Xogos Olímpicos de Inverno de 2006

Os Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 (en italiano: XX Giochi olimpici invernali) foron un evento deportivo de inverno e internacional que se celebrou dende o 10 até o 26 de febreiro de 2006 en Turín, no Piemonte, Italia. Esta foi a segunda vez que Italia era sede dos Xogos Olímpicos de Inveno¡, sendo a primeira en 1956 en Cortina d'Ampezzo. Italia tamén foi a sede dos Xogos de Verán en 1960 en Roma. Turín foi escollida como a cidade sede en xuño de 1999.

O lema oficial de Turín 2006 foi "a paixón vive aquí".[1] O logo dos Xogos representa un perfil estilizado do edificio Mole Antonelliana, con formas de cristal en branco e azul en representación da neve e do xeo. A rede de cristal tamén representa a rede das novas tecnoloxías e o espírito olímico da comunidade. As mascotas dos Xogos de 2006 foron Neve, unha bóla de neve feminina, e Gliz, un cubo de xeo masculino.[2]

NotasEditar

  1. Torino 2006 (ed.). "Italian Passion in the Motto of Torino 2006" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de febreiro de 2008. Consultado o 18 de abril de 2007. 
  2. Comité Olímpico Internacional (ed.). "Torino 2006 Mascots". olympic.org. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2010. Consultado o 18 de abril de 2007. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar