Lesley Reddon

xogadora de hóckey sobre xeo canadense

Lesley Joanne Reddon, nada en Toronto o 15 de novembro de 1970 é unha xogadora de hóckey sobre xeo que foi membro do equipo olímpico de hóckey sobre xeo do Canadá que competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 nesa modalidade. Foi a suplente da porteira Manon Rheaume. Reddon pasou a súa infancia en Mississauga, Ontario.

Infotaula de personaLesley Reddon
Nome orixinalLesley Joanne Reddon
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1970 (53 anos)
Toronto, Canadá
Datos persoais
País de nacionalidade Canadense
Altura175 cm
Peso59 kg
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
DeporteHóckey sobre xeo
Posición de xogoPorteira
Participou en
febreiro de 1998Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 Editar o valor em Wikidata

Carreira editar

Primeiros anos editar

Reddon comezou a xogar ao hóckey en 1976 na liga de hóckey para rapazas de Mississauga. Con 13 anos, Reddon participou no equipo All-Star de Mississauga Peewee que gañou o 1982-83 campionato para nenas de Ontario. Reddon foi á Universidade de Toronto, onde xogou no equipo Lady Blues entre 1989 e 1993. O Lady Blues gañou o campionato provincial de Ontario durante todos eses anos. En 1993, Reddon frecuentou a Universidade de New Brunswick para obter o mestrado. Foi parte do UNB Varsity Reds, equipo de hóckey sobre xeo masculino e converteuse na primeira porteira que participou no campionato da Atlantic University Sport (AUS).[1]

Representando ao Canadá editar

Gañou unha medalla de ouro para o Canadá en 1994, no mundial feminino de hóckey sobre xeo. En 1995 e 1996, Reddon xogou no Maritime Sports Blades do Canadian National Women's Championships. Aínda que o equipo non gañou o trofeo Abby Hoffman, gañou a prata en 1995 e o bronce en 1996. O ano seguinte, compartiu a portería con Danielle Dube no campionato mundial feminino de hóckey sobre xeo de 1997. A súa última aparición co equipo nacional foi en 1998 durante os Xogos Olímpicos de Inverno. Esta foi a primeira vez que as mulleres participaron nas olimpíadas de inverno nesta modalidade, e o equipo obtivo a medalla de prata. No ano 2006, Reddon foi de novo membro da delegación canadense para os Xogos Olímpicos de Inverno. Reddon tamén foi membro delegación feminina no equipo nacional de hóckey sobre xeo do Canadá na tempada 2009-2010 que máis adiante representou ao país nas olimpíadas de inverno do ano 2010 celebrados en Vancouver.[2][3]

Notas editar

  1. Meyer, Jan (1996). "Insight: Goaltender Lesley Reddon Talks About Making History". Women in Sports (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  2. McCubbin, Ashley. "Winter Olympics 2010: Canada Takes Gold in Women's Hockey". Bleacher Report (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  3. Cruickshank, Scott; Herald, Calgary; Johnson, George (18 de decembro de 2014). "Flames notes: Female goalie fills in for a sick Ramo". Calgary Herald (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar