Śląsk Wrocław (baloncesto)

O Wojskowy Klub Sportowy Śląsk Wrocław, coñecido sinxelamente como Śląsk Wrocław, é un club profesional de baloncesto polaco da cidade de Wrocław, na Baixa Silesia. Actualmente compite na Polska Liga Koszykówki, a máxima categoría do baloncesto polaco. Fundado en 1947, é un dos equipos polaco máis laureado con dezasete Ligas e catorce Copas.

Śląsk Wrocław
Información xeral
Liga PLK
Fundación 1947
Cores                Verde, vermello, branco
Presidente Polonia Maciej Zielinski
Localización
Cidade Polonia Wrocław, Polonia
Pavillón 1. Hala Orbita
2. Hala Ludowa (P. da Humanidade)
Capacidade 1. 3.000
2. 7.000
Campionatos
Liga 17 (1965, 1970, 1977, 1979−1981, 1987, 1991−1994, 1996, 1998−2002)
Copa 14 (1957, 1959, 1971−1973, 1977, 1980, 1989−1990, 1992, 1997, 2004−2005, 2014)
Supercopa 2 (1999, 2000)
slask.wroclaw.pl

Historia

editar

Desde a súa fundación no ano 1947, o Śląsk Wrocław é un dos mellores e máis recoñecíbeis clubs do baloncesto polaco. De feito, o equipo gañou o Campionato de Liga en dezasete ocasións. O período máis destacado da historia do Śląsk é a coñecida como "Gran Era do Śląsk", cando gañaron cinco títulos consecutivos entre 1998 e 2002. A maior parte deses éxitos, foron conseguidos baixo as ordes de Andrej Urlep, adestrador lendario do club. Nos últimos anos, o Śląsk está a ter grandes problemas financeiros, o cal provocou que o club non teña conseguido gañar ningún título importante nos anos 2000. No ano 2008 o club é insostíbel economicamente, o que leva á súa retirada da liga polaca, xogando durante as seguintes tres temporadas na Segunda división. No ano 2013 o club consegue asentarse de novo na máxima categoría, chegando mesmo a gañar a Copa de Polonia en 2014. Na tempada 2015-16, o club volve a participar en competicións europea ao xogar a FIBA Europe Cup. Os máis famosos xogadores de Śląsk Wrocław foron: Mieczysław Łopatka (anos 1960), Edward Jurkiewicz (anos 1970 e 1980), Jerzy Binkowski (anos 1980 e 1990), Dariusz Zelig (anos 1980 e 1990), así como Adam Wójcik, Maciej Zielinski (retirado ao final da temporada 2005−06) e Dominik Tomczyk.

Denominacións

editar
  • Bergson Śląsk Wrocław
  • Era Śląsk Wrocław
  • Deichmann Śląsk Wrocław
  • Idea Śląsk Wrocław
  • Zepter Idea Śląsk Wrocław
  • Zepter Śląsk Wrocław
  • Śląsk ESKA Wrocław
  • Śląsk Wrocław
  • CWKS Wrocław

Pavillón

editar

Aínda que habitualmente xoga os seus encontros coma local no Hala Orbita, con capacidade para 3.000 espectadores, tamén xoga ocasionalmente no Centro do Centenario de Wrocław, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores en partidos de baloncesto e que forma parte da lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 2006.

Destaca da súa construción a súa cúpula, de formigón armado e cun diámetro interior de 69 m e 42 m de alto, sendo trala súa construción o edificio máis grande do mundo do seu estilo. O pavillón converteuse nunha referencia clave para o desenvolvemento das estruturas de formigón armado no século XX. En 1948 colocouse fronte ao pavillón unha escultura de metal de 100 metros de alto con forma de agulla chamada Iglica.

 
O Centro do Centenario de Wrocław.

Palmarés

editar

Liga de Polonia

  • Campión (17): 1965, 1970, 1977, 1979, 1980, 1981, 1987, 1991, 1992, 1993, 1994, 1996, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002
  • Subcampión (6): 1963, 1964, 1972, 1978, 1989, 2004

Copa de Polonia

  • Campión (14): 1957, 1959 , 1971, 1972, 1973, 1977, 1980, 1989, 1990, 1992, 1997, 2004, 2005, 2014
  • Subcampión (1): 2008

Supercopa de Polonia

  • Campión (2): 1999, 2000
  • Subcampión (2): 2001, 2014

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar