Euroleague

(Redirección desde «Copa de Europa de Baloncesto»)

A EuroLeague, tamén comunmente coñecida como Euroliga, é a actual máxima competición de clubs de baloncesto de Europa e está organizada pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) dende o seu nacemento na tempada 2000-2001, substituíndo á extinta Copa de Europa de Baloncesto. Naquel entón, as asociacións de clubs españois, italianos e gregos impulsaron unha ruptura coa Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), organizadora da histórica Copa de Europa, para crear unha nova competición no marco da ULEB (que a xestiona mediante a empresa Euroleague S.L.) e, así, tentar obter maiores ingresos económicos.

Modelo:Competición deportivaEuroleague
Imaxe
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUnión de Ligas Europeas de Baloncesto Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorTurkish Airlines Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorLiga ABA, Basketball Bundesliga, Baltic Basketball League, Superliga de Baloncesto de Ucraína, Lega Basket Serie A, VTB United League, Ligat ha'Al, Košarkaška liga Srbije, A1 Liga, Polska Liga Koszykówki, Georgian Superliga (en) Traducir, Russian Basketball Championship (en) Traducir, LNB Pro A, A1 Ethniki, Liga ACB e Basketbol Süper Ligi Editar o valor en Wikidata
Número de participantes128 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1958 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaoutubroEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAnadolu Efes S.K. Editar o valor en Wikidata
Outro
Cobertura dos medios de comunicaciónEuroLeague TV (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialeuroleaguebasketball.net… Editar o valor en Wikidata
Facebook: TheEuroleague Twitter: Euroleague Instagram: euroleague Youtube: UCGr3nR_XH9r6E5b09ZJAT9w TikTok: euroleague Editar o valor en Wikidata

FIBA Euroliga (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

En novembro de 2004[1][2] comezou unha nova etapa para a Euroliga pois a ULEB e a FIBA resolveron as súas disputas. Un dos acordos alcanzados foi o recoñecemento da Euroliga como máximo torneo europeo de clubs por parte de FIBA Europa. A competición é retransmitida por televisión en 197 países e mesmo pode ser vista por 200 millóns de espectadores chineses cada semana, así como nos Estados Unidos, en NBATV.

Historia

editar

Copa de Europa

editar
 
Previa dun partido da Euroliga en 2010, 53 anos despois da súa primeira edición.

A Copa de Europa de baloncesto foi creada pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) na tempada 195758 a imaxe e semellanza da de fútbol.[3] Orixinariamente, enfrontaba aos campións de Liga de cada un dos países europeos inscritos na FIBA. O sistema tradicional desta competición consistía na disputa dunhas eliminatorias, decididas por sorteo, entre dous equipos que se enfrontaban a dobre partido (ida e volta). Até 1965, a final tamén se disputaba a dobre partido (coa excepción da edición de 1962, cuxa final se celebrou en Xenebra, e coa peculiaridade de que en 1963 houbo un terceiro partido de desempate), e dende 1966 facíase a partido único, coa particularidade de que en 1966 (Boloña e Milán) e 1967 (Madrid) o formato para decidir o campión foi o de final entre catro ou final four, fórmula recuperada 21 anos despois.[4]

O éxito da Copa de Europa propiciou que a FIBA concibise dúas competicións interclubs máis. En 1967 creou a Recopa de Europa (disputada por última vez coa denominación de Copa Saporta), para que se enfrontasen os campións de Copa de cada un dos países federados. E en 1972 creou a Copa Korać, na que participaban os equipos mellor clasificados de cada país que non puideran acceder aos torneos concibidos para os campións de Liga e Copa.

Comezos

editar

O xornal deportivo francés "L'Equipe" foi o primeiro en concibir a idea de competicións deportivas europeas de clubs, primeiro e sobre todo no caso do fútbol. O baloncesto pronto se adheriu á idea, sendo esta proposta discutida pola FIBA durante o Eurobasket de 1957 en Bulgaria. Así, o Secretario Xeral da FIBA, William Jones, creou unha Comisión integrada por Borislav Stanković (Iugoslavia), Raimundo Saporta (España), Robert Busnel (Francia), Miloslav Kriz (Checoslovaquia) e Nikolai Semashko (Unión Soviética) para chegar a un acordo ao respecto.

Así, a Comisión convidou ás federacións nacionais de Europa a enviar aos seus campións nacionais para un enfrontamento entre eles, "L'Equipe" doou o trofeo, e finalmente en 1958 tivo lugar a primeira Copa de Europa de Clubs. Os clubs de Europa do Leste (por non dicir do antigo bloque soviético) dominaron os primeiros anos, xa que non só gañaron as primeiras seis edicións da competición (tres veces o ASK Riga, dúas veces ao CSKA Moscova e unha vez o Dinamo Tbilisi), senón que tamén conseguiron chegar á final en catro ocasións nos primeiros seis anos (dúas veces Academic Sofia e unha vez Dinamo Tbilisi e ASK Riga).

Anos 60: O auxe do Real Madrid e do CSKA Moscova

editar

En 1961 as cousas comezaron a cambiar. O principal club de baloncesto de Europa occidental, o Real Madrid (España), comezou a mostrar signos da ambición, chegando ese mesmo ano ás semifinais onde perderon fronte o ASK Riga. Os dous anos seguintes, os campións españois atoparon o seu camiño á final, mais perdeu en ámbalas ocasións fronte ao Tbilisi e o CSKA respectivamente. Finalmente, o Real Madrid gañou a primeira do seu oito coroas europeas en 1964, vencendo aos checos do Spartak Brno. Con todo, esa tempada, o campión soviético non participou debido a que o equipo nacional (composto nun 90% por xogadores do CSKA) estaba a prepararse para os Xogos Olímpicos de Toquio 1964. De tódolos xeitos, esa tempada supuxo un xiro importante para o baloncesto europeo, xa que marcou o inicio da dominación dos "ricos" clubs de Europa Occidental.

Despois, até 1969, Real Madrid e Olimpia Milano, entón chamado "Simmenthal", compartiron o título do mellor equipo europeo. O Madrid contaba con xogadores como Clifford Luyk, primeiro xogador americano nacionalizado cun papel tan importante, Emiliano Rodríguez, Miles Aiken, Bob Burgess e máis tarde Wayne Brabender. Mentres tanto, o Milán, en 1966, foi dirixido por un mozo e intelixente aleiro americano, Bill Bradley, que máis tarde se convertería en campión da National Basketball Association (NBA) en 1970 e 1973 cos New York Knicks.

Tempo despois, Bradley tamén se convertería en candidato á presidencia dos Estados Unidos. En 1969, o CSKA de Moscova, inspirado polo talento Sergei Belov, logrou vencer ao Real Madrid en Barcelona. O mozo Belov conseguiu 19 puntos esa noite, mais o seu compañeiro de equipo, o alto pivote Vladimir Andreev (2,15 m) conseguiu 37.

Anos 70: A dinastía do Pallacanestro Varese

editar
 
Dražen Petrović.

Despois das dinastías da Unión Soviética e do Real Madrid, os 70 foron, sen dúbida, a década do Pallacanestro Varese (Italia). O campión italiano, atopou a maneira, ano tras ano, para chegar á final da competición, de feito, o Varese chegou a dez finais durante os anos 70, gañando cinco delas. O Real Madrid, CSKA, o entusiasta Bosna Saraievo e o puxante Maccabi Tel-Aviv foron os outros campións da década.

Nese momento, o Varese foi levado polo lendario pivote Dino Meneghin, rodeado de xogadores como Bob Morse, Manuel Raga, Ottorino Flaborea, Fultz John ou Iván Bisson. En 1971, o CSKA gañou o seu último título Europeo até o 2006, superando a Varese, grazas a 24 puntos de Sergei Belov. En 1977, os israelís de Maccabi Tel-Aviv, gañou a primeira das súas cinco coroas europeas. E por fin, en 1979, a escola iugoslava de baloncesto comezou a cegar a Europa, o Bosna Saraxevo, dirixido por un novo adestrador de vinte e oito anos chamado Bogdan Tanjevic, venceu ao Varese, ofrecendo a primeira coroa europea a Iugoslavia.

Anos 80: Dominio iugoslavo e italiano

editar
 
Dominique Wilkins, estrela do Panathinaikos en 1996.

O que puido ser a década do Maccabi (seis finais, pero só unha vitoria), co tempo converteuse nun triunfo para o baloncesto italiano (sete finais e cinco vitorias). Italia logrou xerar tres campións europeos diferentes (Pallacanestro Cantù, Virtus Roma e Olimpia Milano) en só sete anos. En 1982 e 1983, o Cantú, tradicional subcampión da liga italiana, conseguiu os seus dous campionatos, chegando despois a vitoria do Banco di Roma. Entón comezou o reinado do Cibona Zagreb e do marabilloso Dražen Petrović, estando este dez anos marcados polo xurdir definitivo do elegante baloncesto iugoslavo. En primeiro lugar, o Cibona, gañou dúas veces seguidas (1985 e 1986) e a continuación, a Jugoplastika, gañou tres títulos consecutivos (1989, 1990 e 1991).

O xurdir grego

editar

Os anos 90 viron dúas das finais máis emocionantes e polémicas da historia da competición, que en 1996 se converteu na "Euroliga". En 1992, o KK Partizan de Saša Đorđević e Predrag Danilović levou aos de Belgrado ao título, o cuarto consecutivo para un club iugoslavo. Danilovic foi o MVP Final Four, pero foi Djordjevic quen no último segundo do encontro unha canastra de tres puntos que deu a vitoria ao Partizan por 71-70 contra o equipo catalán do Joventut Badalona.[5] O ano seguinte levou o título o Limoges de Francia, que sorprenderon ao Benneton Treviso de Toni Kukoč na final.

En 1994, o Joventut tomou vinganza polo sucedido dous anos atrás, e na final fronte o Olympiacos grego, o aleiro dos de Badalona, Corny Thompson conseguía unha tripla (a súa quinta en toda a competición) que os poñía con dous puntos de vantaxe a 19 segundos do final. Os gregos tiveron a ocasión de empatar con dous tiros libres, mais a estrela iugoslava Zarko Paspalj so conseguiu anotar un, dando a vitoria ao Joventut. Ao ano seguinte, o Real Madrid da man de Arvydas Sabonis conseguiu a vitoria sobre o Olympiacos na final.

A de 1996 resultou ser unha das finais máis controvertidos de calquera competición de clubs europea. Este encontro enfrontaba ao Panathinaikos e ao FC Barcelona. No último segundo do partido, nunha canastra que decidía o encontro, Stojan Vrankovic facía un tapón ilegal José Montero que privaba aos cataláns do título.[6] O Olympiacos continuou a supremacía grega sobre a Euroliga en 1997 tras perder na final en 1994 e 1995.

2000: Escisión

editar

No ano 2000, un importante sismo sacudiu os cimentos do baloncesto europeo. Os grandes clubs profesionais do continente, liderados polos españois, os italianos e os gregos, agrupados na Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB), escindíronse da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) co propósito de organizar unha nova Euroliga con criterios máis modernos de xestión. Estes clubs querían recibir maiores ingresos procedentes dos dereitos de transmisión por televisión e de merchandise dos que lles ofrecía a FIBA. Ante a falta de acordo entre a FIBA e a ULEB, desapareceu a histórica Copa de Europa e na tempada 2000-2001 naceron dúas competicións paralelas que loitaron por recoller a testemuña: a oficialista e sucesora "Suproliga" e a escindida e nova "Euroliga".

Os clubs inscribíronse nunha e outra competición segundo os seus intereses. A maior parte de españois, italianos, gregos (excepto o Panathinaikos BC) e franceses tomaron parte pola Euroliga, mentres que a maioría de rusos, israelís e do leste de Europa optaron pola Suproliga. Na tempada 2001-2002 os equipos pertencentes á "Suproliga" entraron a formar parte da "Euroliga", quedando unha única competición.

2006: Harmonización

editar

Os cinco anos de ruptura no baloncesto europeo foron prexudiciais tanto para a Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), a Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) e os clubs que tomaron parte nas súas competicións. Por iso, en novembro de 2004, os máximos dirixentes da ULEB e FIBA Europa acordaron finalmente a compatibilización dos seus respectivos torneos de face á seguinte tempada.

Deste xeito, FIBA Europa comprometeuse a administrar e impulsar todas as competicións de clubs europeas (chamando á súa "Liga Europea" como "Eurocopa") á vez que recoñecía oficialmente á ULEB como ente organizador da "Euroliga" e a "Copa da ULEB". Ademais, o máximo organismo federativo europeo limitou a 48 o número de participantes nos torneos da ULEB e pasou a xestionar en exclusiva as normativas de elixibilidade dos xogadores, os traspasos e contrólelos antidopaxe. A ULEB reservouse a opción de subscribir contratos para que algúns clubs participen nas súas competicións durante un número determinado de tempadas independentemente dos resultados deportivos que tivesen. O acordo tamén previu o compromiso de harmonización do calendario internacional para que os partidos oficiais das seleccións nacionais non prexudiquen os intereses dos membros da ULEB.

Dende 2001 até 2011 a Euroliga foi gañada tan só por tres equipos distintos. Entre eles destaca o Panathinaikos que acadou o título até en tres ocasións (2001, 2007, 2009 e 2011), siguenelle o Maccabi Tel Aviv campión en dúas ocasións (2004 e 2005) e finalista en tres (2006, 2008 e 2011) e o FC Barcelona que en 2003 e 2010 conseguiu os seus únicos títulos até o momento.

Formato

editar

A partir da tempada 2009-10, a primeira fase da Euroliga serán as "Roldas Clasificatorias" (en inglés: Qualifying Rounds), que implicarán a oito clubs nunha fase eliminatoria con enfrontamentos de ida e volta. Os catro superviventes da primeira rolda de clasificación aparellaranse entre si para a segunda rolda de clasificación, continuando os dous gañadores na Euroliga. Tódolos clubs que perdan nestas eliminatorias participarán na competición de segundo nivel da ULEB, a Eurocup.

A seguinte fase é a "Fase regular" (en inglés: Regular Season) na que participan 24 equipos. Dende 2009, os participantes inclúen a vinte e dous clubs inscritos automaticamente na "fase regular" ademais dos dous gañadores das "Roldas Clasificatorias". Cada equipo xoga dous partidos (ida e volta) contra os demais equipos do seu grupo. Ao final da "fase regular", os equipos redúcense de 24 a 16. Antes de 2008-09, os equipos estaban divididos en tres grupos de oito equipos cada un, clasificándose os cinco primeiros máis o mellor sexto clasificado de tódolos grupos. Agora, a tempada regular consta de catro grupos con seis equipos cada un, avanzando os catro primeiros de cada grupo.

A segunda fase, coñecida como "Top 16", consiste en catro grupos de catro equipos. Do mesmo xeito que na tempada regular, cada grupo de "Top 16" os equipos enfróntanse a partidos de ida e volta. A terceira fase, a "Rolda de cuartos de final" (en inglés: Quarterfinal round) vense xogando dende 2004. Antes, só os gañadores de cada grupo avanzaron cara a "Final Four", agora o primeiro e segundo de cada grupo enfróntanse nunha serie de playoffs ao mellor de cinco encontros (até 2007 era ao mellor de tres). A vantaxe de campo e para os equipos que acabaron en primeiro lugar nos grupos do "Top 16". Na "Final Four", que se celebra nun lugar determinado (por exemplo en 2010 en París), enfróntanse os gañadores das eliminatorias de cuartos de final a un só partido. Estes encontros celébranse en tan só tres días, xogando primeiro unhas semifinais e posteriormente a final cos gañadores e un encontro polo terceiro posto cos perdedores.

A partir da tempada 2016−17 o número de clubs reduciuse a 16, os cales se enfrontan nun sistema de todos contra todos con partidos de ida e volta. Os primeiros oito clasificados xogan posteriormente un playoff ao mellor de cinco partidos para clasificarse á Final Four.

Equipos

editar

Os seguintes son os equipos participantes na edición 2023−24 da Euroliga.

 
Maccabi FOX Tel Aviv.
 
Fenerbahçe Istanbul.
Equipo Cidade País Pavillón Capacidade
ALBA Berlin Berlín   Alemaña Uber Arena 14.500
Anadolu Efes Istanbul   Turquía Sinan Erdem Spor Salonu 16.000
AS Monaco Mónaco   Francia Salle Gaston Médecin 5.000
Barcelona Barcelona   España Palau Blaugrana 7.786
Baskonia Vitoria   España Buesa Arena 15.504
Bayern München Múnic   Alemaña BMW Park 6.700
Crvena zvezda Meridianbet Belgrado   Serbia Štark Arena 20.094
EA7 Emporio Armani Milan Milán   Italia Forum di Milano 12.700
Fenerbahçe Beko Istanbul   Turquía Ülker Sports Arena 13.059
LDLC ASVEL Villeurbanne   Francia Astroballe 5.560
Maccabi Playtika Tel Aviv Tel Aviv   Israel Menora Mivtachim Arena 10.383
Olympiacos O Pireo   Grecia A Paz e a Amizade 11.847
Panathinaikos AKTOR Atenas   Grecia OAKA Altion 18.300
Partizan Mozzart Bet Belgrado   Serbia Štark Arena 20.094
Real Madrid Madrid   España WiZink Center 13.109
Valencia Basket Valencia   España La Fonteta 8.500
Virtus Segafredo Bologna Boloña   Italia Segafredo Arena 9.980
Žalgiris Kaunas Kaunas   Lituania Žalgirio Arena 15.415

Finais

editar

Para finais non xogadas a partido único, un * precede ao resultado do equipo que xogaba na casa.

Ano Sede Campión Finalista 1º encontro / Final 2º encontro 3º encontro 4º encontro 5º encontro
Final a dobre partido
1957/58   Riga e   Sofía   ASK Riga   Academic Sofia *86-81 84-*71 -
1958/59   Riga e   Sofía   ASK Riga   Academic Sofia *79-58 69-*67 -
1959/60   Tbilisi e   Riga   ASK Riga   Dinamo Tbilisi 61-*51 *69-62 -
1960/61   Riga e   Moscova   CSKA Moscova   ASK Riga *61-66 87-*62 -
1961/62   Xenebra   Dinamo Tbilisi   Real Madrid 90-83 -
1962/63   Madrid e   Moscova   CSKA Moscova   Real Madrid 69-*86 *91-74 *99-80 -
1963/64   Brno e   Madrid   Real Madrid   Spartak Brno 99-*110 *84-64 -
1964/65   Moscova e   Madrid   Real Madrid   CSKA Moscova 81-*88 *76-62 -
Final Four
1965/66   Boloña   Simmenthal Milan   USK Slavia Praga 77-72 -
1966/67   Madrid   Real Madrid   Simmenthal Milan 91-83 -
Final
1967/68   Lión   Real Madrid   Spartak Brno 98-95 -
1968/69   Barcelona   CSKA Moscova   Real Madrid 103-99 (2PR) -
1969/70   Saraxevo   Ignis Varese   CSKA Moscova 79-74 -
1970/71   Anveres   CSKA Moscova   Ignis Varese 67-53 -
1971/72   Tel Aviv   Ignis Varese   Jugoplastika Split 70-69 -
1972/73   Liexa   Ignis Varese   CSKA Moscova 71-66 -
1973/74   Nantes   Real Madrid   Ignis Varese 84-82 -
1974/75   Anveres   Ignis Varese   Real Madrid 79-66 -
1975/76   Xenebra   Mobilgirgi Varese   Real Madrid 81-74 -
1976/77   Belgrado   Maccabi Tel Aviv   Mobilgirgi Varese 78-77 -
1977/78   Múnic   Real Madrid   Mobilgirgi Varese 75-67 -
1978/79   Grenoble   Bosna Saraxevo   Emerson Varese 96-93 -
1979/80   Berlín Oeste   Real Madrid   Maccabi Tel Aviv 89-85 -
1980/81   Estrasburgo   Maccabi Tel Aviv   Synudine Bologna 80-79 -
1981/82   Colonia   Ford Cantù   Maccabi Tel Aviv 86-80 -
1982/83   Grenoble   Ford Cantù   Billy Milan 69-68 -
1983/84   Xenebra   Banco di Roma   FC Barcelona 79-73 -
1984/85   Atenas   KK Cibona   Real Madrid 87-78 -
1985/86   Budapest   KK Cibona   Žalgiris Kaunas 84-72 -
1986/87   Lausana   Tracer Milan   Maccabi Tel Aviv 71-69 -
Final Four
1987/88   Gante   Tracer Milan   Maccabi Tel Aviv 90-84 -
1988/89   Múnic   Jugoplastika Split   Maccabi Tel Aviv 75-69 -
1989/90   Zaragoza   Jugoplastika Split   FC Barcelona 72-67 -
1990/91   París   Pop 84 Split   FC Barcelona 70-65 -
1991/92   Istambul   Partizan   Joventut Badalona 71-70 -
1992/93   Atenas   CSP Limoges   Benetton Treviso 59-55 -
1993/94   Tel Aviv   Joventut Badalona   Olympiacos 59-57 -
1994/95   Zaragoza   Real Madrid   Olympiacos 73-61 -
1995/96   París   Panathinaikos   FC Barcelona 67-66 -
1996/97   Roma   Olympiacos   FC Barcelona 73-58 -
1997/98   Barcelona   Kinder Bologna   AEK Atenas 58-44 -
1998/99   Múnic   Žalgiris Kaunas   Kinder Bologna 82-74 -
1999/00   Tesalónica   Panathinaikos   Maccabi Tel Aviv 73-67 -
2000/01   París (Suproliga)   Maccabi Tel Aviv   Panathinaikos 81-67 -
  Boloña e   Vitoria (Euroliga)   Kinder Bologna   Baskonia *68-85 *94-73 80-*60 79-*96 *82-74
2001/02   Boloña   Panathinaikos   Kinder Bologna 89-83 -
2002/03   Barcelona   FC Barcelona   Benetton Treviso 76-65 -
2003/04   Tel Aviv   Maccabi Tel Aviv   Skipper Bologna 118-74 -
2004/05   Moscova   Maccabi Tel Aviv   Baskonia 90-78 -
2005/06   Praga   CSKA Moscova   Maccabi Tel Aviv 73-69 -
2006/07   Atenas   Panathinaikos   CSKA Moscova 93-91 -
2007/08   Madrid   CSKA Moscova   Maccabi Tel Aviv 91-77 -
2008/09   Berlín   Panathinaikos   CSKA Moscova 95-71 -
2009/10   París   FC Barcelona   Olympiacos 86-68 -
2010/11   Barcelona   Panathinaikos   Maccabi Tel Aviv 78-70 -
2011/12   Istambul   Olympiacos   CSKA Moscova 62-61 -
2012/13   Londres   Olympiacos   Real Madrid 100-88 -
2013/14   Milán   Maccabi Tel Aviv   Real Madrid 98-85 -
2014/15   Madrid   Real Madrid   Olympiacos 78-59 -
2015/16   Berlín   CSKA Moscova   Fenerbahçe 101–96 -
2016/17   Istambul   Fenerbahçe   Olympiacos 80–64 -
2017/18   Belgrado   Real Madrid   Fenerbahçe 85-80 -
2018/19   Vitoria   CSKA Moscova   Anadolu Efes 91-83 -
2020/21   Colonia   Anadolu Efes   FC Barcelona 86-81 -
2021/22   Belgrado   Anadolu Efes   Real Madrid 58-57 -
2022/23   Kaunas   Real Madrid   Olympiacos 79-78 -
2023/24   Berlín   Panathinaikos   Real Madrid 95-80 -

Títulos

editar

Por club

editar
Equipo Campión Finalista Anos campión Anos finalista
  Real Madrid 11 10 1964, 1965, 1967, 1968, 1974, 1978, 1980, 1995, 2015, 2018, 2023 1962, 1963, 1969, 1975, 1976, 1985, 2013, 2014, 2022, 2024
  CSKA Moscova 8 6 1961, 1963, 1969, 1971, 2006, 2008, 2016, 2019 1965, 1970, 1973, 2007, 2009, 2012
  Panathinaikos 7 1 1996, 2000, 2002, 2007, 2009, 2011, 2024 2001
  Maccabi Tel Aviv 6 9 1977, 1981, 2001, 2004, 2005, 2014 1980, 1982, 1987, 1988, 1989, 2000, 2006, 2008, 2011
  Pallacanestro Varese 5 5 1970, 1972, 1973, 1975, 1976 1971, 1974, 1977, 1978, 1979
  Olympiacos Piraeus 3 6 1997, 2012, 2013 1994, 1995, 2010, 2015, 2017, 2023
  Olimpia Milano 3 2 1966, 1987, 1988 1967, 1983
  ASK Riga 3 1 1958, 1959, 1960 1961
  KK Split 3 1 1989, 1990, 1991 1972
  FC Barcelona 2 5 2003, 2010 1984, 1990, 1991, 1996, 1997
  Virtus Bologna 2 3 1998, 2001 1981, 1999, 2002
  Anadolu Efes 2 1 2021, 2022 2019
  Pallacanestro Cantù 2 1982, 1983
  Cibona Zagreb 2 1985, 1986
  Fenerbahçe 1 2 2017 2016, 2018
  Dinamo Tbilisi 1 1 1962 1960
  Joventut Badalona 1 1 1994 1992
  Žalgiris Kaunas 1 1 1999 1986
  Bosna Saraxevo 1 1979
  Virtus Roma 1 1984
  Partizan Belgrado 1 1992
  CSP Limoges 1 1993
  Academic Sofia 2 1958, 1959
  Spartak Brno 2 1964, 1968
  Benetton Treviso 2 1993, 2003
  Baskonia 2 2001, 2005
  Slavia Praga 1 1966
  AEK Atenas 1 1998
  Fortitudo Bologna 1 2004

Por estado

editar
Estado Títulos
  España 14
  Italia 13
  Grecia 10
  Rusia (e como parte da Unión Soviética) 8
  Israel 6
  Croacia (e como parte da RFS Iugoslavia) 5
  Letonia (e como parte da Unión Soviética) 3
  Turquía 3
  Serbia (e como parte da RFS Iugoslavia / Serbia e Montenegro) 1
  Francia 1
  Lituania 1
Estados desaparecidos Títulos
  Unión Soviética 8
  Iugoslavia 7

Adestradores máis laureados

editar
 
Šarūnas Jasikevičius.

Željko Obradović e Ettore Messina son os adestradores que gañaron máis Euroligas con tres títulos cada un; seguido por Pini Gershon que saíu vitorioso en dúas ocasións. Levando as rendas do Maccabi Tel Aviv, o israelí Gershon logrou o título en dúas ocasións consecutivas (2004 e 2005), foi subcampión en 2006 e, ademais, en 2001 foi o último en saborear o éxito na desaparecida Copa de Europa.

O italiano Messina, que xa fora campión de Europa de Clubs en 1998, sendo o primeiro técnico gañador da máxima competición da ULEB. O Kinder Boloña levou o título na tempada 2000-2001 ao derrotar ao Baskonia nunha eliminatoria final ao mellor de cinco partidos, que se resolveu cun resultado de 3 a 2. A segunda vitoria de Messina, que foi subcampión en 2002 e 2003, produciuse en 2006 ao mando do CSKA Moscova.

O serbio Obradović foi o último en conseguilo, sempre como adestrador do Panathinaikos e sempre contra o entón vixente campión da competición. O seu primeiro triunfo produciuse na tempada 2001-2002, contra o Kinder; na 2006-2007 e na 2008-2009 contra o CSKA. Ademais, Obradović conquistara anteriormente catro títulos da Copa de Europa ao mando do KK Partizan (1992), o 7Up Joventut (1994), o Real Madrid (1995) e Panathinaikos (2000). Tamén, foi subcampión desta Copa unha vez ao perder a final de 2001 contra o Maccabi.

Xogador máis laureado

editar

O lituano Šarūnas Jasikevičius é o xogador que máis Euroligas ten no seu palmarés con catro en total. O primeiro dos seu catro triunfos conseguiuno en 2003, sendo a base titular do FC Barcelona; os dous seguintes, en 2004 e 2005, foron coa camiseta do Maccabi Tel Aviv e o último en 2009 co Panathinaikos. Tendo en conta á antiga Copa de Europa tamén, o italiano Dino Meneghin ten no seu palmares sete trofeos da competición.

Líderes estatísticos

editar

Puntos por partido

editar

Rebotes por partido

editar

Asistencias por partido

editar

Roubos por partido

editar

Tapóns por partido

editar

Líderes de tódolos tempos

editar
 
Anthony Parker.
 
Nikola Vujcic.
Media Total
Partidos   Paulius Jankūnas 392
Valoración   Anthony Parker 21,41   Vassilis Spanoulis 4.100
Puntos   Alphonso Ford 22,22   Vassilis Spanoulis 4.335
Rebotes   Joseph Blair 10,10   Paulius Jankūnas 2.010
Asistencias   Nick Calathes 5,97   Vassilis Spanoulis 1.558
Roubos   Emanuel Ginóbili 2,73   Dimitris Diamantidis 434
Tapóns   Grigorij Khizhnyak 3,19   Bryant Dunston 255
Porcentaxe Total
Tiros libres   Nando de Colo 94,00   Vassilis Spanoulis 1.113
Tiros de dous   Walter Tavares 72,35   Ante Tomić 1.137
Tiros de tres   Fran Pilepić 50,45   Sergio Llull 627

Actuacións individuais

editar

Os datos das mellores actuacións individuais refírense a encontros sucedidos dende o comezo da tempada 1991-92, exceptuando os rexistros de tapóns e a valoración que só contabilizan dende o comezo da tempada 2000-01. Na categoría de puntos cómpre destacar que na edición de 1964-65 Radivoj Korać conseguiu anotar 99 puntos no encontro que enfrontaba ao OKK Belgrado contra o Alvik BBK sueco (155-57).

Puntos

editar
  •   Joe Arlauckas (Real Madrid) 63 puntos contra Buckler Bologna (24/28 2pt, 0/1 3pt, 15/18 TL) (en 1995-96)
  •   Nigel Hayes-Davis (Fenerbahçe) 50 puntos contra Alba Berlin (9/11 2pt, 9/16 3pt, 5/7 TL) (en 2023-24)
  •   Shane Larkin (Anadolu Efes) 49 puntos contra Bayern München (5/7 2pt, 10/12 3pt, 9/10 TL) (en 2019-20)
  •   Michael Young (CSP Limoges) 47 puntos contra Benetton Treviso (12/22 2pt, 4/6 3pt, 11/15 TL) (en 1993-94)
  •   Nikos Galis (Aris Thessaloniki) 46 puntos contra Philips Milano (8/14 2pt, 5/6 3pt, 15/18 TL) (en 1991-92)

Rebotes

editar
  •   Arvydas Sabonis (Real Madrid) 24 rebotes contra Olympiacos Piraeus (en 1992-93)
  •   Joe Binion (Buckler Bologna) 24 rebotes contra Panathinaikos Athens (en 1994-95)
  •   Antonis Fotsis (Dynamo Moscova) 24 rebotes contra Benetton Treviso (en 2006-07)
  •   Rickie Winslow (Estudiantes Madrid) 23 rebotes contra Aris Thessaloniki (en 1991-92)
  •   Cliff Levingston (PAOK Thessaloniki) 23 rebotes contra Scavolini Pesaro (en 1992-93)

Asistencias

editar

Roubos

editar

Tapóns

editar

Valoración

editar

Triplos-dobres

editar
Xogador Equipo Triplo dobre Tempada Rival
  Keith Williams   WKS Śląsk Wrocław 30 puntos, 10 rebotes, 16 asistencias
1992–93
  Dinamo Tbilisi
  Vasily Karasev   CSKA Moscow 21 puntos, 10 rebotes, 10 asistencias
1994–95
  Olympiacos
  Bill Edwards   PAOK 24 puntos, 15 rebotes, 10 asistencias
1999–00
  Cholet Basket
  Derrick Phelps   ALBA Berlin 11 puntos, 10 rebotes, 12 asistencias
2000–01 SuproLeague
  Iraklis
  Nikola Vujčić   Maccabi Tel Aviv 11 puntos, 12 rebotes, 11 asistencias
2005–06
  Prokom Trefl
  Nikola Vujčić   Maccabi Tel Aviv 27 puntos, 10 rebotes, 10 asistencias
2006–07
  Olimpija Ljubljana
  Nick Calathes   Panathinaikos 11 puntos, 12 rebotes, 18 asistencias
2018–19
  Budućnost
  Codi Miller-McIntyre   Baskonia 11 puntos, 11 rebotes, 20 asistencias
2023–24
  ASVEL Basket

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar