Radivoj Korać
Radivoj Korać (en serbio: Радивој Кораћ), nado en Sombor (Iugoslavia, actual Serbia) o 5 de novembro de 1938 e finado en Saraxevo o 2 de xuño de 1969, foi xogador profesional de baloncesto iugoslavo. Cunha altura de 1,96 metros xogaba na posición de ala-pivote.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1938 Sombor, Serbia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 2 de xuño de 1969 (30 anos) Saraxevo, Bosnia e Hercegovina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | traumatismo físico accidente de coche | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Novo Cemitério de Belgrado (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 94 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1954 - 1969 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Iugoslavia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1968 | Xogos Olímpicos de 1968 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1967 | Campeonato Mundial de Basquetebol Masculino de 1967 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1965 | EuroBasket 1965 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1964 | Xogos Olímpicos de 1964 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1963 | EuroBasket 1963 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1963 | Campeonato Mundial de Basquetebol Masculino de 1963 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1961 | EuroBasket 1961 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1960 | Xogos Olímpicos de 1960 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1959 | EuroBasket 1959 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Considerado un dos mellores xogadores deste deporte da historia de Europa, Korać é lembrado hoxe como "a primeira lenda", xa que foi un dos máximos artífices en lograr que a selección iugoslava pasase de ser un equipo sen importancia no panorama internacional a unha das maiores potencias mundiais en baloncesto. Cando estaba na plenitude da súa carreira, faleceu nun accidente de tráfico uns meses antes de disputar o Mundial de Baloncesto de 1970 en Liubliana.
Como recoñecemento aos seus méritos a FIBA incluíulle, no 2007, na lista de nove xogadores que inauguraban o seu Salón da Fama e a Euroliga fixo o mesmo coa inclusión do xogador na súa lista de trinta e cinco mellores xogadores da historia da competición que realizou no 2008 con motivo do seu cincuenta aniversario. Ademais entre 1971 e 2002, a antecesora da segunda maior competición do baloncesto Europeo, a Eurocup Basketball, levou o nome de Copa Korać.
Traxectoria
editarComezos
editarRadivoj Korać naceu na localidade de Sombor do Reino de Iugoslavia,[1] territorio que forma parte hoxe de Serbia. Desde neno destacou en tódolos deportes que practicaba, aínda que os seus pasos encamiñáronse cara ao atletismo na modalidade de salto de altura, na chegou ter unha marca de 1,99 metros. Con todo o seu futuro cambiou cando unha casualidade quixo que mentres se atopaba cumprindo o servizo militar fose descuberto por Borislav Stanković, que por aqueles entón era o adestrador do OKK Belgrado e que co tempo ostentaría o cargo de secretario xeral da FIBA dende 1976 até 2002.
Isto fixo que á idade de 16 anos "Žućko" (loiro), alcume motivado pola cor do seu cabelo, comezase a xogar para o OKK destacando dende os seus comezos pola súa capacidade anotadora, chegando nunha ocasión a conseguir todos os puntos que o OKK Belgrado logrou durante a disputa dun partido.
OKK Belgrado
editarAo ano seguinte, Stanković conseguiu que o goberno iugoslavo lle dese a JKorać unha licenza que o eximía da obriga de seguir cumprindo o servizo militar e inmediatamente fíxolle debutar no OKK con tan só 17 anos. No partido do seu debut o xogador conseguiu anotar 22 puntos. En total Korać disputou dez tempadas consecutivas nas filas do equipo de Belgrado sempre con Borislav Stanković como adestrador. Durante esta etapa o iugoslavo chegou a proclamarse catro veces campión da YUBA Liga (1958, 1960, 1963 e 1964) e dúas veces da Copa de Iugoslavia (1960, 1961).
O xogador destacou sempre pola súa facilidade para atacar con éxito o aro rival, como o demostra o feito de que en sete ocasións (1957, 1958, 1960, 1962, 1963, 1964 e 1965) finalizou a liga iugoslava co título de máximo anotador da competición, un récord que ningún outro xogador logrou igualar na historia do torneo. A desintegración da antiga Iugoslavia fai que Korać quedase para a historia como o segundo máximo anotador de tódolos tempos da competición con 5281 puntos, só superado por Dragan Kićanović, aínda que ocupando a primeira praza en media de puntos por partido con 31,2 nas dez tempadas que disputou da mesma.
99 puntos
editarNa tempada 1964-65[2] Korać conseguiu un récord que a 2011 segue vixente ao anotar 99 puntos no partido que enfrontou ao OKK e ao Alvik BBK sueco correspondente á Copa de Europa, co que se converteu no xogador que maior número de puntos conseguía anotar en toda a historia da máxima categoría do baloncesto europeo a nivel de clubs. O resultado final do partido foi de 155-57 e, segundo contan as crónicas, ninguén se deu conta de que Korać estabelecera tal marca até unha vez concluído o partido, o que fixo que o xogador vise os últimos minutos do mesmo desde o banco e que quedase a tan só un punto de bater a mítica marca de Wilt Chamberlain que nun partido da NBA alcanzou a cifra de 100 puntos.
Marcha de Iugoslavia
editarNa tempada 1967-68 deixou a súa Iugoslavia natal para probar fortuna noutras ligas, comezando unha nova etapa no Liège Basket da liga belga. Tras unha brillante tempada na que axudou ao seu equipo a proclamarse campión da competición local, ao ano seguinte marchou a Italia para enrolarse nas filas do Petrarca Padova que competía na máxima categoría do baloncesto transalpino, onde seguiu demostrando a súa gran capacidade anotadora finalizando a tempada como máximo realizador da competición con 581 puntos. Con todo este feito non puido evitar que o Padova perdese a categoría tras vencer en tan só sete dos 22 partidos que disputou aquel ano.
Falecemento
editarRadivoj Korać murreu o 2 de xuño de 1969, á idade de 30 anos, nun accidente de tráfico ocorrido preto da cidade de Saraxevo, cando volvía de participar nun partido amigable coa selección iugoslava na capital da actual Bosnia e Hercegovina. O seu vehículo chocou contra un autocar e foi ingresado gravemente ferido o hospital no que perecería vinte horas máis tarde. A súa morte conmocionou a toda Iugoslavia até tal punto que foi o primeiro deportista en ser enterrado na área de personalidades do cemiterio de Belgrado.
Tal foi a repercusión que mesmo en Estados Unidos onde por aquel entón o baloncesto europeo non concitaba apenas interese fíxose eco da noticia, co New York Post adicándolle unhas liñas nas que se lle alcumaba como o "Jerry West comunista".
Selección iugoslava
editarCadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Iugoslavia | |||
Xogos Olímpicos | |||
México 68 | Iugoslavia | ||
Campionato do Mundo | |||
Brasil 63 | Iugoslavia | ||
Uruguai 67 | Iugoslavia | ||
Eurobasket | |||
Iugoslavia 61 | Iugoslavia | ||
Polonia 63 | Iugoslavia | ||
Rusia 65 | Iugoslavia |
Korać disputou 157 partidos coa selección de Iugoslavia nos cales anotou un total de 3.153 puntos (20,8 por encontro).[3] Sempre adestrado por Aleksandar Nikolić, o xogador foi un dos protagonistas que levaron á selección do seu país a pasar de ser unha selección marxinal no escenario internacional a converterse nunha das grandes potencias do baloncesto europeo e mundial. En total logrou facerse con seis medallas en grandes eventos internacionais, a primeira das cales, a conseguida no Europeo de Belgrado en 1961, supuña tamén a primeira que Iugoslavia lograba en toda a súa historia neste tipo de torneos.
Korać ademais fíxose co título de máximo anotador da competición, fito que repetiría nos Europeos de Wrocław 1963 e de Moscova no 1965, nos que ademais foi a peza clave que levou a Iugoslavia a conseguir as medallas de prata (co título de MVP do torneo incluído) e bronce respectivamente. Nos campionatos do mundo tamén logrou facerse con dúas medallas de prata correspondentes ás edicións de Río de Xaneiro 1963 e Montevideo 1967.
O último dos metais que gañou, novamente de prata, foi nas Xogos Olímpicos de México 1968, nas que unha vez máis finalizou como máximo anotador do torneo axudando coa súa actuación á consecución da primeira medalla olímpica da historia do baloncesto iugoslavo. Antes da disputa do Mundial de Liubliana 1970 Korać anunciara que unha vez concluído o mesmo non volvería vestir as cores da súa selección. Lamentablemente o xogador faleceu antes da disputa do torneo nun accidente de tráfico polo que non puido participar na cita na que Iugoslavia se proclamou campioa do mundo por primeira vez na súa historia.
Recoñecementos póstumos
editarEn marzo de 2007 no marco das celebracións do 75 aniversario da creación da Federación Internacional de Baloncesto inaugurouse na localidade madrileña de Alcobendas o Salón da Fama da FIBA. Korać tivo a honra de converterse nun dos nove primeiros xogadores incluídos no mesmo xunto a baloncestistas do talle de Dražen Petrović ou Fernando Martín, entre outros, pola súa "contribución dunha maneira preponderante ao desenvolvemento e a difusión deste deporte a escala mundial".
Pouco despois, en maio de 2008 foi á súa vez designado como un dos cincuenta maiores colaboradores da historia da Euroliga no acto que a propia Euroliga celebrou en Madrid con motivo da conmemoración do 50 aniversario da primeira Copa de Europa de Baloncesto. Ademais entre 1971 e 2002, a antecesora da segunda maior competición do baloncesto Europeo, a Eurocup Basketball, levou o nome de Copa Korać.
O 2 de xuño de 2009, con motivo do seu corenta cabodano, reuníronse en Belgrado representantes de tódolos estamentos do baloncesto dos países que conformaron no seu día a antiga Iugoslavia así como representantes do baloncesto actual en Serbia. Entre os moitos actos organizados destacaron a recepción levada a cabo nas dependencias de Federación Serbia de Baloncesto nas que Vlade Divac e Žarko Paspalj, presidente e vicepresidente do Comité Olímpico de Serbia, realizaron senllos discursos en honra ao homenaxeado así como unha emotiva cerimonia aos pés da tumba do xogador.
Trala desaparición do iugoslavo, existen ou existiron polo menos catro clubs de elite que decidiron bautizarse co nome de Korać como homenaxe ao xogador: dous en Serbia (Belgrado e Rumeka), un en Bosnia e Hercegovina (Banja Luka) e un en Suíza (Zürich).
Perfil
editarA posición natural de Korác era a de ala-pivote, aínda que a súa gran velocidade permitíalle xogar ás veces de aleiro se así o requiría a situación. A súa man "boa" era a esquerda e tiña, ademais, grande habilidade para penetrar a canastra, aspecto que aproveitaba para conseguir anotar con facilidade ante rivais que lle superaban en estatura. Sempre que podía finalizaba as súas accións cun mate, recurso que na época era utilizado por moi poucos xogadores. De feito Korać foi o artífice de que a FIBA adoptase este tipo de canastras como parte do xogo aceptando non anulalas como ocorría ata que el as popularizou. Era coñecido pola súa efectividade ao lanzar os tiros libres á "culler".
Palmarés
editarClub
editar- OKK Belgrado (1955–1967)
- Liège Basket (1967–1968)
- Liga de Bélxica: (1968)
- Petrarca Padova (1968-1969)
Internacional
editar- Eurobasket 1961: Medalla de prata
- Mundial 1963: Medalla de prata
- Eurobasket 1963: Medalla de bronce
- Eurobasket 1965: Medalla de prata
- Mundial 1967: Medalla de prata
- Xogos Olímpicos de 1968: Medalla de prata
Individual
editar- Mellor xogador (MVP) Eurobasket 1963
- Máximo anotador do Eurobasket: 1961, 1963 e 1965
- Máximo anotador dos Xogos Olímpicos de 1968
- Máximo anotador da Liga de baloncesto de Iugoslavia (1957, 1958, 1960, 1962, 1963, 1964 e 1965)
- Máximo anotador da Liga de baloncesto de Italia (1969)
Notas
editar- ↑ Korać será homenaxeado no 35 aniversario da súa muerte
- ↑ "Kobe Bryant, 81 puntos". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2008. Consultado o 17 de novembro de 2011.
- ↑ Korać será homenaxeado no 35 aniversario da súa morte[Ligazón morta]