Dana Antal

xogadora de hóckey sobre xeo canadense

Dana Antal, nada en Saskatoon (Saskatchewan, Canadá) o 19 de abril de 1977 é unha xogadora de hóckey sobre xeo que foi membro do equipo olímpico de hóckey sobre xeo do Canadá que competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 nesa modalidade en Salt Lake City, nos que gañou a medalla de ouro. Antes de xogar co equipo nacional do Canadá, participou na liga de hóckey sobre xeo universitaria coa Universidade Cornell. Na súa primeira tempada, foi nomeada rookie do ano da Ivy League, e foi a maior anotadora do seu equipo. Antal tamén xogou co Calgary Oval X-Treme na Western Women's Hockey League.

Infotaula de personaDana Antal
Biografía
Nacemento19 de abril de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Saskatoon, Canadá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Cornell Editar o valor em Wikidata
Peso140 lb Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Mano para tirarright-handed shot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Calgary Oval X-Treme (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 2002Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 Editar o valor em Wikidata

Carreira editar

Carreira júnior editar

Medrou en Esterhazy, Saskatchewan, e xogou en equipos locais júnior de rapaces ata os 15 anos, xa que naquel tempo non había equipos de rapazas na área.

Hóckey universitario editar

Despois de completar a súa carreira júnior, Antal obtivo unha bolsa para xogar ó hóckey na Universidade Cornell.

Hóckey profesional editar

O 22 de marzo de 1998, Dana Antal anotou ós 5:30 minutos dunha prórroga de 10 minutos un pase de Jennifer Botterill para a vitoria do Equipo Alberta (representado polo Calgary Oval X-Treme) sobre o Equipo Ontario (representado polo Beatrice Aeros) por un marcador 3-2, gañando o Esso Nationals.[1] No torneo, Antal anotou dous goles e fixo unha asistencia nos partidos. Anotou un gol no Esso Women's National Hockey Championship para axudar ó Equipo Alberta a gañar a Abby Hoffman Cup en 2003.

Partidos internacionais editar

Antal foi membro do equipo nacional do Canadá que gañou a medalla de ouro nos Campionatos Mundiais Femininos de Hóckey sobre xeo en 2001. Foi seleccionada para o equipo no ano 2000, pero non puido xogar. Foi membro do Equipo Olímpico do Canadá que gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2002 en Salt Lake City.

Recoñecementos editar

  • Xogadora máis deportiva no 1998 no Esso Women's National Hockey Championship.[1]
  • Xogadora do partido, en 2003 no Esso Women's National Hockey Championship.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Alberta downs Ontario 3-2 in Overtime in Gold Medal Final to win 1998 Esso Women’s Nationals Hockey Championship". Hockey Canada. 22 de marzo de 1998. Consultado o 28 de xuño de 2010. 
  2. "Esso Canadian National Championships 2003". Ontario Women's Hockey Association. 16 de marzo de 2003. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 6 de abril de 2010.