Casa Rodríguez Fernández
A casa Rodríguez Fernández é un edificio de estilo modernista situado na cidade de Ferrol, deseñado polo arquitecto galego Rodolfo Ucha Piñeiro en 1912.[1]
Casa Rodríguez Fernández | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Casa Rodríguez Fernández, en Ferrol | ||||
Tipo | edificio ![]() | |||
Estilo | modernista | |||
Persoas e organizacións | ||||
Promotor/a | familia Rodríguez Fernández | |||
Propietario/a | particular | |||
Arquitecto/a | Rodolfo Ucha Piñeiro | |||
Localización | ||||
| ||||
Localización | Ferrol | |||
[ Wikidata ] |
Características
editarFoi construída en 1912 como vivenda unifamiliar exenta, con dous pisos e unha terceira planta baixo-cuberta a dúas augas. Destacan principalmente o gablete decorativo de perfil graduado na fachada principal e a forxa das xanelas e balcóns, de estilo modernista, aínda que con trazos do eclecticismo finisecular do século anterior.[2] O acceso ao edificio realízase por medio dun portal na rúa Rubalcava xunto á medianeira cega, á que posteriormente se encostou un novo edificio, mentres que a fachada principal queda disposta mirando a unha rúa de menor entidade.[2]
A edificación pertence ao conxunto histórico-artístico do barrio da Madalena[3] e á ruta modernista de Ferrol. Atópase emprazada en plena ruta do camiño inglés.[4]
Notas
editar- ↑ Ayuntamiento de Ferrol. "Modernismo en Ferrol" (PDF). Ayuntamiento de Ferrol. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Castelo Álvarez, Bernardo (2000). Ferrol: morfología urbana y arquitectura civil, 1900-1940 (1ª ed.). A Coruña: Universidade da Coruña. pp. 278–280. ISBN 84-95322-74-9.
- ↑ Axencia Galega de Turismo Turgalicia (13 de abril de 2018). "Edificio singular. Casa Rodríguez Fernández en Ferrol, (A Coruña)" (en castelán). Consultado o 9 de dicembro de 2019.
- ↑ La Voz de Galicia (6 de novembro de 2019). "La Ruta del Modernismo en Ferrol" (en castelán). Consultado o 15 de janeiro de 2022.