Mar Pereira

política e xestora tecnolóxica galega

María del Mar Pereira Álvarez, nada en 1967 en Vigo, é unha directiva e xestora pública galega.[1]

María del Mar Pereira Álvarez
Mar Pereira
Mar Pereira en 2017.

2012 – 2022
Sucedido por Julián Cerviño


Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
2009 – 2012


Subdirectora Xeral de Información e Servizos Tecnolóxicos da Consellería de Sanidade
2005 – 2009

Datos persoais
Nacemento 1967 Vigo
Alcume Mar Pereira
Profesión Física
Alma máter USC

Traxectoria editar

Licenciouse en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, que anos despois completou cun mestrado en Economía e Xestión da saúde na mesma universidade. En 1990 comezou a traballar coma enxeñeira de desenvolvemento en INISEL, unha empresa pública, que despois se integrou no que agora é Indra . En 1993 entrou a traballar en Sopra-Bull como analista, e en 1995 incorpórase xa á consellería de Sanidade da Xunta de Galicia como responsable técnico de diferentes proxectos. Mantense na consellería, en diversos postos tanto na administración da mesma coma no Sergas, ata 2005 data en que chega a ser Subdirectora Xeral de Información e Servizos Tecnolóxicos da Consellería. Durante ese tempo aprobou ademais a oposición, co que se converteu en funcionaria coa categoría de técnica superior.

En abril de 2009, coa chegada ao goberno de Alberto Núñez Feijóo, é nomeada Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, nun posto que dependía directamente da presidencia da Xunta. Desde esta secretaría xeral, Mar Pereira centralizou todos os servizos tecnolóxicos da Xunta e un amplo orzamento, tanto interno como de contratacións e subvencións cara a empresas e entidades, dirixindo a política dixital da comunidade. Tamén ocupou por ese posto a presidencia de Retegal, a empresa pública de telecomunicacións[2], e a presidencia do Observatorio da sociedade da Información e modernización de Galicia (Osimga). En 2012 a Secretaría Xeral transformouse en Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), co que recibiu unha maior autonomía económica e de actuación. Durante a década que Pereira ocupou a súa dirección[3], desenvolveuse unha activa axenda dixital, executando un importante programa orzamentario de fondos europeos e consolidando un modelo de xestión da política dixital que é un referente no ámbito público.

En setembro de 2022 Mar Pereira abandonou a dirección da Amtega a petición propia[4]. Foi substituída no seu posto por Julián Cerviño.

Notas editar

  1. "Mª del Mar Pereira Álvarez. Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-05-14. 
  2. "María del Mar Pereira Álvarez - Portal Transparencia". transparencia.xunta.gal. Consultado o 2022-09-02. 
  3. "María del Mar Pereira Álvarez - Portal Transparencia". transparencia.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 2019-05-14. 
  4. "Mar Pereira deja la Amtega tras trece años en el cargo". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-09-01. Consultado o 2022-09-02.