Teo Cardalda
Teodomiro Cardalda Gestoso, nado en Bouzas (Vigo) o 7 de outubro de 1962, é un músico galego coñecido para o gran público por ser compoñente dos grupos musicais Golpes Bajos e Cómplices.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1962 (62 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Instrumento | Voz, piano e guitarra |
Familia | |
Cónxuxe | María Monsonís |
Traxectoria
editarComezou na música na década dos oitenta, tocando o teclado en Golpes Bajos, xunto ao vocalista Germán Coppini. Inicialmente compoñían só eles o grupo, ó que se incorporaron logo Pablo Novoa e Luis García. O grupo acadou varios éxitos, entre eles Malos tiempos para la lírica, un dos máis coñecidos.
Cómplices foi a súa seguinte aventura musical, esta vez en compañía da súa parella sentimental, a tamén viguesa María Monsonís. Aínda que cando o grupo xurdiu en 1987 comezaron sendo catro os seus compoñentes (Tino DiGeraldo e Billy Villegas completaban a banda), non tardou moito en estar formado só por Teo e María. Es por ti, Los tejados ou El marido de la peluquera son algunhas das cancións máis coñecidas do dúo. Tamén interpretaron a banda sonora da serie Nada es para siempre, rodada en Galicia a comezos da década do 2000.
En 1997 Teo probou sorte en solitario coa publicación do disco Uno, que contou coa colaboración da poetisa Olivia Bardomín.[1] Máis tarde retomou Cómplices, pero continuou en solitario publicando A veces en 2001, cando María decidiu abandonar o grupo.
No ano 2003 sacaron un disco cos seus grandes éxitos en directo, nun concerto no que interpretaron os seus grandes temas acompañados por amigos como Presuntos Implicados, Antonio Vega ou Álvaro Urquijo.
En 2006, tras un tempo sen publicar novos traballos, sacaron á venda como dúo o álbum Hello mundo cruel. En 2021 Teo Cardalda publicou en solitario o disco Claves Líricas. Nueve Poemas Musicalizados de D. Ramón María del Valle-Inclán, un traballo no que puxo música á obra de Valle-Inclán.[2] Ao ano seguinte saíu á luz un novo traballo do músico, co título El viaje que nunca acaba. Só con voz e piano, constou de varios temas inéditos, interpretacións de cancións de Golpes Bajos e Cómplices e versións de David Bowie, Antonio Vega, Elton John, Ray Heredia ou Los Secretos.[3]
Discografía
editarGolpes Bajos
editarCómplices
editar- Manzanas (1988)
- Ángeles desangelados (1989)
- La danza de la ciudad
- Está llorando el sol (1991)
- Preguntas y flores (1993)
- Básico (1994)
- Cousas de meigas (1999)
- Cómplices (2000)
- Complicidad (2000)
- A veces (2002)
En solitario
editar- Claves líricas. Nueve poemas musicalizados de Don Ramón María del Valle-Inclán (2021). Temas: La Vida en Si; Rosa Hiperbólica; Mirlo en la Oscuridad; Los Pobres De Dios; Compostela; Rosa Gnóstica; Generación del 98; Cantiga de Vellas; Hipnosis; Rosa Vespertina; Josefina Blanco; No Digas de Dolor; Rosa del Caminante; Geórgica; La Rosa del Reloj; El Poeta Universal.
- El viaje que nunca acaba (2023)
Vida persoal
editarÉ curmán do animador cultural de Vilaxoán, tamén chamado Teo Cardalda.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- ↑ A. Manrique, Diego (24 de marzo de 1997). "'CÓMPLICE' SOLITARIO". El País (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2023.
- ↑ "Teo Cardalda: «Si Valle-Inclán estuviese vivo, montaría un pollo tremendo»". La Razón (en castelán). 6 de outubro de 2021. Consultado o 26 de abril de 2023.
- ↑ López Palacios, Iñigo (30 de abril de 2022). "Teo Cardalda: “Un grupo es como un matrimonio y los músicos somos gilipollas”". El País (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2023.