Borislav Stanković

Borislav Stanković, nado o 9 de xullo de 1925 en Bihać, Reino de Iugoslavia, e finado o 20 de marzo de 2020, foi un xogador de baloncesto serbio, adestrador profesional e membro da FIBA e do Comité Olímpico Internacional. Recoñecéuselle a súa labor por este deporte ao incluír o seu nome no Basketball Hall of Fame e ao outorgárselle o cargo de secretario xeral emérito da Federación Internacional de Baloncesto.[1]

Borislav Stanković
Información persoal
Nacemento 9 de xullo de 1925
Bihać, Iugoslavia
Falecemento 20 de marzo de 2020
Belgrado, Serbia
Posición Pivote
Información da carreira
Internacional 27 veces
Carreira 1946−1953
Historial de equipos
Como xogador:
KK Crvena zvezda (1946–1948)
Železničar Belgrado (1948–1950)
KK Partizan (1950−1953)
Como adestrador:
Partizan (1950–1953)
OKK Belgrado (1953–1962)
OKK Belgrado (1964−1965)
Pallacanestro Cantù (1966−1969)
OKK Belgrado (1969−1970)
Premios e galardóns
3x Campión de Iugoslavia (1946–1948)
2× Copa de Iugoslavia (1960, 1962)

Carreira editar

Xogador editar

Licenciado en veterinaria pola Universidade de Belgrado, escalou posicións como deportista xuvenil e universitario até a súa participación e posterior vitoria de dous títulos nacionais co KK Crvena zvezda. Como xogador, foi seleccionado até en 36 ocasións para representar a Iugoslavia, incluíndo o seu xogo inaugural para a Copa Mundial da FIBA en Buenos Aires no ano 1950.

Carreira administrativa e promoción do baloncesto editar

A súa carreira administrativa comezou como membro da mesa central da Federación Iugoslava de Baloncesto (YBF) no ano 1953, don Stanković logrou ascender rangos a nivel nacional e internacional nun breve período de tempo até serlle ofrecido o cargo de vice-secretario xeral da FIBA no ano 1960, así como secretario xeral da YBF no 1966.

Así mesmo foi neste ano no que definitivamente adicou o seu esforzo laboral a tempo completo ao baloncesto, terminando cunha carreira compaxinada como inspector de carne en Belgrado.

En 1976, don Stanković substituíu a William Jones como secretario xeral da FIBA, posición que lograría manter por 28 anos. Como fan declarado do baloncesto norteamericano viaxou por primeira vez aos Estados Unidos en 1974. Sen dominio do inglés pero xa con experiencia de adestrador, no seu país e en Italia, traballou como olleiro e analista en representación da FIBA e dos intereses do baloncesto internacional. A década dos 70 considérase pola prensa como un tempo onde a FIBA carecía da capacidade de negociación que tivo en décadas posteriores.[2]

Naquel entón a administración estadounidense non permitía a competición de baloncestistas profesionais nos xogos olímpicos, en contraposición co resto de países. A negociación de Stanković con ambas administracións, FIBA e NBA, conseguiu desbloquear a norma que só permitía a selección de xogadores universitarios para o equipo olímpico estadounidense e así, no 1992, xogadores profesionais da NBA formaron o coñecido como Dream Team como participación nos Xogos Olímpicos de Barcelona, incrementando a calidade da competición no baloncesto internacional.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar