Rodolfo Ucha
Rodolfo Ucha Piñeiro, nado en Vigo o 29 de setembro de 1882 e finado en Ferrol o 27 de xaneiro de 1981, foi un arquitecto galego, un dos practicantes do estilo modernista en Galiza, especialmente en Ferrol.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Justo Perfecto Rodolfo Ucha Piñeiro 27 de setembro de 1882 Vigo, España |
Morte | 27 de xaneiro de 1981 (98 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Movemento | Arquitectura Art Nouveau |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | María de los Ángeles Donate Hernández-Ardieta |
Traxectoria
editarSendo un neno trasladouse coa súa nai, viúva, a Ferrol. Logo de estudar na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, en 1906 obtivo o título. Volveu a Ferrol onde traballou como arquitecto municipal dende 1909.
Faleceu na cidade departamental, case centenario, o 27 de xaneiro de 1981.
Características
editarA obra de Ucha inscríbese no estilo modernista, no que utiliza ás veces elementos innovadores, como poden ser as cores ou os chapiteis. Nos proxectos máis tardíos, dende os anos 30, os seus proxectos acostuman incluírse como déco.
Obra (selección)
editarPracticamente todas as súas obras foron levantadas na mesma cidade de Ferrol.
- Fonda Suíza (actual Hotel Suízo), 1910.
- Casa Romero, 1910.
- Peixería de Abastos Municipais, 1910.
- Edificio de "El Correo Gallego", 1912.
- Casa Pereira, 1912.
- Casa Rodríguez Fernández, 1912.
- Casa Brañas (rúa Real), 1913.
- Hotel Suízo, 1913.
- Hotel Ideal Room, 1917.
- Chalé Antón, 1918.
- Casino Ferrolán, 1921.
- Fachada do Teatro Jofre, 1921.
- Edificio Pita Saavedra, 1939.
- Edificio Calvo Formoso, 1939.
- Casa Bruquetas (rúa da Igrexa nº 4).
Galería de imaxes
editar-
Antiga imprenta de El Correo Gallego
-
Casino de Ferrol
-
Hotel Suízo
-
Casa Brañas
-
Casa Rodríguez Trigo
Notas
editar- ↑ "Ficha en Turgalicia". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rodolfo Ucha |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Burgoa, Juan (9-4-2014). "Penoso centenario del modernismo de Rodolfo Ucha". Diario de Ferrol (en castelán).