Lista de xogadoras do equipo olímpico de hóckey sobre xeo do Canadá

artigo de listas da Wikimedia

O torneo feminino de hóckey sobre xeo foi introducido nos Xogos Olímpicos en 1998.[1] Sete porteiras e trinta e oito patinadoras xogaron para o equipo canadense dende aquela.

O equipo feminino canadense celebra o ouro nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 celebrados en Vancouver (Canadá).

O hóckey sobre xeo masculino foi introducido nos Xogos Olímpicos de 1920, e engadiuse aos Xogos Olímpicos de Inverno en 1924.[2] En xullo de 1992, o Comité Olímpico Internacional (COI) votou para aprobar a inclusión do hóckey sobre xeo feminino como disciplina olímpica, sendo celebrado o torneo por primeira vez nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998.[1][3] Dende 1998, o hóckey sobre xeo feminino ten sido dominado pola selección canadense. Os equipos canadenses gañaron todos os Campionatos do Mundo celebrados ata 1997; con todo, ese mesmo ano, o equipo estadounidense mellorou e igualouse ao canadense. En trece partidos xogados entre os dous equipos en 1997, Canadá gañou sete e os Estados Unidos gañaron seis.[4]

Canadá e os Estados Unidos dominaron a rolda preliminar do torneo en 1998, e no seu enfrontamento directo, os Estados Unidos gañaron por 7 goles a 4. O primeiro partido nos Xogos Olímpicos do equipo canadense disputouse o 8 de febreiro de 1998 no Aqua Wing Arena de Nagano (Xapón),[5][6] no que as canadenses enfrontáronse ao equipo local, ao que derrotaron por 0 goles a 13, sendo anotado o primeiro gol olímpico do equipo do Canadá por Danielle Goyette cando aínda non se cumpriran os 6 minutos de xogo; Goyette foi amais a máxima goleadora do partido con tres goles, anotando un en cada terzo dun partido presenciado ante 4.597 espectadores.[7] Canadenses e estadounidenses encontráronse na final do torneo, na que os Estados Unidos gañaron 3–1.[8] Os equipos canadense e estadounidense continuaron a súa rivalidade, e na reedición do partido nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002, Canadá gañou 3–2. En 2006, o equipo canadense comezou o torneo superando por un marcador total de 36-1 logo de tres partidos. A defensa estadounidense Angela Ruggiero acusou ao equipo de xogar aumentando a vantaxe, e advertiu de que o status olímpico do evento podía ser posto en cuestión a causa da falta de equipos competitivos.[9][10][11] Na final, Canadá derrotou a Suecia para conseguir a súa segunda medalla de ouro consecutiva.[12][13] En 2010, os equipos canadense e estadounidense superaron aos seus rivais na rolda preliminar por unhas marxes de 41-2 e 31-1, respectivamente.[14] Isto provocou máis críticas pola competencia desigual.[15] René Fasel dixo que a IIHF debería considerar engadir unha mercy rule aos futuros torneos.[16] Na final, Canadá derrotou ao equipo dos Estados Unidos por 2-0, gañando deste xeito a súa terceira medalla de ouro consecutiva.[14] En 2014 Canadá e os Estados Unidos superaron novamente a todos os seus rivais no torneo, mais cunha marxe menor. Na cualificación ambos equipos estiveron encadrados no Grupo A, gañando as canadenses o partido nesta primeira rolda por 3-2. Canadenses e estadounidenses encontráronse de novo na final logo de derrotar a Suíza (3-1) e Suecia (6-1) respectivamente, de novo o equipo do Canadá derrotou ao dos Estados Unidos na prórroga por 3 goles a 2, conseguindo a súa cuarta medalla de ouro consecutiva.[17]

Canadá gañou catro medallas de ouro e unha de prata no torneo feminino de hóckey sobre xeo.[18] Dúas xogadoras foron incluídas no Salón da Fama da IIHF e unha no Canada's Sports Hall of Fame. O Canadian Olympic Hall of Fame introduciu aos equipos campións dos anos 2002 e 2006. Dúas xogadoras teñen participado nas cinco edicións do torneo olímpico feminino e gañaron cinco medallas (catro de ouro e unha prata)—Jayna Hefford e Hayley Wickenheiser. Wickenheiser é a máxima anotadora da historia do torneo olímpico feminino, con 18 goles, 32 asistencias e 50 puntos, amais diso foi nomeada dúas veces MVP.[19][20][21] Por outra banda, Cassie Campbell é a única xogadora canadense que foi capitá de varios equipos.[22]

Lenda editar

Porteiras editar

Imaxe Xogadora Participacións
(medallas)
PX
V
D
E
SO
Min
GC
GAA
Notas Ref.
  Labonté, CharlineCharline Labonté 2006  
2010  
2014  
8 5 0 0 4 320 4 0.50 COHOF (2012) [26]
[27]
[28]
  Lacasse, GenevièveGeneviève Lacasse 2014   1 0 0 0 0 0 0 0 [28]
Reddon, LesleyLesley Reddon 1998   3 2 1 1 0 151 9 3.58 [29]
  Rhéaume, ManonManon Rhéaume 1998   4 2 0 1 1 208 4 1.15 [29]
  St-Pierre, KimKim St-Pierre 2002  
2006  
2010  
8 8 0 0 4 460 6 0.78 COHOF (2009, 2012) [30]
[26]
[27]
  Small, Sami JoSami Jo Small 2002   1 1 0 0 1 60 0 0.00 COHOF (2009) [30]
  Szabados, ShannonShannon Szabados 2010  
2014  
8 6 0 0 3 367 4 0.5 [27]
[28]

Patinadoras editar

Imaxe Xogadora Participacións
(medallas)
PX
G
A
P
PIM
Notas Ref.
  Agosta, MeghanMeghan Agosta 2006  
2010  
2014  
15 15 8 23 4 COHOF (2012) [26]
[27]
[28]
Antal, DanaDana Antal 2002   5 2 1 3 2 COHOF (2009) [31]
  Apps, GillianGillian Apps 2006  
2010  
2014  
15 10 11 21 18 COHOF (2012) [26]
[27]
[28]
Bechard, KellyKelly Bechard 2002   5 0 1 1 2 COHOF (2009) [31]
  Bonhomme, TessaTessa Bonhomme 2010   5 2 2 4 0 [27]
  Botterill, JenniferJennifer Botterill 1998  
2002  
2006  
2010  
21 4 11 15 12 COHOF (2009, 2012) [26]
[31]
[32]
Brisson, ThereseThérèse Brisson 1998  
2002  
11 7 4 11 12 COHOF (2009) [31]
[32]
  Campbell, CassieCassie Campbell 1998  
2002  
2006  
16 3 7 10 12 Capitá do equipo (2002, 2006)[22]
CSHOF (2007)
COHOF (2009, 2012)
[26]
[31]
[32]
Chartrand, IsabelleIsabelle Chartrand 2002   5 2 1 3 2 COHOF (2009) [31]
  Daoust, MélodieMélodie Daoust 2014   5 1 0 1 4 [28]
Diduck, JudyJudy Diduck 1998   6 1 1 2 10 [32]
  Dupuis, LoriLori Dupuis 2002   5 1 1 2 4 COHOF (2009) [31]
  Ferrari, GillianGillian Ferrari 2006   5 0 0 0 0 COHOF (2012) [26]
  Fortino, LauraLaura Fortino 2014   5 0 1 1 0 [28]
  Goyette, DanielleDanielle Goyette 1998  
2002  
2006  
16 15 10 25 16 Abandeirada (2006)[33]
IIHFHOF (2013)
COHOF (2009, 2012)
[26]
[31]
[32]
Heaney, GeraldineGeraldine Heaney 1998  
2002  
11 2 6 8 2 IIHFHOF (2008)
COHOF (2009)
[31]
[32]
  Hefford, JaynaJayna Hefford 1998  
2002  
2016  
2010  
2014  
26 13 17 30 18 COHOF (2009, 2012) [27]
[26]
[31]
[32]
[28]
  Irwin, HaleyHaley Irwin 2010  
2014  
7 4 2 6 4 [27]
[28]
  Johnston, RebeccaRebecca Johnston 2010  
2014  
10 3 8 11 6 [27]
[28]
  Jenner, BrianneBrianne Jenner 2014   5 1 0 1 0 [28]
  Kellar, BeckyBecky Kellar 1998  
2002  
2006  
2010  
21 1 7 8 14 COHOF (2009, 2012) [27]
[26]
[31]
[32]
  Kingsbury, GinaGina Kingsbury 2006  
2010  
10 2 4 6 8 COHOF (2012) [27]
[26]
  Larocque, JocelyneJocelyne Larocque 2014   5 1 1 2 2 [28]
  MacLeod, CarlaCarla MacLeod 2006  
2010  
10 4 5 9 4 COHOF (2012) [27]
[26]
McCormack, KathyKathy McCormack 1998   6 0 0 0 0 [32]
  Mikkelson, MeaghanMeaghan Mikkelson 2010  
2014  
9 0 1 1 6 [27]
[28]
Nystrom, KarenKaren Nystrom 1998   6 1 0 1 2 [32]
  Ouellette, CarolineCaroline Ouellette 2002  
2006  
2010  
2014  
20 8 17 26 14 Capitá do equipo (2014)[34]
COHOF (2009, 2012)
[27]
[26]
[31]
[28]
  Piper, CherieCherie Piper 2002  
2006  
2010  
15 15 15 30 0 COHOF (2009, 2012) [26]
[31]
  Poulin, Marie-PhilipMarie-Philip Poulin 2010  
2014  
10 8 4 12 2 [27]
[28]
  Pounder, CherylCheryl Pounder 2002  
2006  
10 2 2 4 6 COHOF (2009, 2012) [26]
[31]
  Rougeau, LaurianeLauriane Rougeau 2014   5 0 0 0 6 [28]
St-Louis, FranceFrance St-Louis 1998   6 1 2 3 0 [32]
  Schuler, LauraLaura Schuler 1998   6 0 0 0 4 [32]
Shewchuk, Tammy LeeTammy Lee Shewchuk 2002   5 1 1 2 0 COHOF (2009) [31]
Smith, FionaFiona Smith 1998   6 1 1 2 2 [32]
  Sostorics, ColleenColleen Sostorics 2002  
2006  
2010  
15 1 8 9 12 COHOF (2009, 2012) [27]
[26]
[31]
  Spooner, NatalieNatalie Spooner 2014   5 2 2 4 0 [28]
  Sunohara, VickyVicky Sunohara 1998  
2002  
2006  
16 6 7 13 8 COHOF (2009, 2012) [26]
[31]
[32]
  Vaillancourt, SarahSarah Vaillancourt 2006  
2010  
10 5 9 14 8 COHOF (2012) [27]
[26]
  Wakefield, JenniferJennifer Wakefield 2014   5 0 1 1 0 [28]
  Ward, CatherineCatherine Ward 2010  
2014  
10 2 3 5 6 [27]
[28]
  Watchorn, TaraTara Watchorn 2014   5 1 0 1 10 [28]
  Weatherston, KatieKatie Weatherston 2006   5 4 1 5 2 COHOF (2012) [26]
  Wickenheiser, HayleyHayley Wickenheiser 1998  
2002  
2006  
2010  
2014  
26 18 32 50 12 Abandeirada (2014)[35]
Capitá do equipo (2010)[36]
COHOF (2009, 2012)
[27]
[26]
[31]
[32]
[28]
Wilson, StacyStacy Wilson 1998   6 1 5 6 0 Capitá do equipo (1998)[37] [32]

Notas editar

  1. En hóckey sobre xeo un shutout consiste en que a porteira dun equipo consiga non encaixar ningún gol ao final do partido.
  2. Media de goles en contra.
  3. Os penalty minutes, Penalty Infraction Minutes ou Penalties in Minutes (abreviado en inglés PIM) é un valor estatístico do hóckey sobre xeo que fai referencia aos minutos que unha xogadora permaneceu expulsada por sanción.
Referencias
  1. 1,0 1,1 "An Agreement By Nagano Games". The New York Times (en inglés). 29 de novembro de 1992. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  2. "Ice hockey" (en inglés). International Olympic Committee. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2009. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  3. Canadian Press (27 de xullo de 1992). "Canadians cheer new Olympic sports". Waterloo Region Record (en inglés). 
  4. "Women's Hockey History" (en inglés). CBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  5. "Women's Olympic Hockey" (en inglés). hockeynut.com. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  6. The XVIII Olympic Winter Games Official Report - III - Competition Results and Participants (PDF) (en inglés e francés). The Organizing Committee for the XVIII Olympic Winter Games, Nagano 1998 (NAOC). p. 182. ISBN 4-7840-9827-5. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  7. "Japan - Canada" (en inglés). hockeynut.com. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  8. Podnieks & Szemberg 2008, Story #33–Women’s hockey enters Olympics – USA hands Canada first loss. Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
  9. "Canada should tone it down: Ruggiero" (en inglés). CBC Sports. 13 de febreiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2010. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  10. "Cherry warns women's hockey squad" (en inglés). CBC Sports. 16 de febreiro de 2006. Archived from the original on 16 de febreiro de 2010. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  11. Eligon, John (17 de febreiro de 2006). "Trying to Avoid the Ill Fate of Softball". The New York Times (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  12. "Best women's team ever?" (en inglés). CBC Sports. 23 de febreiro de 2006. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  13. Podnieks & Szemberg 2008, Story #35–Swedish "Mirakel" as USA bumped from Olympic gold-medal game. Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
  14. 14,0 14,1 "Canada brings home Olympic gold in women's hockey". Vancouver Sun (en inglés). 25 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2010. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  15. Steve Almasy (20 de febreiro de 2010). CNN, ed. "In women's hockey, domination is cause for concern" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  16. "Mercy rule possible for women's hockey: IIHF" (en inglés). CBC Sports. 18 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  17. "Jeux Olympiques de Sotchi 2014. Tournoi féminin" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  18. "Olympic Ice Hockey Tournaments, Women" (en inglés). International Ice Hockey Federation. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  19. Yi-Wyn Yen (20 de febreiro de 2006). "Canada's leading star". Sports Illustrated (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  20. Canadian Press (22 de xullo de 2008). "Wickenheiser signs with Swedish men's club". CBC Sports (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2009. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  21. "ABOUT HAYLEY" (en inglés). hayleywickenheiser.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2018. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  22. 22,0 22,1 "Cassie Campbell named captain of Canada's 2006 women's Olympic hockey team" (en inglés). Hockey Canada. 28 de xaneiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  23. "IIHF Hall of Fame" (en inglés). International Ice Hockey Federation. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  24. "Canadian Olympic Hall of Fame > Inductees" (en inglés). Canadian Olympic Committee. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2009. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  25. "Honoured Members" (en inglés). Canada's Sports Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2010. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  26. 26,00 26,01 26,02 26,03 26,04 26,05 26,06 26,07 26,08 26,09 26,10 26,11 26,12 26,13 26,14 26,15 26,16 26,17 26,18 26,19 "2006 Winter Olympics (Women)–Statistics/Canada". Hockey Canada. Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2011. Consultado o 22-1-2018. 
  27. 27,00 27,01 27,02 27,03 27,04 27,05 27,06 27,07 27,08 27,09 27,10 27,11 27,12 27,13 27,14 27,15 27,16 27,17 27,18 "Player Statistics by Team - Canada" (PDF). International Ice Hockey Federation. 25-2-2010. Consultado o 22-1-2018. 
  28. 28,00 28,01 28,02 28,03 28,04 28,05 28,06 28,07 28,08 28,09 28,10 28,11 28,12 28,13 28,14 28,15 28,16 28,17 28,18 28,19 28,20 "Player Statistics by Team. Canada" (PDF) (en inglés). iihf.com. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  29. 29,0 29,1 "Schedule/results–1998. Winter Olympic Games (women)" (en inglés). Hockey Canada. Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2011. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  30. 30,0 30,1 2002 Salt Lake City results (PDF) (en inglés). Salt Lake City: Salt Lake Olympic Committee. 2002. p. 191. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xuño de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  31. 31,00 31,01 31,02 31,03 31,04 31,05 31,06 31,07 31,08 31,09 31,10 31,11 31,12 31,13 31,14 31,15 31,16 31,17 "Final Canada Olympic women's hockey team statistical leaders". Sports Illustrated (en inglés). 2002. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  32. 32,00 32,01 32,02 32,03 32,04 32,05 32,06 32,07 32,08 32,09 32,10 32,11 32,12 32,13 32,14 32,15 "All-time" (en inglés). Hockey Canada. 2003. p. 59. Archived from the original on 04 de outubro de 2011. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  33. "Canadian Olympic flag bearers" (en inglés). The Sports Network. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  34. "Caroline Ouellette" (en inglés). olympic.ca. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  35. "Hayley Wickenheiser" (en inglés). olympic.ca. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  36. "Wickenheiser named women's hockey team captain". CBC Sports (en inglés). 23 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  37. Howard, Johnette (25 de febreiro de 1998). "Golden Girls". Sports Illustrated (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar