para que quede máis natural. Destas cousas máis subxectivas desfai como che pete, que este artigo estabas levándoo ti ;)--Ogaiago (conversa) 21 de agosto de 2019 ás 00:31 (UTC)Responder

OSG editar

Ola Piquito. Como ti es o editor principal deste artigo, sobre as modificacións que fixen eu, ponnas como a ti che pareza mellor. O artigo é moi bo, e é unha mágoa que a túa proposta sobre artigo de calidade sexa en verán, xa que poucos andamos en vacacións metidos nestes asuntos. Un cordial saúdo, Xoio. --XoioÉche o que hai 16 de xullo de 2019 ás 10:45 (UTC)Responder

revisión editar

Ola! Póñoo na lista de vixilancia pero estes días vaime mal (estou en Suecia, que vin ao Wikimania 2019). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 12 de agosto de 2019 ás 18:31 (UTC)Responder

Ola! Artigo revisado. Máis alá da ortografía, eu reduciría moito a introdución, pois hai demasiado texto repetido con respecto ao contido. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí

Community Insights Survey editar

RMaung (WMF) 9 de setembro de 2019 ás 16:20 (UTC)Responder

Reminder: Community Insights Survey editar

RMaung (WMF) 20 de setembro de 2019 ás 19:49 (UTC)Responder

Revisión de Maija Isola editar

Ola Piquito. Veño de revisar o artigo de Maija Isola. Correxin un erro por unha palabra repetida, pero atopei no texto que se emprega varias veces "patrón" e outras "padrón". Parece que o correcto segun a RAG é "padrón" (Modelo a partir do que se fan cousas semellantes), ainda que aparece patrón como sinónimo. Quero comentarcho antes de facer cambio por si hay algunha razón para isto. Polo demáis, o artigo paréceme máis que correcto para ser artigo bo. Saúde. --Viascos (conversa) 28 de setembro de 2019 ás 01:17 (UTC)Responder

Perfecto entón, xa o fago. Conta co meu voto. --Viascos (conversa) 28 de setembro de 2019 ás 20:34 (UTC)Responder
Correxido o de padrón en texto e imaxes, penso que non deixei ningún. E ao facelo atopei outras cousas: aparece algún "desde" e outros "dende", as miñas dúbidas sobre normativa son infinitas, por iso prefiro consultarcho, por usar criteios homoxéneos no artigo. Na última frase do apartado Marimekko aparece "cometidas" (non aparece na RAG), imaxino que é "comentadas" ou "coñecidas" (na en:wiki é coñecidas). --Viascos (conversa) 29 de setembro de 2019 ás 17:40 (UTC)Responder
0k. --Viascos (conversa) 1 de outubro de 2019 ás 00:59 (UTC)Responder

Re: guerra civil finlandesa editar

Ola Piquito! Sen problema cos datos da táboa. A ver se atopo un momento para botarlle unha ollada ao artigo e ver como quedou. Apertas! --AMPERIO (conversa) 1 de outubro de 2019 ás 21:17 (UTC)Responder

*Agrio editar

Boas, volvín amañar *agrio no artigo porque ese termo non existe, é acedo ou agre. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2019 ás 22:38 (UTC)Responder

Vale. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2019 ás 22:44 (UTC)Responder
Perdón, xa vexo o que pasou, por algunha estraña razón na miña edición borrouse gran parte do artigo. Non sei como pasou, eu só quería engadir o modelo de votación, síntoo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2019 ás 22:56 (UTC)Responder

Quecemento global editar

Ola. Recibín a túa mensxe sobre o artigo do quecemento global. Efectivamente, o artigo inglés está moi ben. Ten 300 referencias, un gran tamaño e unha enorme sección de bibliografía (que debe de supoñer a metade dos bytes do artigo e ten un aviso para que sexa reorganizada). É moito mellor que o artigo actual da glipedia, o cal é moito máis curto, non trata moitos aspectos importantes, só ten tres referencias e ten un aviso de que é un artigo para mellorar. Non estaría mal substituílo por unha versión do da wikipedia inglesa. O problema é que eu agora non podo comprometerme a facelo. Este ano teño moito máis traballo (embarqueime en dar unha sección bilingüe no instituto que me require moito máis tempo do normal) e estou facendo menos traballos na wikipedia en xeral. Vou poñer este artigo na miña lista de asuntos pendentes e, aínda que non o faga a curto prazo, talvez máis adiante teña tempo de facelo, pero non sei cando.--Miguelferig (conversa) 9 de outubro de 2019 ás 16:28 (UTC)Responder

RE: Catedral de Santiago editar

Boas Piquito. Acabo de engadir varios artigos ó modelo da Catedral. Repásaos e comproba que teñen cabida no modelo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21 de outubro de 2019 ás 13:12 (UTC)Responder

Diego García Rodríguez editar

Boas, Piquito! Como vai? Podes botarlle un ollo ao artigo de Diego García Rodríguez, por favor? Moitas grazas!! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de outubro de 2019 ás 07:02 (UTC)Responder

RE: Artigo David Pérez Doval editar

Ola Piquito. Fáloche polo artigo que está en proceso de borrado. En primeiro lugar eu non o fixen para promocionar a ninguén xa que o xogador teña un artigo na Galipedia non lle vai facer ganar máis diñeiro. Non sei por qué teñen tanta ansia en borrarme o artigo xa que non o fixen con mala intención. Non todos os galegos xogan no Lugo e acaban debutando en terceira co filial do Leganés, un clube de primeira división. Qué teño que mellorarlle ao artigo para que sea aceptado?

Contesto ao que puxeche na miña conversa. editar

Ola Piquito. Entendo o que me dis. Pero enfádame... non lle ven relevancia a un chaval de 17 anos que debuta na Terceira División, e máis nun filial de Primeira División. Por encima de todo eso, é Galego!. Qué pouco valor lle damos... de verdade, así o único que conseguimos e que a xente non lle de valor a nada, nin a ser Galego. En fin, creei outro artigo dun futbolista, este debutou en Segunda División, polo cal según eles, ten "relevancia enciclopédica". Déixoche o artigo aquí para que lle votes un vistazo. Espero que crear artigos así valga polo menos para que mos deixen... xa que son creacións que non me gustaría que borrasen, e no caso de David Pérez Doval, irlle añadindo mediante a sua carreira vaya avanzando. Por certo, o do cadro en Google, comentábao porque me gusta que o meu traballo se vexa ahí plasmado e porque é unha proba do traballo ben feito, nada máis. Un abrazo --Rlopglez (conversa) 7 de decembro de 2019 ás 22:48 (UTC) RlopglezResponder

Sacalo de borrado editar

Ola Piquito. Que tal? Añadín un cambio na ficha do xogador, no artigo de David Pérez Doval. Poderías sacalo de borrado? Xa que dixeron que polo menos estaría en votación de borrado ata o día 10. Ou qué teño que facer para sacalo de borrado? Tamén estiven creando outros artigos... de Rubén Pérez Mínguez e de Jacobo Vilariño Sobrado a ver qué tal me vai. Vou estar atento e calquera nova noticia sobre David Pérez Doval, añadireina no artigo, coma nos outros que fixen e faga sobre outros xogadores. A partir de agora dedicareime a crear sobre xogadores do primeiro equipo do Lugo, do Santiago Futsal, etc. Mándoche un saludo e espero resposta. --Rlopglez (conversa) 10 de decembro de 2019 ás 00:13 (UTC) RlopglezResponder

Alusións editar

Ola compañeiro.

Por favor, se tes algo que dicir sobre min, dimo directamente.

En caso contrario abstente de facer alusións a terceiros sobre a miña persoa.

Graciñas, un saudiño. --. HombreDHojalata.conversa 17 de decembro de 2019 ás 11:26 (UTC)Responder

Tradución da frase do artigo de Liszt editar

Hai que adiviñar un pouco ao que se refire. Non son un experto, pero a miña tradución é esta:

As the role of religion diminished, Salmi asserts, 19th-century culture remained a religious one and the attendance of the arts in historical or similarly impressive surroundings "may still have generated a rapture akin to experiencing the sacred." = A medida que o papel da relixión diminuía (perdía importancia), afirma Salmi, a cultura do século XIX seguía sendo relixiosa e a asistencia ás artes (representacións artísticas) en contornas históricas ou igualmente impresionantes "puido ter xerado aínda un abraio (arroubo, éxtase) similar á experiencia do sagrado".

O que indica sobre os surroundings eu entendo que fai referencia aos edificios ou lugares históricos ou nobres onde se facían os concertos, que axudaban a causar esa impresión de lugar cuase "sagrado". A primeira palabra, As, podería traducirse tamén por "aínda que", é dicir, aínda que diminuía a importancia da relixión na sociedade e mentalidade da xente, a cultura do século XIX seguia tendo un espírito de tipo relixioso. Espero que sexa de axuda.--Miguelferig (conversa) 30 de xaneiro de 2020 ás 19:13 (UTC)Responder

Ola outra vez. Xa vin a tradución, pero o que puxen entre paréntese non hai que poñelo no texto. Iso era só para ver o sentido con que está utilizada a palabra e elixir unha das opcións. Por exemplo, abraio pode ser tamén sorpresa, extrañeza, pero aí creo que o seu significado é arroubo, éxtase, e por iso o puxen entre parénteses.--Miguelferig (conversa) 31 de xaneiro de 2020 ás 07:57 (UTC)Responder

La fille aux cheveux de lin editar

Ola, Piquito. Grazas pola confianza, iso ao primeiro. E parabéns polo teu traballo con esa entrada. Confírmoche que non existe unha tradución publicada en galego dese poema de Leconte de Lisle. Por ese motivo, na miña opinión o ideal neste caso sería reproducir o poema orixinal tal cal. Telo aquí. Todo o máis -pero eu non o recomendo para este tipo de poemas-, cabería engadir nunha columna parella cunha tradución "suxerida" e non rimada. Pero insisto en que para estes casos concretos de poemas con rima eu opino que as traducións ao galego só deben figurar de carón nunha enciclopedia unha vez que previamente apareceron publicadas. Pénsao e co que sexa xa me dis. --Atobar (conversa comigo) 22 de febreiro de 2020 ás 12:06 (UTC)Responder

Moi ben. Mañá fareille a tradución nun momento. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 23 de febreiro de 2020 ás 10:22 (UTC)Responder
Ola, Piquito. Fixen unha revisión xeral do texto[1]. O que si non me atrevín foi a, finalmente, suxerir unha tradución. Se fose unha locución ou unha cita textual, aí non hai problema, pero eu coa poesía móvome con dificultade e lévame demasiado tempo. De feito, se comparas as versións francesa e inglés do poema, verás que a segunda é interpretativa e non se cingue ao orixinal. De feito, non é unha tradución que argallasen en en.wiki para a coasión, senón que se trata da proposta en firme (acreditada) a cargo de David Paley. Desculpa que non me atreva a meterlle man. Creo o resultado faría máis mal que ben. --Atobar (conversa comigo) 25 de febreiro de 2020 ás 19:04 (UTC)Responder

Trofeo Jari Kurri editar

Ola, Piquito! Unifiquei finés/finlandés (escollín a forma "finés" que aparecía ao comezo do artigo), eliminei as formas de ter + participio (indica que un feito se repite de forma reiterada) e mudei un antepretérito incorrecto (-era) por un subxuntivo (-ese). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de abril de 2020 ás 16:22 (UTC)Responder

Lista de óperas de Mozart editar

Bo día, Piquito. Había unha referencia que se visualizaba mal aquí e xa está amañada. Desculpa de entrada a miña ignorancia, pero vexo que o KV 621 vai antes que o KV 620... non sei se foi un erro ou haberá unha razón de peso, pero polas dúbidas decidín indicarcho. Un artigo supertraballado, parabéns! .--Maria zaos (conversa) 14 de abril de 2020 ás 07:54 (UTC)Responder

Ola Maria zaos! Grazas pola revisión! A explicación é que as dúas óperas foron compostas de xeito simultáneo, comezou primeiro Die Zauberflöte pero axiña se puxo con Tito (que era un encargo que lle reportaría unha suma económica que lle viña moi ben, xa que como é sabido Mozart non ía moi sobrado de cartos), de feito se te fixas nas datas de estrea de ambos KVs o 621 estreouse antes que o 620. Está explicado na sección "Orde cronolóxica", aínda que igual habería que especificar poñendo os KVs entre paréntese. Graciñas de novo! Piquito (conversa) 14 de abril de 2020 ás 09:03 (UTC)Responder
A ti polas aclaracións. Si que estaba explicado no texto, pero logo me metín a revisar a lista e esqueceume por completo. Non creo que mereza poñerlle parenteses, pero como vexas.--Maria zaos (conversa) 14 de abril de 2020 ás 17:00 (UTC)Responder

Artigos Ópera editar

Saúde, veño de crear os artigos Ópera seria e Ópera buffa e decatéime de que puxen un con acento e outro sin. Tamén, no listado de xéneros operísticos están os dous sen acento. Antes de mover nada quería pedirte opinión. De paso quérote dar as grazas polos teus artigos de música, cada vez que reviso un artigo aproveito para escoitar obras relacionadas, descubrindo cousas moi interesantes, moitas delas que descoñecía. --Viascos (conversa) 17 de abril de 2020 ás 00:54 (UTC)Responder

Xa vin os cambios que fixo HombreDeHojalata co tema dos acentos. Tamén cambiéi as ligazóns en Lista de xéneros operísticos de Ópera buffa, Ópera seria e Ópera semiseria, outros títulos que penso están en francés, italiano... non o teño claro en deixeinos estar. Penso que está arranxado o tema das ligazóns vermellas. Gracas Piquito. --Viascos (conversa) 20 de abril de 2020 ás 07:37 (UTC)Responder

L´Orfeo revisión editar

Boas Piquito. Veño de revisar o artigo. Amañéi algúns pequenos erros tipográficos, e un par de ligazóns internas vermellas, moi pouca cousa. Bótalle un ollo por si. Moi bo artigo, e mira que a ópera non é o meu, pero coido que estou comezando a collerlle gusto.--Viascos (conversa) 3 de maio de 2020 ás 20:00 (UTC)Responder

Pura Lago editar

Ola, Piquito! Como vai?

Terás algunha información sobre a pianista Pura Lago Couceiro? Fixen os Qs en Wikidata da súa irmá, a filóloga Pilar Lago Couceiro, e mais do seu irmán, o enxeñeiro naval Carlos Lago Couceiro, pero da música non atopo nin datas nin lugares de nacemento ou defunción, só que se formou en París. Se che apetece botarlle un ollo, pois fantástico :)

Saúdos! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de maio de 2020 ás 10:39 (UTC)Responder

Non hai nada persoal editar

Non hai nada persoal, simplemente penso que non hai nada que neutralizar (e de aí procede a forma de comentar na páxina de conversa, que non pretendía ser tampouco unha falta de respecto, síntoo que o tomases así) por ser exemplos representativos do pobo galego, como poderían ser outros. Pero se ti consideras que non son neutrais e que unha imaxe tópica (non o emprego como termo pexorativo) dos galegos é máis representativa, pois fas ben en abrir a conversa.--HacheDous=0 (conversa) 10 de xuño de 2020 ás 18:56 (UTC)Responder

Wikipedia:Artigo destacado/xullo 2020 editar

Éra simplemente para avirar de que falta a ligazón ó artigo Illas Malvinas na portada. Eu non teño os permisos para poder facelo. Un saúdo. --Dodro (conversa) 12 de xullo de 2020 ás 00:38 (UTC)Responder

  Feito!; cumpría editar Wikipedia:Artigo destacado/xullo 2020, e pode facelo calquera usuario/a. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 12 de xullo de 2020 ás 01:31 (UTC)Responder
Non, eu non, está protexida. Así que grazas Adrián! --Dodro (conversa) 12 de xullo de 2020 ás 02:38 (UTC) Dodro (conversa) 12 de xullo de 2020 ás 02:35 (UTC)Responder

Casualidade editar

Ola! Como vai?

Mira: coido que nos fotografamos mutuamente sen sabelo: Ficheiro:Liceo vs Barça.JPG e Ficheiro:Liceo Barça hóckey.jpg. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de agosto de 2020 ás 01:24 (UTC)Responder

Ola Estevoaei! Pois iso parece, coincidimos en lados distintos, cousas da vida! Eu ben, a verdade, espero que che vaia ben e leves o mellor posible a "nova normalidade". Saúdos! Piquito (conversa) 5 de agosto de 2020 ás 22:07 (UTC)Responder

Votación á administración editar

Ola, Piquito!

Respecto ao anuncio na Taberna, non fixen más ca seguir as normas establecidas en Wikipedia:Elección de administradores: "A elaboración da proposta realizarase en Wikipedia:Votacións á administración, pero ademais o feito deberase notificar en Wikipedia:A Taberna (propostas)". Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de setembro de 2020 ás 18:30 (UTC)Responder

Skogsrået editar

Ola, Piquito. En rigor (dende o punto de vista filolóxico), cómpre achegar o orixinal sueco e máis nada. Logo, como tradución suxerida, si cabería a tradución ao galego -que eu desaconsello, pois non temos aquí (creo) a ninguén con competencia abonda para facer a tradución directa do orixinal e polo tanto habería que usar unha lingua ponte-. O que non entendo é o lugar que se lle concede á tradución ao inglés. Para o caso, é coma se lle chantásemos de carón a tradución ao vietnamita. En resumo, eu inclinaríame por deixar a letra orixinal en sueco tal cal aparece agora, e punto. Penso que, ao non contarmos cun tradutor competente que poida suxerir unha tradución inédita, sería o máis serio a nivel enciclopédico. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 5 de decembro de 2020 ás 09:58 (UTC)Responder

Perdón por meterme, @Piquito: e @Atobar:; se hai que facer unha tradución do sueco, igual pode axudar @Beninho:. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 5 de decembro de 2020 ás 13:37 (UTC)Responder
Uff, podo botarlle un ollo, pero o meu nivel de sueco coido que non é tan bo como para poder facer unha tradución xeitosa do texto. --Beninho (conversa) 5 de decembro de 2020 ás 18:20 (UTC)Responder
Se se anima, Beninho... avante! Tan só cumpriría indicar que, no caso do eventual texto en galego, se trata dunha tradución proposta ou suxerida. --Atobar (conversa comigo) 5 de decembro de 2020 ás 20:34 (UTC)Responder

Varios editar

Boas, Piquito, A min si que me parece útil que haxa máis biografías de mulleres. Eu entrei por Xeral sen máis pretensións que expoñer unha experiencia e reflexionar sobre ela. Quedei triste da resposta. Un saúdo cordial Lles (conversa) 7 de decembro de 2020 ás 10:58 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Piquito.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 25 de xaneiro de 2021 ás 12:16 (UTC)Responder

Debate editar

Ola, Piquito. Por favor, non alteres o resultado da votación revertendo as edicións válidas primeiro do usuario Estevoaei e logo de meu en Wikipedia:Votacións/Títulos das profesións. Se, ao cabo, do debate chegase a inferirse que eu non votei, como ti pensas, haberá que modificalo, pero non antes. Prégoche que non entremos nunha guerra de edicións. --Atobar (conversa comigo) 3 de febreiro de 2021 ás 16:54 (UTC)Responder

Atobar, non estou alterando o resultado, o resultado non está claro e iso debe reflexar a votación, non hai un resultado e polo tanto non se debe amosar. Por outra banda, non podes censurar os meus comentarios na votación, se o fas de novo solicitarei o teu cese como administrador na Galipedia e o teu bloqueo. Piquito (conversa) 3 de febreiro de 2021 ás 17:07 (UTC)Responder
Ola de novo. Censura? Por favor, Piquito... É obvio que cometín erro un erro ao reverter a edición, e máis nada. De forma automática, ao darlle a reverter, fíxoo ás 3 últimas edicións de teu e non só á derradeira. Pídoche en todos caso desculpas pola miña torpeza. Por suposto, o comentario xa está recuperado. Do resto: se ao final se anulase o meu voto, claro que cumpriría modificar o resulto, pero non antes. --Atobar (conversa comigo) 3 de febreiro de 2021 ás 17:12 (UTC)Responder
Atobar, acepto as desculpas e pídoche desculpas se fun brusco, non sabía que de xeito automático se podían reverter máis dunha edición. En todo caso sigo pensando que non debería amosarse ningún resultado ao estar este en suspenso e iso debería reflexarse na caixa de resumo, en calquera caso, non estou interesado en que ambos perdamos o tempo nunha guerra de edicións e deamos traballo a terceiras persoas en mediar noutro conflito. Piquito (conversa) 3 de febreiro de 2021 ás 17:28 (UTC)Responder

La menor? editar

Bo día, Piquito, as notas van en maiúsculas ou en minúsculasː La menor, la menor, La Menor? Lles (conversa) 5 de febreiro de 2021 ás 11:19 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "Piquito/Arquivo 5".