Arquivos

Tabarnia editar

Ola, AshSXXI. Pídoche desculpas: engadín contido ao artigo Tabarnia que creaches ti mentres un dos marcadores que tiña era o de enuso. Máis nada, xa sabes que a partir do momento de colocación do marcador, tes un mes como máximo para traballar no artigo antes de retiralo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 28 de decembro de 2017 ás 11:55 (UTC)Responder

RE:Activision editar

Boas AshSXXI, non revisei a ortografía, tan só o formato, se queres que revise a ortografía avísame. En canto ó formato e outros detalles atopei isto:

  • engadiches unha sección de "Artigos relacionados", segundo o libro de estilo debe chamarse "Outros artigos"
  • fixeches un engadido bastante grande na sección "Serie Call of Duty" pero non indicaches de onde procede. Se é tradución do artigo de es.wiki, ou outro, no resumo de edición deberías ter indicado algo polo estilo: "tradución de es.wiki". Como esa edición xa non se pode modificar, podes dar ese crédito (repito, se ese contido é tradución doutra wikipedia) engadindo na páxina de conversa o modelo {{Traducido de}}, indicando nos parámetros o nome do artigo na wiki orixinal e o nome da wiki. Se tes dúbidas de como usalo podes consultar a súa páxina de axuda ou podes avisarme e explícocho en máis detalle. Isto debe facerse para indicar que a orixe do artigo é outra wiki e así cumprir a licenza CC-BY-SA que teñen tódolos proxectos das wikipedias.
  • ese texto engadido, sexa ou non unha tradución doutra wiki, precisa referencias nas que se poida verificar esa información.

Polo demais está sendo un bo traballo, de feito cando queiras podes quitarlle o marcador de curto. Iso si, se non lle engades as referencias que che comento, haberá que marcar algunhas partes con "Cómpre referencia", pero polo momento o traballo ten moi boa pinta, parabéns! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 13:15 (UTC)Responder

Se precisas axuda coa ortografía pode que che interese a ferramenta que temos na Galipedia que non precisa ningunha instalación: Wikipedia:Revisor ortográfico. A min sálvame de cazapos tódolos días! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 13:51 (UTC)Responder
Vale, entón non fai falta que engadas o "Traducido de", pero si lle fan falta referencias (do mesmo xeito que faltan no artigo principal, claro). Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 14:09 (UTC)Responder

Club Balonmano Cantabria editar

Ola AshSXXI! "Revertín" parcialmente a túa edición, xa que a referencia ten a información nunha sección que aínda non traducín, por iso non pode visualizarse polo momento. Prefiro deixala momentaneamente así para que logo non dea problemas. Un saúdo, Piquito (conversa) 7 de xaneiro de 2018 ás 22:57 (UTC)Responder

RE:ARQUIVOS editar

Boas, restaurei Conversa usuario:AshSXXI/Arquivo 1, espero que aí estea todo, non estou seguro porque hai un bo lío de varias redireccións creadas e borradas.

Por certo, pola miña parte, preferiría que non me trataras de vostede, aquí somos todos compañeiros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xaneiro de 2018 ás 23:55 (UTC)Responder

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global survey editar

WMF Surveys, 29 de marzo de 2018 ás 18:40 (UTC)Responder

Reminder: Share your feedback in this Wikimedia survey editar

WMF Surveys, 13 de abril de 2018 ás 01:38 (UTC)Responder

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia survey editar

WMF Surveys, 20 de abril de 2018 ás 00:48 (UTC)Responder